Logo da reaccionaria web "Tan gallego como el gallego", xurde a páxina "Tan gallego como el gazpacho" coa intención de "demostrar que los gallegos somos españoles como los que más".
E seguen dicindo: "En Tan gallego como el gazpacho estamos dispuestos a permitir que quienes así lo decidan puedan hablar el gallego, pero nunca a que nuestros hijos tengan que escucharlo en las escuelas, en la tele... ni tampoco que empleados públicos pagados por todos se nos dirigan en gallego con esa naturalidad pasmosa."
Obviamente este blog ten que ser por forza unha parodia da web (que sí é un asunto moi serio!)...
Preocúpame (e anóxame!) que este tipo de iniciativas teñan máis apoios (aínda que sexan moitos duplicados e falsos) que iniciativas tipo .gal e similares (10.000 nuns días fronte a poucas máis de 6.000).
Será como dí noutra nova do vieiros a pouca mobilización dos xoves e, en xeral, das esquerdas...
(Tamén hai que ter moi en conta o apoio das dereitas (a extrema e as "extremérrimas"...)do resto do estado...)
Esta web debelle encantar á Presienta do Parlamento. Mesmo parece que foi ela a que incitou a súa creacióm.
Eu creo que o de "Tangallegocomoelgallego" merece algún chiste, algunha parodia, pero si fás unha páxina paralela ( e os de Vieiros promocionádela), estáslle dando máis publicidade e importancia que crítica.E ademáis, facendo unha páxina enteira en castelán, por moi paródico que sexa.A cousa dá para o que dá, pero non para tanto chiste repetitivo, coido.
Suponho que nom visitachedes a página de tangallegocomoelgazpacho. Asseguro-vos que nom é umha paródia, nem muito menos, contém ligaçons do mais significativo. A mais grave, das que conheço, com Democracia Nacional,fato espanholista de carácter fascitizante.
Non é unha parodia é unha parida duns malparidos.
Unha parodia é a película de Airbag co lendakari negro e o presidente da Xunta pederasta...
A ver, Foz e compañía:"Tangallegocomoelgazpacho" pretende ser unha parodia de "Tangallegocomoelgallego" (http://www.tangallegocomoelgal..., pero de tan paródica acaban semellando unha auténtica páxina facha, por eso dicía eu que hai cousas que merecen un chiste e ponto, pero si te pasas tanto semella que as estás amplificando, e tanto esforzo españolizante, máis que ter gracia, acaba por dar que pensar.
Non podes facer unha parodia que supere ao orixinal.Acaba por non ter ningunha gracia.