Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Letras 2008, e ti a quen propós?

Edición xestionada por ti
RSS de Letras 2008, e ti a quen propós?

Letras 2008, e ti a quen propós?

Xohán Xesús González, Lois Pereiro, Xosé María Álvarez Blázquez, Fiz Vergara Vilariño ou Eusebio Lorenzo Baleirón, son algúns dos nomes que escoitamos nos últimos tempos.

Enviada por redaccion redaccion o 28/06/2007 11:26 ás 800 visitas

Comentarios (10)

todotroll #1 28/Xuño/2007 todotroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claramente, eu propoño a Manuel Fraga

todotroll #2 28/Xuño/2007 todotroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esqeucía, para o "Día das Letras" a Manuel Fraga, e para o "Día da Letra" a Francisco Vázquez.

herculino #3 28/Xuño/2007 herculino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso que Manuel María ben o merece

Kandpalleiro #4 28/Xuño/2007 Kandpalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu tamén coido que Manuel María é un bó candidato.

Neo #5 28/Xuño/2007 Neo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Proponho Ricardo Carvalho Calero ou Manuel Maria.

esquio #6 28/Xuño/2007 esquio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min tamén me parece ben Manuel María, pero creo que se debera intentar atopar outra muller. Houboche ben poucas entre as homenaxeadas. Tamén sería interesante atopar alguén das zonas do galego exterior, para intentar criar conciencia no pais sobre a nosa lingua nesas zonas.A esta altura, o día das Letras debería valer para iso, para poder facer avanzar aspectos concretos a nivel de normalizaciíon e non pensar só na importancia, repito, non só, da persoa

Xiurisma #7 28/Xuño/2007 Xiurisma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

FILOMENA DATO MURUAIS.
Información sobre ela tirada da Galipedia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/F...
Filomena Dato Muruais naceu en Ourense no ano 1856. Pouco ou case nada sabemos da súa vida, e a maior parte dos seus datos biográficos están relacionados co seu labor social e/ ou cultural. Sabemos que colaborou con composicións poéticas en xornais como El Heraldo Gallego, Galicia Recreativa ou o Album Literario. Sabemos, igualmente, que participou do movemento literario que iniciara Valentín Lamas Carvajal en Barbaña. En 1906, foi nomeada membro correspondente da Academia Galega.
Filomena Dato Muruais foi unha fervente feminista, en sintonía con Rosalía de Castro. De feito, estas dúas poetas son as mellores representantes da lírica feminista do século XIX, nun momento no que o machismo era a ideoloxía dominante non só entre a xente sen formación cultural, senón tamén entre a intelectualidade, posto que preguntas como se as mulleres tiñan alma, ou se tiñan conciencia e remorsos, ou se eran as portadoras do pecado por herdanza de Eva,... eran comúns nos debates sociais (e incluso filosóficos) desta altura. E é que adversidade na que crearon escritoras como Filomena Dato Muruais, Rosalía de Castro ou Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero) dota aínda de maior valor a súa produción literaria.
Toda esta reivindicación feminista da que vimos falando está presente en Follatos (1891), o seu único libro en lingua galega.
Filomena Dato Muruais finalizou os seus días na cidade da Coruña, o 27 de Febreiro de 1926.

cdrc #8 1/Xullo/2007 cdrc
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Carvalho Calero, sem dúvida.

Pero penso que adicar o Dia das Letras Galegas a um reitegracionista suporia para governantes e "autoridades" reconhecer ao menos que existe umha norma ortográfica distinta da oficial e que há gente que a defendeu e defende como a legítima na Galiza. Isto é, gerar debate. E isso parez que, depois do da "normativa da concórdia", nom interessa.

Saúde!

manuelcerv #9 22/Novembro/2007 manuelcerv
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Párece a min que Manuel María aínda nom cumpriu cabodanos suficientes para poderen ser candida ao DLG. Carvalho Calero indudabelmente.

piscus #10 30/Decembro/2007 piscus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso en Fiz Vergara Vilariño, esperando que en Sarria e comarca, non pasa tan esquecido como o ano de F.Martin Sarmiento,Vergara Vilariño e de Louzara,no concello de Samos, e a nai de Martin Sarmiento e da aldea de Perros,no concello de Sarria,donde inda queda a casa-pazo,e recordos do monxe erudito.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:






Locais:
GZ-Sete