Orgullosos e orgullosas. Creo que así deberiamos sentirnos todos os galegos e galegas logo da aprobación do Decreto de Normalización Lingüística do Sistema Educativo.
Temos a sorte de ter dúas linguas, o galego e o castelán. Unha, o galego, discriminada historicamente a favor do castelán. Non entrarei nos motivos de tal discriminación, quedarei simplemente en que é obvio que existiu. Eu, por exemplo, non tiven a posibilidade de estudar en galego. Os meus pais e avós, influídos polos prexuízos dominantes hai varios anos, aínda que entre eles falaban e falan en galego, educáronme en castelán porque pensaban que así non me ían discriminar na escola e que sería mellor para o meu futuro.
Coma min, case toda a miña xeración e as que veñen detrás están educadas en castelán, non só na escola, a familia (polo xeral), os medios de comunicación, os amigos… a nosa vida desenvólvese en castelán, obviando que temos outra lingua, o galego, que esmorece por falta de coñecemento e, polo tanto, de uso.
Son española, e galega, e creo que a nosa lingua me constitúe como galega, forma parte do meu ser galega, pero tamén do meu ser española. Non entendería que nun estado plurinacional e plurilingüístico como o noso deixásemos esmorecer unha parte fundamental do que nos constitúe como membros dun país, unha parte fundamental da nosa cultura como é a lingua. Creo que sendo galega, que falando galego son tan española como un manchego falando castelán. Porque Galicia e o galego tamén forman parte da esencia de ser español.
É obriga das administracións públicas facer que a nosa lingua se manteña viva e promovela ata que acade a igualdade co castelán. Por iso paréceme tremendamente positivo introducir o galego na escola non de forma simbólica senón como unha lingua normal de expresión, unha lingua na que se poidan estudar as matemáticas, as ciencias da natureza ou a historia.
Escaso
Aínda que a min, persoalmente, paréceme que o decreto “queda curto”. Tendo en conta a situación do galego nestes momentos, con estudos que indican que pode desaparecer a medio prazo se non se toman medidas, parecería máis adecuado que o ensino fose integramente en galego. Isto non impediría acadar competencias lingüísticas en castelán, pois o resto da nosa vida desenvólvese nesa lingua. É simplemente, un medio para acadar a igualdade entre as dúas linguas, non un fin en si mesmo.
Por iso me parece lamentable a posición do Partido Popular. Despois do Decreto do 83, que nunca se cumpriu, os dous partidos do Goberno, o PSdeG-PSOE e o BNG puxeron todo da súa parte para que o PP se sumase ao consenso en materia lingüística. Parecía que o Partido Popular, por unha vez, esquecía os Acebes e Zaplanas e pensaba en clave de país… pero… unha vez máis, os intereses de Génova puxéronse por riba dos intereses dos galegos e o PP... donde dije digo, digo Diego. Non pode cualificarse máis que de vergoñento semellante espectáculo.
Para aqueles que, como o PP, digan que mellor nos sería aprender inglés, quero dicirlles que concordo con eles. Que por min, as horas das clases se poderían repartir para que os rapaces e rapazas acadasen competencias lingüísticas tamén en inglés ou en calquera outra lingua. O que non admito é que traten de vender que por estudar galego non vaiamos aprender inglés, pois moitos anos levamos estudando só en castelán e non lle escoitei propoñer ao PP (que, non o esquezamos, estivo gobernando 16 anos en Galicia) restarlle horas ao castelán para darllas ao inglés. Hipocrisías as xustas, por favor, que a Galicia tamén chegou o cambio niso de que “mexan por nós e dicimos que chove”.
Non dubido de que no PSOE pode haber xente con sensibilidade cara o noso idioma, como se amosa neste artigo. Pero a historia é teimuda
e durante moitos anos a maioría dos militantes non dixeron nin mú ás aduanadas de Paco Vázquez. Se este país tivera un PSdeG homologable ao de Cataluña outro galo cantaría
Estou a favor polo amor a nosa língua, mais sinto moito ter que discrepar do pouco respeto que lle teñen xentes que militan no voso partido. Esa dobre nacionalidade español-galega non é consistente para recramar a preponderancia do galego. De proporse polo PSOE a totalidade do ensino en galego, de seguro que o BNG non poñería impedimento. Entón, deixádevos de farfallar.
Vamos a contar mentiras tralará... vamos a contar mentiras tralará... vamos aaa contaaar mentiraaas...
"curto"?????
Lusista! Traidora!
;-)
Évos ben certo que todo ten límite menos a ignorancia e a malicia! Estou certamente abraiado da capacidade de galegoexterminio que exhibe o PP sen o máis mínimo rubor!
Sería moi conveniente que o PP e os seus simpatizantes ( e semella que os do PSdG-PSOE e BNG tamén!) se esforzasen unha miguiña en diferenciar entre lingua propia, lingua allea, e lingua ou linguas oficiais; pois, o feito de ser oficial tamén na Galiza o castelán non o converte en lingua propia aquí.
O castelán é lingua propia de "Castela", oficial no seu territorio propio e mais no resto do territorio do Estado; mais, iso non o converte en lingua propia da Galiza. A oficialidade do castelán fóra do seu territorio propio, xunto coa obriga xeral de coñecelo, ten unha finalidade antidiscriminatoria, de evitación da discriminación a que poderían verse sometidos os españois en territorios de España con lingua propia distinta á súa. Funciona como lingua común ou universal no pequeno universo das linguas españolas; mais, iso, insisto, non a converte, non a equipara ás outras linguas españolas nos seus respectivos territorios.
O castelán fóra do seu territorio propio é unha lingua de uso EXCEPCIONAL. Á que lle corresponde un uso NORMAL, XERAL ou habitual é á lingua propia do territorio....como acontece co castelán no seu territorio propio!
Pretender outras interpretacións, equiparacións, igualacións entre o galego e o castelán na Galiza, ou en calquera dos outros territorios de España con lingua propia distinta ó castelán, évos ir en contra da Constitución, évos violar frontalmente o artigo 14 CE, évos ser exterminadores, conscientes ou non, das linguas españolas distintas do castelán! .........Évos ser moi pouco español!!
É obvio que o discurso do Goberno galego IGUALANDO lingua propia do territorio (galego) con lingua allea (castelán) polo feito de seren ambas oficiais É MANIFESTAMENTE INCONSTITUCIONAL por violación do preceptuado no artigo 14 CE!! (TRATAR IGUAL O QUE É DIFEFENTE É DISCRIMINAR); mais, non polo que con absoluta irresponsabilidade e malicia din os do PP!!
Así as cousas, é obvio tamén que na Galiza é perfectamente constitucional (outra cousa é a constitucionalidade plena ou non da literalidade da Lei de Normalización Lingüística) IMPOÑER o uso do galego en todas as materias que se queira, sempre e cando quede garantida a competencia referida en castelán. E isto, madia leva, sen prexuízo dos outros obxectivos que en materia de linguas estranxeiras estableza o currículo correspondente, e sen prexuízo de respectar e aplicar os criterios pedagóxico-didácticos máis apropiados segundo a lingua de procedencia, española ou estranxeira, dos discentes.
Non quere entrar nos motivos da intromisión do castelán na Galiza. Cando "paseaban" ós demócratas, galeguistas, estudiados ou, simplemente, envididados, non o facían só polo suposto mal que eles fixeran, facíano cunha nítida intención de transmitir medo a todos ós outros: ísto é o que hai, ou o aceptas ou paseo. E conseguírono, moitas bocas quedaron caladiñas sen molestar.
Pero esa ferramenta valía para ideoloxías, pero para o tema do idioma era usar canóns pras moscas, por moi grande que fose esta mosca. Así que o tomaron con calma. Eran moitas cousas, pero parvos de todo non. Sabían que a arma fundamental para construir un país é a EDUCACIÓN, e por iso foi do primeiriño que limparon, facendo do xa en por sí hispanolista ministerio unha fábrica de Españoscuelas, sí, sí, eses centros de educación direccionada, monolingüista e cun feixe de uniformistas intencións ocultas tras a inocencia aparente dos seus libros.
Sabían que tardarían algunas xeracións, pero ó final ahí está o éxito: os nados a partir do 70 e criados no ámbito urbano en qué idioma acabamos medrando. Os nosos pais xa mamaran desa educación, e que o entorno impedira neles sabían que na urbe á que emigraran non o faría nos seus fillos, que medrarían "bien hablados". Tan grande foi o sentimento de vergoña que mamaron, tantas ostias levaron por falar o galego diante daqueles mestres do sistema fascista que non podían permitir que os seus fillos se torceran. Os seus fillos serían moito máis ca eles: máis altos, máis guapos, máis ricos, con carreira e, evidentemente, "bien hablados". Para algúns misturouse a vergoña do idioma co abrazo ó poder pa mamar del, e hoxe en día exercen de "gavioteros".
Mirade logo cómo a lingua na educación é algo polo que o PP, herdeiros daquel réxime é algo no que non poden calar a súa españolizada boca. Pero ollo ca boquiña do Soe, dos Socialistas Obreiros E S P A Ñ O I S.
Recoñezo que Feijoó non está a ser o que moitos esperábamos no asunto do galego.
Pero tamén hai que decir que si non é polo goberno(s) de Fraga, o galego xa tería morto.
Polo que a min respecta, hai tempo que me decatei de que por moito respeto que eu tivese polo castelán se os que falan castelán non o teñen polo galego, eu non podo falar galego.
Vendo que a democracia ten sido o medio mais eficaz para extende-lo castelán e como non vexo intención de cambiar ... póñase unha fronteira nos Ancares e do mesmo xeito que outros cruzaron outras que agora estos crucen esta. España ten moi claro que só cabe unha lingua no seu territorio que é o castelán e quen ainda non o viu ou está cego ou non quere ver.
Alguém poderia indicar-me de que se trata exactamente isso que LOIS_DE_SILAN chama o artigo 14 CE? Umha URL seria mui de agradecer. Saúdos
Eu coido ca maioría dos políticos non está capacitada para entender o que con tanta exactitude plantexa Loli Rodríguez nesta espléndida nota. Desde Bos Aires quero felicitala con toda efusividade e tamén agradecerlle a Vieiros por vencellarnos con ela.
O Muxo
Supoño maraghota que non che parecerá mal que sexa eu mesmo quen che diga o que significa "art. 14 CE": ARTIGO NÚMERO CATORCE DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978.
Un saúdo.
Aí tens, Maraghota:
http://www.constitucion.es/con...
Bom proveito. Eu não li o contributo de Lois de Silán, pelo que não sei se já aprendeu que dever implica obriga, mas direito só implica possibilidade.
Ou Galiza mata o galego, ou o galego acabará por matar Galiza.
Pois nada, comeza por aplicarte o conto. Porque non se pode ter un discurso en Compostela e outro na Coruña. Podía vostede comezar por usar o galego nos mitíns, cando esta acompañada polos que gobernan no concello da Coruña. "O es que en la Coru le da cosa hablar en gallego?!"
Eu insisto...
Vamos a contar mentiras tralará... vamos a contar mentiras tralará... vamos aaa contaaar mentiraaas...
Pues no hija, la mayoría de los gallegos se sienten orgullosos de ser gallegos y españoles, pero no por la utilización sectaria y política de una bella herramienta de comunicación como es el gallego.
Qué le vamos a hacer...
Por cierto, el PP nunca ha dicho que mejor aprender inglés. Ha dicho que debe aprenderse equitativamente el castellano y el gallego, aunque a liberticidas como esta pájara (que por otro lado desconoce algunas realidades como cuando dice que España es un estado "plurinacional"...¡jajaja! España es una Nación y no hay ninguna otra reconocida, maja!)
Eu pásmome: como é que seguimos esperando algo positivo en relación co galego do PP e mesmo do PSOE? É que nunca imos aprender nada? Non son suficientes aínda todos os desprezos que fixeron e fan cara a nosa lingua? O Presidente dálle patadas á nosa lingua cada vez que fala e aínda lle temos que agradecer que a empregue, xa que non é o caso de todos/as. E iso por falar só da nosa lingua en versión "normativa" e non complicar aínda máis o asunto. Mentres sigamos sendo parvas/os e comulgando con rodas de muíño non deixarán de desprezarnos a nós e á nosa lingua.
Parabéns a Lois de Silan polas súas axeitadas puntualizacións sobre lingua "propia", "allea" e "oficial"; a confusión interesada ao respecto só é funcional para quen pretende que todo siga igual e o galego se vaia ao carallo. serve para afundirnos outro pouco máis.
E, coa que está caendo sobre o galego na chamada "democracia", gustaríame saber como se pode despolitizar a lingua como pretende Shiva.
Saúde e forza!!!
A miña opinión é clara:
España é un estado plurinacional, independentemente do que estea ou non recoñecido nas leis. Se as leis din que o sol xira arredor da terra, non por iso sucede tal cousa.
O único idioma que debería ser recoñecido como oficial en Galiza é o galego, cousa da que lamentablemente estamos moi lonxe.
A autodeterminación é un elemental dereito dos pobos que a constitución española, feita no seu momento en situación de liberdade vixiada, non respeta. Polo menos, Galiza, Euskadi, Cataluña e as illas Canarias teñen ese dereito que é violado pola constitución española, que ten moito de herdanza do franquismo aínda que non podemos negar que foi un claro avance con respeito á dictadura.
A liberdade vixiada non é só naquel intre: dura ata "mañán" polo menos ou "pasado".
E por se muove. Máis todo estaría moi ben, moi bonito si non fora polo gravísimo proceso de SUSTITUCIÓN , o único que explica cabalmente a situación actual e a historia da lingua galega.
galego no galiza, sinon onde madrid, sevilla, ..............
falade galego na galiza, e unha recomendacion si o permitides
SEMPRE EN GALIZA, ese debe ser nosa guia
Como dixo algún por alí enriba, e eu suscribo: xa que en España só caben unha lingua e unha cultura, poñemos no Bierzo unha fronteira e xa está. Do lado de quen estarás, Loli?
Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog.