Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


O multilingüísmo de Méndez Ferrín

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de O multilingüísmo de Méndez Ferrín

O multilingüísmo de Méndez Ferrín

Réplica ó artigo de Xosé Luís Méndez Ferrín 'Multilingüísmo e Biodiversidade'

Enviada por Erasmo Erasmo o 24/08/2008 00:44 ás 1 visitas

Certo co multilingüísmo tivo sempre boa prensa (antes chamábanse políglotas ás persoas cultas e moi escasas que dominaban varias linguas, algunha delas xeralmente eran linguas mortas provintes da súa relación cos Seminarios Católicos coma o Latín, Arameo, Grego, etc...), máis hoxendía resultaría ridículo IMPOÑER tales destrezas á maioría das poboacións que a pénas sí dominan a súa propia lingua e balbucean catro verbas en inglés macarrónico para solicitar unha habitación nun hostal ou facturar a súas màlas nun aeroporto calqueira deste mundo cheo de turistas que non van a ningures...

Aqueles que por motivos profesionais teñen a obriga de falar varios idiomas xa é outra cousa ben distinta, pois os seus esforzos vense RECOMPENSADOS da única maneira que se recompensa hoxe o coñecemento ou a destreza: con retribucións salariais dignas da súas habelencias comunicativas.

Claro que a todo hai quen gaña: porque se comparamos o nivel económico dos que se serven a diario de traductores e intérpretes seguramente o multilingüísmo non sae a conta, xa que son os altísimos cargos (especialmente os políticos que ó final asinan convenios e contratos públicos) os que gozan dunha auténtica barbarie cultural e conmunicativa na que a pénas sí falan a súa lingua e tódolos demáis vémonos na obriga de costearlles o servizo de tradución simultánea... ¿Serán estes os políglotas da nosa época?

Se ben concordo con Mendez Ferrín en que ningunha comunidade lingüística debera verse marxinada nin excluída pola globalización anglófona... non podo entender cómo a estas alturas co desenvolvemento tecnolóxico e os avanzos da nanotecnoloxía non se implementan xa sistemas de traducción automática individual para tódalas linguas do planeta... de xeito que non teñan que ser os demáis os que fagan o traballo dos própios...!

Babel está superada se abrimos as portas á intelixencia humana e aplicamos as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación entre os homes e mulleres do planeta en troques de refuxiarnos en conceptos decimonónicos da identidade lingÜística dos pobos... Hoxe todos poderíamos atoparnos en centos de circunstancias nas que se nos reclamaría un coñecemento lingüístico case imposible de acadar no tempo das nosas vidas... polo tanto compre resolver xa o conflicto e non seguir mareando a perdiz do idioma coma se nel se atoparan tódalas quintaesenciais solucións ós problemas materiais dos homes e mulleres.

Levemos cada quen o noso sistema de traducción automática en tempo real (igual que hoxe todos levan o seu telefono colgado da orella) e adiquemos o tempo a resolver os asuntos deste mundo que son bastante máis urxentes e graves e non admiten máis demora se queremos sobrevivir neste Planeta.

E deixemos para o lecer o desfrute de cantos multilingüísmos se queiran cultivar, pois hoxe os políglotas chámanse traductores e intérpretes e cobran salarios polo seu traballo. Non é ninguna cuestión romática, senon algo ben pragmático resolver a comunicación humana e evitar os conflictos lingüísticos interesados.

Dito isto, para rematar, non fagamos maniqueos do uso dunha ou doutra lingua no noso país, pois se o bilingüísmo favorece a amplitude de criterios e a habelencia intelectual defendámolo sen reservas coma seña de identidade deste pobo que soubo bandear calquera imposición (lingüística ou non) no tempo da súa Historia.

Non vaia a ser que tendo un pobo bilingüe de seu, convirtámolo en monolingüe á forza para ver se é quen de aprender idiomas...?


2,04/5 (26 votos)


Comentarios (18)

Erasmo #1 28/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dende estas liñas teño que AGRADECER e Valorar moi positivamente a Liberdade de Expresión e o compromiso cos dereitos de participación da cidadanía que amosa VIEIROS en relación ós demáis medios de comunicación.

Xa nos coñecemos dende fai algún tempo e DEBO de dicir en voz alta que aquí ninguén tivo a mala fe de eliminar nin unha soa liña dos meus textos nin de ningún Comentario (por máis que supoño que moitos de vós estaríades encantados de que aí o fixeran en máis dunha ocasión!)

Só cunha Prensa Libre que facilite o intercambio de ideas e pareceres teremos algún día a posibilidade de entendernos e construir un novo país entre TODOS!

Algúns vos preguntaredes a que raio veñen agora estas loubanzas para un MEDIO DE COMUNICACION INDEPENDENTE como VIEIROS (Grazas) pois a resposta tédela neste Blog e tamén abrin o mesmo Debate noutra iniciativa que pode resultar interesante se conseguiran o apoio dalgún medio de comunicación.

Os Foros El Pais son unha verdadeira Rateira (controlada de xeito mezquino polo propios Moderadores e Administradores como tiven ocasión den comprobar nos ultimos días) Neste contexto incluso entendo mellor a entrevista a Steiner e a MANIPULACIÓN ASQUEROSA que ese infame medio de des-información supón para as liberdades públicas (agora que temos eleccións á vista).

http://blogs.que.es/692/2008/8...

E o lugar onde debatir se os políticos tiveran a decencia de baixar do seu limbo particular a falar de FUTURO e de Propostas Concretas ben podería ser este ou calquera outro mentres NON SE MANIPULEN as opinións e mensaxes da Cidadanía.

http://www.adebate.net/

Nunha palabra GRACIAS VIEIROS por permitir unha fiestra de liberdade neste tempos tan escuros. Sinceiramente farían falla MIL VIEIROS MÁIS para o noso povo, para a nosa Lingua (sen Decretos!) e para seguir a defender os dereitos civís dunha cidadanía cada vez máis secuestrada!

Noraboa e feliz viaxe no futuro!

harizti #2 29/Agosto/2008 harizti
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agradezo ao señor Erasmo, con quen non adoito estar de acordo, que use este dialecto, como dixo certo xuíz mediático, nun foro que ten a súa principal razón de ser o uso da deostada, aínda, lingua da Galiza. Non entendo aqueles que entran no foro, e polo tanto demostran coñecer a lingua de relación nel, mais que fan gala de non a utilizar, dado que seica lixa a súa infame moral.

Lidor #3 29/Agosto/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Non vaia a ser que tendo un pobo bilingüe de seu, convirtámolo en monolingüe á forza para ver se é quen de aprender idiomas...?"

Á parte dos erros no teu galego -en castelán escribes mellor, Erasmo, pero seguro que non é culpa túa- esta frase é a filosofía de fondo dos "bilingüistas". Os galegos galegofalantes tiveron que ser "bilingües" despois de ser monolingües, os castelanfalantes en Galicia queren seguir sendo monolingües, que a bilingüe sexa a sociedade. E ti es o riquiño dese grupo de fachas.

Komun #4 29/Agosto/2008 Komun
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con lidor en que a realidade aquí, é que só hai monolingües casteláns e os bilingües somos só os galegofalantes. O caso é que a política catalá é idonea, tratar ao castelán coma o que é: Unha língua de fóra que se coñece con nível abondo pra comunicarse cando se saia de Galiza e punto. E xa poden vir tódolos fachas do mundo a dicir que o é unha política nazi, pero dese xeito o catalán conservase, e o galego, pérdese.

Erasmo #5 29/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai tempo que tento argumentar a prol da Liberdade Lingüística en Galicia:

http://www.vieiros.com/open/am...

http://www.vieiros.com/open/am...

http://www.vieiros.com/open/am...

http://www.vieiros.com/open/am...

http://www.vieiros.com/open/am...

http://www.vieiros.com/open/am...

http://www.vieiros.com/open/am...


A péna é que niguén quere deseñar unha política lingüística PROPIA para Galicia, os nosos 'intelectuais' están fartos de comer da lingua galega e chégalles con COPIAR outras políticas lingüísticas alleas e IMPOÑELAS POR DECRETO ó noso povo!

Veleiquí o erro descomunal:
tratar ós galegos coma se fósemos menores de idade...!

Os resultados serán un fracaso nas novas xeracións de falantes, e senón ó tempo...!

Penso que xa falei dabondo sobre o tema como para respostar a cada intervención repetíndo o que xa está dito.

Se non hai máis 'argumentos' que chamarme facha e similares, disimulade que non responda ó que non merece consideración algunha.

Entre TODOS temos a obriga de facer un país:
¿queredes intentalo ou preferides seguir no guetto?

Unha lingua NON se fala por Decreto !!!

Lidor #6 30/Agosto/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que unha lingua non se fala por decreto????

Erasmo, parece mentira que mintas así ou que sexas tan ignorante. O 40% da poboación galega que fala español é a consecuencia visible do éxito de moitos decretos sobre lingua desde hai 500 anos.

FROUXEIRA #7 30/Agosto/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia sarta de sandeces se escriben sin pensar.....supoño.Eu galegofalante, non uso o idioma en base a ningún decreto, falo na miña lingüa xa que é como millor me atopo e como mellor me defendo.
De outra banda, cando uso outro idioma o é por causas alleas a min mesmo, ben seña para me entender con outra persoa e por decisión persoal, ou por "decreto", máis ben descrédito para min, o cal me OBRIGA a usar o castelán.Este caso último dase en moitos eidos e en Galiza, de tal xeito que nalgún caso me teño "cabreado", cando non debera ser así.
O Galego ten necesidade de vitaminas que o fagan forte ante agresións sin máis ánimo que querelo eliminar e nos facer sentir inferiores.
O único decreto que vale para calquera lingüa e pode-la falar sin prexuizos por parte de ninguén.
As lingüas que eu saiba non matan a ninguén, outra cousa é o uso delas dende o punto de vista da imposición polas políticas dos gobernos imperialistas.
Matar unha lingüa é matar diversidade cultural e ir cara o monolingüismo e o pensamento único.
Si este mundo que nos toca vivir é tan rico en culturas, o é polos Idiomas e o que levan tras delas, mal asunto cando se impoñen decretos para as matar.

Erasmo #8 7/Setembro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comprendo que pode ser raiante a miña posición a prol da liberdade lingüística neste noso país... e aínda así agardo que alguén teña a sensibilidade suficiente como para ter en conta o que levo a dicir durante máis dun ano sobre este tema.

Non é unha cuestión política a que define a miña posición (xúrovolo!) é unha idea que non podo deixar de lado en calidade de especialista do ensino e coñecedor da realidade do Bacharelato en Galicia.

Non falo por boca de ganso... aínda que ben sabedes que tiven que aturar carros e carretas por defender a Liberdade Lingüística entre vós e con tódolos que queiran discutir o tema sen prexuízos preestablecidos nin consignas aprendidas que soñan cun país que aínda non temos... e que deberíamos CONSTRUIR ENTRE TÓDOLOS GALEGOS!

De pouco serve trasladar a liorta política á base social cando esta cidadanía anda moi lonxe de ter unha conciencia nacional do país...

Canto tempo levades fóra dos Institutos de Secundaria...?

Poderíamos baixar á terra... e traballar todos nunha mesma dirección?

Hoxe trasladei esta ideas ó novo canle de TV de Quintana... e en pouco máis de dúas horas xa conseguín o premio do disidente: Karma 0...!

Se ledes con calma ó mellor temos moitas máis cousas en común das que pensades.

Dígovos que estamos deixando pasar un tempo moi valioso para aportar SOLUCIÓNS constructivas e sensatas entre tódolos galegos.

Agora ábrese a veda 'electoral' e seguramente as posicións radicalizaránse aínda máis e todo o esforzo realizado posiblemente non servirá de nada: pídovos que separedes a vía política da vía cidadá.

¿É moito pedir?

Todo o que facemos nesta vida pódese analizar políticamente.

Pero a Política NON DEBE DEFINIR TODO O QUE FACEMOS NAS NOSAS VIDAS !

Dende o Karma 0 invítovos a sair do pozo das confrontacións estériles!

http://quin.tv/video/festa-do-...

Saúdos e boa viaxe cara ó futuro dunha cultura e lingua galegas en liberdade para tódolos galegos e galegas do noso povo.

Saúde !

Erasmo #9 7/Setembro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tamén eiquí hai algo que dicir, pero non podo, i eso que este era un Canle para a Participación Cidadá... (QuinTV)

http://quin.tv/video/reunion-c...

Pouco dura a ledicia na casa do pobre...!

Moitas gracias -sinceiras e de corazón- a VIEIROS por ser o único lugar desta terra no que se pode disentir sen ser expulsado ós infernos do silencio...!!!

Este debera ser o camiño... e non outro.

Saúde !

antoniosilva959 #10 11/Setembro/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se o parlamento Europeu reconhece que oralmente o Português e o Galego são a mesma língua porque será que o Estado espanhol através da RAG quer isolar o galego na norma escrita e não aceita o padrão internacional? E gasta milhões de Euros dos nossos impostos a criar um dialecto padrão isolasionista artificial?

É uma questão política com receio da Galiza ganhar autonomia e chegar à independência.
Porque a nossa língua ao contrário do catalão e basco por exemplo tem uma dimensão mundial sendo falada em todos os continentes por cerca de 300 milhões de pessoas e é oficial em 10 países incluindo a Região Autónoma de Macau na China.
Acresce ainda o facto que sem ser idioma oficial é também a língua materna falada e escrita de milhões de pessoas de territórios em vários continentes, com destaque para a Índia no antigo Estado Português da Índia ( Goa, Damão, Diu, Dadrá e Nagar-Aveli) que foi português durante 5 séculos.
É também língua oficial das principais organizações mundiais como na União Africana (onde o espanhol não é), no Mercosul e na União Europeia onde oralmente é reconhecido como galego.
O galego e o português foi a mesma língua oficial falada e escrita em Portugal e na Galiza até os castelhanos a terem extinguido oficialmente na Galiza. Só a reintegração da nossa língua materna faz acabar com a colonização linguística dos galegos. A RAG tenta impor definitivamente a colonização castelhana da língua e isolar os galegos dos povos que falam a nossa língua materna. Tudo porque se teme das vantagens económicas e culturais que a Galiza obtém por entrar num mercado de cerca de 300 milhões de pessoas. Por isso todos os galegos e galegas se devem opôr ao dialecto “portuñol” da RAG. Nós temos como língua materna uma das mais importantes do mundo, não precisamos de a trocar por um dialecto criado artificialmente pela RAG para nos isolar no mundo.

antoniosilva959 #11 11/Setembro/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Realista Galego Disse:

"Sabem o que se passa quando um deputado galego fala em galego no parlamento Europeu?

1 A cabine de tradutores espanhola cala-se por o galego ser para eles uma língua extrangeira que não entendem.
2 A cabine de tradução portuguesa reconhece como a mesma língua e passam a fazer a tradução do galego para todas as restantes línguas dos deputados europeus.
Assim os deputados galegos podem falar na sua língua materna no parlamento europeu ao contrário dos bascos ou catalães.Tudo isto por a oralidade do galego ser português independentemente dos sotaques como acontece entre Portugal, Brasil e os restantes países irmãos da fala.
Então porque será que o Estado espanhol gasta milhões dos nossos impostos para criar uma ortografia isolasionista que para além de nos isolar no mundo transforma o muito falado idioma galego num dialecto ultra-minoritário?"

Acertou em cheio, muito bem.

lavesedo #12 12/Setembro/2008 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non concordo en absoluto co teu artigo, Erasmo. Seguín algunhas das ligazóns que deixaches e quedei parvo cando mirei que eras profesor. Como podes dicir que a xente apenas domina a súa lingua e tatexa catro cousas en inglés? Onde? En toda Europa acontece isto? En todo o mundo? Na Galiza somos bilingües, ti telo dito, nos países cataláns tamén, en Suíza, nos Países Baixos, en toda Escandinavia... Son poucos os monolingües no mundo, o conto é que no noso estado son maioría.
Falas despois da nanotecnoloxía, de sistemas de tradución universais, -sen entrar nas dificultades que a ciencia está a atopar nisto, pola preciosa diversidade dos nosos ideolectos-, realmente non lle miro máis ca desvantaxes á idea, e non é por enxergar "solucións quintaesenciais" nas linguas, non tal. As linguas son diferentes maneiras de ver o mundo e coñecermos varias, nalgúns lugares do planeta temos a sorte de aprender dúas, ou máis, xa case dende o berce, axuda a construír mellor o noso coñecemento, a facelo máis amplo, a nos facer máis cultos e xa que logo, máis libres. Igual ca as matemáticas, por exemplo. Tamén poderiamos levar un sistema que fixese as contas por nós, todas. E nós non estudar tampouco matemáticas, para que?, así teriamos máis tempo para ir dar un voltio polo centro comercial.

Erasmo #13 12/Setembro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lavesedo é certo que sería estupendo coñercer e falar con soltura varias linguas (sempre e cando fose voluntariamente tal e coma foi até o de agora: inglés, francés, portugués, chinés...) Existen Escolas Oficiais de Idiomas que están para algo e que segundo din teñen medios moi avanzados para ensinar idiomas e conversar...

Pero o feito de IMPOR linguas vehiculares (cando podemos ser traducidos simultaneamente sen dificultades) resulta segundo o meu xeito de ver as cousas como REDUCIR O MUNDO Á FILOLOXÍA.

A vita é brevis... e non son tempos de andar a darlle voltas todo o día á filoloxía (a máis de que sempre teríamos outras posibilidades lingüísticas para impoñer pola forza = reintegracionismo ? inglés ?)

Quen queira ser políglota ADIANTE...

pero os cidadáns temos dereito a falar na lingua que nos pete!

Pensa que o mesmo problema ímolo ter na Unión Europea coas 23 linguas oficiais e xa estamos vendo como cada vez máis reducénse tódalas páxinas web e Informes Importantes ó INGLÉS... (esto para mín é a mesma imposición por omisión: non te obrigan a empregar o inglés como lingua vehicular pero se non o coñeces quedas fóra do negocio...)

Por iso falo de Sistemas de Traducción e Interpretación e Nanotecnoloxía: se podemos ver a orixe do Universo (disque) será máis doado poder falar e traducir tódalas linguas nas que fala a xente no mundo...? E cuestión de INVESTIR CATRO PATACOS...!!!

E supoño que antes teríamos que romper as resistencias do mundo anglosaxón que fai da súa lingua (o inglés) un INMENSO NEGOCIO MUNDIAL!

En fin... como mostra ben chega a web de Euronews (8 linguas !)
http://www.euronews.net/es/

E seguiríamos a ser Bilingües (Galego Castelán) en Galicia ou Multilingües en Liberdade... sen dificultades e todos xuntos!

Outro conto é facer da lingua unha disculpa para montar un chiringuito político con intencións pouco transparentes como podes ver se tes a paciencia de visitar a vlog do Quintana e ler a mensaxe oculta que se atopa ó pé do vídeo...

http://quin.tv/video/reunion-c...

Se é un lugar de Participación debe ser só e reservado para os SOCIOS!
Pois en menos de dúas horas (3 preguntas) fun EXPULSADO ÓS INFERNOS do Karma Negativo... Este non é o camiño, penso, para rexurdimento algún!

É un descaro total chamarlle a esto PARTICIPACIÓN POLÍTICA...!!!

Gracias pola túa atención e veremos o que trae o futuro...!

As linguas e as culturas NON se recuperan por DECRETO !!!

AlvaroB #14 13/Setembro/2008 AlvaroB
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Erasmo cínico.
Tí e os da tua corda começai por denunciar o artigo da sacro-santa constituiçom espanhola que IMPOM O CONHECEMENTO DO CASTELHANO, e logo falamos.

Erasmo #15 13/Setembro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para iso xa estás tí AlvaroB...!

Non vaia a ser que despois de tirar abaixo a Constitución de 1978 teñamos que facer o que a tí che pete...!

Máis alá desta cuestión, gostaríame que alguén falase unha palabra sobre o Portal de Video de Anxo Quintana: ¿é isto participación?

¿Interésalle 'dialogar' co povo, ou escoitarse a sí mesmo?

¿Multilingüísmo tradúcese por Sumatorio de Monólogos Obrigatorios?

Saúde!

Hispanico #16 14/Setembro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo na ideia principal do artigo. Eu acho que o bilinguismo na Galiza deveria garantir para todos os habitantes da Galiza a escolha do castelão ou a do galego, indistintamente. Infelizmente esto está moi lonje de suceder, pois os que querem empregar ou mesmo aprender o galego som tam injustamente marginados.
Os funcionários públicos (policia, sanidade, juizes, professores, etc) deveriam ser 100% bilingues, caso contrário estaría-se a marginar aos utentes galego falantes. Os meios de comunicaçom deveriam ser 50% galegos e 50% castelãns, ou se bilingues, empregar as duas linguas a 50%. Na educaçom deveria haver para os pais a escolha, em galego ou em castelão, ou mesmo nas duas.
Acho que se houvesse a vontade para atingir este estado seria doado de atingir.

Erasmo #17 17/Setembro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai Vontade mais o que non hai é capacidade para facelo posibel... a xulgar por certas estratexias que non favorecen entendemento algún neste asunto...

Continuará...
http://www.vieiros.com/open/am...

Hispanico #18 17/Setembro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

?!?!?!?!?!?!!?!?
D'acordo em que o BNG nom está travalhando dabondo em prol do galego, especialmente ao respeito da castrapizaçom da lingua, mas que espera atopar num site do BNG? Nom é o BNG um partido político (ainda que cecais nom tam corruto coma outros)? Pois: propaganda.

E quem é que está a marginalizar e boicotar o galego da vida pública? O BNG ou as instituiçons do estado espanhol?!?!?!?!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O multilingüísmo de Méndez Ferrín