Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
ELECCIÓNS PARLAMENTARES SETEMBRO 2010

Enquisa dá ao PSUV maioría na Asemblea Nacional

Segundo un estudo do Grupo de Investigación Social (GIS XXI), o Partido Socialista Unificado de Venezuela (PSUV) gañaría a maioría na Asemblea Nacional cun 36% dos votos a nivel nacional. A oposición obtería o 23,2% dos votos, 7,4% non votaría e 33,4% aínda non decidiu por quen votará.

Xurxo Martínez Crespo - 17:11 25/05/2010

Entre o último estudo do mes de marzo e este, realizado entre o 4 e o 14 de maio de 2010, o Grupo de Investigación Social afirma que aumentou a diferenza entre o partido gobernante, PSUV,  e a oposición do 10,4% ao 12,7%, pasando a intención de voto do PSUV de 32,3% ao 36% e a da oposición do 21,9% ao 23,3%.

Á pergunta sobre quen cre que gañará as eleccións parlamentares, o 38,4% dos venezuelanos contesta que gañará o PSUV, o 18,4% que gañará a oposición e o 43,1% aínda non sabe quen gañará.

Nesta última enquisa de intención de voto, o 26,3% dos venezuelanos defínese como militante ou simpatizante do PSUV (aumenta un 2,2% con respecto ao estudo de marzo, onde tiña o 24,1%), mentres que todo o universo de partidos da oposición ao goberno do presidente Chávez (Acción Democrática, COPEI, UNT, PJ, PV, PODEMOS, MAS) suma o 5,5% (diminúe 0,3% con respecto ao estudo de marzo, onde tiñan un 5,8%).

A enquisa revelou a existencia dun 66,3% de venezuelanos que declara non militar, nin simpatizar por ningún partido nunha sociedade altamente politizada coma a venezuelana.


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: