Un lector enviou esta crónica na que conta como foi expulsado do Pazo dos Deportes de Ourense, durante o partido de baloncesto da selección española e a arxentina, "pola policía nacional española, simplemente por pendurar unha badeira galega nunha varanda".
Quixera denunciar neste xornal o pésimo e vexatorio trato que me deron as forzas de in"seguridade" españolas (policía nacional) polo simple feito de colgar unha bandeira galega coa estrela vermella "Estreleira" no partido que xogou a selección española contra a arxentina o pasado sábado 26 de Xullo (un día despois do día de Galiza).
Nada máis chegar colguei a bandeira na varanda superior dunha das portas de acceso á cancha, así me serviría tamén para que a xente coa que quedara me localizara facilmente xa que o pavillón estaba ateigado. Cando nos xuntamos todos, eu marchei cun amigo ó bar por bebida e lambonadas para ver o partido, pero cando volviamos decateime que a bandeira non estaba. Estaba arrincada, porque os lazos si que estaban. Entón díxenlle a tres policías que había polo corredor superior que me roubaran (arrincaran) a bandeira de Galiza. O primeiro que me dixeron foi "Esa bandera no es gallega" (era el o que non era galego, pero iso é o de menos). Logo, pedinlle que ma devolveran se facían o favor, sen querer entrar en máis polémicas. E entón díxome que estaba destruída, xa que esa bandeira incitaba á violencia.
Entón, abraiado, pedinlle que me devolveran os 10 euros que valera. A súa reacción foi empurrarnos do seu carón. Pero cando empurraron ó meu amigo, este ficou cos pés firmes no chan e o policía non o deu movido, como tiña as consumicións na man, ó policía caeulle cervexa na súa camisa. Foi por este detalle polo que decidiron expulsar ó meu amigo do Pazo. Chamaron reforzos polos comunicadores, e de seguido subiu correndo un policía que ía vestido co traxe azul (eles ían con pantalón negro e camisa branca), Debía ser o seu superior e díxolle que xa tiñan ós da "bandera gallega". Este home, coa axuda dos outros tres policías, expulsounos do Pazo dos deportes sen ningunha xustificación. Pedíronnos os DNI. Nós a eles o número de placa. Non nolo deron.
O meu amigo púxose moi nervioso porque tiña ó seu irmau menor ó seu cargo na grada e non o podía deixar só. Tamén nos chamaron borrachos só polo simple feito de levar unha cervexa cada un. Tratáronnos fatal e roubáronnos as nosas consumicións. Aínda que no segundo cuarto acabamos entrando grazas á mediación dun amigo avogado. Iso si, eles non nos deron o seu número de placa. Foron uns auténticos maleducados. Estou pensando en pór unha denuncia contra eles. Vergoñento.
O sábado pasado fomos expulsados do partido de baloncesto España-Arxentina no Pazo Paco Paz de Ourense pola policía nacional española, simplemente por pendurar unha badeira galega nunha varanda. Incríble!
Iván Xusto Álvarez
É un rollo meterse en denuncias, mais é o único xeito de que non pensen que somos uns coitadiños que poden facer con nós o que queiran. Sorte, a ver se se lles cae o pelo a eses "policías" (é difícil, pero...).
Nunha cousa si que tiñan razón os policías, esa no é a bandeira galega.
Acto fascista e abuso de poder, sem dúbida, impensavel noutros paises europeus mais desenvolvidos. Essa bandeira nom é ilegal, nom incita à violencia, é a bandeira da comunidade autónoma (mais a adiçom da estrela, que nom a faz ilegal, senom partidos políticos legais nom o seriam). Acho que nom deveriam deixar passar o assunto e que deveriam emprender acçoes legais contra esses agentes. Eu som um grande torcedor da equipa de basketebol da Espanha, mas nom toleraria esse abuso contra mim nem contra a bandeira do meu pais, no meu próprio pais.
Façam algo, nom só por si mesmos, mas pola Galiza e pola honra dos galegos também.
Esto so se soluciona denunciando. Non te quedes quieto porque entón estamos a darlles pulos para que o volvan a facer. Mira se algunha asociación che pode botar unha man e fala co valedor do pobo. Ademais deberías porte en contacto coa Policía Nacional de Ourense para saber que policías estiveron no partido e podelos identificar. E sobre todo fala coas testemuñas que viran todo para que poidan declarar os feitos (o avogado tamén pode ser un deles).
Ánimo e denuncia
Em resposta a #2 Xose Henrique
Nisso também estavam equivocados.
A Lei de Símbolos de Galicia (23 de xuño de 1984) faz uma descrição da bandeira à que se ajusta perfeitamente a "estreleira".
"1. A BANDEIRA DE GALICIA É BRANCA, CUNHA BANDA DIAGONAL DE COR AZUL QUE A ATRAVESA DESDE O ÁNGULO SUPERIOR ESQUERDO ATA O INFERIOR DEREITO."
O escudo ou emblema que leve não vai incluído na bandeira.
Lendo essa mesma lei verás como o escudo oficial deve acompanhar à bandeira só em determinadas circunstancias. Nenhuma delas se dava no caso relatado.
Isso vos passa por andardes incitando à violencia com estreleiras (a bandeira "nazional", a imposta por Franco é o símbolo máis puro da concórdia e do pacifismo, sobre todo se leva o touro de "Bourborne").
Para a próxima levai a bandeira coa silueta da vaca rúbia; é máis submissa às aguilhadas fascistas.
Os violentos sempre tenhem xosehenriques que lhes fagam apologia. Mas eles diram que condenam o abuso policial, simplemente que constatam que essa nom é a bandeira oficial. O que passa é que nom gostam de "radicalismos", som gente "moderada" e amante da "sua" legalidade.
Eu penso que o que incita á violencia non é levar unha bandeira de partido -¿non estabamos nun réxime de liberdade de expresión, en que quedamos?- mais si en cambio fomenta a violencia a actuación arbitraria de retirar, supoño que de maneira ilegal, esa bandeira. As actitudes prepotentes dos que se supón que visten uniforme ao servicio do pobo e da lei (esa é a teoría) e resulta que fan o contrario repítense con demasiada frecuencia. Xa é típico e tópico, por exemplo, o feito de pedirlles a súa identificación policial e que eles se neguen. ¿Non estaban obrigados a identificarse ensinando a placa? Eu non o sei con seguridade, mais o que sei con seguridade é que sistematicamente se negan, segundo todas as versións que teño oído. A min paréceme inxenuo pedirlles a placa, porque a resposta deles é sempre escarallarse do riso.
Por suposto, eu son partidario de denunciar sempre calquera caso de abuso.
Boas rubem, non te falta razon, pero creo que eu fago unha interpretacion moito mais literal do que di a Lei e o Artigo 6 do Estatuto. Certo é que non tiña que levar o escudo oficial, pero non creo que da lei poida sacarse que a banderira de Galica, fora dun acto ofical, poida levar unha estrela ou unha vaca (que é a que mais me gusta xDD), mais ben sacase que a bandeira non ten escudo nin emblema, a bandeira e unha cousa e o escudo outra. Tamen é certo que non di que non se poida poñer nada a bandeira. Eu como teño unha banderida con escudo, outra ca estrela e autra sen nada, non creo que teña ningun problema.
Por certo, nunca se debe de deixar de denunciar un abuso, calquera que sexa.
Estimado Iván: os polis estaban ás ordes dos organizadores, poño a man no lume a q andaba o cara de misto-Baltar por detrás. Ademais, xa sabes q os extras q reciben saen directamente das arcas da Deputación, e onde hai capitán non manda mariñeiro.
Denuncia o caso pq a denegación do número de placa xa pode ser constitutivo dunha falta grave.
Imos ver, XoseHenrique:
Ninguén ten a obriga de levar unha bandeira oficial ou non levar ningunha. Claro que se pode, legalmente. Pódese levar o signo político ou bandeira que a un lle dea a gana. Existe unha lei de liberdade de expresión, e de feito esas bandeiras lévanse moitas veces e ninguén di nada. Ademais, se fose "ilegal" usar esa bandeira galega coa estrela, os símbolos do BNG, por exemplo, serían ilegais e da mesma maneira non poderían venderse bandeiras así en ningún sitio publicamente. Serían requisadas ditas bandeiras por orde xudicial, e é evidente que nada diso sucede.