Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Concurso de clips co novo disco

Jabon Blue busca vídeo para 'Flores en la Carretera'

O grupo de Javi Maneiro convoca os seareiros a argallar videoclip para a súa peza 'El Baile de los huesos'.

Redacción - 10:00 13/06/2010

Só por participar xa tendes garantida unha camiseta do grupo e os tres discos de Jabon Blue, até o de agora: Flores en la carretera (2010); La música va por dentro (2006) e By the White (2008). Ademais, dous pases de backstage e unha cea co grupo para un concerto a convir, e o máis importante: "O teu vídeo será o videoclip oficial do tema!"

A discográfica PAI Música e Jabón Blue buscan un vídeo 100% orixinal, feito integramente polo participante expresamente para este concurso e libre de plaxios. A temática do vídeo é libre, sempre e cando teña relación co tema da canción "El baile de los huesos" e non teña contidos de corte violento, sexista, racista ou xenófobo.

"Se sempre quixeches facer un videoclip, tiveches alma de Scorsese ou simplemente tes gañas de demostrar o que podes facer envía o teu videoclip antes do 5 setembro de 2010 a Internet a través da páxina web de PAI-Música", convidan.


2,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: