Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IGREXA E GOBERNO

A visita do Papa a Galiza: medio millón de euros por hora

A maior parte do gasto público galego destinarase á retransmisión por televisión da visita papal, uns servizos que prestará unha empresa externa.

Redacción - 11:00 11/07/2010

Canto lle custará aos galegos a visita do Papa? Este é un dos interrogantes máis repetidos nos últimos días pola oposición e que, non obstante, aínda non atopou resposta por parte do Goberno. Porén, os números van sumándose e, botando contas, o xornal El Pais avanza este domingo que a cifra podería ascender até os catro millóns de euros, é dicir, medio millón de euros por hora, xa que Bieito XVI compartirá cos galegos un total de oito horas do vindeiro 6 de novembro.

Os antecedentes falan de cifras mesmo máis elevadas: o goberno valenciano de Camps, segundo consta no sumario da Gürtel, gastou preto de 60 millóns de euros. Deles, 11 foron parar á televisión autonómica e outros 12 á entidade de se encargou de organizar os actos, a Fundación V Encontro da Familia. Asemade, o propio concello de Valencia destinou outros 2,36 millóns de euros aos gastos municipais vencellados coa visita papal.

No caso galego, a meirande parte do gasto previsto, uns dous millóns de euros, destinaríase á retransmisión do percorrido de Bieito XVI pola televisión pública. Esta programación especial, que precisa dunha considerábel infraestrutura, xa foi contratada a unha produtora externa, precisamente cando o Comité de Empresa vén de denunciar unha excesiva externalización da produción televisiva da canle pública. Quedan por confirmar, non obstante, o orzamento exacto co que conta o ente, así como o posíbel retorno económico do que se puidera beneficiar. Porén, a CRTVG xa anunciou que o sinal se ofrecerá a outras televisións de balde, e que a Xunta será quen se faga cargo do gasto a fondo perdido.


3.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: