Ou imbéciles e despois independentistas
Imbéciles por tinguir coas súas accións a "idea santa
da independencia da nosa Patria" e a internacionalización ortográfica do noso idioma.
Non cren nos galegos e non viven no Século XXI.
Acomplexados doutras latitudes, non son mártires, só son parvos que se arriscan a que lle apliquen a Lei Antiterrorista.
E case que até me aledo, poden mancar, ou chegar a matar a algún inocente(ou ao que non o sexa), como xa están a pagar os desperfectos os veciños da súa "loita".
"Na nova resistência galega ilegal há lugar para tod@s", até para que se poidan apuntar estes(exemplos 1,2,3,4...) ou os que asinan cun "Tropas de Breogham. GZ".
Están xogando con lume, e aínda teñen a posibilidade de non queimarse. Teñen a sorte que ao mellor outros van tardar en ter.
Pola contra podémonos parabenizar de Galiza Non Se Vende e d@s moz@s d'A Coruña que defenderon con alborada o noso idioma nunha contramanifa, dobrando en número aos fachas(que multiplicaban por tres a súa idade).
O FUTURO É NOSO!!
PD: En Libertad Digital falan de dúas persoas agredidas. As imaxes, partes médicos e denuncias demostran tres pero da outra parte. Que ninguén sexa tan imbécil de convertelos en vítimas.
vaia "lucidez" de titular!!! ??
Ou seja, (a ver se te entendim, colazo): os que se manifestárom contra a San Gil, som uns "imbéciles", mas os que se manifestárom contra a Mesa facha essa na Corunha som "guais del paraguay". Nos dous casos houvo destacada presença independentista, e nos dous casos se adoptárom posiçons de firmeza (sem agressons) frente ao fascismo espanholista. Nos dous casos os agredidos fôrom convertidos em agressores polos meios de comunicaçom.
Mas a ti molou-che o acto da corunha (que lhe vamos fazer) e entom "parabenizas" os mesmos independentistas que uns dias depois também se concentrárom em Compostela, que a ti che parecem "imbéciles"...
Enfim, eu nom quero insultar como tu, mas prestas-te bastante, meu...
ferreirogz, refírome a Resistencia Galega, cando barallei isto foi o 11/02/2008
Ao amigo Colazo:
Que bom te vemos detras dumha carouta. Que doado é mancilhar o nome de alguém sem dar a cara (nom coma elas e eles). Que bom te vemos co teu dispensador de bulas...mas...quem eres? que fas tu? eres do CNI ou da UPG? Dino-lo boinho...da a cara!
Breogham, os de Resistencia Galega dan a cara? cando os pillan con explosivos no maleteiro, refíreste?
Colazo, por que é que juntas Resistencia Galega, sem cara, como dizes, e resistência galega pacífica, como reconheces pelo menos para um dos atos de resistência? Tristemente as agressões contra a Galeguidade são graves, numerosas e mais cada profundas por parte das entidades espaÑolas, institucionais ou não tão institucionais, de modo que tanta propaganda (e ainda mais) está a conseguir que a confusão domine até mentes preclaras. Se entendes que o digo por ti, pode ser. Mas quem melhor cumpre aquilo de "uma mentira repetida mil vezes e a vozes torna-se em verdade absoluta"? Não são os "resistentes", nem uns nem outros, mas os agressores, que poder citar por nomes e apelidos, por nomes de organismos e empresas, não é? Procuremos dilucidar e não confundir alhos com bugalhos...