Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


.gal ou .gz?

Edición xestionada por ti
RSS de .gal ou .gz?

.gal ou .gz?

Na actualidade, o dominio .gal é o que ten máis posibilidades de materializar un dominio para a Galiza.. porén hai voces que propoñen o .gz.. Cal é a vosa opinión? Por que hai estas dúas opcións? Algún día acadaremos algún dos dous?

Enviada por pedreira pedreira o 15/12/2007 20:01 ás 519 visitas

Comentarios (5)

pedreira #1 15/Decembro/2007 pedreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu penso que xa que estamos deberíamos apostar forte polo .gal xa que agora mesmo é o que ten máis opcións e a ICANN non está pola labor de entrar en cousas que poidan ter que ver coa política. Aínda que penso que é totalmente lexítimo pensar nun .gz. En Cataluña fixeron o .cat e agora tamén queren un .ct.. iso sí que non o entendo

herculino #2 4/Xaneiro/2008 herculino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O .gal está ao alcance a curto prazo. Hai que facer forza por aí.

Xarope #3 28/Xaneiro/2008 Xarope
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O .gz de naçom.

Para que perder o tempo em estações intermédias ??

xakobe #4 1/Marzo/2008 xakobe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O .Gal vale para ambas denominacións.

E preferiría o .GZ, pero estas cousas hai que poñelas dende o principio. Non se pode deixar que outros fagan o traballo e despois querer impor matizacións...

Aunemos esforzos e cando se pode conseguir poco ou nada, consigamos pouco xa que o importante é ter un dominio en galego.

BonKarallan #5 1/Marzo/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

G

Muller.G é o máis erótico que se descubriu recentemente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: