Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Pilar Rahola escribe na Vanguardia sobre o veto do BNG á condena do Holocausto nazi

O neno que fuxiu de Polonia
Por Pilar Rahola
LA VANGUARDIA (05.02.08)

Enviada por daviz daviz o 06/02/2008 13:08 ás 559 visitas

¿Warum?", preguntouse o venerable rabino, asindo o brazo do mozo SS, que ía matar a un neno. O mozo facía contrabando, no gueto de Varsovia, e o soldado descubriuno. Anos máis tarde, o pai de Marek Halter explicou esta anécdota a Primo Levi, quen a narrou no seu extraordinario libro "Se isto é un home". A resposta do soldado marca a lume a memoria de Europa, e define a esencia da maldade: "Hier ist kein warum" (aquí non hai ningún porqué). É dicir, o mal non necesita respostas, pero, sobre todo, non necesita ningunha pregunta. Non había un porqué, e orfos do porqué, mataron a millóns de persoas. Se Hannah Arendt descubriu, no proceso contra Eichmann, que o mal era banal, anos antes un rabino descubrira que nin tan sequera tiña un motivo. E a ausencia de motivo era a raíz máis profunda do horror.

Esta semana celebráronse múltiples actos en recordo das vítimas do holocausto. Logo de décadas de esquecemento, a ONU instaurou un día para o recordo, o 27 de xaneiro, e desde entón réndese tributo aos dous terzos da poboación xudía europea, desaparecidos na shoah. Familias completas, nenos, adultos e anciáns, pobos enteiros coas súas historias de séculos, os seus médicos, os seus mestres de escola, os seus panadeiros, os seus músicos, todos convertidos en fume. A historia da humanidade está chea de xenocidios, e, como di a Torá, o mal (chamado alí Amelek), cambia de faciana, pero o holocausto é o primeiro intento industrial de exterminio masivo, e case consegue chegar ao seu obxectivo. Sete mil persoas, lixeiros como espectros, quedaban en Auschwitz cando "fixeron a súa aparición catro novos soldados soviéticos dacabalo", relata Levi. E segue Marek: "Sorprendéronse visiblemente ao descubrir, nunha bruma de neve, esa inmensidade branca, dominada por chemineas negras e rodeada de aramados, tras as que uns esqueletos humanos movíanse no medio dun silencio ensordecedor". Restos do naufraxio do holocausto, os poucos sobreviventes foron a voz da memoria. Esa memoria, estes días, tivo a súa expresión en múltiples actos, e en Barcelona, da man do escritor Marek Halter, coñecemos a un neno que puido fuxir do gueto de Varsovia co seu pai, deixando atrás o recordo de toda a súa familia asasinada. Fundador de SOS Racismo en Francia e loitador pola paz en Oriente Medio, Marek é, en carne propia, a expresión da palabra hebrea nabí, traducida historicamente como profeta. Dicíanos, no acto do Institut Francés que tiven a honra de presentar: "Nabí significaría o que grita palabras", é dicir, aquel que usa o verbo para conseguir o ben. E desde ese verbo loitado, este xudeu polaco nacionalizado francés recordounos que "cada neno que nace, xa estivo na ladeira do monte Sinaí", e xa que logo comprométese coas Táboas da Lei. Gritar palabras, ese é o combate nos tempos das espadas... Este artigo só tiña vocación de tímida homenaxe ás vítimas do holocausto, convencida da culpa que todo europeo ten no horror que desembocou en Auschwitz.

Pero o BNG obrígame a un engadido. Froito da empanada mental que determinados grupos de extrema esquerda padecen, este partido impediu que o Parlamento Galego aprobase unha declaración institucional de condena do nazismo e en memoria das vítimas. En coherencia con outros actos de corte antisemita -como a persecución a un militante, Pedro Gómez-Valadés, porque fundara unha Asociación cultural de amizade con Israel-, o BNG conseguiu o imposíbel: aliñarse coa extrema dereita. Será que os extremos se tocan. E será que, no nome dunha pretendida solidariedade cos palestinos, hai partidos de esquerdas que desprezan o horror nazi, que non senten ningunha piedade polas vítimas xudías e que son os culpábeis da banalización actual do holocausto. Máis aló das simpatías de cada cal cos protagonistas dun sanguento conflito que dura décadas, os millóns de europeos asasinados son vítimas puras, e o seu desprezo é unha vergoña lacerante. En fin. Un motivo máis para crer que determinada esquerda chega a tal nivel de dogmatismo que acaba sendo cómplice dos sectores máis reaccionarios da historia. Díxoo un deputado do BNG: "Os nosos amigos son a república islámica de Irán, Libia e Venezuela". Todo queda dito.


2,21/5 (14 votos)


Comentarios (10)

Tino #1 7/Febreiro/2008 Tino

Q patética descrición da realidade actual fas daviz.
Esta historia tan triste q escribes ben se pode redixir con nomes de miles de palestinos masacrados cada dia durante anos. Por certo non fas ningunha referencia a eles.
Xa estou farto de q os sionistas se laien unha e outra vez e se amparen na desgraza dos q morreron para xustificar o exterminio do povo palestiniano.
Mentres os israelitas viven de puta madre, armados nas casas até os dentes, con traballo, servizos sociais, boas casas e infraestruturas, a poucos metros hai miles de persoas morrendo en ghetos (moi parecidos aos dos nazis, por certo) sen servizos, sen medicinas, sen electricidade, sen traballo, sen nada de nada, nin esperanza pq as organizacións dos paises ricos llo permiten.
Bravo pola tua coerencia e empanada mental daviz.

Tino #2 7/Febreiro/2008 Tino

Ou grazas a pilar rahola, xa non sei a quen darllas...

ecoe #3 9/Febreiro/2008 ecoe

Lástima que ó enxendro raholán lle falte veracidade en todo o que afirma sobre o BNG (ata o tilda de extremista de esquerda!), mais, a pesares das historias, seguramente reais, que traballa interesadamente na conmoción de aquiles feitos, só no cabo afirma que os asasinadsos foron millóns, mais agora tíldaos de EUROPEUS, nun intento de misturar a condena do Holocausto ca particular do Holausto XUDEU (tamén importante, mais fai parte da anterior, moito máis ampla e incluínte).

Esta especialista propiamente en "empanadas", onte e hoxe,sí se alinea co pior dos sectores máis reaccionarios da Historia, así Israel, o imperialismo USA e a sua interminable lista de mantidos, por non pasar máis cerca.

A proposta REALMENTE EXISTENTE que ofreceu como contrapartida o BNG, ademáis de na sua maior extensión incluir a condea do Holocausto, mesmamente o xudeu, CONDENABA o papel de Israel en Palestina. Aquí radicou toda a explicación dos porqués de tódolos actuantes nesta farsa.

Sobre o Baladés só ten que explicar si poidera ser un axente de Israel, pois foi non hai moito recibido en Madrí pola Presidenta de ese estado razista -pódese ser amigo personal da presidenta de un país e proclamalo en toda a prensa ou se cubren de ese xeito obxectivos propagandísticos de aquél Estado (se fora en USA, tería que facer previamente unha declaración á Administración, explicando o seu papel alí en favor de un goberno extranxeiro)-?

Mais ben semella que é unha actuación impropia o que levou estes señores pro-SIONISTAS a botarse fóra (por si podían facer máis dano, sempre en tempos electorais, claro), o que evidencia a sua vocación de sairse tan pronto se fixera o "traballiño".

Libre me quedo de defender ideolóxicamente BNG, ó que me nego, mais as cousiñas claras e a vaquiña polo que vale.

xachevale #4 10/Febreiro/2008 xachevale

As victimas de xenocidio de hoxendía son os palestinos e os verdugos son os israelís, por moito que no pasado sufrisen o máis cruel exterminio da historia.
Nos tempos do III Reich habería moitas persoas, institucións e Estados que miraban para outro lado como o fai agora Pilar Rahola, quizais recordando desgracias pasadas e deixando que pasase o que estaba pasando.
Eu que teño 69 anos, toda a miña vida aborrecín daquel holocausto e compadecín as súas víctimas, e sigoo facendo; pero hoxendía non podo estar do lado dos israelís e tócame facer algo para parar o xenocidio destes contra os palestinos. Por moito que sufrisen non lle da impunidade para facer eles o mesmo ou parecido cos seus viciños. É mais, esperaríase de alguén que tanto sufriu, algo de compasión cos seus semellantes.
En canto ó do BNG non sei que ten de malo a amizade con Irán, Libia, Venezuela ou quen sexa, a parte de que eu saiba non hai ningunha relación especial con eses países. Eu penso que o dí con mala fe para demonizar a esta formacíón política. Que mal lle fixeron a Pilar Rahola Irán, Libia ou Venezuela?. Se é aliada de Bush, xa é hora de que saiba que Libia xa non está no eixe do mal.

basteira #5 11/Febreiro/2008 basteira

Eu recordo as imaxes de cando un soldado xudeu estaba a crebarlle un brazo a un cativo, á altura do cóbado, cunha pedra, e a pregunta que me sae é..... Warum? Pilar, warum? é unha pena que te acordes do horror nazi e non do horror xudeu, negando luz en hospitais, auga, e botando a millóns de persoas da súa casa porque disque Deus contoulles que aquilo era seu. Lamentabel

Barcelos #6 12/Febreiro/2008 Barcelos

Os mesmos argumentos que utiliza o Estado Español para desacreditar á esquerda abertzale. Non condenar cando eles digan e o que eles digan.

Unha cousa é estar contra o xenocidio e outra aliñarse con quen practican outro tipo de horror e de xenocidio. Actualmente Israel e mais USA.

Non é que o BNG non condene o holocausto, é que non se quere aliñar cos actuais asasinos, xa que este non é nin o momento oportuno nin o lugar oportuno.

Así que Pilariña non mexes fora do testo. E mira ben con quen che fas a foto que se cadra a que se está aliñando coa extrema dereita es ti.

Barcelos #7 12/Febreiro/2008 Barcelos

Cales son os teus amigos Pilar, o trío das Azores?

AGIL #8 13/Febreiro/2008 AGIL

Visitei o blogue da rahola. Impossível opinar: Isso é democracia!!!
Visitei o sítio do galiza-israel, também impossível de opinar. E comprovei que a autoridade em que se baseia, para alem das raholas da vida, é a do caloluí, o rodriguez, esse democrata de toda a vida... Não sei, mas cheira-me muito mal essa amizade galiza-israel. Se os reintegracionistas de verdade fôssemos tão protegidos por Portugal e o Brasil, já teríamos a maldição, não sei se das raholas, mas com toda a certeza dos caloluis...
País! "Qué tropa!"

Barcelos #9 13/Febreiro/2008 Barcelos

http://www.pilarrahola...

Coido que podes opinar.

Barcelos #10 13/Febreiro/2008 Barcelos

Por certo lee este comentario sobre o BNG. Un auténtico racista despreciativo e insultante fillo de puta:

"No olvides la G de BNG

No sé qué esperabas viniendo de esos. Sí, es una formación que se autodeclara de izquierda, pero no olvides que está radicada en una de las zonas con más franquistas por metro cuadrado de España, un reducto de gente ignorante, cateta y reaccionaria. El auténtico tercer mundo de España, junto con Andalucía. Un puñado de aldeanos y caciques que hasta hace dos días votaba a Fraga, incluso después del Prestige. En el BNG no son nacionalistas de izquierdas; son antes que nada nacionalistas GALLEGOS, y después todo lo izquierdas que puedan ser con esa premisa extra -- que no es mucho. Recuerda que en un libro dirigido al público más amplio, prologado por Fraga y financiado por la Xunta, se especulaba con la posibilidad de que los genocidios amerindio y judío fueran una mentira o una exageración.

El error estúpido lo cometen muchos nacionalistas catalanes dándole su solidaridad a los nacionalismos gallego y vasco. Son nacionalismos diferentes al nuestro, llenos de complejos e inseguridades -- de ahí que apelen a argumentos étnicos absolutamente ridículos, especialmente a estas alturas del juego. Con tanto pacto de Lizarra y tanta estupidez estamos cargando con un peso muerto, y en lugar de hacer el ridículo con el BNG, EA o la chorrada esa del "Partido Andalucista" bien debiéramos aceptar que, a la hora de la verdad, los independentistas catalanes estamos absolutamente solos. Ni siquiera podemos contar con Eliseu Climent ni con nadie de Valencia. Somos los únicos que realmente no somos españoles, los únicos que no hacemos el ridículo aspirando a la independencia. El resto son un puñado de cantamañanas.

Pero bueno, tú has estado en ERC así que ya sabes de qué te estoy hablando.
Autor : Walter Sobchak
Fecha de publicación : 1/2/2008 "

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: