0 comentarios | por
ontoria1
Leia atónito o manifesto asinado por cidadáns de Ferrol instando a conformación dun goberno de progreso
A que se refiren?
Para Vostedes o progreso que é?
O arrogante depositario de bastón de mando da cidade
O Eurolatra que toma do erario publica prestacións economicas de dubidosa moralidade.
O partido politico que ten condenada á comarca á dejacion e o abandono.
O autor material da situación de ASTANO.
Pois a verdade, creo que os asinantes do referido manifesto poderían ter ideas máis lúcidas, ............. neste caso lucíronse
Goberno de progreso, líbrenos DEUS...........se o que hai que asinar é a petición de dimisión poden contar comigo.
0 comentarios | por
perea
Hola amics/amigues
durante la próxima semana un grupo de amigos catalanes pasaremos las vacaciones en santiago y zonas rurales próximas. Si nos podéis recomendar alojamiento, dónde comer y que sitios del galleguismo visitar o actividades culturales/ocio os lo agradeceremos.
Un saludo
Joan
0 comentarios | por
venhosendoeu
Se están a constituir estes días os grupos de desenvolvemento rural (GDR) que xestionarán os que probablemente sexan os últimos fondos leader que recibirá Galicia. Ante esto, calquera cun mínimo de responsabilidade pensaría que o xermolo do que agora se inicia, se debe realizar con escrupuloso sentido do ben común, pois será a última inxección de fondos extras para tratar de reanimar a este noso territorio.
Os alcaldes desta bendita terra así o cren e non paran de redoblar esforzos para que a súa participación se faga palpable e para que as asociacións que eles coñecen pasen a formar parte do grupo que lles corresponde, este “extenuado esforzo” se lles “agradece”, pero estaría ben que tiveran en conta o seguinte:
-O desenvolvemento local só é posible cando existe unha sociedade civil forte e independiente do poder político ( que non é o mesmo que sin ideoloxía; queda para outra xornada este tema).
-Os grupos de desenvolvemento serán eficaces só se son capaces de aglutinar diversas sensibilidades, polo que sería importante que non politizaran “en exceso” as entidades existentes e que deixaran que expresasen por si mesmas o seu criterio sen dirixirlles o voto. As organizacións sociais, aínda que sexan “simples” comunidades de montes ou asociacións de veciños son quen de entender o funcionamento dos GDR, do Leader e sobre todo son quen de saber que é o mellor para os intereses que representan. (coaccións a parte, claro!)
-Os políticos locais teñen unha tarefa fundamental, que non é a de controlar as distintas entidades que forman o GDR e tampouco é a de crear novas entidades sobre a marcha para ter máis peso á hora de votar.
-Os políticos locais teñen traballo e poder suficiente coas alcaldías e nos GDR deben ter como misión aportar loxística, experiencia e o coñecemento do sector público, deben tamén traballar porque a diversidade de sensibilidades non rache coa dinámica de funcionamento dos grupos e ademais deben de actuar como moderadores e buscadores de consenso. Deben traballar xunto coa sociedade civil buscando a mellor das opcións no gasto do que vai supoñer unha inxente cantidade de cartos.
-Habería que recordarlles ós nosos representantes que as diferencias irreconciliables ou as loitas de poder que poden existir nunha comarca son algo ínfimo se as comparamos con que o proxecto de desenvolvemento dese territorio terá que “competir” co deseñado noutros lugares. Debemos sumar entre todos, alguén se imaxina ós pais dunha criatura turrando polo recén nacido para facerse en exclusiva con el en vez de ofrecerlle os coidados que necesita e defendelo das posibles agresións externas que o poidan danar.
Sería oportuno tamén que desde os medios de comunicación se realizase un seguimento máis exhaustivo sobre como se está a desenvolver a dinámica de creación dos grupos de desenvolvemento rural no territorio galego e sobre os movementos que se están a producir nas distintas fases do proceso, por tres razóns: 1. Para que cando remate o proceso poidamos analizar cales son os grupos que acadaron mellores resultados e sexamos capaces de tirar conclusións sobre a influencia que ten o proceso de creación do grupo sobre os resultados finais. (Eu atreveríame a adiantar que esto será crucial para acadar o éxito ou un fracaso estrepitoso, ó que por outra banda xa vimos estando afeitos). 2. Para que sexan coñecidas as xestións levadas a cabo polos políticos neste eido e poidan ser avaliados nas urnas. 3. Porque é necesario abrir un debate social sobre cal é a estratexia dos territorios para crear desenvolvemento e benestar social e tamén sobre como e en que se gasta o diñeiro público.
3 comentarios | por
Geresiao
Polas terras do Val do Salas e Val do Limia.
Despois de loitar pola nosa festa da "Chega de Bois" durante anos(tradición da raia e tamén de Austria e Suiza, onde se enfrontan os "bois do pobo" para mellor seleccionalos e que é absolutamente incruenta) non conseguimos que nola autoricen(a administración española e Amigos de la Tierra ocúpanse todos os anos de faceren denuncias, que van adiante). E por fin conseguiron dar cabo dela. Agora fica substituida polo "toreo": este ano a 3 novillos zamoranos hanlles rebentar o lombo espetándolles, desde cabalos, tubos ocos de metal por onde sairá o sangue ata que se volvan "nobles" para poder tourealos. Todo na praza de touros instalada en Mugueimes. Como é moi español e moi, moi legal, os señoritos de Amigos de La Tierra(que terra?) quedarán moucos e non abrirán as suas bocazas de demagogos e nacionalistas españois. E todo grazas ao Concello do PP de Muiños, a unha asociación fantasma tamén do PP ("Foro Muiños", que só aparece para pedir subvencións) e á CUANTIOSA SUBVENCIÓN DO BNG A TRAVÉS DA CONSELLARÍA DE INDUSTRIA.
O BLOQUE PARECE ESTAR EMPEÑADO EN NEGAR OS NOSOS COSTUMES E EN ATENDER AOS FORANEOS. QUE LLE APROVEITE:O MEU VOTO DE MOITÍSIMOS ANOS ACABA DE VOAR. DESDE LOGO QUE VOU PROCURAR QUE BAIXE EN VOTOS NAS AUTONÓMICAS.
Que opinades de que os cartos da Consellaría de Industria se utilicen para promocionar corridas de touros?
2 comentarios | por
desindicada
Como xa sabedes o actual sistema de oposicións vale para que se queden os que xa estaban.
Pero agora aínda dan unha volta de torca máis: nunha especialidade que non tiña lista (economía) irán primeiro os que que traballaron noutra especialidade(administración de empresas). Porque crease unha lista única!!! Eles si que son únicos. A ver cando se lle regalan a plaza dunha vez e os demáis podemos opositar.
1 comentarios | por
Colazo
Un comeza estar canso do elemento este, que non pretende debate nengún só deixarnos a cagada gaivotera. E quédalle moito de diarrea, até que o seu partido volva gobernar algo. Xa pechou o blog ese onde contaba os días que lle quedaban a Zapatero XD XD XD
Por iso lle propoño a Vieiros que conte cun sistema coma o de outros medios onde non se visualiza os comentarios que son votados negativamente, a non ser que se clique neles. As cagadas non merecen nengún protagonismo.
Ou que o seu nome teña ligado unha escolma do seu ideario democrático para o novo PP de Rajoy.
#22 12/Febreiro/2008 Gaviotero
Más facismo, más nazismo, más independentismo gallego...a ver si esta vez el BNG se digna a condenar el asunto. Aunque poco se puede esperar de los que por no condenar no condenan ni el nazismo.
#23 12/Febreiro/2008 Colazo
como non imos condenar o nazismo Gaviotero, aparte do Holocausto tamén vos apoiaron na Guerra Civil
12/Febreiro/2008 Gaviotero
La guerra civil la debió apoyar tu puñetera madre, porque yo sólo la hubiera apoyado si hubiera servido para terminar con fascistas como tú.
http://www.vieiros.com/nova/64320/incidentes-as-portas-da-conferencia-da-presidenta-do-pp-vasco-en-santiago
#10 hai 3 dias Gaviotero
Cuando tienen que reivindicarse como ciudad gallega es porque ante todo, y bien lo saben los totalitarios del BNG, es una CIUDAD ESPAÑOLA!!!
¡¡¡VIVA LA CORUÑA!!! ¡¡¡VIVA ESPAÑA!!! ¡¡¡VIVA JUAN CANALEJO!!!
#12 hai 2 dias Colazo
é de agradecer que Gaviotero, militante do PP e comentarista asiduo de Vieiros, confirme coa maior claridade posíbel o que todos pensabamos de el. Que é un fascista, capaz de dar vivas a un pistoleiro falanxista.
#15 hai 1 dia Gaviotero
Colazo...fascista tú y tu puñetera madre. Todo sea dicho con cariño.
http://www.vieiros.com/nova/66557/a-coruna-reivindicase-como-cidade-galega
E ao N.Feijóo que si, que lle faga caso aos comentarios de Gaviotero no seu blog http://nfeijoo.blogspot.com Obte-la maioría depende de contentar aos diarreicos coma o que milita no seu partido.
0 comentarios | por
Leovarela
Os renomeados disidentes da teoría oficial do VIH/SIDA, a periodista Celia Farber e o Microbiólogo Dr. Peter Duesberg recibirán os galardóns en Washington D.C. o próximo día 13 de maio, sonlles concedidos POLO SEU TRABALLO NA DENUNCIA DO FRAUDE NA INVESTIGACIÓN DA SIDA.
2 comentarios | por
Infidel
Fronte aos seguidores de Hegesias que defendían que a vida non merece a pena e polo tanto, millor sería morrer, Epicuro afirmaba que sí, que todos aqueles que non lle atopaban atractivo á vida tiñan na súa man a solución, o sucidio; tamén é coñecido que el non era partidario desa alternativa porque busaba e atopou o método para gozar da vida a pesar das eivas da súa saúde, en todo caso, mantendo a súa posición dentro dun estricto respecto da liberdade individual.
¿Temos a obriga moral de estar aquí por enriba de calquera outra consideración, ou pola contra sería moralmente aceptable facer mutis cando a decadencia ameace con aniquilar a nosa liberdade e mesmo a nosa dignidade?
¿Sería admisible que a sociedade se dotase de institucións e ferramentas que permitan morrer, co menor sofremento posible, non como consecuencia dunha arroutada, senon porque vivir nos deshumanice ata volvernos bultos indesexabeis?
¿Podería trocarse, no contexto descrito, a consideración moral, social e mesmo legal do suicidio?
4 comentarios | por
bernaldina
Cando Rajoy perda as eleccións, quen vai ocupar o seu cargo no PP? Acebes? Zaplana? Esperanza Aguirre?
3 comentarios | por
chikichiki
O povo hespanhol demostrou que pode votar qualquer cousa. Hoje também
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.