Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISPACIÓN

As sombras da corrupción apagan as luces do Parlamento

PPdeG e PSdeG volveron a protagonizar un debate cargado de acusacións propias dun xulgado de primeira instancia.

Redacción - 12:34 09/06/2010

Un país agarda que o seu Parlamento sexa o órgano que recolla a soberanía popular, que sirva para debater iniciativas políticas, chegar mesmo a acordos cando o ben común prevalece. Porén, neste primeiro treito da lexislatura, a Cámara está a se converter nun tendedeiro onde se colgan os trapos máis suxos da política e non deixa de ser chamativo que acusacións de extrema gravidade non rematen nos xulgados co castigo dos supostos delincuentes.

O último exemplo do clima que se vive tivo lugar este mércores. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o líder do PSdeG, Manuel Vázquez, sacaron o ventilador para esparexer acusacións dignas do xulgado de garda. Vázquez non dubidou en repetir os numerosos escándalos do primeiro ano do novo Goberno: impitación xudicial do conselleiro de Medio Ambiente por unha suposta certificación ilegal de obras, outra de Alfonso Rueda por contrato falso, unha sentenza dos tribunais contra a directora xeral de Emprego, ou que o o xefe territorial de Medio Ambiente en Pontevedra e cargo local do PPdeG está "vinculado con todos os negocios de narcotráfico de Pontevedra".  A isto sumou o procesamente de edís corruptos en Gondomar ou a escasa transparencia da Deputación de Ourense.

Núñez Feijo tirou do “e ti máis” afirmando “que vostede me pregunte pola ética é como se Rodríguez Zapatero me pregunta polo emprego”. A continuación o presidente da Xunta devolveu as acusacións asegurando que Vázquez, durante a súa etapa como conselleiro do bipartido, aduxicou “a dedo” 36 millóns de euros e avalou a construción dunha nova sede de Sogama “cun 30% de desbalde”. A maiores tamén reiterou que o PSdeG pagou, durante a pasada lexislatura, "axentes electorais".


1.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: