Manuel Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta, en declaracións recollidas polos medios respecto á manifestación de GALIZA NON SE VENDE que tivo lugar o domingo en Compostela afirma que os manifestantes "non representaban á sociedade galega senón que defendían intereses particulares: Só ían polo que hai do meu". Lonxe de responder aos argumentos de GNSV, expresados no manifesto e no comunicado, prefire descualificar aos milleiros de galeg@s que democraticamente e facendo gala dun enorme sentido da responsabilidade (entendida esta como unha actitude cívica de defensa do patrimonio natural e do medio ambiente) esiximos un cambio de rumbo.
Este conselleiro que aproba a instalación da celulosa nas Pontes, que emite informes favorabeis á instalación de piscifactorías en espazos protexidos e legaliza as minas ilegais do Courel, que pecha os ollos e da para adiante a aberracións ecolóxicas como o PXOM de Vigo e outros, e que esta facendo desaparecer pola porta de atrás calquera tipo de protección para decenas de miles de hectáreas do Rexistro Galego de Espazos Protexidos, non pode ser conselleiro de medio ambiente. É certo que os manifestantes defendemos o noso, pero entendendo isto (o noso) como o que é de todos os galegos e galegas. Mentres o conselleiro defende os intereses do capital, nós defendemos a nosa costa, o Parque Natural do Courel e o das Fragas do Eume, a seguridade e a vida na Ría do Ferrol, o Parque Rosalía de Lugo, as paraxes naturais, a saúde e unha mellor calidade de vida. Eses son os “intereses particulares” que nos levaron a Compostela.
O Sr. Conselleiro tamén tacha a manifestación de “electoralista”. Algo notable e sorprendente cando ningún dos colectivos convocantes se presenta nin se presentou nunca a eleccións de ningún tipo, e máis cando podemos dicir, sen medo a equivocarnos moito, que o 80% dos participantes na protesta son (ou eran) votantes dalgún dos partidos que conforman o goberno do que o Sr. Conselleiro forma parte.
Pero a guinda das súas desafortunadas declaracións ven ser esta cínica pregunta: ¿Onde estaban estes colectivos cando gobernaba o PP? Cando gobernaba o PP algúns dos nenos asistentes á mobilización de Galiza Non Se Vende, aínda non naceran. Outros, xa hoxe mozos e mozas, lembrábanse o domingo daqueles días do Prestige, cando eles eran nenos e ían cos seus pais ás manifestacións. Outros, chamados por entón heroes, estaban na costa collendo chapapote coas mans, coordinando a milleiros de voluntarios/as e berrando Nunca Máis en Compostela. (¿Lémbrase daquilo o Sr. Conselleiro?). E outros, hai ben pouco, apagando lumes, ou recollendo cinzas, ou, xa que falamos de tempos máis recentes, paralizando piscifatorías a Álvarez-Cascos mentres a súa consellaría miraba para outro lado e, escusándose na herdanza do anterior goberno, desistía de exercer o dereito de retracto. Outros chegaron máis tarde e aínda han chegar máis.
Entón ninguén era oportunista.
Algúns veteráns xa nos deixaron, aínda que permanecen para sempre no noso recordo. Levamos aquí moito tempo e xa non tragamos máis. Pero o importante é que estamos AQUÍ E AGORA, e máis que oportunistas, chámenos oportunos. Pois o Caurel, non espera, o parque Rosalía non espera, as nosas costas non esperan, o Ribeiro non espera, Reganosa non espera, o plano acuícola non espera, Galicia non espera. Porque se esperamos, non haberá remedio. ¿Como pode dicir un conselleiro que máis de setenta colectivos son oportunistas? ¿Como pode dicir que entre 6.000 e 10.000 persoas que se manifestaron son oportunistas? ¿Coñéceos a todos? ¿Remata o dereito a manifestarse libremente? ¿Por que entre os manifestantes había xentes de tódolos partidos e opcións de voto? Porque teñen vostedes un problema: xa non tragamos máis.
Xa hai moito que o Sr. Vázquez ten un suspenso en medio ambiente, pero agora ten outros dous: en democracia e en respecto á cidadanía e por iso esiximos a súa dimisión.
Goberne quen goberne GALIZA NON SE VENDE!!
Goberne quen goberne, GALIZA NON SE VENDE¡¡¡
PEDANTOCRACIA (Profesor Bermejo Barrera dixit) ao carallo¡¡¡
Reciclaxe da clase política XA¡¡¡
Botalos, Sí señor, a estes e aos que veñan detrás. . . . a menos que gobernen para os cidadáns e non para a xente "guay".
PLANTA DE GAS FORA DA RIA! XA!
Señor Carballo, vexo que os do comite antireganosa seguen a contarlles historias aos de fora da ria de Ferrol. Que todo o mundo saiba na Galiza que estes señores antireganosa protestan sempre contra os supostos perigos e os riscos de Reganosa (a 2km de onde están) e CALAN sempre sobre os perigos dos gasodutos dos cataláns de Enagas que teñen DEBAIXO DOS SEUS PES e tamén calaron sempre sobre os perigos das instalacións militares da Ria que teñen a CERO metros de onde se manifestan. ¡Menuda preocupación destes nachos pola seguridade das persoas! O único que lles preocupa é que uns galegos lle faigan a competencia aos catalans de Enagas. Por certo que a empresa catalana que prometeu aos galegos facer a planta de gas no porto exterior e despois de torearnos a todos durante sete anos foise para Asturias para facela en Xixón onde será a competencia direita de Reganosa. Como se ve todo historias altruístas e desinteresadas e preocupación pola seguridade dos cidadáns e cidadás . Por certo, a zona do porto exterior que é a maior defeita ecoloxica da ria do Ferrol e da Galiza dos derradeiros anos segundo Greenpeace a onde queren levar Reganosa é aínda, que eu saiba, un lugar de importancia comunitaria (LIC) europeo da rede Natura 2000. Sei que esas zonas non valen para planes acuícolas pero si para Reganosa...Por certo se Reganosa se vai non sei moi ben aínda para onde, que vai pasar coa xente que aí traballamos?agradeceríamosvos unha boa recolocación...
Sr Espartano:
1º) Os gasodutos de ENGAS que pasan por Ferrol son de 16 bares de presión e os de Reganosa son de 80 bares. Ademais, nós non estamos contra o gas. Estamos en contra da especulación e contra a irresponsabilidade dos políticos e de quen os apoian, como tí.
2º)Non teño nada contra os cataláns nin contra os gaseiros se cumpren ambos a lei. Cousa que non ocorre en Ferrol. ¿E qué facemos si os catalans non queren os productos de ZARA por ser galega?
3º)A planta de Xixón estará situada (si se fai) no novo recheo que se fará a continuación do porto carboeiro e a 2.500 metros de distancia do núcleo de poboación agrupada máis próxima. Os gaseros ademas terán saída á mar sen problemas en calquera circunstancia e marea. EN Ferrol NON. Cando se comezou a oposición á localización da planta de gas de Ferrol nin se falaba de Xixón. Xa que logo a nosa oposición non tiña NADA que ver con ese proxecto.
4º) Eu non apoiei a localización da planta de Enagás en Caneliñas. A miña posición a este respecto é pór a planta en alta mar.
5º) Os traballadores de Reganosa non teñen nada que ver con este debate. Eles poden ser (espero que non) as primeiras vítimas dun fallo, ataque ou accidente no gaseiro. Ademais, creo que é mellor non entrar en que vale todo con tal de ter un posto de traballo. Este non é o debate.
PLANTA DE GAS FORA DA RIA ¡XA!