Reflexión sobre as novas tecnoloxías e a práxis mediático-política que se fai delas. Pois é claro cos grandes partidos teñen dono e terán que facer o que lles mandan. Mais o nacionalismo galego debera ser espello i exemplo de liberdade e tranparencia neste tema... ¿ou non?
Parece cas novas tecnoloxías, coma todo, pódense usar para mellorar o mundo ou para empobrecelo aínda máis.Eu sempre estarei a favor destas novas ferramentas para ampliar o noso horizonte persoal e social. Son grandes oportunidades para ir máis alá de nós mesmos e facilitar enormemente as relacións e o intercambio de ideas.
Porén cando se empregan para monopolizar o discurso, cando se deseñan para se converter en 'rateiras' onde os usuarios son utilizados polos administradores dos sistemas para darse publicidade e bater récords de audiencia e presentarse como proxectos novidosos e democráticos, cando non son máis que palestras mediáticas para a autoafirmación e o eterno fluir unidireccional das propias consignas...
Cando isto sucede temos que DENUNCIAR A IMPOSTURA e sobre todo a perversión dun medio que sendo deseñado para potenciar a Participación en tempo real de tódolos actores, estase a empregar xustamente para todo o contrario. Son moitos os exemplos que podemos rastrexar na rede onde se ofrecen foros e blogs e wikis onde o bandeirín de enganche é sempre o mesmo: unha chamada á PARTICIPACIÓN da cidadanía aberta ó debate e á reflexión de tódolos usuarios: periódicos onde son os propios lectores os que envian novas e colgan fotodenuncias, foros especializados onde sempre existen usuarios que destacan polo nivel de cotilleo e o coñecemento dos demáis asistentes, wikis nos que os administradores resolven o que sí e o que non é conveniente...
Sempre existe unha xerarquía agochada na sombra: amparada polos procedementos de votación que puxeron en marcha as chamadas redes sociais: nas que só é posible editar o que xa tódolos usuarios saben e queren editar de antemán.
Polo tanto non é ouro, nin prata, todo o que se nos está a ofrecer, aínda que moitas veces o pareza.
Aproveitamonos dos novos accesos ás redes para facer o mesmo que fixemos sempre: escoitarnos a nós mesmos e rexeitar sen contemplacións ós discrepantes envianadoos con mil artimañas ó fondo da noite escura, ou aínda peor, marcándoos como trolls ou disidentes dentro de cada sistema de comunicación.
A ultima exitosa rateira que vense de publicitar na rede galega é o videoblog de Quintana (vlog) no que podedes comprobar vós mesmos como funciona: só con tres comentarios xa te retiran da circulación ata novo aviso. O único xeito de voltar a poder falar co nacionalismo galego na rede é votar favorablemente tódolos vídeos do candidato e non escribir nada que sexa mínimamente crítico coa actuación do BNG ou das súas Consellerías nesta lexislatura, para evitar os acios de votos negativos do resto de ususarios.
Esta é unha estratexia ben deseñada para fortalecer a imaxe de unidade do nacionalismo galego, e de paso 'controlar ó disidente' e se pode ser marcalo para sempre en cantas redes sociais existen no país, de xeito que a chamada PARTICIPACIÓN redúcese a un puñado de usuarios ben disciplinados e informáticamente ben preparados que deciden quén sí e quén non vai ter audiencia no lugar.
Esto é máis importante do que pensamos, pois a perversión do uso das redes sociais, non favorece ningún intercambio de ideas nin de argumentos senon, lamentablemente, todo o contrario: fortalece posicións numantinas duns e outros sen visos de consenso algún. ¿Van ser as redes sociais -así deseñadas- criadeiros de sectarismo on line? ¿Seremos tan pouco sensibles que faremos das mal chamadas redes sociais guetos nos que se aloumiñan os conflitos máis que atopan solucións para un mundo complexo? ¿ Se somos capaces do mellor... por que estar sempre construindo e alentando o peor...?
Polo menos temos VIEIROS ate agora o único medio de comunicación galego que ten probada a súa profesionalidade neste asunto da Participación Cidadá en rede e que aínda falta o día no que elimine unha sóa til dos textos que aquí se publican polos sen voz, os que non temos altofalantes de partidos nin de asociacions progubernamentais para que se nos escoite. Grazas por estar aí e seguir apoiando a liberdade de expresión, berce de tódalas ideas, aínda daquelas que non nos gusten hoxe, malia despois cheguen ser as mellores. Grazas.
Da teoría á práxis: De cómo unha pregunta inocente pode exiliarte para sempre do Vlog máis participativo que pariu o nacionalismo galego ate o de agora. Buscade a pregunta ó pé do video, porque mesmo as preguntas téñense que ocultar ós ollos dos neófitos que por alí podan chegarse. Que péna de estratexia!
E se non me gustan os vídeos...
Sorte, que a maior parte de nós xa coñecemos ben as túas intencións: http://www.vieiros.com/open/am...
Non vaia a ser, que algún neófito se despiste coa túa leria proselitista-victimista.
A estas alturas supoño que non haberá ninguén que se poda despistar...
pero agradecido polo enlace xa que é moi oportuno... Grazas.
Unha lingua NON se fala por Decreto !
Erasmo, amante da súa lingua e da Liberdade !
Respecto ó tema do Vlog do Quin... é triste comprobar unha vez máis que non existe Organización Política neste mundo que acepte nin críticas nin disidencias... eso sí, éncheselles a boca coa palabra PARTICIPACIÓN...?
Díme do que presumes...!
Espero, que non os comezaras a insultar como tes por costume.
Non creo que facer unha pregunta sexa insultar a ninguén... pódela ver ó pé do video que enlazo no artigo... en canto ó costume de insultar penso que outros aínda me levan a dianteira!
A pregunta supoño que tería unha resposta ben sinxela, se quixera:
Unha pregunta: ¿se tiverades a responsabilidade da Consellería de Educación, manteríades a polémica que está a suscitar o Decreto de Imposición Lingüística no ensino? Seguiriades adiante na mesma liña ou tomaríades un rumbo diferente: permitindo unha certa voluntariedade á hora de impartir aulas en galego especialmente nas zonas onde o alumnado sexa na súa maioría castelánfalante...? Deixo enlace para ilustrar a miña posición sobre este tema:
http://www.vieiros.com/open/am...
Como podes ver é unha pregunta sinxela. Cicais a resposta teña máis interese de cara ás eleccións e igual por iso mellor calar...?
Pero ben sei que non é Quintana directamente o responsable do meu Karma Negativo neste lugar de tanta "participación" senon os deseñadores de "redes" sociais que levan o asunto...
Eiquí a palabra REDE é literalmente unha ferramenta para atrapar peixes!
Quén che leva a dianteira?
Como podes ver é unha pregunta sinxela.
En canto a túa pregunta, xa che respondera unha vez ou varias. Pero non debeches pararte. Asi que, aquí tes:
Comezas chantándonos esta, túa, máxima: "Galicia é Bilingüe:..." e continuas; como se viviramos, todos, en Burkina Faso e non tivéramos nin puta idea da realidade lingüística de Galicia.
Somos cada vez menos os verdadeiramente bilingües e ti, por suposto, sábelo moi ben.
Cando ven un forasteiro que non coñece, nin entende a nosa lingua, somos unha minoria os que cambiamos ao castelán, por educación, para que nos entendan. O resto (a maioría), simplemente, non cambia de rexistro lingüístico pola sinxela razón, de que non fala o galego.
Para que se dea verdadeiramente a liberdade, da que ti falas, para escoller unha ou outra lingua, tense que dar primeiro a posibilidade de que os galegos coñecen ámbalas dúas, en igualdade de condicións. Que cando saian da ensinanza primaria e secundaria, dominen tanto o galego como o castelán. Agora mesmo, isto, non se está a cumprir.
Dificilmente un pode escoller algo que descoñece.
Viva a liberdade dentro da ignorancia!! verdade Erasmo?
Eu coñezo xente (máis da que me gustaría), algúns deles bos amigos, que foron educados polos seus pais en galego, e nalgunha conversación sobre o tema, teñen dito: isto, xa é demais, agora pretenden darlle as clases de matemáticas e historia ós nosos fillos en galego, cando de toda a vida foron en castelán.
Como se a toma da Bastilla non tivera a mesma significación en galego que en castelán ou, dous máis dous non foran catro.
Claro que de toda vida foron en castelán, por iso: o desprezo, a baixa autestima, o pouco valor social que se lle concede ó galego. Nunha palabra: ignorancia.
Non pretendo pontificar, con respeto a un feito constatable empiricamente, como é o da perda progresiva de galego falantes e a escasa ou nula incorporación de novos falantes en lingua galega.
Mesmo moitos dos que comparten as túas ideas, só fai falta darse unha volta polos foros de GB, admiten sen ningun escrúpulo, a regresión da lingua galega como un feito incontestable da pouca importancia que ten, segundo eles, o galego no mundo actual e globalizado; ademais doutras lindezas que non estou disposto a reproducir.
Negar este feito, como fas ti, é tomarnos a todos por débiles mentais ( velo facendo fai tempo), non digo que algúns non o sexan; empregando o mesmo cinismo que aquel Ministro de Defensa (Trillo), que cando chegou á costa de Galicia despois da traxedia do Prestige, mentras o chapapote, co vai ven das ondas lle batía nas botas, él cunha man no peito e outra nas costas, declamaba o esplendorosas que estaban as nosas praias.
O Decreto senta unhas bases, para que o galego (algún parece esquecer, deliberadamente, que é a lingua propia de Galicia), poida ser coñecida en igualdade de condicións que o castelán.
E vós, estades no voso perfecto dereito de recurrir a norma, por via contencioso-administrativa, se pensades que a vosa liberdade lingüística está sendo violada.
Por iso, faime graza que supedites os dereitos e liberdades a intereses meramente crematísticos. Está ben saber, cales son, os teus verdadeiros principios.
Aínda dándoche a razón, aplicando o "complemento lingüístico" a profesores que por deixadez, prexuízos ou, coma no teu caso, por "cara duras"; non queren dar aulas en galego. Estou seguro, que non tardaríades nin dous minutos en criticar a medida, calificandoa como de: discriminación intolerable con respecto o castelán (con cartos dos contribuíntes); e que, o galego, só e capaz de sobrevivir grazas ás esmolas das institucións.
Que xa nos coñecemos Erasmo. Todo o que digo, sabelo ben. Non finxas con nós.
Que se atopa en: http://www.vieiros.com/open/am...

Prometeo tes razón... xa nos coñecemos demais... e deixame REMACHAR que eu non teño nada que ver con certas 'barbaridades' que se poden ler nos foros de GB: pois eu mesmo denunciei a nefasta imaxe pública que ALGÚNS dan nese lugar ó respecto do que foi unha Iniciativa pola Liberdade Lingüística.
Así que cada quén aguante a súa vela...!
Agradézoche que repitas os teus argumentos pero neste outro artigo quería falar de outras cousas (relacionadas coa escasa Participación que aceptan os que disque van cambiar o modelo de facer política en todo canto deseñan para o povo mentres eles gozan dos seus privilexios).
Permíteme logo que deixe un chisco atrás o tema da lingua galega (pois xa é dabondo coñecido por todos) e como ben dís serán os Tribunais os que teñan que falar algún día sobre este asunto da Imposición Lingüística por Decreto... O que máis me doe é saber que ó final todos imos perder neste asunto: especialmente a lingua galega no Ensino Secundario. (Ó tempo!)
Aquí tes outra pregunta sinxela que sen resposta algunha no Vlog do candidato a Presidente da Xunta de Galicia:
"Sen dúbida a Participación Cidadá é unha materia pendente que deberamos potenciar (non só en campaña electoral ollo!)... Lembro unha fantástica manifestación popular nesta lexislatura coma foi a de Galiza Non Se Vende, en Santiago... e ó día seguinte tivemos que tragar declaracións cáseque insultantes en toda a prensa galega. ¿É isto o que queremos? Que cando as críticas ou os problemas xurden (O Courel) facemos ouvidos xordos, e cando as opinóns son favorabeis ficamos todos contentes...? Ogallá sexamos capaces de Escoitar... o bo e tamén o menos bo... Sempre...!"
http://quin.tv/video/saudo-de-...
¿Por facer este comentario teño Karma Negativo (-9.87) dende o primeiro día no canle de TVQuin?
¡Penso que é por demais o celo no control informático das redes sociais!
Estes medios deberan ser para algo máis que simple Publicidade...!
Pode (non o sei) que denuciaras o comportamento dalgúns neses foros. Espero que fagas o mesmo coas aberrantes declaracións da Presidenta, a sempre ben peinada Gloria Lago.
O que si sei, é a tremenda cara que te gastas. Atopei por aqueles lares (os foros de GB) unha declaración túa que mostra as claras a estratexia que persegues.
É unha resposta a un comentario que che fai outro usuario, que se mostra en desacordo coa iniciativa da UdC; que premia con menos horas lectivas ós profesores que impartan a súa materia en galego. Medida que ti dis defender e, como non, nos trouxeches a Vieiros.
Pero a resposta que lle das, como dixen, é a seguínte:
"Me explico REALISTIC estoy de acuerdo en la FORMA (aunque el fondo puede ser discutible como todo)
1. No existe IMPOSICIÓN sólo Invitación a usar el Gallego.
2. Se le reconoce algún mérito al que acepta la invitación (y se le incentiva por ello, todo lo contrario de lo que sucede en Secundaria)
3. Veremos cuántos profesores secundan la invitación y cuántos siguen a su aire sin preocuparse de normalizaciones arbitrarias ?
Además INSISTO (y tú me lo confirmas si existen protestas podrían sumarse a nuestra protesta) esta nueva DISCRIMINACIÓN de unos y otros profesores podría resultar interesante para los abogados de lo Contencioso Administrativo.
Sólo constatar una vez más la diferencia y la discriminación... lo demás se lo dejo a los expertos en legislación positiva"
http://foros.galiciabilingue...
Ou sexa, ademais de xuntar máis fieis para a causa, o que pretendes é que se aplique esta medida non para fomentar a utilización do galego (lingua que ti dis defender), senón para que os vosos avogados poidan basear a súa estratexia xurídica nun posible agravio comparativo.
Eres do máis vomitivo que coñezo Erasmo e aseguroche que coñezo moita xente.
¿Quén me leva a dianteira?
"Esta nueva DISCRIMINACIÓN de unos y otros profesores podría resultar interesante para los abogados de lo Contencioso Administrativo"
A ver se non tiramos frases fóra do seu contexto!
1. Non fun eu quen ofertou reducción horaria ós profesores da UdC.
2. Paréceme unha boa medida SE FORA APLICADA TAMÉN EN SECUNDARIA.
3. O meu interlocutor non a consideraba axeitada pois segundo el faría AUMENTAR O ENSINO EN GALEGO !
4. Eu estaba (i estou) conforme con Calquera Medida que favoreza a Liberdade Lingüística Individual. De aí a conclusión: Xa que NON temos a mesma consideración os profesores de ensino secundario i os profesores universitarios = Poderíase SUMAR como proba da NOSA DISCRIMINACIÓN !!!
¿Agora xa o entendes? Ou fágocho repetir 100 veces, para que te decates de que este tipo de Medidas Positivas (Complemento Lingüístico, Reducción Horaria...) poden ser MOITO MÁIS ATRACTIVAS I EFICACES para a Recuperación da Lingua Galega que 100 Decretos Coercitivos e 1000 Denuncias de incumprimentos e tódalas guerras lingüísticas coas que algúns parecedes gozar coma Enanos...?
E por certo serían solucións moito máis BARATAS e con mellores Calidades que todo o que se leva gastado por vía de Subvencións e Publicidades que buscan o enfrontamento e non solucionan o problema real.
Bueno, Prometeo, agora sí que xa van sendo horas de deixarlle paso a outras persoas que non teñan esa mala idea de andar a remexer pola rede para botar merda enriba dun...
Penso que se en lugar de pescudar falsas miserias quixeras pensar con calma as miñas propostas sobre o asunto da "Normalización sen Decretos Impositivos Gratuítos" igual teríamos chegado xa a facer algo mellor do que temos pola nosa lingua e pola nosa cultura.
Pero como vexo que para tí isto é só unha batalla para afuciñar ó inimigo sexa coma sexa; mellor vou pasar de seguirte o rollo pois xa levamos demasiadas mensaxes como para ter farto aburrida á peña con tanta trapallada INÚTIL.
Unha lingua NON se fala por Decreto!
Dígao Agamenón ou o seu porqueiro..!
Saúde!
Se eu coma calquer outro lector, inclusive Realistic, entendémoste a primeria.
Ata certo punto é normal que sintas vergoña do que escribiches. Pero non fai falla que te xustifiques, agora, cunha reinterpretación dalgo que queda claro tanto na súa literalidade coma no seu contexto (os foros de GB).
Aparte do dos avogados (non sei porque carallo o puxeches coma resposta a miña pregunta), gustoume o punto 3:
"...preocuparse de normalizaciones arbitrarias ?"
Ao comezo encómiala medida e despois califícala de normalización arbitraria.
Mia ma!!! que colacao mental tes, querida. Bueno... será que queres que o teñan os demais.
Todos temos miserias, uns máis ca outros. Pero as túas son de todo menos falsas e relativamente fáciles de atopar. Só hai que deixarse guiar polo cheiro.
Unha mentira NON se desviste con outra mentira!
Dígao Susiño ou a súa vesiña...!
Brindo por nós!
Seguindo co asunto do Control nas Redes Sociais, gostaríame saber cal é o motivo de pechar un WIKI (ferramenta onde as haxa para estar aberta á colaboración e á edición permanente). Refírome ó Wiki de Chuza no que o responsable resulta que tamén ten algo que ver coa arquitectura do Vlog de Quintana.
http://wiki.chuza.org/wiki/Pol...
Xusto foi pechado ó rematar as eleccións municipais, cando sería máis interesante facer o seguimento e ampliación de outras webs e os seus comportamentos democrático-participativos na rede.
¿Por que existe este celo protector que vixía e controla os movementos dos internautas no país? ¿Acaso non somos maiores de idade como para que se nos teña permanentemente tutelados?
En fin... non me gusta o que vexo e non sei porque tanto SILENCIO ?
Pasou xa unha semana dende que publiquei esta DENUNCIA sobre a Manipulación da Opinión Pública na TVQuin... e por suposto sigo tendo Karma Negativo e sigo sen poder escribir unha soa palabra nese 'fantástico lugar' adicado -disque- á Participación Cidadá.
Agora cambiei o meu nick polo eslogan:
PUBLICITAR NON É PARTICIPAR !
Pero nin con esas...
http://quin.tv/video/falan-de-...
E para que vexades que en tódolos sitios se cocen fabas... fai tamén unha semana volvín polos foros do Concello de Vigo para DENUNCIAR unha licenza na primeira liña da praia do Vao que clama ó ceo!
http://hoxe.vigo...
E será curioso que ó dia seguinte ENCHEUSE DE SPAM RUMANO o bendito Foro de Participación Cidadá do Concello de Vigo? (a inmigración rumana estará reclamando o seu lugar na rede?)
O Alcalde agora ten un programa na TV local (L7) chamado "Diálogos co Alcalde" e tamén el fártase de repetirlle ós cidadáns que se poñan en contacto co Concello para denunciar cantas cuestións consideren!
Pois o mesmo asunto: escribínlle un e-mail á Alcaldía explicándolle que nos Foros do Concello ninguén administraba nin limpaba o Spam e que daban unha imaxe nefata da Cidade... Nin recibín resposta algunha nin os foros melloraron coma podedes comprobar por vós mesmos!
http://hoxe.vigo...
En Conclusión:
monta unha web e deixa cos usuarios se rompan a cabeza intentando comunicarse coa 'caste superior'...
¿Así presumen os políticos de Participación Cidadá?
Máis dun mes despois é imposible participar...
http://quin.tv/video/orzamento...
O Blog de Quin ben podíamolo chamar 'O anuncio máis longo da historia'