Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Alalá

09:30 21/08/2007

Alalá é un programa da Televisión de Galicia adicado á música tradicional galega. Un programa marabilloso que percorre Galicia de punta a punta descubríndonos sons case olvidados polo paso do tempo e historias e tradicións que sobreviven neste noso país gracias á memoria da nosa xente.

Un programa que pretende recuperar a nosa Galicia, o que fixo que hoxe sexamos como somos, unha viaxe ó pasado que nos rescata como galegos e galegas no presente.
 
O outro día, por exemplo, descubrín a Malvela, un grupo de mulleres de Mos, que, despois do seu traballo se reunían polas noites a ensaiar e que acabaron gravando un disco. Recoméndovolo, soa marabillosamente.
 
Para min, este é un dos programas que simbolizan o cambio na TVG. É un dos que contribue a que pasemos dunha televisión de pandereta a unha televisión pública, que dea servizo ós cidadáns e cidadás.
 
Mais non é o único. Agora, por fin, temos un programa de debate na televisión pública, o “Hai Debate”, que nos permite ver ós representantes de todos os partidos unha vez á semana falando de temas de actualidade. É unha maneira máis de achegar a política e as institucións ós cidadáns,e, ademáis, contribúe a consolidar a democracia. Un programa impensable na anterior etapa.
 
Tamén mudaron bastante os informativos. Agora podemos escoitar á oposición, as súas propostas e as súas críticas, igual que escoitamos ó goberno. Non sei para vós, pero para min é un cambio importante, antes non viamos a ninguén do PSdeG nin do BNG nin por aposta. Faime gracia cando escoito ós do PP protestando porque saen pouco no telexornal. Non se deben acordar da súa etapa, na que a oposición non é que saíse pouco, é que non saía.
 
Iso sí, pasamos de ter a Fraga ata na sopa, a ter a Touriño e a Quintana facendo declaracións, inaguracións e actos varios por doquier.
 
Creo que outra das mellares cousas que ten a TVG son as series de producción galega. Empezaron, hai xa uns anos, co clásico “Mareas Vivas”, serie de moito éxito, e seguiron con outras como “Terras de Miranda”, “Libro de Familia” ou “A vida por diante”, todas tamén con notable éxito. Supoño que é porque son ficcións onde nos podemos ver reflexados unha grande parte dos galegos e galegas, que falan de cousas que suceden ó noso redor, e nas que mesmo os nomes dos personaxes podemos identificalos cos dos nosos veciños, cousa que non pasa nas series españolas, que, ás veces, falan de realidades totalmente alleas á galega.
 
Pero tamén quedan aínda moitas cousas por mudar. Queda, por exemplo, a máis importante, que tal e como se prometeu en campaña, e como xa se fixo a nivel español, o director da Compañía da Radio Televisión de Galicia se elixa no Parlamento de Galicia(A ver si temos mellor ollo que co Valedor do Pobo) por maioría cualificada. Que sexa un director ó servizo dos cidadáns e non ó servizo do Goberno de turno. Esperemos que se aborde no seguinte período de sesións.
 
E logo hai cousas que, cando menos, chaman a atención. Que se siga emitindo LUAR, tremendamente criticado por algúns dos que hoxe están no goberno(Ollo!, eu creo que non debería suprimirse, pois a súa audiencia demostra que é un programa do que gusta moita xente, e que colabora na difusión da cultura e da música galega). Ou que un dos presentadores ós que tamén lle choveron críticas abondas, agora teña programa propio e sexa, ademáis, acompañante fiel do Vicepresidente da Xunta nas Festas dos Maiores. Si, sí, esas coas que o PP pretendía enganar ós nosos maiores, segundo o BNG, pero que agora se adica a potenciar o número dous da Xunta. En fin, cousas veredes.

2,76/5 (42 votos)


Comentarios (37)

Xiurisma #1 21/Agosto/2007 Xiurisma

cousas cambiaron, si, pero algunhas simplemente porque lles tocou cambiar. tamén cambiaron entre 1988 e 2004, vaites. a min dende logo NON se me cubriron (case) ningunha das expectativas que se me crearon logo de que o bipartito asumise o goberno galego (e vendo os programas electorais dos dous partidos).

ai! é que non dis nada novo. dá a impresión de que escribes por escribir, crónicas costumistas, columnas de contraportada da voz de galicia ao estilo casares. nunha crónica reflexiva de opinión como se supón que é esta non poderías ter obviado cando menos tres temas:

1. Orzamentos da televisión pública galega.
2. Audiencia da televisión pública galega.
3. Problemática da TVG co seu persoal das delegacións de Coruña, Lugo, A Mariña, Vigo..., con contratos encubertos (deberían estar contratados/as pola TVG, non polas produtoras), e a quen a TVG non recoñece agora como traballadores/as. Están nos TRIBUNAIS!!!!
Invítote a que trates de novo o tema da TVG dende esta perspectiva.
Ti cres que unha televisión chachipiruli como a que ti describes pode tratar así ao persoal (cámaras, xornalistas) das delegacións?

PD. Por certo, non coñecías a Malvela antes de velas no Alalá?? Muller, se levan anos actuando por todo o país.

Xiurisma #2 21/Agosto/2007 Xiurisma

Sobre Malvela xa me documentei: O seu primeiro CD "Que o pano non me namora", gravouse no outono de 2002. Vai para un lustro.

galeguzo #3 21/Agosto/2007 galeguzo

Loli, dou-che a razão em muitas cousas, sobretudo nas loas aos programas "Alalá" e "Hai Debate". O primeiro, pola sua qualidade e proximidade, tratando a música tradicional com grande cuidado e agradando tanto os especialistas na matéria (que tanto têm criticado programas similares) como o público. O outro, polo que dizes, por ser um programa aberto e plural.

Porém, a situação dos trabalhadores das delegações (não apenas os câmaras, como apontava Xiurisma) é nefasta, dura e injusta.

Por último, a crítica ao BNG por manter o Piñeiro é compreensível, mas não é o BNG quem controla a TVG e sim o teu partido, o PSOE, que é o que tem a competência sobre a Secretaria-geral e Comunicação.

galaico #4 21/Agosto/2007 galaico

Alalá é unha proposta interesante, pero ninguén se da conta de que sempre saen os mesmos????
Os amiguiños de Uxia e de Ugia. E ao final é sempre o mesmo!!!

Que vos aproveite, pero podería ser moito mellor do que é.

xviluba #5 21/Agosto/2007 xviluba

que razón tes galaico!! , e iso sen contar que isto do alalá é un plaxio descarado da REPICHOCA programa emitido fai uns anos pola dúas en Galiza e que a presentadora é do máis desagradábel e inepto que pasou polas pantallas da galega en toda a súa historia.

Yoda #6 21/Agosto/2007 Yoda

Desde cando os artigos de Carlos Casares son "escribir por escribir","crónicas costumistas", etc ...Xiurisma parece que rezumas xenreira.... home un pouquiño de por favor ou ti creste mellor que Casares (q.p.d)

Respecto da TVG penso que cambiaron algunhas cousas pero quedan moitas aínda por cambiar, coincido básicamente co que apunta loli no seu artigo.

Respecto de Superpiñeiro, o BNG e as festas dos maiores, antes a maior gloria de Fraga e agora de Quin ... pois coméntase por sí só.

Unha pena para aqueles que pensamos que o que faría o BNG no goberno sería diferente ó PP.

Manuelaldao #7 21/Agosto/2007 Manuelaldao

Eu non vexo o cambio por ningun lado, seguimos tendo unha Tv de mui baixo nivel con programas de boa calidade de cando en vez (casi sempre en horas imposibles) que mostran de que somos capaces.

alboiando #8 22/Agosto/2007 alboiando

lede "A televisión que queremos" de alberte no openvieiros. é moto melhor artigo e de redacción adulta (a colocación das comas segue critérios de lexibilidade). a verdade é que lhe deixan escribir a calquera na sección de opinión de vieiros. non sei quen exerce de conselho de redacción. o caso desta loli é delito. secretaria das xuventudes socialistas? eu pensaba que o tempo dos oportunistas-mediocres do PSOE (corcuera e companha) rematara na época felipista, pero vexo que o caso de Pepinho de Palas de Rei non é o único contemporáneo... Mimá, o futuro que nos espera.

Yoda #9 22/Agosto/2007 Yoda

Á vista do último comentario, penso que o consello de redacción de vieiros ou a quen corresponda, debería de abrirlle unha ventaniña, un oco, unha columna de opinión ó fenómeno este do "alboiando" que vén impartindo leccións ... non sei moi ben de qué... así nos vai ós nacionalistas con este tipo de personaxes. Uns pedindo censura, outros defendendo a festa dos maiores do Quin cando antes a criticaban a esgalla .... irmáns nacionalistas mirade para o camarada Beiras e observade como a tolerancia é o primeiro ... mirade como xente tan pouco sospeitosa coma o noso Quique Tello se entende cos socialistas do Psoé .... EN FIN algúns son como son ... e xa vexo que non levan moi ben o de que Vieiros sexa plural e non unha prolongación máis do aparato do politburó.

Xiurisma #10 22/Agosto/2007 Xiurisma

ola yoda. as de casares na contraportada de 'la voz de galicia' si eran crónicas costumistas, falar por falar, compartir co público lector pequenas cousas que pasaban no cotiá e ás que o autor prestaba atención. mais eu gustaba delas (e moito), porque me parece un xénero xornalístico/literario perfectamente válido para expresar ideas, sensacións, experiencias... tamén son crónicas costumistas as de rivas cando escribe na contraportada de 'el país'. e tamén me gustan. e en xeral gústanme estes dous autores, teño moito lido deles. e eu non me creo máis listo ca ninguén, e si creo (e sei) que eu non sería capaz de escribir esas crónicas con tanto atino e acerto.

AGORA BEN, a sección de opinión de vieiros non a concibo como a contraportada dunha revista, senón como unha sección onde persoas documentadas e coñecedoras en profundidade dun tema comparten as súas opinións razoadas e argumentadas sobre ese tema. e as últimas contribucións de loli rodríguez carecen ao meu ver destes ingredientes. de aí que lle pida á autora unha reflexión máis seria e en profundidade.

por último, nun simple exercicio de reflexión por parte da autora poderíase ter constatado que é o psoe o que ten a competencia sobre a secretaría xeral de comunicación, como ben apunta galeguzo enriba. foi unha das competencias que quería o bloque e ante as que o psoe non cedeu.

en fin, 'as cousas veredes' que vemos, loli, é que responsabilidades hai para todos.

PD. tamén é certo que a sección de opinión de vieiros será o que vieiros e a audiencia de vieiros queiramos que sexa.

galeguzo #11 22/Agosto/2007 galeguzo

Xermán, com todos os respeitos, discrepo das tuas críticas a Alalá e à sua apresentadora. Saúdos chairegos.

alboiando #12 22/Agosto/2007 alboiando

eu non censuro as palabras de loli, coas que podo ou non estar de acordo. o único que pido un pouco de calidade literaria (gramatical se se quere) e reflexiva. eu, modestamente, non me presto a escribir artigos de opinión porque non posuo esa calidade literaria e reflexiva. o que tampouco acostumo facer é a pór epítetos a persoas que non conhezo. catro linhas nun foro non é mostra suficiente como para elaborar unha opinión tan vehemente como a de vários comentários mais arriba. en todo caso, dubido tamén da representatividade deste foro.

outrolector #13 22/Agosto/2007 outrolector

Concordo con Xiurisma: a sección de opinión de vieiros debería amosar SÓ contribucións de persoas documentadas e coñecedoras en profundidade dos temas que nelas se traten. Non lle pido máis á autora, que supoño que fixo o que puido, pero si á redacción de Vieiros. A traxectoria deste medio e a súa audiencia ben o merecen.

En calquera caso, e como fixo na súa anterior colaboración, pode ser que nestes intres a autora estea quecendo e currándose as súas eventuais réplicas moito máis que o artigo. Bueno, como dí a nai dun amigo meu, "¡Nunca pior!".

breixoak #14 22/Agosto/2007 breixoak

Sen entrar a analizar a calidade do artigo, como lector creo que é moi interesante saber o que pensa unha rapaza que pertence á dirección do PSdeG e que preside o Consello da Xuventude. Aínda que non comparto as súas coordenadas ideolóxicas, teño que recoñecer que á rapaza non lle falta peito ao deixar a posibilidade de comentar. Aínda non sei como tolea

OBSERVADOR #15 22/Agosto/2007 OBSERVADOR

Breixoak, isso que dizes é bem certo. A rapariga tem arroutos e por isso a querem no partido. Mas, pelo mesmo motivo, o que lhe acho em falta é um pouco mais de coerência.

tacher #16 22/Agosto/2007 tacher

Yoda, ti tes de nacionalista o que ... Loli Rodríguez, por exemplo.

zougan #17 22/Agosto/2007 zougan

Non fagades critica de gratis, Pilar Garcia Rego é con moito se non a mellor si unha das mellores presentadoras que tivo nunca a TVG.

Yoda #18 22/Agosto/2007 Yoda

Tacher, sei que ti tamén eres dos que repartes carnets de nacionalista ... que peniña!!

Barcelos #19 22/Agosto/2007 Barcelos

Parabén Loli, por ser tan valente de escribir en Vieiros e permitir comentarios, non como Marcelino Fernández Mallo que di o que quere e ninguén lle pode dicir nada.

jujolor #20 22/Agosto/2007 jujolor

debemos facer pais non o esquenzades

Brais #21 23/Agosto/2007 Brais

Pois a min os artigos de Fernández Mallo préstancheme ben. E coas navallas que hai nos comentarios xa non sei o que é mellor.

OBSERVADOR #22 23/Agosto/2007 OBSERVADOR

Os comentários não são todos agradáveis, mas a sua existência (e permissão) é bom sintoma democrático. É uma das cousas boas de Vieiros que não deveria ser evitada por ninguém.

Quem quiser escrever, aguente as críticas. O Mallo (Malho? Maio?) é um mixiricas nesse sentido. A Loli tem muitos mais c... mas é bastante incoerente. Não se pode ter tudo.

galeguzo #23 24/Agosto/2007 galeguzo

Concordo com Observador em que quem sair à esfera pública em de saber aturar as críticas. O contrário, publicar um artigo e não permitir comentários, é sintoma de covardia. O mesmo que atirar a pedra e esconder a mão.

trampan #24 24/Agosto/2007 trampan

Tes toda a razón Brais, coas navalladas sen vir a conto que hai nos comentarios é comprensible que haxa quen non os permita. Por outra banda, a min ALala nin me vai nin me ven, ainda que algunha vez parei a tele nel porque hai que recoñecer que está ben feito. Pero nese horario gustaríame ver outro tipo de programa. Por exemplo, algunha desas series de producción propia ás que se refire a articulista.

Carl #25 24/Agosto/2007 Carl

Polo que sei é máis un criterio de Vieiro que dos articulistas. En Vieiros moita xente pásase coas críticas e moitos máis as fan educadamente, independentemente de que se poida estar dacordo ou non. O que interesa básicamente é o que aportan os articulistas con maior ou menor calidade, e iso sí, lembrade que no 95% dos casos é Vieriros quen lles pide que escriban...

OBSERVADOR #26 25/Agosto/2007 OBSERVADOR

Minha rola, que opinas das declarações da conselheira de educação sobre o hino e as Galescolas Roubadas?

