Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Os sachadores branquiazuis ou as tropas futboleiras de Breogán?

Os xogadores da selección camerunesa son coñecidos como "Os leóns indomábeis", un nome máis que épico para os rivais de Galiza. Mais, como deberiamos chamarlle nós á nosa selección? Ponlle ti o nome!

Os veciños portugueses son “Os lusitanos”; os considerados mellores do mundo, os brasileiros son “A Canarinha”; os españois empéñanse en meter polo medio o “Ñ” en todas as súas seleccións… daquela, nós que somos? (ou que queremos ser?)

Vieiros convídate a poñerlle nome á selección. Poden ser, tirando xa do tópico máis tópico, “Os percebeiros do balón”, “Os sachadores branquiazuis” (indo terra adentro podemos seguir con “A malladora branquiazul” ou “A grade mecánica”); ou, nomes máis poéticos, como “O orballo blanquiazul”, ou "Os Breoganios", "Os arroutados" e "Castaña-power"… Non chos imos dar todos, pensa o teu!

Enviada por redaccion redaccion o 10/12/2007 12:15 ás 2395 visitas

Comentarios (93)

Brais #1 10/Decembro/2007 Brais

A min gústame "A grade mecánica". Aínda que tamén propoño outro nome: "Os lóstregos".

esquio #2 10/Decembro/2007 esquio

En breve: os franxados
Comnpleto: a retovatadora franxada

llorllidan #3 10/Decembro/2007 llorllidan

"Os carallos"

arkanxo #4 10/Decembro/2007 arkanxo

Ningun dos dous mola moito, pero kédome ko de tropas de BReogan!

Orlando #5 10/Decembro/2007 Orlando

Voto polas cousas mecánicas... As Desbrozadoras do Norte, ou unha cousa así do estilo. Que aínda que este non mola moito, algún outro debe haber!

XurxoMG #6 10/Decembro/2007 XurxoMG

Na onda do Bravú, tropas de Breogán!

serbia #7 10/Decembro/2007 serbia

sachadores da lama
choiva ácida
desbrozadoras mecánicas
a pataca mecánica
o grelo mecánico
...

branhas #8 10/Decembro/2007 branhas

o da "pataca mecánica" é xenial!

tunhito #9 10/Decembro/2007 tunhito

Os Pataca pelotas.

Tonecha #10 10/Decembro/2007 Tonecha

Os pataca pelotas a min mólame!!! (tamén porque non dou pensado outro!) e logo as mulleres, tamén se van chamar asinnn? ou nelas ninguén pensa?

xacataca #11 10/Decembro/2007 xacataca

Non é moi orixinal, de feito XurxoMG xa o apuntaba, mais se lle chamasemos simplemente "Selección Bravú", "A Bravú".

E dá moito xogo poderíase falar dun defensa bravú, dun estilo de xogo bravú, dunhos siareiros ou siareiras bravús ...

E tamén sería unha bonita homenaxe ao Rock Bravú que tanto tirou por termos unha selección.

"A BRAVÚ" é a miña elección.

fouze #12 10/Decembro/2007 fouze

"Os galaicos" por dizer algo. (ainda que nom sei por que soame a orquestra, jajaja)

diego83 #13 10/Decembro/2007 diego83

Eu o dos sachadores non o teño claro, porque pareceria que somos uns patans que so saben repartir ostias e non e o caso, os xogadores galegos soen ser moi tecnicos.

bravu tampouco me gusta porque parecería que fedemos o bravú como os carneiros e os xabarils

o máis simpático é O GRELO MECÁNICO, gústame

fouze #14 10/Decembro/2007 fouze

Pensso que ten que ser um nome mas bem serio , nom tamos a falar dunha caralhada, tamos a falar da "SELECION GALEGA"

Andre #15 11/Decembro/2007 Andre

Eu apoia o grelo mecánico pra os futuros campións do mundo

Gaviotero #16 11/Decembro/2007 Gaviotero

Selección autonómica-folclórica de Navidad

Gaviotero #17 11/Decembro/2007 Gaviotero

Combinado autonómico para nacis irredentos

breogain #18 11/Decembro/2007 breogain

claramente as tropas de Breogán .....!!!!

ANGR #19 11/Decembro/2007 ANGR

A pataca mecánica é definitivo.

roixordo #20 11/Decembro/2007 roixordo

polo deseño da camisola, sen dúbida "a orballada"

Anxo #21 11/Decembro/2007 Anxo

"Os fouciños" do campo

Anxo #22 11/Decembro/2007 Anxo

E a feminina "As fouciñas" do campo

BonKarallan #23 11/Decembro/2007 BonKarallan

Staua de fonteCelta

spider #24 11/Decembro/2007 spider

Se o porco é o animal do país... boh! é broma! Non sei, algún haberá.

P.D:
'Naci' serás ti mala prea... vai insultar nos teus fanzines!!!

BonKarallan #25 11/Decembro/2007 BonKarallan

E a feminina "Meigas fora"

Ivoninho #26 11/Decembro/2007 Ivoninho

Claramente "As tropas de Breogão"

Estas são,
aqui estão,
as tropas de Breogão!

Barcelos #27 11/Decembro/2007 Barcelos

"Os botafumeiros"

xacataca #28 11/Decembro/2007 xacataca

Ou algo así que impresione, que meta medo:

Que sei eu, "Os quintanistas", por exemplo.

xoselois73 #29 11/Decembro/2007 xoselois73

A min o que máis me gustaría sería o de "O Caldo Galego"... e que cada un interprete por "Caldo" o que queira: o de berzas, o de grelos, o bó viño,... :-D

O de "As Tropas de Breogán" tamén sería bó.

Barcelos #30 11/Decembro/2007 Barcelos

O Krayo Galiciano

BonKarallan #31 11/Decembro/2007 BonKarallan

Xa será

o Krallo Galizano

moito mellor.

JES #32 11/Decembro/2007 JES

¿branquiazuis? ¿blanquiazul? ¿Puxeches os anteollos?
Eu a miro a remiro e a volvo a mirar e a sigo vendo
BLANQUICELESTE ! ! !
A cores de Galicia, da nosa bandera e da nosa selección
é o blanquiceleste.
Que sexan tamén as cores do Celta de Vigo non é unha casualidade,
no seu momento tomouse a decisión de vestir as cores de Galicia.

JES #33 11/Decembro/2007 JES

A min góstame o de "orballo blanquiceleste" ;-)

rober #34 11/Decembro/2007 rober

OS SACA-UNTOS

rober #35 11/Decembro/2007 rober

... cando xoguen contra a espanhola

Xeonllo #36 11/Decembro/2007 Xeonllo

Eu propoño algo tan pondaliano como NAZÓN DE BREOGÁN ou OS FILLOS DE BREOGÁN ou, noutro caso, OS GALLAECIA BOYS ou os GALEGOS INDOMABLES.

Xeonllo #37 11/Decembro/2007 Xeonllo

Ou tal vez, OS INDOMABLES GALLAECI

Colazo #38 11/Decembro/2007 Colazo

non me gosta o rollo militarista, aínda así no Leabhar Ghabhála Érenn emprégase ese termo, "tropas"?, senón é este, cales?
Eu preferiría "A Selección Barda", o fútbol que herda a resistencia d@s nos@s labreg@s, a bravura d@s nos@s mariñeir@s e a beleza-técnica da nosa muiñeira. Loitadores e poetas, coma o noso idioma.

Bardo-do-vinho #39 11/Decembro/2007 Bardo-do-vinho

OS "PERCEVES DO NORDÉS" e habia que buscarlle un nome chulo as xogadoras tal vez as "CAPADORAS" ou algo bruto que senon queda moi cursi.

Por certo haber se cambian dunha vez a camiseta que esta e feucha a máis non poder, parece feita con cartóns de leite. Por que non fixeron só unha franxa azul como na camiseta do Dínamo de Kiev?

xacataca #40 11/Decembro/2007 xacataca

"OS IRREDUCTÍBEIS" (veume a idea a raíz da proposta de Xeonllo)

bertus #41 11/Decembro/2007 bertus

A MALLADORA CELESTE ou A DEFINICIÓN DE FOUCES ESGUÍAS (isto prá dianteira)

novaGZ #42 11/Decembro/2007 novaGZ

Os Bravús, Tropas de Breogam, Os Porcos Bravos, Os 11 do Grelo, Orvalhada Branco-azul, Carvalhos mecânicos, Demos celestes...

piscus #43 11/Decembro/2007 piscus

OS BECERROS DO LEITE, OS AMIGOS DA CARBALLEIRA,

ajfb666 #44 11/Decembro/2007 ajfb666

Estas son.
Aqui estan.
As tropas de Breogan...

A min tampouco me gustan os motivos militares pero hai que admitir que soa ben...

serbia #45 12/Decembro/2007 serbia

O de tropa, nun deporte...
mellor "grei de Breogán" ou "armentío de Breogan" ou se queremos seguir o Leabhar Ghabhála Érenn "os lóstregos de Breogán"...
con todo eu prefiro referencías tipo "os saca-untos"...

spider #46 12/Decembro/2007 spider

Os cotovelos, os nubeiros, os castróns (habitantes dos castros :-)), os fendetestas, os escachapiollos, os vacalouras, os avelaíños (esta é puteo), os lucecús, os besbellos, os (cans) palleiráns, .... eu penso que habería que identificalos cun animal que un costume estendido en tódalas culturas.

tunhito #47 12/Decembro/2007 tunhito

Se chamen como se chamen, eu non penso ir a velos, xa son demasiados furabolos deportistas a chupar do bote. Pagados cos cartos da nosa pobre economía, cada ves menos servizos publicos pero mais postureo mediatico. E mentres eu illado do pais na Guarda porque e mais importante o do valon que o vial de alta capacidade.

Fagamos pais con pico e pala.

tunhito #48 12/Decembro/2007 tunhito

A e xa me esquecia, tantos anos de fragismo agardando pola redención da nosa identidade para que so nos dean unha caca seleción.
A redención da nosa patria esta nas nosas mans e no nosos pantalóns, non e catro mantas xogando o valon.

xacataca #49 12/Decembro/2007 xacataca

#47 e #48
Concordo tunhito. Mais tamén son importantes os símbolos.

E a Selección Galega, máis alá dos millonarios e o cacho de coiro, é un dos máis grandes. (Se non de que, tanto interese por parte do Estado español para que non sexa oficial mais que a súa).

#46
Calquera animal me vale ... sempre que sexa "Bravú".

galeguzo #50 12/Decembro/2007 galeguzo

Pois eu chamo-a de GALIZA :D

Gaviotero também me inspirou para outro nome: "as lavercas branquiazuis" ou "as lavercas franjadas" :D

galeguzo #51 12/Decembro/2007 galeguzo

E com franjas, "franjinhos" e "franjinhas" ;)

condedecotobade #52 13/Decembro/2007 condedecotobade

Gosto moito diso da "orballada". É realmente máxico.

Cachaldora #53 13/Decembro/2007 Cachaldora

As Tropas de Breogán
Marela´s Team (eu avogo por esta)
Os Ourizo-Cacho
Carraxe Power
Mar de Fondo
Santa Compaña
Imperio Celta
Arriba e Alá Vou
O Esconxuro das Meigas

Cachaldora #54 13/Decembro/2007 Cachaldora

Meigas Fóra
Lume Celta
Arroutada Xabarín (esta tamén me gusta moito)
Os Escornabois
A Costa da Morte

luisfilipe #55 13/Decembro/2007 luisfilipe

os santiagos
os vieiras
os calaicos ( como no tempo dos romanos)

BonKarallan #56 13/Decembro/2007 BonKarallan

"Ondiñas veñen"

maceirax #57 14/Decembro/2007 maceirax

Por unha vez estou dacordo co (primeiro) comentario do Ghavioteiro cheirento (o segundo paréceme miserábel). Xa está ben de selección do nadal. Queremos unha selección nacional de verdade, nas competicións internacionais. Dado un paso, vai outro detrás. Viva Galiza e o deporte galego!

JohnLocke #58 14/Decembro/2007 JohnLocke

Os Irmandinhos!

Anxo #59 14/Decembro/2007 Anxo

Os Toxos, asi serían os Toxos do Campo de Futbol.
Os Biosbardos
A orballeira (con esa camisola que parece choiva)
A Carballeira (composta por once carballos)

roixordo #60 14/Decembro/2007 roixordo

concordo co nome de "a orballeira" (moi semellante a "a orballada" que propuxen eu; tamén gosto de "os irmandiños"

ranholas #61 14/Decembro/2007 ranholas

Orballeira!esa está ben,ou senon tropas de Breogán
....Se Galiza fose un estado...
....non estariamos en Vigo no Nadal...
....estariamos todos aforrando...
.... pra ir a Austria a unha fase final...

Xeonllo #62 14/Decembro/2007 Xeonllo

O dos irmandiños tamén está ben, mais eu diría algo máis, como OS FURARREDES IRMANDIÑOS. Tamén, OS FURARREDES GALAICOS ou OS FURARREDES DE BREOGÁN. Hai moitas posibilidades, pero agora isto dos "furarredes" está a gustarme.

Gaias #63 14/Decembro/2007 Gaias

tropas de Breogán!

BonKarallan #64 14/Decembro/2007 BonKarallan

Os celtas sen filtro
os garabullos
os cotobelos

e pra rematar o mellor:
"Galiza Ceibe" ou "Nazón de Breogán"

BonKarallan #65 14/Decembro/2007 BonKarallan

As cores:

"A celeste" ou "a celestiña"

carloscmgb #66 14/Decembro/2007 carloscmgb

Non sei como non o dixeron antes do comentario 58 ; o mellor nome que se lle pode dar á selección é o de IRMANDIÑOS ( penso que ningún lle acae tan ben ).

guillerme #67 14/Decembro/2007 guillerme

Tropas de Breogán

galegodosul #68 15/Decembro/2007 galegodosul

"Soldados de Santiago" ou "Rianxeiros".

norberto #69 15/Decembro/2007 norberto

Poñedesmo dificil xa que me gustan case todos,pero o dos Irmandinhos é moi bo.
Que tal "Ó TREBÓN IRMANDIÑO"?

fouze #70 15/Decembro/2007 fouze

"LOSTREGOS" Tambem fica bonito

Boedense #71 15/Decembro/2007 Boedense

Eu proporía a ORBALLADA CELTA polo xeito de actuar da chuvia miúda. Semella que é inofensiva e que non molla pero cando te dás de conta acabas totalmente mollado coa chuvia penetrando nos ósos.

Inclúo o adxectivo CELTA por referencias pondalianas e polo misticismo que acompañou a este pobo no evoluír da nosa historia.

P. S: Gústanme as denominacións propostas de LUME CELTA, TROPAS DE BREOGÁN e NACIÓN DE BREOGÁN. Un saudiño e bo nadal a tódolos presentes.

luimipi #72 15/Decembro/2007 luimipi

LUME CELTA paréceme a mellor!!!...o de tropas de Breogán ou Nazón ...etc, está ben...pero ...cheira a "refrito"...

Orballada Celta?, curioso.!, pero gústamen máis LUME CELTA!!!!

xD

pedreira #73 15/Decembro/2007 pedreira

tropas de breogán

frebaster #74 16/Decembro/2007 frebaster

A Panorama

Dias #75 17/Decembro/2007 Dias

Nom vou muito com a ideia de tropas, pois parece-me militar de mais para um desporto. Ademais nom estamos a falar de um grupo de siareiros mas sim de umha equipa de futebol.

Algo como "Filhos de Breógam", parece-me bem. Qualquer cousa Breógam, mas não alusons militares.

Filhos de Breógam. Que vos parece?

Rexurdido #76 17/Decembro/2007 Rexurdido

Roio !

"Os 11 filhos do Breogám"

Non! eu quero algo que nos represente mellor :

"Os Cobradores de subvencións"
ou
" Pulpo , gaitas e festa"

cockydaponte #77 18/Decembro/2007 cockydaponte

Eu estou de acordo co nome de IRMANDINHOS. É perfecto.

masarica #78 18/Decembro/2007 masarica

encántanme OS IRMANDIÑOS ou TROPAS DE BREOGÁN!! moi bos

occy #79 18/Decembro/2007 occy

IRMANDINHOS!!!

TROPELEIRO #80 18/Decembro/2007 TROPELEIRO

O de IRMANDIHOS é perfecto.

TROPELEIRO #81 18/Decembro/2007 TROPELEIRO

No comentario de antes faltoume o "N". IRMANDINHOS

Higinio #82 18/Decembro/2007 Higinio

os que volven a casa polo Nadal/ os da camiseta fea/ os do país no que antes chovía

Higinio #83 18/Decembro/2007 Higinio

Os que é como non telos/ os "quero-e-non-podo"

Higinio #84 18/Decembro/2007 Higinio

Os "xuntos podemos" (non se sabe qué)...

Higinio #85 18/Decembro/2007 Higinio

The gaitas army/ os postos polo Concello

lunet #86 18/Decembro/2007 lunet

Despois de 85 mensaxes, penso que o xeito de kedar todos contentos é co nome:

"Selección galega de futbol, que podería ter outro nome máis currado, pero como a cada un dos galegos molalle un mote distinto e todos estamos dacordo en que o importante é gañar partidos e participar en competicións oficiais deixamolo así e punto"

Higinio #87 18/Decembro/2007 Higinio

Ou tamén se pode disolver, e punto...

Higinio #88 18/Decembro/2007 Higinio

Despois de 88 comentarios.

Maeloc-do-Rouco #89 19/Decembro/2007 Maeloc-do-Rouco

AVANTE IRMANDINHOS!!!

Maeloc-do-Rouco #90 19/Decembro/2007 Maeloc-do-Rouco

IRMANDINHOS

Maeloc-do-Rouco #91 19/Decembro/2007 Maeloc-do-Rouco

IRMANDINHOS E IRMANDINHAS

Maeloc-do-Rouco #92 19/Decembro/2007 Maeloc-do-Rouco

JA SEI QUE NOM HA VALER,MAIS VELAI VAI OUTRA VEZ: IRMANDINHAS E IRMANDINHOS

zepequeno #93 20/Decembro/2007 zepequeno

Eu preferia algo com um forte significado de fondo e nom plagiar outros nomes. Tanto Brasil como Holanda devem o seu nome às cores da camisola. O desenho da nossa pode dar para moito mas eu gosto do de Irmandinhos e Irmandinhas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: