Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN COMPOSTELA

O BNG referenda as candidaturas para as municipais

O Consello Nacional aprobou as listas co apoio da UPG e de MGS, o voto en contro do Encontro Irmandiño e a abstención de MáisGaliza.

Redacción - 13:30 10/07/2010
Guillerme Vázquez tamén falou sobre o Estatuto e lembrou que o termo “nación” segue a ser irrenunciábel

Guillerme Vázquez tamén falou sobre o Estatuto e lembrou que o termo “nación” segue a ser irrenunciábel

O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego referendou este sábado as candidaturas das principais cidades galegas para as eleccións municipais que se celebrarán o ano próximo. Como estaba previsto, estes serán os candidatos: Antón Bao por Lugo; Isabel Pérez por Ourense; Xosé Manuel Carril pola Coruña; Xoán Xosé Pita por Ferrol; Santiago Domínguez por Vigo; e Miguel Anxo Fernández Lores repetirá como cabeza de lista en Pontevedra, onde xa gobernou as últimas tres lexislaturas.

Os membros do Consello Nacional da Unión do Povo Galego (UPG) e os integrantes de Movemento Galego ao Socialismo (MGS), que xuntos conformaron a plataforma Alternativa pola Unidade (ApU), deron o seu apoio ás candidaturas. Porén, o Encontro Irmandiño, a corrente que lidera o ex-portavoz nacional Xosé Manuel Beiras, votou en contra e os membros de MáisGaliza, que encabeza o portavoz parlamentario, Carlos Aymerich, abstivéronse. Deste xeito, as listas foron ratificadas con 53 votos a favor, 10 en contra e 30 abstencións.

Encontro Irmandiño: “as listas menos plurais da historia”
Os membros do Encontro Irmandiño mantivo as súas críticas por como foron elaborados os censos. Se ben a Executiva Nacional aprobou atender as reclamacións individuais que chegasen, os irmandiños denunciaron que este procedemento se solventou cunha mera resposta por parte da Secretaría de Organización na que se lembraban os criterios acordados no máximo órgano de decisión entre asembleas para a elaboración dos censos. Despois de votar en negativo ó conxunto das candidaturas, emitiron un comunicado no que subliñan que “as listas aprobadas para concorrer as eleccións municipais de maio do ano que vén son as menos plurais de toda a historia do BNG”.


3,22/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: