24 de maio de 2007. 700.000 € por cada posto de traballo: así calqueira fai negocio!. A macroacuicultura industrial resulta un investimento moi lucrativo para as grandes transnacionais do peixe como PESCANOVA ou STOLT. Aos baixísimos custos laborais derivados dunha cativa criazón de postos de traballo (a maioría en precario) hai que engadir as inxentes subvencións públicas para esta actividade. O investimento previsto na planta de Mira en Portugal vai situarse en torno aos 140 millóns de €. Destes, uns 45 millóns serán subvencións públicas directas, o que significa o 32% do investimento, sen contar coas subvencións indirectas para milloras tecnolóxicas, infraestruturas de distribución, rebaixas de impostos...).
Bó traballo! Hai que dar as contas claras sobre esta inmensa falacia que é a acuicultura industrial. E nada mellor que falar de euros contantes e soantes que caen hoxe no peto do Sr. Sousa. De calqueira xeito, tentemos entre todos/as de botarlle unha man ó colectivo ecoloxista portugués para parar o Expolio Acuicola de Mira.
A Dordo: sobre a túa chamada á colaboración cos ecoloxistas portugueses, ADEGA leva meses asesorando aos compañeiros/as de Quercus na súa loita contra a Piscifatoría de Pescanova nas dunas de Mira (Rede Natura PT, aproveitando a nosa experiencia en Galiza. Froito desta colaboración, a vindeira semana vai vir unha equipa da RTP (televisión pública portuguesa) a Galiza para coñecer a realidade destas instalacións, guiados por membros de ADEGA. Tamén estamos argallando unha xuntanza conxunta coa Quercus para tratarmos estes e outros temas ambientais que afectan aos dous países, como a xestión forestal (problemas co FSC e os eucaliptos), os lumes, etc. Grazas polo teu interese