Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CEMENTO E FINANZAS

A construtora Sacyr Vallehermoso faille un sitio de conselleiro a José Luís Méndez

Dende 2003 Caixa Galicia foi unha das entidades financieiras que acompañou as aventuras do magnate da construción Luís del Rivero.

Redacción - 18:40 19/05/2010
Tags:

O cruce de camiños entre caixas de aforro e empresas de construción foi continuo nos últimos anos. Por iso, nos círculos financieiros non sorprendeu demasiado o último anuncio de que Sacyr Vallehermoso vén de nomear ao aínda director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez, como conselleiro dominical.

Até o de agora Méndez formaba parte do consello de administración como representante da Corporación Caixa Galicia. A dirección de Sacyr acordou aceptar a súa dimisión como representante deste ente e acto seguido volvelo a recuperar para o consello de administración como conselleiro.

Sacyr Vallehermoso, unha das máis grandes construtoras do mundo, está presidida polo murciano Luís del Rivero. Caixa Galicia entrou no capital de Sacyr en agosto de 2003 e, dende aquelas, converteuse, con diferentes comparas e vendas, nunha das entidades financieras ás que recorreu a construtora para buscar financiamento.

Algunhas claves:


-Luís del Rivero: ¿el ocaso del amigo de Zapatero y Aznar? (Soitu, 12/09/2008)

-Caixa Galicia o furado nos petos que deixou a tentación do ladrillo (Vieiros, 03/11/2009)

-


2,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: