Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Masa Crítica Coruña Business

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Masa Crítica Coruña Business

Masa Crítica Coruña Business

Con esta masa queremos reivindicar o uso da bici como medio de transporte para ir ao traballo, sexa cal sexa este traballo. Porque a bici non entende de posición social, tipo de traballo, etc, xa que é o medio de transporte mais eficaz dentro dunha cidade como a nosa. Por iso nos vestiremos de gala, cos nosos traxes, garabatas, paxariñas, traxes de noite, maquillaxes, … para acudir a esta masa. Animamos a tod@s a participar desta masa coas vosas mellores galas, será moi divertido e conseguiremos amosar que a bici non está reñida coa roupa elegante, para ir a traballar, para saír pola noite, para ir a unha festa, para acudir a un acto conmemorativo, …

Enviada por Birnarem Birnarem o 02/10/2007 18:07 ás 236 visitas

Aclarar que, evidentemente, poderedes acudir a esta masa como vos queirades, non deixedes de acudir por non ter ou porque non vos apetece levar ese tipo de roupa (na masa sempre defendimos a liberdade de indumentaria como tamén a non indumentaria, como proclamamos na ciclonudista). Venres 5 de outubro ás 19:45h na Praza de María Pita (saída ás 20h), Masa Crítica Business.


5/5 (8 votos)


Comentarios (3)

Aschram #1 7/Outubro/2007 Aschram
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O concepto de masa aplicado ao home, moi habitual en certos ambientes, supón en si mesma a maior degradación do noso próximo que cabe imaxinar. Para chegar ao concepto de masas, algo puramente cuantitativo, temos que facer abstracción de todas as calidades propias do home, coa excepción daquelas que comparte coas cousas materiais: a de poder ser medido con relación a unidade de volume. É un termo que ninguén que tivera algo de respecto e de amor sincero ao pobo empregaría nunca.

ulo #2 8/Outubro/2007 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Poden ir os que logo se tiran 8 0u 10 horas na fábrica, co mono de traballo, ou no andamio.... Traballo ao que chegan xa cansos, porque non viven na cidade senon en Carral, Arteixo, Culleredo, etc, e teñen que facer minimo 10 kms ata o centro de traballo?
Tamen poderán ir a marcha os portugueses que veñen a traballar todos os días a construccion, onde as dúas horas xa estas canso de levantar cemento e ladrillos.
Se queredes que os executivos ou oficinistas e demáis vaian a traballar en bici, moi ben. Pero penso que a loita é, primeiro por un transporte colectivo bo e barato, que achegue a xente os seus traballos, sexa o que sexa, o máis rápido posible (a xente levantase as 7 da mañan para chegar as 8). Porque ha miles de traballadores (construccion, fábricas, porto, limpeza, hostalaria, etc.) que non son precisamente sedentarios: todo o contrario moitos deles supoñen un esforzo fisico suplementario ao de facerse 3 o 5 km en bici. O que propoñedes esta ben para un sector da sociedade (executivos, oficinistas e estudantes), pero non para o conxunto
Por iso, a loita é por un tte colectivo, bo e barato. E dentro que diso, que cada quen escalla a maneira que lle pete.
Do contario, a vosa proposta é para una minoria.

Birnarem #3 8/Outubro/2007 Birnarem
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ola!

Non quero entrar en disquisicións sobre léxico ben ou mal empregado, se queredes saber a orixe do nome de masa crítica (critical mass) para este movemento pinchade neste enlace: http://gl.wikipedia.org/wiki/M...

En canto ao comentario de que se a loite é ou deixa de ser unha cousa ou outra, creo que non hai loitas estériles e unha non quita que se apoie tamén á outra. A razón de exercicio saudábel en canto ao uso da bici é unha razón mais simplemente para usala, pero non a principal, é un transporte barato, rápido, eficaz e non contaminante. Evidentemente o uso da bicicleta como medio de transporte é algo que sempre irá ligado á mellora do transporte público, e sempre falando dun transporte público que permita a combinación da bicicleta con el para a súa maior eficacia, e senón mirade as miles de bicicletas que hai aparcadas en todas as estacións intermodais por europa adiante.

Cada un sabe o traballo que ten e o que lle convén en cada momento, por iso todo debe de meditarse persoalmente e en función das súas circunstancias. O primeiro é pensar se é razoable onde vives e onde traballas, logo na forma na que te desprazas e porque o fas asi, e finalmente se adoptarán ou non as medidas adecuadas para unha mellora na calidade de vida individual e global da sociedade.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Masa Crítica Coruña Business



Locais:
GZ-Sete