Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Camilo Nogueira

"Galiza é hoxe un país máis concienciado sobre o seu carácter nacional e lingüístico"

Ao fío da homenaxe recibida no Pedrón de Ouro 2010, a revista Irimia conversa con Camilo Nogueira.

Redacción - 11:00 21/06/2010
Camilo Nogueira

Camilo Nogueira

"A entrega do Pedrón de Ouro 2010 a Camilo Nogueira fai xustiza a toda unha traxectoria de fidelidade e militancia intelixente pola dignidade de Galicia, dunha Galicia solidaria e dona de seu. Economista, político, parlamentario na Europa das nacións e dos pobos, participante activo no Foro Social Mundial, Camilo comezou a súa andaina nas loitas en Citröen nos anos sesenta e na Asociación Cultural de Vigo. Foi tamén parlamentario galego por Esquerda Galega e polo BNG, ademais de ensaísta e intelectual crítico e sagaz. Comentamos con el, aquí, un chisco do acontecer",expoñen no Canal Irimia.

Unha conversa durante a que Nogueira expón que Galiza é hoxe "un país máis concienciado sobre o sobre o seu carácter nacional e lingüístico, cunha lingua propria que ten ademais unha dimensión intercontinental, un país urbano e industrial, mantendo abertas as potencialidades agraria e mariñeira, que conta con natureza excepcional e está situado no centro do Atlántico".

Irimia achega tamén o editorial 'A herexía do medo e do dogmatismo', o artigo 'Unha dereita sen prexuízos' e unha reportaxe sobre Monterroso, que o vindeiro setembro acollerá a Romaxe 2010 de Irimia.

Poden ler a entrevista completa con Camilo Nogueira no Canal Irimia.


4.75/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: