ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Sida, o galego e as enquisas

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de A Sida, o galego e as enquisas

A Sida, o galego e as enquisas

Un, cando abre o xornal, ten por costume ler as noticias. Como toda a xente, supoño. O outro día, cando o fixen, fiquei nunha que dicía que descubriran unha nova vacina contra a Sida. Despois metíanse nunha teima de anticorpos que non toca comentar agora. Dita vacina era un alivio para o paciente con VIH, pero non facía que deixara de ser terminal. Descoñezo canto tempo levan os científicos á procura da cura da enfermidade, pero é visto que non a atoparon e que, hoxe por hoxe, Sida e morte son sinónimos.

Enviada por breio breio o 09/04/2008 20:41

Algo parecido pasa co galego, un idioma terminal. Igual que a Sida, vaia. A vantaxe que ten a nosa lingua é que ten cura e que, ademais, esta é sorprendentemente simple. A enfermidade do galego desaparece con falalo. Así de fácil. Falar en galego fai que o galego viva. Hoxe os que o facemos aínda somos maioría e no meu caso persoal, espero vivir aínda moito tempo. Pero ocorre que son unha especie en extinción: o neno-barra-adolescente que fala en galego. Ese é o verdadeiro problema da nosa lingua, pois supoño que os velliños irán finando porque non creo que á morte lle apeteza facer mudanza no seu costume, así que o asunto é desolador. Un declárase optimista, e nisto do galego prometeuse a si mesmo non renderse xamais, pero non por iso vai cambiar o panorama. Coido que a verdadeira magnitude deste movemento de castelanización da xuventude galega aparecerá nuns trinta anos, quizais, cando fale en galego unha pequena porcentaxe da poboación, que represente aos románticos nacionalistas (que seremos un ou dous. De independentistas, nin falar), a aqueles que manteñen un núcleo de resistencia nos pobos de vinte habitantes e aos políticos que nunca a falaron nin a defenderon fóra do parlamento (e daquela xa empezarán a abrollar os que nin a falen, nin a defendan dentro del). Quedarán, simplemente, vestixios dunha lingua desaparecida, esvaecida e á que deixaron morrer. Non vou para estadista, pero pode que non ande moi desviado. Sen xente moza que o fale, con políticos coa etiqueta do autoodio e mesmo coa división dentro e fóra do nacionalismo entre a opción da RAG-ILG e o reintegracionismo ou o lusismo; moita opción a ser optimistas non hai. De feito, atreveríame a dicir que non hai ningunha. A lingua tivo mala sorte dende o momento que lle tocou nacer. Resulta que foi facelo no único sitio do mundo onde o habitante autóctono é galego. Si, xa sei que andamos por todo o mundo, pero esa é outra cuestión aparte. Xusto o momento da historia que debería ser máis positivo para o noso idioma está a se converter no que o mate.

Verán vostedes, formo parte do departamento de normalización do meu instituto. Non darei o nome porque non me parece relevante. Feita unha enquisa a alumnos de primeiro da E.S.O. (doce e trece anos) e de primeiro de bacharelato (dezaseis e dezasete anos, entre os que me inclúo), o resultado é moi triste. A porcentaxe de alumnos que falan a nosa lingua habitualmente chega a un nove por cento (9 de 93) no caso dos de bacharelato e, sorprendentemente, nun dezasete nos da E.S.O. (14 de 81); aínda que só un o fai exclusivamente, o que dá a entender... o que vostedes queiran entender. O panorama é aínda máis desolador no caso da lingua que empregan no colexio cos compañeiros, pois en primeiro de bacharelato só o empregamos un oito por cento (8 de 96) (tres, en galego exclusivamente). O peor dato da enquisa chega nesta mesma pregunta para os de primeiro da E.S.O., curso no que só un alumno usa o galego e ningún o fai exclusivamente. Pobriño. Non sei quen é, pero supoño que falará en castelán cando se vexa desesperado ou como un becho raro. Entendan tamén o que queiran entender. Por outra banda, o chamado “papel mollado” decreto sobre a lingua do ensino acada resultados de nulo éxito no primeiro de bacharelato, cun catorce por cento do alumnado que fale en galego cos profesores (12 de 85). Sorprendentemente, podería nesta mesma pregunta para E.S.O. chegar o optimismo (moderado, claro está), pois teñen o galego como lingua principal cos docentes un trinta e cinco por cento (26 de 76), falan as dúas linguas un corenta e cinco (34 de 76) e só emprega o castelán un vinte e tres por cento (18 de 76). O problema aparece cando saen da clase, que volven ao castelán. Isto é para o que serve este decreto. Vaia merda.

Na enquisa, tamén existía un apartado para preguntar sobre a actitude dos alumnos perante a lingua. Aquí si que é onde pode non aparecer o pesimismo, aínda que optimismo tampouco haxa; pois esta non é tan mala como no resto de preguntas. Claro está que non é coma para botar fogos de artificio e que unha lingua non sobrevive de actitude, senón de falantes, pero é o que hai. Da enquisa, que vostedes poden ver no enlace de abaixo, cabe destacar un par de preguntas. Cren, en primeiro de bacharelato, que o galego é moi útil un oitenta por cento (77 de 96) e que o galego debería falarse máis un setenta e seis por cento (73 de 96). Nesta primeira pregunta, na E.S.O., a porcentaxe marcha a un oitenta e un (65 de 80) e na segunda a un oitenta e un (65 de 80, tamén). Por último, tamén demostran os alumnos o respecto pola lingua, faltaría máis, considerando un noventa (85 de 94) e un oitenta e catro por cento (67 de 78) que a xente que fala en castelán non é máis intelixente que a que o fai en galego, en primeiro de bacharelato e da E.S.O. respectivamente. "El gallego está muy bien, es muy útil, se debería hablar más... Pero que lo hablen otros: yo no."

De ser extrapolábeis estes resultados á poboación galega, que non vexo por que non, aínda que se terían que matizar algúns detalles; o panorama é o que hai. Estamos a falar de Ourense, non do Ferrol e, por outra banda, referímonos a xente de trece/dezasete anos. Non me quero imaxinar como está a cousa na primara. Incríbel. Despois, xorden asociacións dicindo que o castelán está perseguido e que se quere impoñer o galego; cando a nosa lingua está máis morta que nunca e camiña cara a desaparición. Eu cágome en Galicia Bilingüe. A sociedade galega realmente non está concienciada do actual problema e moito me temo que o vai facer tarde. Este dezaoito de maio iremos á manifestación pola lingua, berraremos, cabrearémonos, algúns energúmenos romperán cristais e contedores e volveremos a casa. Despois, todo volverá a ser como antes. Somos galegos, non podemos facer nada.

Para rematar este artigo, quero facelo sacando uns versos dun poema de Benedetti:

Qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de paciencia y asco?
Solo grafitti? Rock? Escepticismo?
También les queda no decir amén,
no dejar que les maten el amor,
recuperar el habla y la utopía.


Aínda podemos loitar pola utopía da lingua.


Documentos

5/5 (10 votos)


Comentarios (16)

breio #1 9/Abril/2008 breio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A enquisa poden descargala en "Documentos".

LOIS_DE_SILAN #2 10/Abril/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"A enfermidade do galego desaparece con falalo".

Pois non!, desaparece con que CHO falen e escriban, con que o USEN contigo: esa éche a maneira universalmente efectiva de IMPOR, si impor!, unha lingua.

Non che é un compromiso persoal, que tamén axuda!, senón unha práctica colectiva: vas usar unha lingua se a túa contorna social, se os teus interlocutores a usan.

A lei di: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa, sen prexuízo de usarmos excepcionalmente linguas alleas, coma en Castela!

A lei non é algo voluntario. Cúmprase a lei!

AGIL #3 10/Abril/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Caro pessimista (com alguma razão), dizes «mesmo coa división dentro e fóra do nacionalismo entre a opción da RAG-ILG e o reintegracionismo ou o lusismo».
Acho que erras radicalmente:
1.- Não são equiparáveis a que chamas "opción da RAG-ILG" e o reintegracionismo. Aquela é sustentada pelo nacionalismo espaÑol, de estado, do reino de espaÑa, de modo que de "opción", nada, desde o momento em que é imposta (IMPOSTA) no ensino aos novos galegos... Para convncê-los de que o "galego" é uma merda de língua, que é inútil?... É a utilizada na TVG (falamos em GRAFIAS!!). É a imposta por imperativo ilegal (sic: ILEGAL) aos funcionários quer da administração autonómica, quer da administração da justiça... etc. NÃO É OPÇÃO: é, como disse o viceprsidente -quando o era- Barreiro Rivas, «acordo de governo». Contudo, cumpre analisar os objetivos dessa imposição governativa (e "contra legem", quer dizer, ilegal). Eu sintetizo-os no seguinte: O extermínio do Galego na Galiza para conseguir a "unidad de espaÑa" definitiva.
...
E que é o reintegracionismo? Caro, essa sim é opção -cívica- de cidadãos livres que mesmo contra os seus interesses pessoais tentam que o Galego seja língua viva e identificadora da Galiza (que é mais do que a CAGa espaÑola) no seio da Lusofonia.
...
Não vale estabelecer equidistâncias que não existem e, menos, ocultando a verdade.

AGIL #4 10/Abril/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ah, uma leve observação: O teu léxico galego, culto, é em grande medida um decalque do léxico castelhano culto...
Desculpa que che corrija; faço-o com carinho e mais por pertenceres ao departamento que dizes:
...
Verán vostedes [por que não "vocês"?], formo parte [por que não "faço parte"?] do departamento de normalización [por que não "normalização" ou, pelo menos, "normalizaçom"?] do meu instituto [por que não "liceu"?]. Non darei o nome porque non me parece relevante. Feita unha enquisa [por que não "inquérito"?] a alumnos [por que não "alunos"?] de primeiro da E.S.O. (doce e trece anos) e de primeiro de bacharelato (dezaseis e dezasete anos, entre os que me inclúo), o resultado é moi triste. A porcentaxe de alumnos que falan a nosa lingua habitualmente chega a un nove por cento (9 de 93) no caso dos de bacharelato e, sorprendentemente, nun dezasete nos da E.S.O. (14 de 81); aínda que só un o fai exclusivamente, o que dá a entender... o que vostedes queiran entender. O panorama é aínda máis desolador no caso da lingua que empregan no colexio cos compañeiros, pois en primeiro de bacharelato só o empregamos un oito por cento (8 de 96) (tres, en galego exclusivamente). O peor [por que não "pior"?] dato da enquisa chega nesta mesma pregunta para os de primeiro da E.S.O., curso no que só un alumno usa o galego e ningún o fai exclusivamente...»

AGIL #5 10/Abril/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em #2 LOIS_DE_SILAN reclama que se cumpra a lei... espaÑola sobre o Galego. Mas é que as leis espaÑolas sobre "las demás lenguas espaÑolas" estão feitas para as exterminar. É longo de explicar, mas basta com abrir os olhos e ver para que jeito de "normalización" está a servir a legalidade espaÑola tanto na rádio quanto na TV ou na imprensa. Do ensino já está acima dito quase tudo...

tiEsMoito #6 10/Abril/2008 tiEsMoito
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Rapaz, ti non fagas caso de toda esta manda de pesados. Oiote e lembro como iso mesmo é o que vivín eu á tua mesma idade e en Vigo hai xa 15 anos, cunha enquisa de centro moi semellante á túa.
É certo que daquela aínda no rural todo, se transmitia masivamente, doutro xeito. O noso esforzo non puido aínda invertir o xiro da roda da fortuna. Mais non deixemos nunca de dicer aínda.
A nosa teimosia poida que non venza, pero é digna, xusta e racional. E que grazas a uns poucos de vós, o galego teña cen anos máis de historia non é derrota ningunha.
Eu vívoo como un privilexio que me gostaria que os demais desfrutasen, saboreo cada palabra que eu, contra televisión, radio e demais entes chapapoteiros, gardo e reproduzo cando quero.
Para facermos futuro ás veces abonda con encher de aire o peito, e sentilo saír cos ollos ben abertos.
Nunca deixes dobrar a túa vontade porque a razón neste caso é simple e está do teu lado. Falar galego é cometer un erro menos na vida.
E se un se para a lle coller o gosto, ... poucas cousas poden saberlle a un tanto e valer tan poucos cartos.

breio #7 10/Abril/2008 breio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para min, outro dos problemas da lingua (non mencionado no artigo) é o que nos presenta AGIL en #3, #4 e #5.

Escribín isto sen intención de polemizar con respecto ás distintas normativas do galego e simplemente limiteime a mencionalas. Fixádevos: cada vez que aparece algunha nova deste tipo, xorde o conflito de sempre cos reintegracionistas, aínda que non teña nada que ver coa normativa do idioma. Deixémonos de lerias e comecemos por normalizar a lingua, que boa falta lle fai ou pode que nunca cheguemos ao segundo paso: nor-ma-ti-vi-zar.

Se non temos nós unión para defender o galego, vana ter o castellanoparlantes?

breio #8 10/Abril/2008 breio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo. Grazas, AGIL, por corrixirme en #4, Pero non me fai falla. O que escribín era o que quería escribir. Nin *voçês, nin *faço parte, nin *normalizaçao.

Grazas, en serio. Pero non.

LOIS_DE_SILAN #9 10/Abril/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#5 AGIL!, se non é a española ... cal sería a lei a cumprir hoxe na Galiza en materia de usos lingüísticos?

Quedo obrigado por adiantado!

Erasmo #10 12/Abril/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No canto de te 'cagar' en GB porqué non vas lendo algo moito mellor e con máis futuro para todolos galegos e galegas deste pais de enanos!

http://www.blogoteca.com/madei...">http://www.blogoteca.com/madei...

Digo o de Enanos porque hai que ser brutos para chamar á unha concentraçóm pola lingua na Praza de Quintana...

Hai que ser brutos para ir chorar á Quintana ó que non estades dispostos a defender con dignidade tódolos días das vosas vidas!

Eu sempre defindín e defenderei a LIBERDADE LINGÜÍSTICA para o meu pobo... pero non o fago porque non o teña... senon porque non quero velo ós pés dos cabalos chorando mentres viven da esmola pública!

Malditos sexan os que confunden a Lingua dun pobo cunha determinada POLÍTICA MIOPE DE IMPOSICIÓN LINGÜÍSTICA que só lles fai medrar a eles...! ¿Ou e que algún de vós lle pagan un blindaxe de 15.000 Euros de por vida?

Abride os ollos... que de tanto chorar non sabedes xa o que dicir!

Aquí neste ARTIGO hai máis VERDADES que na mesma BIBLIA DO BEIRAS!

http://www.blogoteca.com/madei...">http://www.blogoteca.com/madei...

Somos galegos... e ningúen nos vai obrigar a SELO !!!

Erasmo #11 12/Abril/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.blogoteca.com/madei...">http://www.blogoteca.com/madei...

Non sei porque se corta o Enlace.
Refírome ó artigo titulado: O PESIMISMO, CONTRA A LINGUA.
Por Sechu Sende na súa Bitácora MADE IN GALIZA.

http://www.blogoteca.com/madei...">http://www.blogoteca.com/madei...

breio #12 12/Abril/2008 breio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xorden asociacións dicindo que o castelán está perseguido e que se quere impoñer o galego; cando a nosa lingua está máis morta que nunca e camiña cara a desaparición. Por min, que desaparezan mañá Galicia Bilingüe e La mesa por la libertad lingüística. A primeira, “bilingüe”, a segunda “libertad”. Que bonitas son as palabras e que ben quedan de cara ao público. O conflito vén cando quedan niso, en palabras, e do que poden ter de aplicábeis á vida real, nanai de la China. E aínda tiñan o papo de estar a repartir o outro día, á entrada do noso instituto, panfletiños para se vender ao público con promesas de... "Libertad"?

Leovarela #13 13/Abril/2008 Leovarela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só por deixalo craro, a SIDA non é unha enfermidade, e moito menos terminal. A SIDA en un compendio de ate vintenove enfermedades diferentes, todas elas existintes denantes de inventaren o VIH. E siguen existindo e cos tratamientos adecuados se siguen curando. A SIDA é un síndrome provocado polas exposicións múltiples, repetidas e crónicas ós axentes estresantes do sistema inmunológixo. Non é necesario ningún virus para que se produza calqueira das enfermidades hoxe día rexistradas caprichosamente como SIDA. Son SIDA -oficialmente- si está o VIH presente si non, non son SIDA son a enfermidade que xa eran. Una tuberculosis sin VIH é tuberculosis, con VIH é SIDA. Sabías de tamaña animalada? Porque, ademáis, o suposto retrovirus nunca foi visto, somentes imaxinado. E as probas me remito. Xa van moitos anos que Luc Montagnier manifestou non ter purificado o virus no seu pseudoillamento. Nin Gallo,ni Montagnier. Niguén illóu o suposto virus. E ó non illa-lo non é posible conquerir vacina ningunha.
Xa sei que este fio vai de outra cousa, pero xa que tócache-lo tema, quero que quede constancia tamén doutro pequeno detalle: Todos intentos de vacina ate o de hoxe fracasaron. O derradeiro fracaso, estrepitoso, tivo lugar fai ben pouco tempo, aínda o están dixerindo, e tratábase de dous ensaios que financiaban Merck e os fondos públicos dos CDC-USA. Aos dous houbo que paralos porque estaban a ser perxudiciais para a saúde dos participantes (en un 3000 personas de todo o mundo, o STEP; y en otro unhas 800, creo que se chamaba Phambili ou algo así). Cando "eles" din esto, nos podemos supoñer o que sería coñece-la verdade do que lles pode chegar a pasar a ditos participantes. A saber o que lles meteron no corpo. As máximas "autoridades" do VIH/SIDA recoñecen, xa eles mesmos, que a persecución da vacina leva fracaso tras fracaso vintecatro anos, e non teñen perspectivas de encontrala. NON PODE HABER VACUNA SIN ILLAMENTO. Non coñecen o axente. O que chaman VIH é unha sopa molecular que é imposible que cause enfermidade ningunha.

Coñecemento é libertade.

Un saúdo.

Para máis información:
http://www.robertogiraldo.com
http://www.free-news.org
De ahí saen links para achegarse ás varias decenas, máis ben centos, de páxinas, si ben moitas delas noutros idiomas, comprometidas coa VERDADE DA SIDA.

PD: Disculpas polo meu galego, supoño que te estarás levando as mans a cabeza, pero é o que hai.

Leovarela #14 13/Abril/2008 Leovarela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teño que entrar outra vez por comerme as comas nunha frase crucial.
Donde dí:

"Son SIDA -oficialmente- si está o VIH presente si non, non son SIDA son a enfermidade que xa eran. Una tuberculosis sin VIH é tuberculosis, con VIH é SIDA."

Debería dicir:
"Son SIDA -oficialmente- si está o VIH presente, si non, non son SIDA, son a enfermidade que xa eran. Una tuberculosis sin VIH é tuberculosis, con VIH é SIDA.

Correxido.

breio #15 16/Abril/2008 breio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Uóh. Grazas, Leovarela ;)

Leovarela #16 16/Abril/2008 Leovarela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Grazas a ti por aceptar tan amablemente a miña intromisión no teu fio.
Moitas grazas.
Leo :-)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: