Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SERVIZOS PÚBLICOS

A Mesa Galega de Educación no Rural denuncia o peche de oito comedores escolares

A plataforma lémbralle á consellaría que “non é unha empresa” e subliña a importancia do servizos para fixar poboación.

Redacción - 11:10 06/07/2010
Tags:

“O enésimo exemplo do abandono que sofre o ensino rural por parte do goberno do Partido Popular”, así define a Mesa Galega de Educación no Rural o anuncio de peche de oito comedores escolares. A plataforma, á que pertencen os principais sindicatos e organizacións pedagóxicas do país, subliña que “un dos escasos servizos, como veu sendo o dos comedores escolares, que se foi sostendo a duras penas, está sentenciado á súa desaparición polo feito de levar a extremos as medidas economizadoras precisamente nun sector que veu sendo historicamente desfavorecido”.

Dende a plataforma insisten en que este tipo de servizos son básicos para soster poboación no rural e que a Xunta trata o tema dos comedores públicos “como se dunha empresa se tratase”. Diante disto, a Mesa Galega de Educación no Rural reclámalle á Consellaría de Educación un xiro nas súas políticas.


3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: