VIVE COMO QUEIRAS... FALA O QUE CHE PETE... !
XA LLES VALE !
ESTES POLITICUCHOS DA CUNQUIÑA TEÑEN BEN APRENDIDO O SEU DISCURSO DA DISCRIMINACIÓN POSITIVA
E DEMÁIS TRAPALLADA SOBRE AS CULTURAS MINORIZADAS E SOBRE A MORTE DAS LINGUAS
-das que comen ata fartarse- COMO PARA SEGUIR A BAILARLLE AS AUGAS NIN UN MINUTO MÁIS...!
QUEREMOS VIVIR EN LIBERDADE...
QUEREMOS VIVIR EN PAZ...
QUEREMOS FALAR, FUMAR E BEBER O QUE E CANDO NOS PETE...!!!
NON QUEREMOS GUERRAS LINGÜÍSTICAS
EXISTENTES SÓ NAS SÚAS ESTRATEXIAS ELECTORAIS !!!
Se non son capaces de entendelo...
que marchen ás súas casas a impoñer nelas canta NORMATIVA queiran!
SOMOS GALEGOS...
SOMOS LIBRES DE FALAR E VIVIR COMA NOS PETA...!!!
ASINA SE QUERES E SE NON QUERES DÁ IGUAL...
VIRÁN OUTROS MANIFESTOS QUE CHE GUSTARÁN MÁIS...!
SAÚDE E LIBERDADE !
Huhuhuhuhuhuhu...
UPyD procurando apoios em Vieiros. Som-vos o futuro, após a viragem ao centro do PP! Mimá!
Eu assino para que o castelhano deixe de ser obrigatório. Nom a imposiçom lingüística!!!!!!!
Por umha Constituiçom realmente democrática que nom imponha o castelhano, e que reconheça o direito de autodeterminaçom.
Fumade e falade o q keirades mentres non me amoledes a min e o meu entorno: non hai mais q ver q os fumadores (en xeral) son os seres mais dispostos a pisar os dereitos dos demais polo simple feito do seu pracer absoluto. Non respeitan ao do lado, nin ascensores, baños, hospitais, etc, etc.
E as cabichas: é o lixo globalizado, vense por todas as esquinas de todas as ruas de todos os paises, nos testos das plantas dos centros públicos, praias, lugares de descanso, paradas de semáforos (auténticas moreas da limpeza rápida de cinceiros dos automóbiles), etc, etc.
eu tamén kero facer o q me pete: cada vez q
continuo:
Cada vez q un fumador me amole coller un balde de agua e tirarllo pola cabeza.
Cada vez q vexa unha cabicha tirada no chan, meterlla por certo sito a quen a tirou.
Cada vez vexa alguén fumando en lugares públicos, facerlle tragar todo o paquete de tabaco: a ver se funciona o do caldo, se non keres unha cunca, toma duas.
viva a liberdade absoluta!
Leo na Peneira o seguinte:
A Universidade da Coruña incentivará o uso do galego por parte do
profesorado Os profesores que pasen a dar as clases en galego terán
unha menor carga lectiva na Universidade da Coruña. Esta medida comezará a partir do vindeiro curso 2008-2009.
Este sen dúbida é o CAMIÑO DA RECUPERACIÓN DA LINGUA GALEGA EN LIBERDADE e calquera outra política de IMPOSICIÓN LINGÜÍSTICA estará condeada ó fracaso a medio e longo prazo.
Na mesma Peneira (na contraportada ó final) dí o seguinte:
http://www.alenminho.com/hemer...
OSCAR PEREIRO: O de Mos volve ao Tour a tentar emular os logros de fai dous anos. Dende aquí enviámoslle forza porque, a pesar de figurar entre os asinantes dun manifesto pro castelán, a nós sempre nos fala ne galego e sabemos que leva o país alá onde vai.
Este é o camiño se queremos un pais no que collamos TODOS e non só catro 'militantes' da filoloxía decimonónica e vividores da lingua!
Deixemos de buscar enemigos entre nós e aceptemos que hai xeitos diferentes de facer as cousas: en política os 'atallos' nunca deron bos resultados que eu saiba...!
UNHA LINGUA NON SE FALA POR DECRETO !
Meeeeee meeeeeee meeeeeeeee meeeeeeeee meeeeeeeee
SEÑOR CURA DE SOFÁN,
EU A DOUTRINA NON LLA SEI,
PERO CÁNTEME UNHA CANTIGHUELA,
QUE EU LLA REPENICAREIEEEEEEEE.
AI, LELO LELO LELO
AI, LELO LELO LEELOOOOO.
Erasmo em #5 diz: "UNHA LINGUA NON SE FALA POR DECRETO !"
Pois, assim como uma língua não se impõe por uma "Constitución española" que obriga toda a cidadania desse Estado a conhecer esse idioma: o Castelhano.
A Lei fundamental que rege o Estado é essa, a "Constitución española", que OBRIGA E IMPÕE O CASTELHANO.
Saúde e reflexão.
Fixen unha consulta á Universidade da Coruña para coñecer os medios que empregan para a 'normalización' do galego nas aulas universitarias e esta é a resposta recibida:
Estimado señor: Efectivamente, a Vicerreitoría de Profesorado da UDC, a petición da Comisión de Seguimento do Plano de normalización lingüística, oferta unha redución de un crédito (10 horas) de docencia durante os dous primeiros anos a aqueles profesores/as que se incorporen por primeira vez á docencia en galego. O profesorado que se quixer acoller a esta redución deberá solicitalo expresamente e a redución sería para o ano seguinte, unha vez presentados os documentos que acrediten o uso do galego. Esta mesma medida aplícase a quen imparta docencia en inglés nas materias optativas. A medida figura nas directrices que o vicerreitor enviou aos directores/as de departamento para a elaboración do Plano de Organización Docente(POD).Un cordial saúdo,
Servizo de Normalización Lingüística da UDC.
Podedes vós mesmos reflexionar sobre a metodoloxía empregada pola UDC e comparala coa IMPOSICIÓN POR DECRETO que practica a Conselleira de Educación co profesorado de Primaria e Secundaria.
Quen queira 'normalizar as súas aulas' pode facelo LIBREMENTE e por riba recibe algo a cambio do seu esforzo e dedicación (a esto chámaselle INVITAR) mentres a miopía da Mesa pola Normalización fixo do Decreto de Normalización a súa biblia particular para montar un sistema INQUISITORIAL de persecución e denuncia dos profesionais do ensino en toda Galicia.
Hai xeitos de facer as cousas: uns respectando os dereitos individuais da cidadanía e outros seguen a vía Inquisitorial para conseguir os mesmos fins.
¿Cal sería o modelo máis eficaz para conseguir os obxectivos?
¿Que teñen os profesores universitarios que non teñan os de Secundaria ou Primaria?
¿Privilexios? ¿Ou sentido común?
Unha Lingua NON se fala por Decreto! E menos aínda a lingua propia!
Hai a quen lle encanta mesturar o touciño coa velocidade.
O que parece omitir, non sei se por ignoracia o mala fe, unha non elimina a outra, o noso ilustre teólogo, é que o dereito de cátedra goza dunha maior extensión e protección no ámbito universitario; pola sinxela razón, de que os profesores universitarios, ademais de docentes, son investigadores que transimten o seu coñecemento a uns alumnos (a sociedade) cunha suficiente madurez intelectual.
Mentras que na ensinanza primaria e secundaria, os plans educativos, por mor das idades dos alumnos, reducen a liberdade de cátedra dos mestres e profesores; como, ben, manifesta a Sentenza do Tribunal Constitucional 5/1981 de 13 febreiro, no seu Fundamento Xurídico 9:
"...En los niveles inferiores" (refirise a ensinanza primaria e secundaria) ", por el contrario, y de modo, en alguna medida gradual, este contenido positivo de la libertad de enseñanza va disminuyendo puesto que, de una parte, son los planes de estudios establecidos por la autoridad competente, y NO el propio profesor , los que determinan cuál haya de ser el contenido mínimo de la enseñanza, y son también estas autoridades las que establecen cuál es el elenco de medio pedagógicos entre los que puede optar el profesor y, de la otra y sobre todo, éste NO puede orientar ideológicamente su enseñanza con entera libertad de la manera que juzgue más conforme con sus convicciones."
Faime graza, que este aprendiz de cura, caia nunha burda contradicción, como, é, a de denunciar a imposición dun Decreto(debería saber que toda norma ten carácter imperativo) e, o mesmo tempo, invitarnos a firmar un un manifesto que di: "Por consiguiente los abajo firmantes solicitamo del Parlamento español una normtaiva legal del rango adecuado (que en su caso puede exigir una modificación constitucional y de algunos estatutos autonómicos) para fijar inequívocamente los siguentes puntos:" e continua coa súa discriminación positiva do castelán.
Erasmo, seguindo fielmente a dialéctica da COPE, describenos unha situación (ficticia) de discriminación e de imposición normativa, que cuarta e vulnera as liberdades e dereitos dos cidadáns. Con frases como:
"...política de IMPOSICIÓN LINGÜÍSTICA... "
"...IMPOSICIÓN POR DECRETO..."
e máis recente e, a que máis me gusta:
"....montar un sistema INQUISITORIAL de persecución e denuncia dos profesionais do ensino en toda Galicia."
É, ou non é adorable este Erasmo.
Imos por partes:
1. Dicir que os profesores universitarios ademais de docentes, son investigadores... é moito dicir. Pero cando menos terán feito algún cativo traballo de investigación-guiada como soen ser tódalas teses que se len nas Universidades Galegas (e noutras tamén) onde o Nivel de Endogamia é BRUTAL! (pero deixemolo correr).
2. A Burda Contradicción pode que nin sexa burda nin contradictoria: se te fixas é a DISCRIMINACIÓN POSITIVA cara ó galego coma lingua en 'extinción' segundo os ínclitos filólogos que esta tese defenden e tódolos foros, a que LEXISLA IMPOSICIÓNS LINGÜÍSTICAS para 'recuperar falantes' e o que o Manifesto solicita é a reparación dun marco xurídico común a tódalas nacionalidades no que tales EUROFIAS lexislativo-positivas non conculquen a Liberdade Individual dos cidadáns.
3. Grazas pola cita da Sentenza do Tribunal Constitucional 5/1981 pois sería INTERESANTE que moitos Normalizadores da Lingua Galega se aplicaran a mesma Sentenza cando afirma:
""y sobre todo, éste NO puede orientar ideológicamente su enseñanza con entera libertad de la manera que juzgue más conforme con sus convicciones""
E deste xeito poderíamos VIVIR TODOS EN PAZ nesta terra sen buscar inimigos onde non os hai. Se os profesores universitarios son investigadores-ideolóxicos estamos apañados... pero se practicas a lei do embudo considerando que certas interpretacións sociolóxicas son verdades fundamentais que debes transmitir ás novas xeracións para que fagan un 'Contrato coa Lingua Galega' e discriminen ideolóxicamente a tódolos falantes de castelán. As cousas xa non teñen tanta gracia.
SOMOS GALEGOS...
SOMOS LIBRES DE FALAR E VIVIR COMA NOS PETA...!
E as ideoloxías que eu saiba NON son obrigatorias por Decreto!
Mal imos se tentamos lexislar as conciencias da cidadanía...!!
Ah... e Óscar Pereiro, Roberto Verino e Luz Casal siguen sendo GALEGOS aínda que non teñan a mesma ideoloxía que outros Galegos ¿ou tamén isto é outra contradicción?
Algún xa lles terá preparado o Certificado de Defunción dentro do seu MIOPE Rexistro da Galeguidade ¿supoño?
Para rematar esta charla suxiro unha lectura máis amable:
http://www.elpais.com/articulo...
Saúde.
Erasmo.
Amante da miña lingua e da LIBERDADE!
Imos ver...Erasmus...Rotterdamm...Holanda...Böer...APARTHEID, GAliciaBöerLíngüe!!
Agora o entendo: mira Erasmo, por favor, lisca de eiquí, can, lisca, facha, lisca!!
http://www.abc.es/20080711/opi...
Regalo para xente que saiba ler algo máis que onomatopeias...!
Vamos por partes, pois:
1. Non é de estranar que pertencendo a unha asociación coma Galicia Bilingüe, que como o seu nome indica, di traballar pola convivencia "harmónica dos seus falantes", pero, por outra banda, a súa presidenta, diga: que "aprender galego causa prexuízos psicolóxicos nos nenos"; ti volvas a contradecirte dende o comezo.
Se pos en dúbida a independencia dos profesores universitarios, home, por deus, non nos poñas dous artigos de opinión de dous profesores universitarios e "te quedes tan ancho" (pero pobriño, xa bastante tes, deixémolo correr).
2. Podes charmarlle contradición ou total falta de coherencia, a min dame igual.
Se pides, que non se lexisle sobre unha determinada materia porque consideras, que se vulnera a "LIBERDADE" (como a ti che gusta dicir) dos falantes, non te sumes a un manifesto, que pretende lexislar sobre a mesma materia, incluíndo, nada máis, nin nada menos, que un cambio constitucional.
Quzais teñas problemas coa lectura e debas repasar o manifesto.
3. Non me tes que dar as grazas, iso si, unha recomendación: cando fagas unha lectura dunha Sentenza do TC non a interpretes, porque xa o fixeron os Maxistrados do TC, que son os últimos e máximos intérpretes da Constitución.
Pero sobre todo, le a Sentenza con máis tranquilidade, porque co último "éste" da cita, o TC, refírese ó docente de primaria ou secundaria e non ós lexisladores, nen ás administracións.
Queda, defenitivamente, confirmada a túa falta de comprensión lectora. Non nos pode sorprender que os nenos teñan este mesmo problema, con mestres coma ti.
Facendo proselitismo, en Vieiros, das pena... Pero como humorista, non tes prezo.
Non tomes isto como un insulto, a túa capacidade, senón como unha crítica constructiva dun bo amigo.
Vivamos todos en paz, nesta terra, sen buscar inimigos onde non os hai.
Estimado erasmo a lingua nunca debera ser usada como confrontación política.
Dito o anterior, non é de recibo que na nosa terra, en Galiza, se nos atribuian aos galegofalantes calificativos como os que se están a dar; si existe esta situación é sempre por imperativo dos que falan en español, o cal está moi lonxe de correr perigo de desaparición, e ten por seguro que o GALEGO a de RESISTIR até que haxa unha situación normalizada do seu uso.
É maioritaria por outra banda, que as persoas que falamos galego, tratamos de non aportar violencia de ningún tipo, nin tan siquera verbal; tratamos de aportar a nosa visión non catastrofista nin insultante para ninguén, eso sí facemos pedagoxía sobre o Galego e desenmascaramos, a quen con metodos sibilinos, quere facer ver o que non é da nosa lingua, que non é outra que: O GALEGO
NA GALIZA EN GALEGO.
Amigo Prometeo: de vagariño por favor...
1. Non pertenzo a GB pero simpatizo coa súa decición de denunciar as Imposicións Lingüísicas veñan de onde veñan (odio o inglés que nos están metendo ata na sopa dende as webs da Unión Europea e que agora parece ser a lingua de adopción do PP Valenciano...) polo tanto calquera erro de interpretación só é achacable á miña falla de coñecemento no asunto (e non á pertenza a calquera colectivo 'distorsionador da realidade' -de estes hai unha morea deles-)
Só teño dúbidas sobre a INDEPENDENCIA DAS INVESTIGACIÓNS que algúns departamentos universitarios levan a cabo (incluso dubido que sexa ás veces verdadeiras investigacións no sentido formal). E polo tanto calquera profesor (universitario, secundaria, primaria e mesmo calquera fontaneiro, electrecista, transportista, agricultor... teñen TODOS unha ideoloxía determinada máis alá das súas respectivas profesións). Así que mellor collemos as afirmacións duns e doutros con tódalas cautelas se te parece...?
Incluíndo, nada máis, nin nada menos, que un cambio constitucional... se como estamos a ver as 'interpretacións' constitucionais son coma o chicle nas más dos gobernos nacionalistas periféricos (nazón de breogán incluída!) ó mellor teríamos que escribir dúas verbas para deixar claro que as cartas son 40 e non 41 ou 42 segundo os que as conten... (Comodíns ou para todos ou para niguén...)
Sobre a Sentenza do TC : éste (profesor) NO puede orientar ideológicamente su enseñanza. EXACTAMENTE ! Tal e como se está a facer hoxendía dende algunhas aulas que co pretexto de ensinar lingua e literatura galegas levanse as cousas moito máis lonxe e propícianse políticas simple e claramente de Independencia ou Reintegracionistas, ou da bendita Federación Ibérica que soñaba o Castelao... (digo que entre explicar unha cousa e montar un chirinquito todos coñecemos ben a diferenza... ou non?)
E xa por último, estaría eu máis que tolo se -como dís- pretendese facer 'proselitismo de nada' no berce mesmo do sentir nacional galego (Vieiros). O que sí fago e respectar a libertade de expresión que, sempre se me ofreceu neste lugar (cousa que agrezo persoalmente coma galego) para expoñer a miña DISCREPANCIA RADICAL con calquera política de IMPOSICIÓN LINGÜÍSTICA veña de onde veña.
Saúde e xa sabes... a Liberdade é innegociable en calquera política de recuperación lingüística ou cultural.
Pol Pot, non gracias!
Qeurido Erasmo: vou ir, todo o de vagar que poida, para que me sigas.
1. Onde dixen digo, digo Diego.
Agora dis non pertencer a GB pero comulgas cóa "súa decición de denunciar as Imposicións Lingüísicas", pero, por outro lado, non denuncias as aberrantes declaracións (cheas de prexuizos) da señor Gloria Lago, con respecto ó galego (ó cal, ti, dis defender en todo momento) e, non contento con iso, sumaste as manifestacións convocadas por dita asociación. Outro exemplo, máis, de coherencia. Si señor!
" polo tanto calquera erro de interpretación só é achacable á miña falla de coñecemento no asunto".
E, polo visto, tamén te escondes na túa, por outra parte, xa demostrada ignorancia para lavarte as mans.
2."Só teño dúbidas sobre a INDEPENDENCIA DAS INVESTIGACIÓNS... "
Pero... de qué carallo me estás a falar? Qué investigacións? Atópaste ben?
Non te das conta, de que te vas polos "cerros de Ubeda" coa túa, total, falta de argumentación.
" Así que mellor collemos as afirmacións duns e doutros con tódalas cautelas se te parece...?"
A min pareceme ben, pero foches ti soíño quen se meteu neste berenxenal e ti soíño teras que saír.
"'interpretacións' constitucionais son coma o chicle nas más dos gobernos nacionalistas periféricos"
Non fagas xuízos de valor e pon exemplos concretos. O nome de usuario que escolliches, venche, grande demais, para ti.
3. "Tal e como se está a facer hoxendía dende algunhas aulas que co pretexto de ensinar lingua e literatura galegas levanse as cousas moito máis lonxe e propícianse políticas simple e claramente de Independencia ou Reintegracionistas,..."
Nada, non hai forma. Voltas, a xeralizar como fixeches cos profesores universitarios, porque: o ladrón, pensa que todos son da súa mesma condición.
Claro que podes facer uso da liberdade de expresión, ainda que ésta sexa con fins proselitistas. Pero deberías saber que a liberdade de expresión esixe, ou, polo menos, debería esixir, certa responsabilidade a hora de facer algunhas declaracións e, ti, estás a demostrar, ben, pouca.
"Pol Pot, non gracias!"
Non podía ser doutra forma, tiñas que rematar cunha frase digna de Jimenez Losantos.
Saúdos e descansa.
Coma sempre falo cun espello revirado, deses que retorcen ata o infinito a imaxe e deforman ata o esperpento canto se diga:
Jimenez Losantos - o ladrón, pensa que todos son da súa mesma condición - O nome de usuario venche, grande demais, para ti.-
Parece claro que estás en posesión da verdade e por riba xa se nota que ves de volta de todo: noraboa, eu aínda busco facer as cousas mellor cada día... pero debo ser moi torpe!
Descanso en Paz!
Pero o día no que miles de falantes desta lingua teñamos dúbidas razoables sobre o os motivos polos que a falamos ou escribimos... o día no que os vídeos VILINGUISTAS trunfen nesta terra antiga...
o día no que os que definen as normas filolóxicas queiran enlearse turrando das normativas e posibilidades do seu miope futuro...
Ese día lémbrate do Erasmo que berrou todo o que pudo e máis:
UNHA LINGUA NON SE FALA POR DECRETO !
Para cando deixes ese ton aristocrático estarei aquí:
http://foros.elpais.com/index....
Pero descansa tí tamén...!!!
Amén!
Debarías cambiar o de Erasmo por Zaratustra.
Discusión PUNTO POR PUNTO do Contramanifesto de Galeusca sobre o que segundo eles se afirma ou se deixa de afirmar no Manifesto pola lingua común.
Supoñendo que alguén lle interese DIALOGAR !
http://foros.elpais.com/index...
Con tanto manifesto xa me volvín tolo...
Na miña mensaxe anterior referíame ó Manifesto sobre o Plurilingüísmo asinado por Carlos Taibo e demási vedetes universitarias do país de ningures... (e non ó manifesto dos escritores galeusca) Sorry.
Para os que queirades DIALOGAR segue o tema en Foros El Pais.
http://foros.elpais.com/index...
Saúde !
VER VIDEO:
http://www.youtube.com/watch?v...">http://www.youtube.com/watch?v...
¿ Oscar Pereiro nova vítima da Imposición Lingüística en Galicia ?
Hai que ser malnacido para REPUDIAR ó ciclista de Mos por asinar o Manifesto pola Lingua Común. Agardo co día da Patria Galega haxa alguén -dende a Tribuna- que pida desculpas polo acoso e derribo que sofren algúns Cidadáns por vivir en Liberdade na Galicia.
Triste sería construir un pais sobre a EXCLUSIÓN dos seus cidadáns, triste dicir que son catro exaltados e seguir mirando para outro lado porque desgastan ó INIMIGO !
Ben vale que haxa ideoloxías enfentradas, ben que haxa discrepancias entre nós, a Liberdade das persoas non é ningún xogo de nenos: A LIBERDADE É O UNICO DEREITO PARA UNHA PATRIA LIBERADA !
Os bos e xenerosos: ¿gardan silencio?
OSCAR PEREIRO NON TEN CULPA DA MIOPÍA LEXISLATIVA DALGÚNS !
http://www.youtube.com/watch?v...">http://www.youtube.com/watch?v...
Tamén é culpable de falar galego en Liberdade toda a súa VIDA ?
O video non se pode colgar?
Intentoo de novo e senon buscar en YouTube
= Mujer de Óscar Pereiro
http://www.youtube.com/watch?v...
Non sei si é repudiado Pereiro por firmar o manifesto, en todo caso decepcionou a moita xente entre delas a min.
De seguro que cando caia as expresións que usaba e que serian de queixa, as fixo en GALEGO, si non ten sido así entón está ben que firmara o Manifesto Bilingüista, pois sería coherente esa postura, é dicir que o Castelán esté por riba dos SENTIMENTOS.Entón pasa a ser un Galego de nacemento e NADA MAIS.
Salvo o de nacer en Galiza, Pereiro é soamente un Deportista con máis ou menos éxito e punto.Que teña sorte no deporte, que en outros eidos, so é un máis, que rexeita o seu Idioma a LINGUA NAI:
Penso que este xeitiño de razoar é ben triste... meu...?
Se a túa nai fose Bilingüe tamén dirías o mesmo dela...?
Por favor xa vale de manter políticas de EXCLUSIÓN dos galegos e galegas porque non teñamos carné de nacionalistas independentistas...
¿Xa non se pode ser GALEGO INDEPENDENTE?
-É dicir, Galegos LIBRES que viven e falan o que lles peta...?
Triste mundo ese da cova, onde todos pensan igualiño coma clons!
En canto ó Repudio chega xa a ser noxento ver carteis coma este =
http://www.soitu.es/soitu/2008...
¿ NINGUÉN VAI DICIR NADA...?
¿ Mañán non é logo o día da Patria de TODOS os Galegos e Galegas?
¿ Só é o día da Patria dalgúns...?
Triste é o cantar que cantamos...!!! ABRIDE OS OLLOS !!!
Erasmo, és um cínico. A Santa Constitución Ejpañola impôe o castelhano, o dia que os "liberais" coma tí começem a denunciar esta imposiçom falamos a sério. E qué problema tens com o inglês?, assim que agora "metem-no lo até na sopa"?, ah, por suposto o castelhano nom no-lo metem nem no-lo meterom. O pobrinho matom castelhano atopou um matom máis matom que ele, o inglês, pois a foder-se!!
E eu que pensaba que Erasmo xa non ía voltar por Vieiros agora que escribe nos foros de elpais.com.
Pero vaites! parece que tan pouco ten moito éxito coa súa teima proselitista por eses lares (e iso, que adorna os seus comentarios con moitos corazonciños e outras "pijadas" varias). Debería probar nos de libertaddigital ou nos da cope, se é que teñen foros claro.
De todas formas, benvida de novo señora; se é que nalgún momento nos deixou.
Non desista do seu intento de dar lástima. A min, xa ma leva dando fai tempo.
Lástima... que nin os corazonciños te cheguen ó corazón!
En canto a frases lapidarias coma esta: O pobrinho matom castelhano atopou um matom máis matom que ele, o inglês, pois a foder-se!
Sen dúbida a miopía dalgúns pode que nos leve a perder DÚAS LINGUAS VIVAS e ter que facer cursiños mortos de Inglés para vivir neste mundo de MATONS!
Que vostedes o difruten... eu baixome en marcha por se acaso!
Teña coidado, querida señora, non sería vostede a primeira que debido á súa idade rompe a cadeira baixándose en marcha.
Pero... parece que perdeu vostede os papeis nos foros de elpais.com, chamándolle "IDIOTA" e "GILIPOLLAS" a un dos usuarios de ese foro.
Eses si que son argumentos e o demais (ademais dos corazonciños)son contos.
"Saúde e liberdade", pra tomar un cola cao.
Véxote moi preocupado pola defensa dos Gilipollas do Pais...? Cando nin eles responden será por algo... digo eu.
Argumentos tampouco vexo que tí manifestes algún...? Será que estás convencido de que unha lingua NON se fala por Decreto ? ogallá!
En canto a certos foreiros que só pretenden o ataque ad hominen ou ad mullierem (que ven sendo a mesma cousa) mellor seguir o vello consello:
"Deixade cos mortos enterren ós seus mortos..."
Pero eu síntome vivo e gostaríame traballar no futuro entre galegos e galegas vivas e libres de decidir o seu futuro en tódolos aspectos.
Saúde.
Home, perdón, quería dicir muller, se non é por defendelos, era simplemente para constatar a túa forza argumentativa. Xa se sabe, adornando os comentarios con corazonciños e insultando... cómo non se vai convencer aos demais.
Estiveches poñendonos varias ligazóns ós foros de elpais.com, para, así, poder, segundo ti, "dialogar" e que pouco caso lle fixeron alí tamén as túas propostas de conversión. Xa sei... xa sei, "humanum errarum est" e as veces a frustración leva as persoas ó insulto.
Pero sempre poderás facer un acto de contrición, aínda que das túas palabras non se deduza ningún arrepentimento.
E dirás ti: Bo, total, se os foreiros do pais.com ademais duns "gilipollas" son uns "rojos".
Pero tamén eles, filla, son froito da creación (non elixiches o nome de Erasmo por casualidade).
Sempre che quedarán os foros da bendita COPE ou os de Galicia Bilingue. Onde prima a liberdade de expresión e nunca se borran os comentarios dos disidentes.
"Cando nin eles responden será por algo... digo eu."
Se non che responden, será porqué teñen máis educación... digo eu.
Os meus argumentos son os que son e non pretendo con eles convencer ós demais. Ningunha lingua se fala por Decreto, pero podense adoptar medidas por Decreto (para impulsar o uso das linguas) se é necesario.
Recorda: acto de contrición.
Seguiremos a perder o tempo intentando facer comprensible o que xa todo o mundo entende agás os NORMALIZADORES que viven da lingua e da súa imposición?
Seguiremos clamando no deserto... e respecto a actos de contrición penso que lles corresponde a aqueles que deron o paso decidido de 'adoptar medidas por Decreto' sen respectar os dereitos e liberdades da cidadanía á que ían destinadas as tales MEDIDAS...
E como onde as dan, tamén as toman, agardo que non teñades que probar a mesma mediciña que andades recetando ós demáis... as imposicións nunca foron boas e menos no eido da cultura.
Hai quen fai cultura subvencionada que dura o tempo que duran os cartos !
Hai quen quixera un pais en movemento, libre, espontáneo e intelixente sen mais imposcións cos bos resultados para a totalidade da súa cidadanía.
Galegos e galegas SOMOS TODOS ! E os que veñan impartir títulos de galeguidade a estas alturas ou non saben do que falan ou lamentablemente forman parte desa pandilla de Gilipollas que confunden o PODER coa Autoridade Lexítima. Que sonche dúas cousiñas ben distintas!
E para rematar invítovos a pensar nas bases coas que contamos para levar calquera proxecto político-social adiante no país:
http://www.galiciae.com/nova/1...
Será que tamén imos ter que sacar un Decreto que obrigue á mociade a afiliarse a algún partido para que non se perdan as tradicións da esqueda ou teremos que seguir a subvencionar os postos e cargos políticos para que o persoal se amine a formar parte do cotarro...?
E broma, pero igual pódese converter en triste realidade se non espabilamos
A verdade, é que me fas perder bastante tempo pero divírtesme unha chea coas túas consignas.
É completamente normal que faltando a verdade, caendo constantemente en contradiccións (un dos efectos secundarios que ten o de mentir); acabes insultando a todos aqueles que xa saben, realmete, cales son as túas verdadeiras motivacións (económicas, entre outras) e intencións.
O insulto, non é máis ca consecuencia da túa impotencia (incompetencia) a hora de argumentar.
Foi bo iso de: "...pandilla de Gilipollas que confunden o PODER coa Autoridade Lexítima..."
Con esa profunda reflexión, que fixeches, sobre a teoría política, poñenseme os pelos de punta.
Como vexo que o acto de contrición só é extensible aos demais, porque, polo visto, estás por riba do ben é do mal.
Tí, que, seguramente, foches amamantada cos tetos da extremadereita, deberías recordar que a soberbia é un dos sete pecados capitais.
Xa que te divirtes, e neste agosto non temos nada máis intelixente que facer, permíteme recomendarche unha voltiña por Xeorxia a ver se alí comprendes mellor a distinción entre Autoridades Lexítimas e os Poderosos do antigo KGB agora metidos no negocio da Mafia Gazprom e Cía...
Paralelismos poderían ser unha Cidade da Cultura Baleira de Contidos que dá de comer a moitos, unha WiFi Santiaguesa a 39 €uros, festas a golpe de subvención que temos que aplaudir pois non hai nada mellor que ver... e mentres facemos que facemos o importante segue a ser a volta das vacacións e o Asalto ó Poder da Autonomía: aínda que para facelo algúns xa anden a rondarlle as beiras ó Nuñez Feijoo que sempre pode ser unha boa comparsa para levar adiante o proxecto dunha Nación Incesante...
Mentres tanto o pais segue feliz con tanto Poderío e as 'mafias culturais' seguen medrando día a día coma se non houbera nada mellor que facer que mirarse o embigo... Podemos pintar os semáforos de azul celeste e branco para darlles un toque nacional agora que as competencias da DGT xa son galegas... e aproveitamos as campañas para seguir recollerdo cartos para un futuro cheo de imposicións e seguir lexislando coa lei do embudo (funil)
Autoridade Lexítima é aquela que respecta ás 'minorías' e goberna sen conculcar os dereitos individuais dos cidadáns.
Poderío é o que ten unha besta de carga cando entra na quincallería...! Rompe con todo e turra teimosamente sen pensar no que se leva por diante!
Pero despois non queda NADA... Só un amargo lamento do que puido ter sido e non foi nada máis cun brindis ó sol do verán... Disfruta das festas !
Sí, muller, sí... Vaiseche a pinza por completo.
Comezas a facer proselitismo dun manifesto e acabas falando de: Xeorxia, do KGB, Cidade da Cultura, WiFi Santiaguesa, 'mafias culturais', da DGT, etc.
Autoridade Lexítima vs besta de carga.
Non me esperaba esta, concisa, disertación sobre a túa nova Toría Política, que sería a envexa de: Hobbes, Locke, Montesquieu e do mesmísimo Rousseau.
Pareceme percibir un certo nihilismo nas túas derradeiras verbas. Unha despedida chea de artificiosa tristura e falsa resignación.
Por favor, non te vaias, os meus abdominais agradeceríancho moito.
Pois para resumir a posición inicial volveremos empezar, xa que che gusta:
Galicia é Bilingüe: basta comprobar como cada galego e galega fai cativo esforzo e pasa a falar castelán cando fala con calquer forasteiro, calquera descoñecido. Se podemos falar indistintamente en dúas linguas (outra cousa é o nivel de competencia lingüística que se teña nelas) por que non o imos facer? Esta é básicamente a liberdade da que estamos falando cando defendemos a liberdade lingüística individual (non hai outra que eu saiba).
Polo tanto, o dereito a falar unha lingua que domina practicamente a totalidade da poboación de Galicia son os dereitos de falar o que cada un queira e cando queira, xa que aquí non se está a discriminar a niguén: todos os galegos e galegas entenden ben ámbalas dúas linguas a un nivel coloquial.
Se todos temos dereito a expresarnos na nosa lingua... quen nolo impide?
Cando falo da `nosa lingua' falo daquela que consideramos nosa, que desexamos ter por tal, que nos peta, que nos sae de dentro a cada instante nas nosas vidas... e lóxicamente podémonos comunicar nela sen problema de comprensión por calquera; agás os `necios' tódolos demáis falamos e / ou entendemos galego e castelán sen dificultade algunha.
Pois, adiante galegos, falade o que vos pete!!! Eiquí ninguén é desigual en dereitos: todos podemos dirixirnos á calquera persoa na lingua da nosa elección. Outra cousa ben distinta é considerar co noso interlocutor non teña o mesmo dereito ca nós a responder na lingua da súa elección!
E aquí comenza o lío. Un lío que ven da man diso que estamos a chamar a `discriminación positiva', pero deberedes desculparme se non son quen de falar dela como debera en tan só dúas liñas. Cando discrimino positivamente a alguén o fago coa aquiescencia dos que inevitablemente son discriminados negativamente ou do contrario estou indo máis aló do que permiten as leis da convivencia pacífica entre homes e mulleres nun mundo civilizado.
Ollo, con non facer distincións entre o verdugo e a vítima! Non todos somos fillos do verdugo nin tampouco fillos das vítimas… e aínda que o fóramos non seríamos `responsables' das accións dos nosos proxenitores.
Síntome galego e, se cabe, síntome moito máis idenficado coa miña cultura cando falo nunha lingua que me permite conectar coa memoria dun pobo senlleiro, non é cuestión de `esencialismos' senon de `sentimento'. A liberdade de identificarme cunha determinada concepción do mundo nunca se producirá se é obrigada e por Decreto!
Concluindo direi que se o galego precisa dalgunha `discriminación positiva' sen dúbida debera ser co consentimento de todos, pero este trato preferente non pode converterse nunha 'vantaxe' sobre os demáis falantes: obrigando ós demáis a expresarse nunha lingua determinada.
Galicia é bilingüe e ten dereito a seguir convivindo en ámbalas dúas linguas sen limitación algunha. E no caso específico dos docentes, sen dúbida temos moitas obrigas pero a da lingua non é nin a única nin a principal nin a preferente nunha sociedade bilingüe como a nosa. Agás que sexa esta obriga discriminada positivamente, como se fai en calquera outro sector socio-económico a través dun 'Complemento Lingüístico Galego' para potenciar o seu uso durante o tempo que se considere preciso.
Esta solución ten a virtude de respectar a liberdade lingüística de quen demanda voluntariamente este Complemento e por outra banda –cicais o máis importante- garantir a calidade lingüística do seu uso público nunha institución educativa: que eu saiba os profesionais do ensino non son escollidos ó chou, non sei porque neste tema preténdese impoñer unha obriga a quen apenas é competente lingüísticamente para expresarse en galego e, o que aínda é máis perigoso, pode convertir esta ferramenta de comunicación nunha aldraxe para quenes a teñen como propia.
O Complemento Lingüistico Galego permitiría un control de calidade no uso público da lingua galega, pois, quen o solicita debera someterse á avaliación periódica dos seus esforzos normalizadores por un tribunal competente que acredite co uso que se está a facer do galego nas súas aulas é un uso respectuoso e de calidade.
A calidade lingüística debera corresponderlle os expertos formados no pais durante un cuarto de século! Que traballen no común, e amosen a súa competencia lingüística en tódolos eidos da cultura é o mínimo que podemos pedirlles a quenes a diario `pontifican' sobre o deterioro que esta a sofrir o idioma galego no noso pais.
E como todo é traballo, e calquera traballo é unha actividade remunerada, só así teremos garantías de que a chamada `discriminación positiva' serva efectivamente para mellorar a calidade lingüística das novas xeracións e non se convirta nunha discriminación gratuíta máis aló das competencias lingüísticas dos falantes.
http://vigo.cidadans.net/Erasm...
Como verás pola data deste escrito xa levo UN ANO clamando no Deserto...!
Comezas chantándonos esta, túa, máxima: "Galicia é Bilingüe:..." e continuas; como se viviramos, todos, en Burkina Faso e non tivéramos nin puta idea da realidade lingüística de Galicia.
Somos cada vez menos os verdadeiramente bilingües e ti, por suposto, sábelo moi ben.
Cando ven un forasteiro que non coñece, nin entende a nosa lingua, somos unha minoria os que cambiamos ao castelán, por educación, para que nos entendan. O resto (a maioría), simplemente, non cambia de rexistro lingüístico pola sinxela razón, de que non fala o galego.
Para que se dea verdadeiramente a liberdade, da que ti falas, para escoller unha ou outra lingua, tense que dar primeiro a posibilidade de que os galegos coñecen ámbalas dúas, en igualdade de condicións. Que cando saian da ensinanza primaria e secundaria, dominen tanto o galego como o castelán. Agora mesmo, isto, non se está a cumprir.
Dificilmente un pode escoller algo que descoñece.
Viva a liberdade dentro da ignorancia!! verdade Erasmo?
Eu coñezo xente (máis da que me gustaría), algúns deles bos amigos, que foron educados polos seus pais en galego, e nalgunha conversación sobre o tema, teñen dito: isto, xa é demais, agora pretenden darlle as clases de matemáticas e historia ós nosos fillos en galego, cando de toda a vida foron en castelán.
Como se a toma da Bastilla non tivera a mesma significación en galego que en castelán ou, dous máis dous non foran catro.
Claro que de toda vida foron en castelán, por iso: o desprezo, a baixa autestima, o pouco valor social que se lle concede ó galego. Nunha palabra: ignorancia.
Non pretendo pontificar, con respeto a un feito constatable empiricamente, como é o da perda progresiva de galego falantes e a escasa ou nula incorporación de novos falantes en lingua galega.
Mesmo moitos dos que comparten as túas ideas, só fai falta darse unha volta polos foros de GB, admiten sen ningun escrúpulo, a regresión da lingua galega como un feito incontestable da pouca importancia que ten, segundo eles, o galego no mundo actual e globalizado; ademais doutras lindezas que non estou disposto a reproducir.
Negar este feito, como fas ti, é tomarnos a todos por débiles mentais ( velo facendo fai tempo), non digo que algúns non o sexan; empregando o mesmo cinismo que aquel Ministro de Defensa (Trillo), que cando chegou á costa de Galicia despois da traxedia do Prestige, mentras o chapapote, co vai ven das ondas lle batía nas botas, él cunha man no peito e outra nas costas, declamaba o esplendorosas que estaban as nosas praias.
O Decreto senta unhas bases, para que o galego (algún parece esquecer, deliberadamente, que é a lingua propia de Galicia), poida ser coñecida en igualdade de condicións que o castelán.
E vós, estades no voso perfecto dereito de recurrir a norma, por via contencioso-administrativa, se pensades que a vosa liberdade lingüística está sendo violada.
Por iso, faime graza que supedites os dereitos e liberdades a intereses meramente crematísticos. Está ben saber, cales son, os teus verdadeiros principios.
Aínda dándoche a razón, aplicando o "complemento lingüístico" a profesores que por deixadez, prexuízos ou, coma no teu caso, por "cara duras"; non queren dar aulas en galego. Estou seguro, que non tardaríades nin dous minutos en criticar a medida, calificandoa como de: discriminación intolerable con respecto o castelán (con cartos dos contribuíntes); e que, o galego, só e capaz de sobrevivir grazas ás esmolas das institucións.
Que xa nos coñecemos Erasmo. Todo o que digo, sabelo ben. Non finxas con nós.
Tamén cabe a posibilidade, que esta larga travesía polo deserto, o exceso de calor, a deshidratación; acabase co puco xuízo que che quedaba.
Non teñas medo... xuízo quédame o mesmo que lle queda ós que pensan que por Decreto imos recuperar a lingua galega... Ningún Xuízo!
Os cartos non te apures que os están gastando en financiar ós amigos da nación incesante vía Editoriais e Produtoras... os profesores coma sempre a traballar de balde porque somos tan bós que somos parvos...!
Eu en ningún momento pretendín tratar a niguén coma débil mental... o único que pasa é que cando vexo declaracións en prensa do Bieto Lobeira sobre a repercusións que terá a lingua galega na Sanidade Pública penso que a quén están a tratarnos coma débiles mentais é o pobo galego na súa totalidade...!
Pero arrieiros somos... e o camiño é logo...!
Bueno... algo é algo. Polo menos admites que non che queda ningún xuízo. Xa é un comezo.
Dixérache unha vez, que: nunca se che agradeciria bastente a túa contribución ao descubrimento do negocio que fan as editoriais cos libros de texto (xa sexan éstes en castelán, galego, inglés ou francés).
Pero por agradecer que non quede: merci, dankeschön, thanks, grazie mile, gracias, grazas, muito obrigado.
O que acabas de dicir dos profesores deixoume consternado. Hai que porse, inmediatamente, en contacto cos medios de comunicación e sindicatos para denunciar que, en pleno século XXI, estades traballando sen ningún tipo de remuneración. Impresionante!
Xa estamos, como se trate de formar a persoas en galego, concúlcanse os dereitos dos falantes. A sanidade é outro dos sectores que dependen da Xunta onde o galego só ten presenza nos carteis informativos. Non creo que, un profesional da sanidade que coñeza o galego e o castelán, sexa peor ou mellor ca aquel que só domine o castelán.
Pero descoñecía o teu interese pola Sanidade Pública. Pensaba que eras máis do modelo de Espranza Aguirre, a privada.
Coma sempre, cal boa beata (que os domingos vai á misa e os luns é peor ca Lucifer), rematas setenciando co refraneiro español.
Non só gañan cartos coa lingua (GALEGA) as Editoriais tamén os deseñadores Webs estanse a poñer as botas como podes comprobar... todo é virtual...
http://www.asnosaspalabras.org...
Xente nova e leña verde, todo e fume...!
Ogallá o vento da historia non nos leve a tódolos falantes polo tiro da cheminea lingüística que algúns andan a deseñar mesmo nas vacacións...!
Canto máis estreito é o tiro... máis fume vai...!
Pero algúns coma sempre confundirán o fume co lume... e tirarán de estatísticas para seguir manténdose no carghiño catro anos máis...!
E cando teñas oportunidade date unha voltiña polo médico para que che faga un bo diagnóstico na lingua nai... mentres eu visitarei ó curandeiro por se acaso ten algún outro remedio máis eficaz para a miña doenza: deixar morrer unha fala por mor da Gramática...!
Hai xentes que só saben ver dúas cores na vida...
...lástima deles e dos que sigan os seus camiños.
* Unha Lingua Non Se Fala Por Decreto !!!
Ah, carallo!!!
A señora o que lle molesta, non é que se subvencionen as outras linguas ou culturas senón a "(GALEGA)".
Telo dito antes, muller, mira que nos aforrábamos párrafos e párrafos de absurdo debate.
Ben, eu claro que vou o médico e nunca lle pedín que se dirixira a min en galego porque, entre outras linguas, entendo perfectamente o castelán. Non terxiverses, anda... Se boa.
Non, non... nada de curandeiro, ti, o que necesitas ademais de moito agarimo é cultura (ía dicir un veterinario, pero non quero ofender)... moita, cultura.
Un Tinto De Verán Non Se Fai Con Cervexa!!!
QUEREMOS VIVIR EN LIBERDADE...
QUEREMOS VIVIR EN PAZ...
QUEREMOS FALAR, FUMAR E BEBER O QUE NOS PETE E CANDO NOS PETE !
NON QUEREMOS GUERRAS LINGÜÍSTICAS
EXISTENTES SÓ NAS SÚAS MISERENTAS ESTRATEXIAS ELECTORAIS !
Se esta clase política non é capaz de entendelo: que impoñan nas súas casas canta NORMATIVA queiran impoñer e nos deixen vivir en paz...!
SOMOS GALEGOS: SOMOS LIBRES DE FALAR E VIVIR COMA NOS PETA !
Saúde e Liberdade !!!