Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Platón e menos Oración !

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Máis Platón e menos Oración !

Máis Platón e menos Oración !

Contra o Decreto do Bacharelato en Galicia.

Por unha Educación Pública, Laica e de Calidade!

SINE NOMINE
       SOGAFI


O Consello Escolar de Galicia
EN INFAME SESIÓN ven de aprobar por 19 votos a favor,
8 en contra e 6 abstencións este DECRETO.

Enviada por Erasmo Erasmo o 26/04/2008 21:52 ás 198 visitas
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

O novo Decreto do Bacharelato remata a faena iniciada polo Decreto do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO). Os nosos adolescentes gozarán de mini-materias para completar os seus estudos de Bacharelato, estudos de deberan preparalos para o acceso á Universidade. Pero non se preocupen, xa que ao parecer, tamén as universidades terán que rebaixar as súas expectativas docentes seguindo o Plan Bolonia que reducirá as ‘licenciaturas’ a ‘diplomaturas’ (3 anos). Só algúns gozarán de programas de especialización e doctorado. Ao resto dos españolitos chegaralles cunha man de pintura universitaria.

Malia as deficiencias que presenta o Ensino Obrigatorio sempre concentramos esforzos nos dous anos do Bacharelato para tratar de suplir estas dificultades antes de que o alumnado abandone o Instituto para acceder á Universidade; pero agora, ao parecer, nin siquera esta etapa educativa vaise salvar.

A Filosofía reducirase a 2 horas semanais e a Educación Física a 1 hora (nin ducharse a gusto).

Saben cal é o nome que recibe unha materia con esta carga lectiva? MARÍA.

¿Saben por que? Porque son esas materias que ninguén prepara e que terminan sendo unha liña no expediente na que ninguén repara nin siquera cando a súa cualificación sexa sobresaliente.
¡Bah! aprobar ‘Filosofía e Cidadanía’ non ten mérito algún!

Os políticos parecen ocupados en case todo menos en romper a cabeza deseñando un ensino de calidade para os futuros cidadáns… ¿e saben por que? Porque cando os cidadáns gozan de espazos para a formación e a reflexión son capaces de pensar por si mesmos… e son autónomos e son libres de tutela allea. E iso aos nosos políticos parece asustarlles!

Cicais teriamos que limitar os programas didácticos a unha lista máis ou menos selecta de vídeos en YouTube e aforrarnos todos os quebradizos de cabeza e o orzamento que gastamos na educación dos fillos. Un pouquichiño de ‘Educación para a Cidadanía’ (aos 13 aniños) moita Historia e Cultura das Relixións para saber de todo un pouco, unha horiña de Ética-Cívica ao finalizar a ESO para cubrir as vergoñas do que chaman ‘educación en valores’ e cando temos a un mozo a piques de alcanzar a maioría de idade xurídica convén reducirlle as horas para pensar: non vaia a ser que as utilice sabiamente e convértase nun cidadán exemplar.

A receita nunca falla: canto máis supercial é a educación inicial dun mozo máis sinxelo será que algúns cidadáns alcancen altos cargos na República…

Platón sabíao de memoria, e denunciaba a demagoxía como a corrupción da democracia ateniense que condenara a morte a un home bo: Sócrates.

Isto é o que nos estamos xogando: unha educación de calidade que permita adquirir nocións de xustiza aos futuros cidadáns.

Cada pau terme da súa driza…!


5/5 (8 votos)


Comentarios (4)

Erasmo #1 1/Maio/2008 Erasmo

Concentracións no Conselleso Escolar de Galicia
http://video.google...

Folga e Manifestación o día seguinte
http://video.google...

Non serivon de moito... Laura Sánchez Piñón sigue ADIANTE!

¿Que temos que facer para que se nos ESCOITE?

paupau #2 1/Maio/2008 paupau

o curriculum de Cidadania debia facelo Ruben Cela."Cores e tamaños do condom","Condom para nenos de todas as idades" " historia do condom" "O condom umbilical" "O condom e a condoa"

Erasmo #3 2/Maio/2008 Erasmo

¿Preciso que alguén me explique a que xogan as centrais sindicais?

¿Están librando unha liorta sindical á conta dos profesores ou teñen algúns intereses inconfesabeis no futuro da Educación en Galicia?

Comunicado CCOO-Ensino: Esperpento no Consello Escolar de Galicia:
http://www.ccooensino.net/serv...

Non sei a que estamos xogando...?

Erasmo #4 5/Maio/2008 Erasmo

É curioso observar como neste foro cando se fala sobre a Normalización do Galego xorden milleiros de opnións e suxerencias de toda caste.

Pero cando pedimos a BERROS calidade educativa en Galicia prodúcese o silencio máis absoluto... Curioso!

¡Debe ser que nos vai máis o ENVOLTORIO co REGALO!

Estamos enviando mensaxes ó Parlamento Galego
para que deteñan a desfeita que está a piques de
perpetrar a Sra Conselleira de Educación no Bacharelato.

Educación Física 1 hora semanal (nin para ducharse)!
Filosofía e Cidadanía reducida a 2 horas (unha maría máis)!

A Educación non é un capricho da Sra. Conselleira!!!

É un Dereito da Cidadanía
a ter unha Formación de Calidade en Condicións Dignas!

PRECISAMOS A AXUDA DE TODA A CIDADANÍA!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: