Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA ÁS MUNICIPAIS

Xosé Manuel Carril será o candidato do BNG á Alcaldía da Coruña

 A lista apoiada pola UPG logra 239 votos fronte aos 203 da encabezada por Afonso Sánchez Regueiro.

Redacción - 00:28 23/06/2010

A Alternativa pola Unidade (nucleada arredor da UPG) volveu demostrar este martes que é a forza hexemónica dentro do BNG. A asamblea local da Coruña decidiu que Xosé Manuel Carril será o candidato nacionalista nas municipais do vindeiro mes de maio. A lista que encabezaba Carril logrou 239 votos, fronte aos 203 que conseguiu Afonso Sánchez Regueiro que aglutinaba o chamado “tellismo”, o Encontro Irmandiño e unha parte de Máis Galiza.

Finalmente, logo da votación, non houbo acordo para unha lista de integración e será a lista gañadora a que concorra aos comicios. Canda Carril, nos primeiros postos figurará María Xosé Bravo, Ermitas Valencia, Xan Caxigal e Olga García Agra.
 
Acabada practicamente a configuración de listas nas principais cidades, a UPG marcará a dirección: Antón Bao (Lugo); Miguel Anxo Lores (Pontevedra); Isabel Pérez (Ourense); Xosé Manuel Carril (A Coruña); e Rubén Cela (Compostela). Máis Galiza só contará  co candidato vigués (Santi Domínguez) aínda que na cidade olívica a UPG tamén  terá un peso decisivo nos teóricos postos de saída. Por último, en Ferrol, pendente do proceso interno, agárdase unha vitoria cómoda do partido que dirixe Francisco Rodríguez.


3.91/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: