Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Complemento Lingüístico Galego

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Complemento Lingüístico Galego

Complemento Lingüístico Galego

O Decreto de Normalización do Ensino en Galicia debera contar cos profesionais docentes se quere rescatar a dignidade no uso do galego.

Enviada por Erasmo Erasmo o 27/05/2007 17:39 ás 809 visitas

O desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística debera INCENTIVAR ECONÓMICAMENTE ós profesionais do ensino que a leven adiante.

Do mesmo xeito que se promove a cultura e a edición de materiais en Galego e se lles libra ás Editorias cantidades inxentes de diñeiro público, ¿sería moito pedir que se INCENTIVEN os esforzos do profesorado para levar a cabo o proceso normalizador da lingua galega?
Aqueles funcionarios que soliciten un complemento mensual de 60 €uros brutos estarían 'obrigados' a acatar os trámites que lles foran esixidos pola Administración Educativa para comprobar o bo funcionamento das medidas adoptadas.

Os que non o soliciten poderían manter a lingua castelá nas súas aulas sen ningún tipo de problema.
A medida sería moi exitosa para a Política Lingüística e lonxe de representar un custo nos orzamentos a medio prazo poderíamos AFORRAR MOITOS CARTOS en esforzos inútis (cursos, propaganda, plans de lectura, actuacións da inspección, resolución de conflictos, etc...)

Someto á consideración dos lectores esta INICIATIVA que tería unha dobre virtude: por un lado apostar en firme polo emprego do galego nas aulas e por outra banda garantir a liberdade lingüística dos cidadáns.
Aquelas persoas que por motivos ideolóxicos quixeran renunciar ó seu complemento lingüístico poderían beneficiarse dunha deducción fiscal do 25% da coantía anual do complemento en calidade de doazón voluntaria á Normalización Lingüística Galega. Ven de aprobarse un Plan de Lectura con 50 millóns de Euros até o 2011… eu me pregunto ¿por que os profesores non teñen dereito a ser recompensados polo seu traballo a prol da lingua galega cando tódolos demáis sectores parecen sacar beneficios da defensa do galego?

O Presidente da Real Academia Galega leva razón cando afirma que agora hai unha "presión maior nos institutos para que todo se someta á norma e non sei se iso é bo".


Parece que somos os funcionarios públicos ós únicos responsables da perda no uso do galego... e os críticos coa RAG (Mesa de Normalización) deberan saber que grazas a estes mesmos funcionarios docentes o Galego goza hoxe de boa saúde... O futuro das linguas non se pode determinar por decreto...!


Os profesionais do ensino tamén somos de carne e oso, comemos coma todo o mundo aínda que non cobramos 'dietas' por representar a ninguén nas Institucións do pais... a nosa laboura calada de días, anos, lustros... NUNCA É RECOMPENSADA ECONOMICAMENTE... e a sociedade sábeo ben!


Un Complemento Lingüístico para os docentes que empreguen o galego nas súas aulas LIBREMENTE... non ten porque ser un problema cando se destinan millóns de euros á industria do audiovisual en galego, ás editorias para a normalización dos libros de texto, ás bibliotecas escolares, ós departamentos de lingüística aplicada, á traducción de sistemas informáticos...etc.


¿É moito pedir ser tratado igual que tódolos demáis?


Erasmo

Amante da súa lingua e da Liberdade...!


3,55/5 (11 votos)


Comentarios (4)

Erasmo #1 29/Maio/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Chegoume vía correo-e a seguinte CONVOCATORIA PARA PROFESORES de TÓDOLOS NIVEIS –CENTROS PÚBLICOS E PRIVADOS- A UNA REUNIÓN DE PROFESORES QUE SE CELEBRARÁ NO

I.E.S. SANTO TOMÉ DE FREIXEIRO DE VIGO,

ESTE XOVES DÍA 31 DE MAIO, ÁS 18:00 HORAS.

POLA LIBERDADE LINGÜÍSTICA NO ENSINO!!!

OBSERVADOR #2 29/Maio/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esforços do professorado?

Estão de brincadeira?

E querem cobrar mais por FAZER MAL O SEU TRABALHO? POR DEIXAREM-SE MANEJAR? POR SEREM UNS PUSILÁNIMES? POR SEREM UNS DESINFORMADOS???

Anda e deixa-te de lérias.

Erasmo #3 31/Maio/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sem dúbida en tódalas profesións pode haber de todo... pero salvo que prefiras fechar os colexios e institutos e volver ós instructores privados para os ricos -claro- non vexo outro xeito de camiñar cara adiante neste asunto: ou PAGAN i eliximos libremente dar o paso ó galego cada un de nós... ou OBRIGAN GRATIS e teremos unha lingua administrativa e morta que non será tan fermosa nin de lonxe coma que tí, Observador, estas a empregar agora: o portugués!

OBSERVADOR #4 31/Maio/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se pagam a uns professores, será para que ENSINEM, EDUQUEM, e não deseduquem. Que isso é o que fazem. Não sabem nem pronunciar e metem os castelanismos na boca dos rapazes. Reproduzem todo o de mau que tem o sistema, salvo algumas honrosas excepções, que são como lanças no deserto ou luas no céu.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: