Este é un artigo sacado da web da FPG, firmado por celestino ribera. Vai dirixido ó delegado de medio rual en Lugo.
http://www.frentepopulargalega.org/index.php?option=com_content&task=view&id=205&Itemid=1
Amigo Emilio, Milucho, home, parece mentira. Tantos anos de loita, tantos anos traballando no sindicalismo labrego que mesmo chegaches a secretario xeral de CC.LL., tu, home do BNG, da rama da UPG dos coroneis, Milucho, home, é que non pode ser. Que chegaches a deputado no Parlamento, si home si, o parlamento galego, tantos anos no parlamento, tantos coma case dez que foron i agora vesnos coas que nos ves. Milucho, amigo, non pode ser. ¿O despacho pasou factura? Seguro que segues sendo comunista, nacionalista i un gran patriota, ¿verdade? Pero na Xunta a vida é diferente i, claro, hai que asentarse a nova vida, ¿non? É que iso de andar polas cortes, está claro, cheirar a bosta, mancharse co traballo, falar cos gandeiros... ¡que tempos! Si amigo Milucho, que tempos. Pero as cousas cambian e cando un está nun despacho non vai a baixar onde están os gandeiros porque agora xa non es dos gandeiros, xa es da Xunta, i claro, mellor porse do lado dos novos amigos, ¿verdade Milucho? Mellor do lado de Lence i de leite Río que do lado duns 3.000 gandeiros, con ou sen cara tapada, tirando ou non leite, rebentando ou non as vallas. Compréndocho, claro que si. Asústame tamén a falta de memoria, moito. ¿Foches ó médico á última revisión? ¿Que a primeira vez que a xente facía algo a cara tapada? ¿Eiquí? ¿En Galicia? ¿Seguro? Eu sei que o val do Lemos está mal comunicado pero, amigo, a tele, radio i ata internet, chegou, ¿ou non? Dígocho polo que dixeches na Radio Galega, que a primeira vez que en Galicia alguén facía algo alguén a cara tapada. Non me digas máis, estabas cando os confliutos de Ascón, Astano, Sidegasa, o metal de Vigo, as folgas xerais, os piquetes... estabas neses momentos cos gandeiros loitando, aló nas cortes, eilí manifestándose, camiñando o país, ¿non? Milucho, amigo meu, o que che digo é duro pero pénsao. ¿De que lado estás? Non son de UUAA nin quero selo nunca pero non me veñas cos contos do PP de que hai intereses políticos cando se producen desordes nunha mobilización. ¿Non che soa a Nunca Máis e o Non á Guerra, non? A min si i xa son vello, i podo facer memoria. Mesmo naquelas anos de loita labrega que tu liderabas, amigo. Non podes dicir "como se quere a lúa si se sabe que é imposible". Non amigo, porque iso non é revolucionario, que che abronca o Bautista, ¿ou non liches no seu editorial do Terra e Tempo, o teu voceiro, amigo? A lúa xa era dos gandeiros. Non é que queiran por imposible senón que a queren porque xa a tuveron e quérena de novo. Pero claro, si te pos a criticar as accións dos gandeiros fronte a actitude de Lence de lambido todopoderoso, si criticas as mobilizaciós fronte as empresas leiteiras, si criticas, en fin, ós que están loitando por non emigrar fronte ós que espolian ó pobo, claro, podes seguir sendo comunista, nacionalista i o que queiras porque como non miras a tele, radio ou internet, nos analfabetos todo é comprensible.
Pódese opinar de Milucho todo o que se queira e espallalo pola rede, agora ben, coido que para opinar o que se dí neste artigo hai que ter moito valor pois non é Milucho precisamente o que debe recibir estos paos, salvo que se queira desmerecer o seu traballo dende novo a prol dos labregos e do nacionalismo: ou (que tamén pode ser), se queira atacar a UPG e ao BNG, baixo a cobertura de un nacionalista que segue rexo nas suas formas e defensor a ultranza dos labregos.
Querido Celestino non se pode ter no punto de mira ao nacionalismo en primeiro lugar para atacalo.Eu tamén estou entrado en idade máis non se me ocorre atacar ao BNG en primeiro lugar,e tamén teño memoria, detrás de Milucho e outrros moitos hai unha historia que non se pode tirar por terra do xeito que tí o fas, claro que na FPG sempre fustedes moi da esquerda e obtuvestede moi bos resultados....., non, non digo os electorais, digo de concienciación política, e haí está a mostra túa querido Celestino, daslle leña a Milucho e non a quen deberas, ese é o erro que sempre tivestedes na FPG, tirades pedras contra o lousado equivocado.Non serás de UUAA, pero semella que sí, tamén ppodes ser un eterno cabreado con todo o que non seña o teu pensamento, e daslle ao máis próximo, ainda uqe perdas o tempo.De verdade queres que o BNG non esté na Xunta?, e que queres que Milucho volte aos cortellos e con el todo o BNG?.De verdade queres que o BNG volte atrás e se una a vos? Verdade que sabes moito de manipulación? e que sabes que UUAA son quen son?.Deixate de atacar ao BNG en xeral e a Milucho en particular.Non é máis certo que quen argumenta como o faría o PP eres tí, metendo medo cos coroneis da UPG?.Querido comandante da FPG deixate de perder o tempo en artigos insidiosos e malévolos, e corre asiña na defensa do sector lácteo e da Patria en xeral, e si non únete a UUAA ao PP ou a quen tí queiras. pero non tires fogos de artificio contra quen está a tratar de defender - doutro xeito máis pragmático - a terra que nós queremos que non quede na cola como sempre ocorre.
Celestino si me apuras un pouco tamén estás dicindo que o de Lence e UUAA foi un boicot contra Milucho precisamente, ó igual que o fan Xóvenes Agricultores contra as Consellerías do BNG,en concreto con Suarez Canal.Non seras destas organizacións noin querrás selo, pero non o estas demostrando, pois vas polo mesmo camiño.Cousa extraña non é, querido comandante da FPG.E fai un exercicio de intelixencia leendo a Castelao, alí tes as respostas as preguntas que te fas, e de paso autoanalizate, que vas por mal camiño, agás que opines que contra Fraga estabamos mellor.