Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galiza Nova lanza unha campaña pola autodeterminación

"Somos galegos, somos galegas que non decidan por nós. Polo dereito de autodeterminación" será o lema das mocidades do BNG.

GALIZA NOVA PRESENTA UNHA CAMPAÑA NA QUE REIVINDICA O DEREITO A DECIDIR CON MOTIVO DO DÍA DA CONSTIUCIÓN ESPAÑOLA
. A campaña que comeza Galiza Nova mañá, día da Constitución Española, leva por lema "Somos galegos, somos galegas, que non decidan por nós. Polo dereito de autodeterminación". Está enmarcada dentro da defensa da organización xuvenil de que se modifique a concepción unitaria do Estado e se recoñezan as nacións que existen nel, como a galega, a través dun estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe.

Enviada por nacionalista nacionalista o 05/12/2007 21:42 ás 277 visitas

Dende a Dirección Nacional da organización xuvenil pretenden con esta actuación dar resposta "ás necesidades que temos como galegas e galegos, poñendo os nosos intereses por diante e deseñando dende Galiza o noso presente e futuro para poder deste xeito paliar moitos dos problemas en emprego, transporte ou ensino que a día de hoxe padecen a mocidade galega e a sociedade galega no seu conxunto, polo feito de estar supeditado a políticas definidas desde o goberno central que poucas veces teñen en conta as nosas verdadeiras necesidades"

A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi Ferradás, enfatizou que "o que se reivindica é un dos máis elementais dereitos democráticos, como que un pobo teña recoñecido o dereito a decidir sobre o seu propio futuro". "Dende Galiza Nova cremos que se ten demostrado que o actual marco esta esgotado xa que non satisface as nosas aspiracións, nin as nosas necesidades. Por iso apostamos por un cambio de modelo que se concrete no dereito que temos de decidir as galegas e galegos, porque ninguén mellor ca nós pode gobernar a nosa casa", asegura.

Con esta campaña comeza unha serie de iniciativas para que se recoñezan os dereitos políticos dos cidadáns e cidadás de Galiza. Nese sentido a semana próxima presentarán as Xornadas de Inverno de organización cunha serie de actividades para que os asistentes coñezan entre outras, a historia de Galiza, en especial as etapas históricas nas que o país se autogobernou e viviu un esplendor en todos os ámbitos.

Máis info: www.galizanova.org.


3,33/5 (6 votos)


Comentarios (3)

KikodasLeiras #1 8/Decembro/2007 KikodasLeiras

Moito paripe nas mocidades do BNG :P

Melhor fariades loitando contra Reganosa....

Por certo, O BNG xa non está pola autodeterminación nin nada.

Madurade :P

emigrado #2 11/Decembro/2007 emigrado

A campaña poderían facela nas sedes do BNG, entre a militancia, e en todas as institucións nas que teñén responsabilidades de goberno.

piscus #3 11/Decembro/2007 piscus

MILLOR PARA CUIDAR AS COUSIÑAS,ARTE,CULTURA,PATRIMONIO,QUE XA TEDES REPONSABILIDADES NO GOBERNO, E TRISTEMENTE XA ENTAMOS VENDO O QUE VEMOS. O CAMABIO XA E PARA ALGO MAIS DO QUE VEMOS, QUE VEMOS COUSAS QUE NON NOS GUSTAN,

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: