Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


As incongruencias do BNG

Edición xestionada por ti
RSS de As incongruencias do BNG

As incongruencias do BNG

O dia 24.I.08 escoitando o programa da Radio Galega ,,A Crónica" fiquei absolutamente atónito tras introducir o locutor do programa a cuña do BNG onde Anxo Quintana dicia ,,Nós temos un estilo proprio fronte ós problemas, non somos tremendistas como o PP nin miramos para outro lado como o PSOE".
Tino Santiago intentaba q os contertulios (un do psoe, outra do pp e o polo bloque o sr Xesús Vega) debatiran sobre as liñas q levaban a cabo as Consellarias do Bloque para paliar a actual desaceleración económica.

Pois como dixen fiquei absolutamente abraiado ante a reacción do sr Vega, mais ben ante a sua non-reacción. Ficou totalmente calado mentres a representante do PP se vanagloriaba da herencia deixada polo governo Aznar e se preguntaba para q facer 4000 vivendas de protección oficial en Galiza, q seguro q non habia tanta demanda.
Isto non teria tanta importancia se non tivesen introducido a cuña publicitaria do Rexistro único de vivenda protexida da Consellaria de Vivenda 5 minutos antes, e mesmo acaban de dar a noticia de q xa habia 10000 inscritos en oito meses de vida do rexistro.
O sr. Vega continuaba calado, non dixo absolutamente nada das políticas do bloque e os dous contertulios levaron a conversa cara outras cuestións.

A PREGUNTA É: a que vai ese sr aos faladoiros da radio? Non foi polas listas do bng ás eleccións europeas no 99? Este sr é realmente do bloque?

Antes o BNG queixábase q non tiña acceso aos medios para expor as suas propostas e políticas, e agora q o ten desaprovéitaas desta forma.
Temos enton o q nos merecemos? A resposta está clara.

Enviada por Tino Tino o 24/01/2008 11:28 ás 482 visitas

Comentarios (5)

barrequebarre #1 25/Xaneiro/2008 barrequebarre
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Supoño que se tratará dun caso excepcional ou de que o BNG non está acostumbrado ainda ós medios. Pero de todas formas, Xesús Vega é unha das mellores cabezas que ten o bloque.

FROUXEIRA #2 2/Febreiro/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con barrequetebarre en que Xesús Vega ten a cabeza ben amoblada.
Outra cousa son os debates públicos, coido que o BNG non medios non sabe vender o que fai, xa semella un mal endogámico.
Tamén e moi certo que hai xente que non vale para ser candidato por falta de preparación política e si para cabeza de cartel ou nunha lista, así como todo o contrario.
Coido que o BNG, ou ben non sabe quen leva nas listas, ou non ten quen o represente e colle o que haxa.Está nunha situación que hai moito arribista e medrador, non sei cales son peores; o que si sei e que no meu concello perderon 500, si 500 votos e 2 concelleiros quedándose con 1, neste caso coido por manter un cargo.
Eu dende logo inda non estou recuperado desta barbarie, pareceme que perdin moitos anos da miña vida dedicándollos o nacionalismo de esquerdas, a min xa nada me sorprende.

Tino #3 4/Febreiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non concondo contigo Frouxeira.
Os partidos políticos son un reflexo da sociedade; esas características q lle supós aos partidos políticos vense en todas as facetas da sociedade: clubes deportivos, sociedades diferentes, asociacións de calkera tipo, mesmo empresas, etc.
Non podemos pretender q os partidos políticos sexan algo excepcional. Si podemos tratar de melloralos como talvez fagamos nós mesmos dia a dia, e o q nos arrodea.

sanfelipe #4 5/Febreiro/2008 sanfelipe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa que falades de incongruencias:
Un edil de Neda dimite ao considerar que o BNG ataca a Israel
Abel García, que tamén se dará de baixa como militante, afirma que os dirixentes "odian o pobo xudeu".

FROUXEIRA #5 13/Febreiro/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non estou en desacordo contigo TINO, mais penso que o BNG en especial ten que ter un maior enfase en buscar quen o represente.
Mandoche unha perla dunha candidata ao Parlamento de Madrid que mesmo era para saír do mitin : Galiza e unha Autonomía.
Tremendo ou non?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: