As autoridades españolas sinalaron que a embaixada do Estado español en Venezuela non emitiu ningunha información sobre a nova da Cadena SER. En Venezuela residen de xeito legal deceas de refuxiados bascos froito dos acordos entre os Gobernos de François Miterrand, Felipe González e os gobernos de Herrera Campíns, Lusinchi e Carlos Andrés Pérez.
"Nengún dato, nengunha información, nengún indicio" que "faga pensar" que o ex dirixente de ETA, De Juan Chaos, fuxido desde o pasado mes de marzo, poida estar en Venezuela, sinalou Rodríguez Zapatero.
Pola súa banda, o ministro Moratinos asegurou non ter nengunha nova sobre as afirmacións da SER. "Non, non teño a menor idea. É a primeira noticia que teño. Desde logo, a embaixada non dixo nada, non temos nengunha noticia sobre isto" declarou á canle internacional Telesur.
Esta terza feira, a SER informou, citando fontes da loita antiterrorista que traballan nos estados español e francés, que De Juana podería encontrarse en Venezuela, tras sinalar que o Centro Nacional de Intelixencia (CNI) sospeita que o dirixente de ETA presuntamente está agochado neste país xunto á súa muller.
"Fontes da loita antiterrorista cren que De Juana fuxiu a Venezuela", dixo a SER. Engadiu que "o CNI traballa tamén coa posibilidade de que o etarra se fugara a Venezuela canda a súa muller".
Segundo fontes policiais españolas "hai constancia de que a súa muller está xa en Venezuela malia non andar os dous xuntos".
Perseguido con argumentos moi febles polo xuiz Eloy Velasco
Desde o pasado 25 de marzo, De Juana permanece en paradoiro descoñecido desde a súa última comparecencia ante o Alto Tribunal de Irlanda do Norte, en Belfast.
En marzo, o xuíz español emitiu doce ordes de arresto internacional contra membros de ETA e das FARC-Ej, por suposto manexo de armas e explosivos e a planificación de asasinatos de personalidades colombianas no Estado español, cun baseamento xurídico e probatorio moi feble, baseado no computador do asasinado Raúl Reyes e nas declaracións de ex guerrilleiros arrepentidos.