Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
A CADENA SER ASEGURA QUE ESTÁ NO PAÍS CARIBEÑO

Goberno venezuelano nega presenza de Iñaki de Juana Chaos en Venezuela

As autoridades españolas sinalaron que a embaixada do Estado español en Venezuela non emitiu ningunha información sobre a nova da Cadena SER. En Venezuela residen de xeito legal deceas de refuxiados bascos froito dos acordos entre os Gobernos de François Miterrand, Felipe González e os gobernos de Herrera Campíns, Lusinchi e Carlos Andrés Pérez.

Xurxo Martínez Crespo - 12:44 06/07/2010

O xefe do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, e o ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, negaron as afirmacións da Cadena SER que aseguran que o ex membro da organización separatista armada basca ETA, Iñaki De Juana Chaos, fuxiu de Irlanda do Norte cara a Venezuela, por unha probábel extradición cara ao Estado español por un comunicado escrito tras a súa liberación que as autoridades xudiciais españoles consideran un delito de apoloxía do terrorismo.

"Nengún dato, nengunha información, nengún indicio" que "faga pensar" que o ex dirixente de ETA,  De Juan Chaos, fuxido desde o pasado mes de marzo, poida estar en Venezuela, sinalou Rodríguez Zapatero.

Pola súa banda, o ministro Moratinos asegurou non ter nengunha nova sobre as afirmacións da SER. "Non, non teño a menor idea. É a primeira noticia que teño. Desde logo, a embaixada non dixo nada, non temos nengunha noticia sobre isto" declarou á canle internacional Telesur.

Esta terza feira, a SER informou, citando fontes da loita antiterrorista que traballan nos estados español e francés, que De Juana podería encontrarse en Venezuela, tras sinalar que o Centro Nacional de Intelixencia (CNI) sospeita que o dirixente de ETA presuntamente está agochado neste país xunto á súa muller.

"Fontes da loita antiterrorista cren que De Juana fuxiu a Venezuela", dixo a SER. Engadiu que "o CNI traballa tamén coa posibilidade de que o etarra se fugara a Venezuela canda a súa muller".

Segundo fontes policiais españolas "hai constancia de que a súa muller está xa en Venezuela malia non andar os dous xuntos".

Perseguido con argumentos moi febles polo xuiz Eloy Velasco


Sobre o ex dirixente de ETA pesa unha orde internacional de busca e captura ditada polo xuíz da Audiencia Nacional española Eloy Velasco, o mesmo que denunciou a suposta axuda de Venezuela a grupos como ETA e ás Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Ejército del Pueblo (FARC-Ep), desmentida despois polo propio Goberno venezuelano e español nun comunicado de prensa conxunto.

Desde o pasado 25 de marzo, De Juana permanece en paradoiro descoñecido desde a súa última comparecencia ante o Alto Tribunal de Irlanda do Norte, en Belfast.

En marzo, o xuíz español emitiu doce ordes de arresto internacional contra membros de ETA e das FARC-Ej, por suposto manexo de armas e explosivos e a planificación de asasinatos de personalidades colombianas no Estado español, cun baseamento xurídico e probatorio moi feble, baseado no computador do asasinado Raúl Reyes e nas declaracións de ex guerrilleiros arrepentidos.

O xuiz da Audiencia Nacional Eloy Velasco foi membro do goberno da Comunitat de Valencia durante o goberno do Partido Popular de Eduardo Zaplana entre 1995-2003, nos que foi director de Xustiza.   


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: