ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A cantos sinten Amor pola Terra !

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de A cantos sinten Amor pola Terra !

A cantos sinten Amor pola Terra !

Case nunca pasa nada… somentes a vida que se vai...!

= 28.071
  Votos en Branco = A Cuarta Forza Electoral de Galicia ?

= 23.796  Votos UPyD = O Cuarto Partido Político en Galicia ?

= 15.223
  Votos Nulos = Fartos de mentiras en Galicia ?

Enviada por Erasmo Erasmo o 16/02/2009 22:23

É cando menos reconfortante escoitar a quenes meses atrás tiñan a patente de galeguidade abrirse ós que amamos esta terra para pedir confianza na renovación política do nacionalismo galego.  

Lembro un dito da miña nai cando alguén dáballe explicacións que ela non pedira, sempre engadía con retranca: ‘disque o galego, sempre ten o acordo tarde’.   Referirse ó ‘galego’ coma estranxeiro na súa terra, era o xeito de dicir que cando algúns ían, ela xa viña de volta.   Que o importante era que cada quen gobernara a súa vida, e que non viñeran agora con agasallos que ninguén pedira a facerse os mansos, cando ben sabiamos todos que non o eran.  Bendita sexa a sabedoría popular desta terra milenaria.  

Seica agora imos todos ser un, imos botarlle un pulso ó mundo enteiro se fai falla, pero o que non podemos é recuar: tódolos galegos e galegas amantes da súa terra van ter que facer un esforzo para que volvan gobernar o BNG e o PSOE que tanto nos dan.  

Nin siquera a miña nai o entendería, e iso que vai para os 91 anos disfrutando de boa cabeza e co sentidiño todo.  Meu fillo non penses que van vir os de fóra a facer nada por ti, traballa no que teñas diante, e resolve os problemas sen molestar a ninguén.  

Cantos consellos deixamos ir… os mesmos que eu agora daríalle a quen os quixera recoller: ¿se galegos e galegas amantes desta terra somos moitos (somos todos) a qué ven poñerlle condicións para que mostren a súa sintonía cun goberno que mirou para outro lado ben lonxe do territorio?  

Un goberno nacionalista hipotecado a acordos electorais e políticos con Galeuscat, aínda doe non ter representante algún no Parlamento Europeo dende aquela coalición infame; un cogoberno ocupado en blindar as xubilacións douradas para os que nel participaron nestes 3 anos e medio, como se os demáis non tiveramos direito ós réditos dese poder de lexislar que tiveron co noso apoio; disque miraban pola terra cara unha modernización industrial sospeitosa, cando menos, de destruir o capital natural e social preservado por séculos de esquecemento.  

Nestes 3 anos e medio, chegaron os herdeiros a malvender a facenda deste pobo.  E se ben aínda nalgúns casos podemos recuar, noutros vai ser dificil dar a volta cando tódolos proxectos ‘megalómanos’ están xa consolidados i en marcha.  

Cando alguén dí que o amor pola terra é o que nos une, ten que dicir tamén que ese amor foi traizoado nestes 3 anos e medio de goberno derrochón e megalómano, e sen dúbida, debera dicir que de sabios é rectificar…
Mais non rectifican.  

Mostran a súa impúdica imaxe en tódolos medios de propaganda do territorio, como se os galegos e galegas fóramos parvos e tivesen que recordarnos nas vallas, no tren, no bus, nas cabinas telefónicas, baixo cada farola… quén vai ser o salvador da nósa terra.  

Ateigan os espacios rafiofónicos e televisivos, enchen a Internet de falsos foros participativos nos que só se escoitan consignas reiteradas e xa ninguén fai caso deles…  pois falar tíñase que falar antes de actuar coma fixeron.  

Seguimos estando na rúa… domingo tras domingo en Santiago milleiros de galegos e galegas estamos a dicirlles o mesmo: que fagan favor de escoitar.  

E eles ó seu: de mitin en mitin, péchanse en campañas ben organizadas para prometer todo o que non están siquera dispostos a cumprir… e aínda por riba bótannos a culpa ós que non estamos pola labor de seguir a tirar dun carro que xa vai escangallado, pola costa abaixo dunha crise na que eles –os políticos- tiran tallada sen escrúpulos.  

¿Como sair deste remuíño sen afogar?
 

Pois como se sae dos remuíños, con moita tranquilidade, deixándose ir ata revirarnos para poder chegar á ribeira deste río revolto que quere levarnos cara abaixo sen remedio.  

Para RESISTIR cómpre abandoar calquera mitin, apagar as radios e televisores cando falen de cousas que non entendemos nin queremos entender, deixar morrer os foros da Internet nun silencio ‘conmovedor’, renunciar a sermos comparsas desta festa da democracia sen Cidadanía.  

Para RESISTIR mellor dicir o que pensas e non calar o que ves… agora é o momento de poñer en claro os réditos acadados nestes 3 anos e medio de silencios forzados por unha Administración que disque estaba colapsada polas demandas da Cidadanía mais que sempre tiña preparada unha carta pro-forma para responder en branco ás nosas xustas demandas.  

Para RESISTIR en canto non teñamos mellores representantes, unha de dúas, ou votamos a quenes na vida pisaron o Pazo do Hórreo,  sempre podemos dar de comer ó famento; ou disfrutamos das praias antes de que se convirtan en granxas de rodaballos que nin siquera imos catar; ou mellor aínda podemos recuperar vellos roteiros nos montes de Galicia antes de que cheguen as excavadoras a desfacer o traballo dos devanceiros.  

Deixar as urnas baleiras non sería mala cousa por un día. 

Se alguén sinte que non queda suficientemente representada a súa PROTESTA pode achegarse o 1 de Marzo e depositar no sobre un chisco de aire limpo que decida o rumbo desta terra.  

Podemos facer moito… sen facer NADA!!!  

RESISTENCIA  e   DESOBEDIENCIA CIVIL!!!  

Galegos e galegas SOMOS TODOS!!!


2,6/5 (35 votos)


Comentarios (29)

maragota #1 18/Febreiro/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ti que es asiduo dos foros de Galicia Bilingüe, como é que non colocas este chamado á abstención alí? Será que che interesa a abstención duns e non dos outros?

Tiña razón aquel que dixo que eras o Maquiavelo de GB.

Erasmo #2 18/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Maragota, ogallá Maquiavelo se presentara ás eleccións galegas!
Alomenos teríamos a alguén disposto a facer o que fora preciso para converter Galicia nun Estado forte e -según dín os entendidos- nunha República de Cidadáns Virtuosos (é dicir de Cidadáns dispostos a rendirlle bos servizos ó ben común da Nación Galega).

Máis aquí non vexo tal cousa, senon a cidadáns dispostos a vender a súa alma ó diaño con tal de pillar un carghiño na República de Papel que nos están a vender nestes días, para ó día seguinte das eleccións facer o que lles pete... a maior Gloria dos Partidos Políticos.

A Cidadanía volverá a estar AUSENTE durante catro anos máis... e supoño que daquela o noso Territorio estará convertido en ruínas!

Sei que non é fácil recoñecer o que temos diante dos ollos, máis algún día teremos que deixar de facerlles o xogo ós que viven de enlear ó persoal para sairse coa súa... Aínda que non o creas GB tirou polo camiño do medio, e grazas a iso chegou ata onde chegou.

Se houbera pactado con Partidos Políticos (confeso que eu mesmo tiven meses atrás a tentación de presentar a GB ás eleccións ou cando menos chegar a acordos electorais con UPyD) seguramente a loita pola Liberdade Lingüística non houbera chegado á Cidadanía.

Do mesmo xeito GNSV está hoxe nas rúas porque a meirande parte dos que conforman os movementos veciñais e alternativos REXEITAN a estas alturas calquera inxerencia dos Partidos Políticos nas súas estratexias e mobilizacións.

Unha cousa é admitir a SOLIDARIEDADE de tódolos que se queiran SUMAR ás reivindicacións da Cidadanía e outra ben distinta deixar cas maquinarias dos Partidos afoguen a vida cotiá das Plataformas Cidadáns.

¿Por que os Partidos non poñen as súas maquinarias ó servizo das reivindicacións da Sociedade Civil que din servir e defender?

Pregúntallo a eles... que de maquivélicos téñenche arreo!

RESISTENCIA!!!

http://www.youtube...

Unha Nación só se pode Construir en Liberdade !!!

Erasmo #3 18/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

RESISTENCIA e algo de Humor, que boa falta nos vai facer a todos!

http://www.youtube.com/watch?v...

mceleiro #4 18/Febreiro/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Uma terra, um povo, uma fala...

Não esqueças a fala, trapalheiro!!

GalizacapitalBraga #5 18/Febreiro/2009 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

1. O típico recurso facilón e protofascista de crítica aos "políticos", aos "partidos", sen analizar as causas dese escamoteo da POLÍTICA.
2. GB é unha troupe non sei se berlanguesca ou torrentesca onde se pode atopar de todo menos reflexión crítica sobre as condicións da vida común. Todos os elementos que coñezo (pertencentes ao ámbito do ensino secundario) salientan pola súa ignorancia e miseria moral. Certamente seria triste ouvilos falar en galego. Mellor que as memeces se deixen para o castelán. Ese é o único bilingüísmo aceptábel.

Erasmo #6 18/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

¿Seica en Braga o teu discurso preciso e de alto contido analítico e moral -universitario sen dúbida- merece o título de Señor Doutor?

Pois fica là... mentres non sexas quen de explicar as traizóns á Vontade do Pobo por parte deses que din defender os Intereses de Galicia...

¿Será a 'Razón de Estado' a resposta totalitaria que propós tí ?

RESISTENCIA e LIBERDADE...!

Erasmo #7 19/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Un pouco máis de HUMOR GALEGO...
http://www.youtube.com/watch?v...

Aviso a navegantes isto non é Propaganda Electoral, máis ben trátase dunha REALIDADE compartida por moitas xentes neste país!

¿E tí recibes subvención?

RESISTENCIA !!!

GalizacapitalBraga #8 19/Febreiro/2009 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

1) Só falo do que coñezo. Se me refiro ao ámbito do ensino secundario é porque eu pertenzo a el.
2) Os títulos déixoos para os que non teñen criterio proprio. En efecto, quen non sabe é comprensíbel que se guíe por pautas institucionalizadas.
3) Sabes que o teu discurso é unha xustaposición oportunista de malos tópicos que non ten crédito algún neste foro. Entón, por qué participas nel? Porque se trata dunha mera campaña de propaganda. Trátase de reiterar ad nauseam os mesmos epítetos, os mesmos sonsonetes. Tudo muito velho.
4) A "Vontade do Povo"... E ti que es, o pitoniso ou o sacerdote?

dixital2 #9 19/Febreiro/2009 dixital2
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Votar en branco é dar carta branca para que fagan o que lles pete (aínda máis do que o fan)! A opción do voto nulo amosa protesta contra todos, pero non é útil. A única opción anti-partidos útil é unha candidatura pola Democracia Directa. Partidos políticos para que? Gobernémonos nós mesmos!

Erasmo #10 20/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Erasmo #11 21/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Hispanico #12 21/Febreiro/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Levas toda a razão, erasmo, tudo é flagrante. Deixémo-nos de falsas pretensões galeguistas, mesas e institutos castelãos e votemos por uma opçom verdadeiramente nacionalista e nom burguesa (a única que pode ser galeguista). A todos os que sintem amor pola nossa terra e nom querem que seja um ninho de políticos vendidos a Madrid e de mantidos a subvenções:

Votemos por NOS upg (ou por ninguem)!

RESISTENCIA! GALIZA CEIBE!

LIBERDADE, LIBERDADE, LIBERDADE!

Erasmo #13 22/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Parece que o electorado galego desperta do seu soño...
http://www.xornal.com/article....

RESISTENCIA !

http://quin.tv/video/a-axencia...

http://quin.tv/video/debate-co...

http://quin.tv/video/queremos-...

Nin falar se pode de todo isto...

Seica agora temos que VOTAR E CALAR !!!

Pois vai ser que NON !!!

GalizacapitalBraga #14 22/Febreiro/2009 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

"Ben sei ó que me expoño por citar aquí a UPyD, mais penso que abrir as portas do Parlamento de Galicia ó sentido común non é ningunha traizón..."
Outro apóstolo do "sentido común". E que é iso, aquilo ao que estás acostumado? Ti e as túas intervencións fanme lembrar aquilo de "más feliz que un tonto con una tiza". Pois nada, segue a te "explayar" e a nos ilumínar, alma bendita.

Erasmo #15 23/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Pois seguirei a iluminar a cantos queiran pensar no que temos diante dos ollos dende fai xa tempo e tempo...

A frustración dos filólogos NON é o sentir do pobo... e coma esto outras moitos cousas...

http://www.vieiros.com/nova/72...

Os galegos nin somos MANSOS nin o queremos SER...!

RESISTENCIA E LIBERDADE para vivir coma GALEGOS !!!

Erasmo #16 25/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seica a solución máxica para tódolos problemas é criar un CONSORCIO

http://www.vieiros.com/nova/72...

CONSORCIO = Outro chiringuito
Instito Castelao no Exterior = Outro chiringuito
Seguimos...?

Erasmo #17 2/Marzo/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

REFLEXIÓN NA NOITE DO 2 DE MARZO (ELECCIÓNS 2009)

Supoño que aprenderemos que AMAR A GALICIA non consiste en Gobernala Por Decreto...

Hoxe cómpre reflexionar sobre as moitas 'bravatas' que se dixeron nestes tres anos gratuitamente. ¿Serviron para algo?

Unha Nación NON se constrúe contra ninguén... Unha Nación constrúese en Liberdade e cómpren TODOS OS GALEGOS ninguén está de máis nesta Terra!

Hoxe coma sempre debemos ESCOITAR á Cidadanía Galega:

Goberne quen goberne Galiza NON se Vende!

Unha Lingua NON se fala por Decreto!

GALICIA SOMOS TODOS !!!

Erasmo #18 2/Marzo/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

RESULTADOS ELECTORAIS 2009

= 27.698 Votos Branco = A Cuarta Forza Electoral de Galicia ?

= 23.388 Votos UPyD = O Cuarto Partido Político en Galicia ?

= 14.480 Votos Nulos = Fartos de Mentiras en Galicia ?

Cómpre facer unha análise coidadosa destes RESULTADOS... ¿ou non?

sozinho #19 3/Marzo/2009 sozinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Os votos nulos duplicáronse, os en branco medraron en 7 mil, e un partido pouco máis votado que Terra Galega e EU-IU, obtivo uns 2000 votos máis que o conxunto dos partidos sen representación en 2005. Decenas de miles de votos de PSdeG e BNG tirados á furna coma se fose unha papeleira.

sozinho #20 3/Marzo/2009 sozinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Perdón: "tirados á urna coma se fose unha papeleira"

Erasmo #21 3/Marzo/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Por que 27.743 cidadáns Votan en Branco?

Cal é a causa que leva á Cidadanía a 'tirar' o seu voto dun xeito consciente -aínda que cicais non responsable- deixando en Silencio a que sería -sen dúbida- a Cuarta Forza Electoral do país?

¿Acaso serán as políticas 'partitocráticas' as responsables?

mceleiro #22 3/Marzo/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por acaso será por deixar a política linguística nas mãos de Erasmos?
Talvez por não fazer em 4 anos as galegoescolas?
Será, se calhar, por não caminhar para um modelo de ensino similar ao Basco ou Catalão?

Vai lamber o olho do cú do Feijoo com a tua língua bilíngua e deixa de amolar.

Erasmo #23 3/Marzo/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Boa analise da situación... e moi escasa Educación Cívica. Grazas.

mundil #24 3/Marzo/2009 mundil
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Tes un problema coa colocación dos pronomes. Creo que a túa sabia nai non che falaba galego.

Erasmo #25 3/Marzo/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Seica falábame en ETRUSCO...

Sempre ten que haber un filólogo disposto a resolver os problemas do mundo coa GRAMÁTICA...!

Morran os Códigos...!

Erasmo #26 4/Marzo/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Neste Mapa temos unha imaxe fixa que pretende explicar o inexplicable... Porén as cousas nunca son tan sinxelas.

http://www.vieiros.com/nova/72...

Erasmo #27 4/Marzo/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Resultados Escrutado o 100% (supoño que aínda faltan os CERA)?

http://resultadoseleccions.xun...

Erasmo #28 20/Marzo/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

= RESULTADOS DEFINITIVOS ELECCIÓNS 1 MARZO 2009 =

É lamentable como os votos CERA modifican os resultados dunha Participación Histórica do 70% (reducíndoa ó 64,4% e adxudicando un escano máis ó PSOE por Ourense o número 25!)

http://resultadoseleccions.xun...

Saúde!

Erasmo #29 10/Maio/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Hoxe temos outra 'importante' votación.

http://www.xornal.com/artigo/2...

Esta vez seica está en xogo o Futuro do BNG e polo tanto disque está en xogo o futuro de Galicia.

Eu quixera saber se alguén ten intención de votar as DEVOLUCIÓNS dos Complementos Dinerarios dos Altos Cargos (ou se xa queda todo esquecido coa desfeita electoral) e, xa de paso, quixera saber, tamén, se algún día o BNG asumiría o 'Complemento Lingüístico Galego' entre as súas estratexias de Política Lingüística ou se prefiren manter a estratexia da Confrontación Lingüística que tan bos réditos electorais está a dar en Belxica...?

http://es.euronews.net/2009/05...

Por un futuro con intelixencia...!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A cantos sinten Amor pola Terra !