Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Manifesto pola Normalidade en Galiza o 12 de Outubro

Polo recoñecemento da nosa Nación, Galiza, e observando a enorme involución na que a clase política do estado hespañol está someténdonos; os asinantes deste manifesto convocamos:

Á clase traballadora, o sector empresarial, o persoal docente e académico, as/os estudiantes, a tódalas nais e pais de alumnos, as funcionarias e funcionarios, as/os dirixentes políticos, aos cadros internos de tódolos partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais, e todo tipo de asociacións; A TODA A SOCIEDADE GALEGA EN XERAL:

Enviada por GALIZA_SOSEGO GALIZA_SOSEGO o 24/08/2007 17:32 ás 317 visitas

A participar o próximo día 12 de Outubro nunha xornada laboral e docente de normalidade.

Galiza non pode parar un día por que dende o estado hespañol decidan celebrar unha festa allea a nós. Os galegos e galegas xa celebramos o día nacional de Galiza ou día da Patria o pasado 25 de Xullo. Nós non esiximos a ningunha outra nación ou estado do planeta a que obrigatoriamente celebren esa festa que é nosa, e so nosa. Coma mesma esiximos ao estado hespañol a nosa liberdade de non celebrar unha festa allea a Galiza como é o legalmente denominado "Día da Festa Nacional de Hespaña".

A sociedade galega non deixa de traballar o 11 de setembro, día nacional de Catalunya, nin o 14 de xullo día nacional de Francia, nin tan sequera o 10 de xuño día nacional de Portugal. Nin nós deixamos de traballar na nosa nación eses días, nin eles esíxenos tal.

O día 12 de outubro, os que teñan algunha enfermidade que esixan a vez para o seu medico, as nais e pais que esixan as aulas abertas para as súas fillas e fillos, as/os estudiantes que esixan ao profesorado que imparta clase, os/as traballadores/as e empresarios/as que acudan con normalidade ao seu posto de traballo, as funcionarias e funcionarios que se dirixan como cada día ao seu posto na administración. As/os dirixentes políticos que acudan aos seu despachos.

Galiza faise traballando, e demostrando publicamente que queremos traballar. Que o estado hespañol non nos impida exercer a nosa liberdade de traballar, de estudiar, de aprender ou de obter os servicios básicos de calquera día.

POLA NORMALIDADE EN GALIZA O DÍA 12 DE OUTUBRO ASINA ESTE MANIFESTO.

POLA NORMALIDADE EN GALIZA O DÍA 12 DE OUTUBRO, NON PARES GALIZA.

POLA NORMALIDADE EN GALIZA O DÍA 12 DE OUTUBRO, QUE NON PAREN GALIZA.


COMO ASINAR?

Para asinar o manifesto, envia un correo a

galizasosego@yahoo.com.br

indicando o teu Nome Profesión Localidade ou Nación

http://galiza-sosego.blogspot.com


5/5 (4 votos)


Comentarios (5)

JohnLocke #1 25/Agosto/2007 JohnLocke

Eu celebrei-o o 25 de julho, não de junho.

OXirarei #2 25/Agosto/2007 OXirarei

Eu tamén o celebrei o 25 de xullo, seica.

OBSERVADOR #3 25/Agosto/2007 OBSERVADOR

Julho, sim.

Também eu não quero uma celebração militar da Espanha em 12 de Outubro. Mas menos quero conselheiras incompetentes que falam pela boca para fora sem saber apenas o que estão a dizer. E menos ainda quero vicepresidentes coitados que roubam e depois não sabem fazer valer o roubo diante dos "señores".

BonKarallan #4 25/Agosto/2007 BonKarallan

Eu non vou celebrar o dia de "Hespaña" país que non coñezo, pero vou celebrar o dia do Pilar, miña nai que está de festa.

Tino #5 28/Agosto/2007 Tino

Xa estamos desviando-nos no tema: OBSERVADOR...ou deveria dicir ,,obsesionador"? Q carallo ten q ver un vice-presidente con este debate? Alguén precisa de axuda psicolóxica? Vai-te ver q vas mal...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



MANIFESTO POLA NORMALIDADE EN GALIZA O 12 DE OUTUBRO