Hoxe quero falar da situación política de Navarra tralas últimas eleccións autonómicas. Gustaríame opinar sobre como se está convertendo o que tiña que ser un pacto político pensando nos cidadáns de Navarra nun caseque circo político que non beneficia a ninguén, moito menos ós cidadáns navarros que o pasado 27 de maio acudiron ás urnas a expresar a súa opinión.
Milito nun partido político, o Partido Socialista,e fagoo porque son e síntome socialista, aínda que non sempre coincida con todas e cada unha das decisións que toma. E así como o digo e me felicito do que considero que está ben, creo que, para ser honesta, non debo obviar aquelo que non me gusta. E, neste caso, sempre dende a cautela e case dende a ignorancia con respecto a Navarra, cos seus cidadáns e coa súa situación política, e só dende un punto de vista persoal e de simpatía por este pobo, non comparto a actuación dos meus compañeiros e compañeiras socialistas navarros.
Os cidadáns navarros déronnos a posibilidade de constituir gobernos de progreso en Navarra ó quitarlle a maioría absoluta a UPN. Dixéronlle ó PP, co seu voto, “ata aquí chegamos, basta de mentiras”. Non creron nos pronósticos catastrofistas de que o que pretendiamos era que Navarra non fose España nin en cousas polo estilo que o PP se dedicou a dicir en precampaña e campaña electoral e baseándose nas cales incluso convocou unha manifestación. É responsabilidade nosa, e dos outros partidos, traballar para que se cumpra a vontade do pobo navarro. E, ó meu xuízo, non estamos cumprindo.
Aínda que levou tempo, fomos capaces de sentar as bases programáticas de cara a un futuro goberno de progreso nesta comunidade logo de tantos anos de goberno da dereita. Un acordo no que NaBai firmou respetar o modelo institucional e constitucional de Navarra, a pesar de ser un dos seus postulados políticos fundamentais unha consulta ós navarros sobre a posibilidade de anexión con Euskadi, posiblilidade, por outra parte, recollida na tan traída e levada Constitución Española. Un acordo pensado en Navarra, para os cidadáns navarros, e que tiña no punto de mira as políticas sociais.
E partir de aí, xa case todo me parece un cachondeo, e desculpade pola expresión. Primeiro, o PSN obtería a presidencia de Navarra, pretendendo tamén, a maioría das Consellerías e non respetando a proporcionalidade que dan os votos. Logo, pretendía incorporar a independentes ó goberno. E digo eu, independentes de quen? E xa o último é o do goberno de concentración. Pero acaso en Navarra non se vive nunha situación de normalidade democrática, con partidos democráticos e que respetan a democracia? Cales son as circunstancias que aconsellan facer un “goberno de concentración”? E non me vale iso de que a sociedade de Navarra é moi plural, porque é igual de plural que a de moitos outros lugares de España onde se ten chegado a diferentes acordos con diferentes ou semellantes partidos. Eu, e perdoade a miña probable ignorancia, pero é que non o entendo.
Os cidadáns xa falaron
E hoxe mesmo, cando xa estou a piques de enviar este artigo, escoito que Fernando Puras, candidato á Presidencia de Navarra, pensa que o mellor é que se repitan as eleccións. Paréceme, sinceramente, unha falta de respeto ós navarros, que terán que pagar voltando ás urnas a falta de vontade de entendemento político dos partidos políticos. Os cidadáns xa falaron, e dixeron o que pensaban, é responsabilidade dos políticos transformar esa voz en goberno. O outro, é darlle a razón ós que din que todos os políticos somos iguais, discurso que me nego a compartir.
E discrepo da súa actuación porque creo, ademáis, que esto non fai máis que facerlle o caldo gordo ó discurso do PP. Temos que facer todos os esforzos para demostrarlle ó PP que en democracia cabemos todos os que respetamos as reglas do xogo, tamén aqueles que propoñen cousas diferentes ás que nós defendemos, e incluso contrarias.
Na Bai é un partido que está nas institucións e que respeta as normas das que nos dotamos aínda que algunhas non as comparta. Un partido que ten membros que renunciaron á violencia, que din non ó terrorismo, e que optaron pola vía política para defender os seus postulados. Non é eso o que lle pedimos a Batasuna? Por qué logo condenamos a Na Bai ou a Patxi Zabaleta? Ou acaso olvidamos que Na Bai en Navarra está formado polo PNV, Eusko Alkartasuna e Aralar? Non temos xa pactado con algún destos partidos? Non só nos, tamén o PP, o que desmonta o seu hipócrita discurso.
Creo na democracia como a casa común na que todos podemos defender as nosas ideas, por moi diferentes que sexan, e defendo, sobre todo, o dereito de todo o mundo a defender, dentro das reglas do xogo, as ideas que teñen, aínda que non as comparta. Aínda que alguén me di que son unha utópica por pensar iso, non estaría en política se non tivese o convencemento máis profundo de que iso é así.
P.D: Con respecto ó meu anterior artigo, “Orgullosa de ser galega”, e para que os lectores e lectoras non confundan a mala fe dalguén coa realidade, direivos que din catro mítins nas eleccións municipais da Coruña, un deles co alcalde. En todos eles falei en galego. Creo que é algo que xa non tería nin que explicar, porque é o coherente co discurso que defendo.
Un Puras Iscariote, como moi certadamente lle chama hoxe Fede de los Ríos, comparándoo cos envoltorios plásticos que enlean un iogurt, antes e despois de o tomar. Cecais co adxetivo aclarase millor o seu papel como o do denominado partido socialista "navarro".
Loli: Comparto o teu punto de análise. O serio en Navarra é un acordo PSN - NaBai - IU.
Non podemos, nin debemos deixar que ETA ou o PP marquen a axenda política dos socialistas.
Saúdos.
É unha vergonha que no carom de ajudar a "normalizar" aos nacionalistas demócratas se lhe faga o jogo ao PP. O PSOE ven de humilhar aos seus possíveis/desejáveis sócios com este paripé de negociaçom no que o único que deixou em claro é quem nom quere que governe. Fam falha mais vozes críticas como a tua, Loli; nom sempre a fin justifica os médios.
Dizer que um/@ e socialista por militar no PSOE nom quer dizer rem. Tenho pra mim que o BNG e tam ou tam pouco socialista (ou social-democrata deveriamos dizer)como o PSOE em moitas das suas praticas. A unica (e senlheira) diferenza entre os dous,que condiciona boa parte do seu discurso politico e dos seus posicionamentos tanto no Parlamento autonomico galego como no Parlamento estatal e o facto de que o BNG tem a sua se central (centrado) em Galiza e o PSOE tem a sua se central (centrado)em Madri, e isso, queira-se ou nom muda consideravelmente a perspeitiva. Eu diria que uns som socialistas galegos e outros socilistas espanhois (de adcscripzom "regional-federal" galega), ou bem uns som nacionalistas (por mor de Galiza nom ter Estado nem soberania de seu a uns/umhas chamase-lhes nacionalistas e a@s outr@s nom) e outros pesoistas. Mais nom vexo que os do Psoe sejam mais "socialistas" que os do BNG. Em que??
Por certo, nom muda em absoluto a tua actitude pessoal por moi loavel que esta seja co papel desgaleguizador e incentivador do auto-noxo propiciado polo partido NO QUE TU MILITAS ao longo dos 23 anos de prefeitura do sr Vazquez na Crunha. O PSOE galego segue a defender umha coussa em Galiza e outra em Madri...E esencialmente sucursalista e ja se vera no debate dos orzamentos do Estado quem tem capacidade pra negociar a prol de Galiza e dos seus interesses e que ja se sabe o que vam votar com antelazom (PP ou PSOE). Isso nom e socialismo, isso e sucursalismo. Nom nos leva a ningures votar ao PSOE na Galiza. Igoal eu, se fosse espanhol votaria polo PSOE ou IU, mais em Galiza nom lhe vexo nem pragamatismo nem dignidade pra este pais milenario do que nem @s galeg@S conhezem a sua Historia. E assim nos vai
Maeloc-do-Rouco Pódese dicir máis alto (neste caso en maiúsculas por ser linguaxe escrito), pero non máis claro
Sobre o artigo:
Dacordo na defensa feita dos nacionalistas de Euskadi, xente demócrata, que respetan publicamente o sistema de liberdades moderno e que loita pola independencia dende o xogo político e non dende a barbaridade das armas.
Dacordo na defensa do pacto entre partidos estatais de "esquerdas" e os nacionalistas. Fixérono antes, estano a facer e seguirano facéndoo mentras os votos deixen.
Dacordo en que o xogo do PP, verdugo con carouta de vitima, só lles beneficia a eles, nin sequera ós que lles votan.
Non estou dacordo en por en dúbida a liberdade dos habitantes das provincias afectadas poidan optar a formar unha unidade política, e aquí entro en
Sobre a autora:
Socialista, craro, pero española. Non podes entender que Navarra, con habitantes españolistas poida formar parte dunha unidade política cos outros territorios da Esukalerría, porque os axiomas da doutrina españolista que tí e máis eu e todos os que as hispanoscolas criaron nos últimos 50 anos mamamos na ORIENTADORA educación nacionalista española. Un pobo, por vivir dividido, segue sendo un pobo.
Dís que militas no SoE por socialista. Respétoo, pero suscribo a Maeloc, o socialismo cabe dentro do Bloque, o que non cabe é o españolismo, que é o que tí profesas.
O participar na vida política en galego é louvable e de agradecer, e anímote a que sigas facéndoo, pero o camiñar baixo a bandeira galega, falando a lingua galega e defendendo a terra galega, penso eu, que hai que facelo servindo á Galiza, e non a España. E os militantes do PpSoe servides a España e ó que Madrid mande.
Estos sociatillas...¡ay, Loli, Loli, Loli! Puedes hacer la interpretación que te parezca de lo que dijeron los ciudadanos navarros. Todas según tú encaminadas a afearle la conducta a UPN. Pero el caso es que UPN fue el partido más votado con gran diferencia respecto al segundo y al tercero. ¿El tercero? Sí, sí, el tuyo. El PSOE no fue ni siquiera la segunda opción más votada.
Ya sabemos que para los sociatas del todo vale, los del nuevo cuño, los que vais a durar en el partido lo que dure ZP y ni un minuto más, os vale pactar hasta con cualquiera con tal de desplazar a la "deresssssha" del poder. Y os vale pactar, por ejemplo, con los nacionalistas, ya sean de derechas (PNV) o de izquierdas (Aralar), ambos integrados en los vasquistas de Nafarroa Bai.
Todo sea por el coche oficial, la secretaria y el parné.
Pues nada, nada, adelante...lo que tienes que aprender, chiquilla. Si no han pactado es porque de hacerlo en Ferraz, que es de donde ha partido la orden, saben que ZP pasaría a ser historia en medio año.
Respecto a lo que opinan de Puras en el propio PSN, te paso las palabras de Ainhoa Aznárez, ex concejal del PSN en el Ayuntamiento de Pamplona y que se presenta en El Correo como la voz de la bases. Dice sentir rabia e impotencia porque los dos negociadores tras los comicios del 27-M, Fernando Puras y Carlos Chivite, "han resultado un fiasco". Dice que hay que "forzar otra comisión negociadora" e "invitarles a que se vayan".
Podría darse el caso de que, de espaldas al partido en Navarra pero con el apoyo de Ferraz, se negaran a dejar sus cargos. Entonces, Aznárez no tiene dudas: "Se les echa a patadas". Considera que "han actuado con deslealtad y mentiras, y han estafado y traicionado a la militancia socialista y a una ciudadanía ilusionada".
Lo que tienes que aprender...
que te jode mais
a/ que loli e muller
b/ que o PP non goberne
?
O SENHOR/ A GAVIOTER@ AND Co, VÃO-NOS FALAR AGORA DE QUALQUER COISA, DE TODO ENTENDEM, ISSO SIM, DESDE O INSULTO, A DESCALIFICAÇÃO, A FUTUROLOGIA, A IMPOSIÇÃO, A ALTANERIA, A SOBÉRBIA E O QUE É MAIS IMPORTANTE, O NÃO SABER ESTAR, O NÃO SABER ONDE É QUE SE ESTÁ DE MAIS. JÁ ME DISSE NUM COMENTARIO: "mis opiniones son las únicas claramente discrepantes en este foro tan interesante para mí" O DÍA QUE O SENHOR/A PERCEBA QUE AS SUAS FORMAS, OS SEUS JEITOS, NÃO AS SUAS OPINIÕES..., (QUE EU ACHO TODOS NOS TEMOS ACESSO A ELAS EM OUTROS MEIOS E DOUTRINA IMPERANTE), NÃO SÃO BEM-VINDAS AQUI, ESSE DIA, ESSE DIA O SENHOR/A ENLANGUESCE-NOS E MORRE.
Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog.