Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma en vigor desde este xoves

Seis meses para a adaptación á lei que abre a porta da privatización das caixas

Un cambio que chega en pleno proceso de fusión. Por outro lado: conflito pola intención das dúas entidades de tramitar as prexubilacións a través dun ERE.

Redacción - 11:55 14/07/2010
Tags: caixas LORCA

O decreto lei de reforma da Lei de Órganos Reitores de Caixas de Aforros (LORCA) publícase esta cuarta feira no Boletín Oficial do Estado (BOE) e estará en vigor desde este mesmo xoves. A partir de agora, Galiza terá un período de seis meses para adaptarse ao novo regulamento.

Entre as novidades abrolladas dun texto xa criticado por achandar o camiño cara a privatización das caixas estña por exemplo a posibilidade de que o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) adquira os títulos emitidos por unha entidade que, aínda teoricamente considerada "solvente" poida "non ser abondo resistente nun contexto máis adverso que o actual". Outro cambio é o poder outorgado ao Banco de España para valorar que unha caixa abandone no seu caso unha alianza baixo o modelo de Sistema Institucional de Protección (SIP) en función da súa viabilidade e do escenario financeiro.

Por outra parte contámoslles dos atrancos da negociación de Caixa Galicia e Caixanova para o seu proxectado despedimento conxunto de 1200 traballadores no marco do actual proceso de fusión das dúas entidades. As caixas propuxéronlle aos sindicatos tramitar as prexubilacións a través dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que se aplicaría a partir dos 55 anos con carácter voluntario e baixo o requirimento dunha antigüidade de quince anos. Os empregados que aceptasen esta medida cobrarían o 70% do seu salario fixo actual deica os 63 anos, ou o 75% no caso de renunciaren ao plan de pensións. O documento proposto foi acollido moi criticamente por todas as forzas sindicais representadas nas entidades, censurando que se afaste das condicións debatidas en xuntanzas anteriores. A vindeira reunión será o próximo día 20 de xullo.


4.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: