O povo hespanhol demostrou que pode votar qualquer cousa. Hoje também
Si, como o chikichiki XD
A democracia non é mala, pero cando o pobo déixase manipular ata poden votar o chikichiki. Estalles ben por ir a festivais charramangueiros. Mellor facer o ridículo con unha boa carallada que mandar cousas sagradas como Milladoiro, Luar na lubre... é que che fagan un burato na puntuación.
Como di o Woyming no Intermedio, "votades só para facer dano".
É que somos uns cabronazos...
é menos mal que o BNG conserva os seus dous diputados. Pero supoño que non é para tirar foguetes. Hai que ter paciencia e sementar. Somos corredores de fondo é non hai présa.
O BNG saca dous deputados PORQUE LLE SAE DO CARALLO SACAR DOUS DEPUTADOS. De mandar a Beiras pola Coruña e a Camilo Nogueira por Pontevedra, o conto cambiaría moito.
Pode que Beiras e Nogueira sexan algo que sobra no partido, pero Galiza necesítaos. E parece que os únicos que non se dan de conta son os do propio Be ene ga.