Yoda #27 25/Agosto/2007 Yoda

A Quin foiselle a pelota. Os nenos entre 0 e 3 anos que son os que van ás galescolas primeiro terán que saber ler, entender, etc ... isto é o fundamental e o razonábel

Que forma de facer o ridículo. O Himno é de todos pero sair con paridas do estilo de que os nenos de 0 a 3 anos aprendan o himno cando casi nin saben falar, nin ler,... en fin

OBSERVADOR #28 26/Agosto/2007 OBSERVADOR

Yoda: a Quin foi-se-lhe a bola quando roubou as Galescolas.

Agora, como tem que fazer-se dono delas (posto que as roubou, não são suas, mas tem que aparentar que o são) diz cousas dessas. Como se fosse tão importante aprender o hino ou outra cousa.

Mas as declarações da EducaCIÓN são inadmissíveis. Como disse o Karallan, uma falta de educação.

LoliRodriguezAmoroso #29 28/Agosto/2007 LoliRodriguezAmoroso

Bueno, pois aí vou, a ver si desta me explico mellor;-)
En primeiro lugar gustaríame aclarar algo. Non son unha experta analista política que se dedica a escribir artigos de opinión, son simplemente Loli Rodríguez Amoroso, que unha vez cada quince días escribo daquelo que me chama a atención e o analizo dende as miñas coordenadas, que, lóxicamente, non teñen que coincidir coas de todo o mundo. Escribo do que penso, do que vexo e no ton e estilo que sei escribir. Se alguén busca nos meus artigos sesudas reflexións políticas é mellor que busque noutro sitio, porque aquí perde o tempo. Sí, estou en política e gusto dela, pero non son experta nin moito menos en moitos dos temas dos que escribo, nos cales me limito a dar a miña humilde opinión.

Igual que me puxen á disposición de Vieiros para escribir os artigos, sigo á súa disposición para deixar de escribilos si estiman que non teñen a suficiente calidade ou que non son do gusto dos lectores. De todas formas, xa me gustaría escribir como Carlos Casares, tomoo como un piropo e non como unha crítica.
En calquera caso, agradezo os vosos comentarios, pois estes sempre contribúen a mellorar, ou a intentalo.

Unha vez aclarado o tema, direivos que cando falo do cambio na TVG falo do que poden percibir os telespectadores, do que sae na pantalla, non do fondo, de como se organiza a TVG, da situación dos traballores(herdada e inxusta) ou dos orzamentos da mesma. E, como simple espectadora, penso que o Alalá é un símbolo do cambio neste terreo.

Paréceme moi importante que a televisión pública contribua a dar a coñecer a cultura galega, a nosa música e as nosas costumes. Creo que a televisión é unha das maiores "educadoras" (ou ineducadoras) do país, e comparto que haxa programas coma este, creo que axudan a facer país e conciencia de país. A música é cultura, e a cultura parte fundamental do que nos constitúe como galegos e galegas. Esto non significa que a TVG me pareza chachi piruli, como dixo alguén, claro que quedan moitas cousas por mellorar, simplemente recoñezo algúns cambios.

Esta semana tiven a posibilidade de disfrutar dun concerto de A Roda en Noia. E mentres disfrutaba coa súa música, pensaba na cantidade de mozos e mozas que non a coñecen, meditaba en porqué toda a xente de entre 18 e 30 anos estaba no concerto de Fangoria, á só uns metros, e porqué estaba rodeada tan só de xente de máis de 50. Serei unha "rara avis" dentro da miña xeración? Ou será que hai música que nos meten a miúdo polos ollos, que case nos obligan a comprar e a disfrutar, e hai outra que temos que buscar para chegar a ela? Durante ese concerto reafirmeime na idea de que o Alalá é, ademáis dun gran programa, un programa imprescindible.

Por outra banda, sí, e certo que é o PSdeG o que leva a a Secretaría Xeral de Comunicación, máis tamén é certo que os postos intermedios de dirección están repartidos (cousa que non comparto, por certo) entre o BNG e o PSdeG. É o director da TVG non cae precisamente do lado socialista. Así que as responsabilidades serán, cando menos, compartidas.

Con respecto ó tema do himno polo que me preguntan neste artigo vádeseme permitir que deixe a miña opinión para o próximo artigo de Vieiros.

Un saúdo

Gaviotero #30 28/Agosto/2007 Gaviotero

El bigobierno y el BNG, en particular, tienen como única aspiración la manipulación de la televisión pública gallega, que les pagamos entre todos.

http://www.lavozdegalicia.es/g...

Parece que Quintanilla quiere salir más en la tele...¿pero es que aún le parece poco lo que sale? Alguien debería recordarle que es la tercera fuerza política más votada, a gran diferencia de la primera y la segunda.

Y que no es el Presidente, sino el Vicepresidente. O sea, la alfombrilla de usar y tirar en la que se sustenta el Presidente en el Parlamento gallego.

teixugo #31 28/Agosto/2007 teixugo

NINHADA de RATOS!!!!!!!!!!

ranciadas #32 28/Agosto/2007 ranciadas

Loli mente nun importante aspecto, a TVG está sumamente teledirixida polo PSOE. Como explicar as diferenzas últimas de Vicepresidencia co tratamento dos informativos? Non hai que ser moi especial para velo, hai un dirixismo total socialista. Se existen programas como Alalá non é grazas ao PSOE precisamente, porque neses programas a maioría cultural é nacionalista, e ademais filliña, non trata de Galiza, senón da cultura galega (que non é o mesmo) e así hai programas de Vilafranca do Bierzo (ou un denigrante de Juanjo Fernández sobre Cervantes). Existe un cambio nalgúns, pero hai unhas eivas importante e no caso da lingua son chamativas (Os deportes baixaron e nos programas entrevístase por maioría esmagadora antes a castelán-falantes que a galegófonos. Como podemos falar de remesar cartas en galego e que che envíen a resposta en español.
Nesa TVG hai moitas cousas que non funcionan: a situación dos traballadores, os postos, de máis español-falantes, prexuízos cara ás comarcas estremeiras que non posúen nin un corresponsal, etc. E nisto o PSOE ten a maior parte da culpa, senón TODA.

OBSERVADOR #33 28/Agosto/2007 OBSERVADOR

Ranciadas, sobre o escritor Cervantes ou sobre Cervantes a vila galega?

Miguel CERVANTES SAAVEDRA, pelos apelidos (topónimos galegos ambos) bem podia ser galego ou descendente de galegos...

xansenmedo #34 28/Agosto/2007 xansenmedo

¡Ánimo Loli!

Non sabía que escribises en Vieiros, es moi valente. E moi acertada nos teus análises.

pikolote #35 28/Agosto/2007 pikolote

A ver que me entero, Ranciada. ¿Resulta que o malo da TVG é culpa do PSOE e o bo é do BNG? Non me fagas rir. Paréceme que non te lembras de como eran os informativos da televisión galega ata o verán do 2005. Penso que a cuestión de equilibrio de tempo entre os partidos está resolta. De todas formas podo recoñecer que falta esforzo para mellorar a propia calidade dos telexornais, pero iso é máis complicado que unha simple cuestión política.

Maeloc-do-Rouco #36 29/Agosto/2007 Maeloc-do-Rouco

O BNG nom esta "potenciando" as festas dos maiores. Eu vivo em Inglaterra e aco ha tambem festas de "seniors", ofertas pra "senoirs" e umha cheia d ecoussas do estilo e ha politicos tamem. O nom e esse. E a falha de transparencia e a utlizazom da gente maior com fins espeurios. Que Anxo Quintana leve o departamento encatgado dos maiores nom quere dizer outra coussa. A menos que a algum lhe ataquem complexos familiares e populismos barateiros e paternalistas do estilo do sr Orozco de Lugo ou Pacochet na Crunha. Esses si que som da onda fraguiana. Por estilo, por maneiras e por maquiavelismo politico. Coussas veredes

ranciadas #37 29/Agosto/2007 ranciadas

pikolote ou estás moi cego para non velo ou ves outra canle...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Loli Rodríguez

Loli Rodríguez

Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog.