Letras Galegas de 2010 para Uxío Novoneyra
Varios amigos do poeta Uxío Novoneyra decidimos facer honra ao seu legado literario e humanista reivindicando ante a Real Academia da Lingua Galega o Día das Letras Galegas de 2010. Con este fin, apelamos á cidadanía galega, e non só, que recoñece a súa obra e o seu pensamento como algo fundamental para abrir un debate ao redor deste inmenso escritor galego que foi Uxío Novoneyra. Pedimos a túa adhesión para que o 17 de maio de 2010 sexa homenaxeado dedicándolle o grande Día das Letras Galegas. Grazas.
Tedes todo o apoio de Galiza Sosego. Se algo necesitades, non teñades reparo en contactar con nós. galizasosego@yahoo.com.br
http://galiza-sosego.blogspot....
Por que non empezar por defender o territorio do poeta... non vaia a ser que para o 2010 xa non quede nada que cantar en Parada...!
http://www.vieiros.com/open/am...