Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fogar de Breogán

17:45 07/09/2007

Fogar de Breogán, ese debería ser o lugar común de tódolos galegos e galegas. Alí onde confluira o sentirse galego a súa maneira que cada un temos.

Mais non, desgraciadamente sucede todo o contrario. Novo enfrontamento no fogar de Breogán, esta vez a causa do himno, o himno de Galicia.

Eu ás veces penso que hai determinados políticos que teñen adicción ós medios de comunicación, gústalles saír, estar na boca de todos. E dígoo porque determinadas propostas xorden así, un día, sen máis, como cando, de súpeto, sacamos un coello da chisteira.

Esto é o que me parece que pasou co tema do himno. Un día o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, acordouse que en decembro se cumprían cen anos da primeira vez que foi recitado, alá en  Cuba, e deulle por dicir que os rapaces e rapazas tiñan que estudialo nas galescolas.

A  min paréceme ben que os nenos coñezan o himno, non sei si un rapaz de 3 anos ten a suficiente “madurez” como para iso, pero, en calquera caso, paréceme normal que se traballe con el nas escolas infantís, pois sempre é positivo que os rapaces galegos se familiaricen con algo que forma parte da súa cultura.

Agora ben, formular esto case como dogma de fe, que é o que fixo Quintana, xa me parece demasiado.  É que ademáis é tan evidente que é froito da improvisación que asusta. Imos ver, Vicepresidencia, responsable das galescolas, negociou coa Consellería de Educación o Decreto polo que se establecían os contidos de estudo na etapa de educación infantil, e en ningún momento propuxo de maneira directa o tema do himno. Si supoñemos, como defende algunha xente, que eso xa se contén no Decreto cando fala de coñecer os símbolos e a cultura galegas non entendo esta polémica dende ningunha óptica; e si, polo contrario, entendemos que non está contemplado dentro diso, por qué non o planteou Vicepresidencia no seu momento? Non se pode gobernar un país dende a improvisación.

No caso contrario
Reflexionando sobre isto, e xa digo que a min non me parece mal, o que me pregunto é: que lle parecería a Quintana que o Estado, cando fixa os contidos mínimos dalgunhas asignaturas, fixase, por exemplo na de música, que os rapaces españois teñen que aprender a tocar o himno de España dende pequenos? Pensaría o mesmo que manifesta con respecto ó himno galego?

Ou si o himno español tivese letra, apoiaría Quintana que os rapaces o coñecesen ó mesmo tempo que ó galego? Neste mesmo senso, apoiaría Rajoy para o himno español o mesmo que critica para o galego?

Sobre a estupidez do diario El Mundo con respecto ó noso himno creo que se comenta por sí soa. En calquera caso creo que se resume no propio himno: “non nos entenden, non”.

Xa para rematar paréceme que Quin estivo pouco áxil nesto do himno, mágoa que non se lle tivese ocorrido antes, podería telo presentado ó concurso de Vieiros  “A polo ghit” para escoller a mellor canción do verán. Si ademáis lle poñía voz “Superpiñeiro” de seguro que hoxe todos estaríamos gozando ó son de “Os Pinos” soando por doquier nos centos de festas que cada verán se celebran no noso país, tamén nas que organiza a Vicepresidencia. Aí, Quin, faltouche un verán.

2,15/5 (39 votos)


Comentarios (16)

maruxo40 #1 7/Setembro/2007 maruxo40

Amiga Loli,

Pódeste poñer cos pés para arriba, de lado, de costas ou en posición "decúbito supino". Podes buscar a centralidade aristoteliana, a virtude do centro, podes facer o que queiras.

Mais por moito que fagas o PSOE segue sendo o Partido Socialista Obrero ESPAÑOL.

fuco-lois #2 7/Setembro/2007 fuco-lois

Loli,lola, lolae, lola.
Nadar e gardar a roupa!. Que si, que non, que pode e xa veremos. En fin. Café ou leite, uo mellor café con leite.

IgnacioMargall #3 7/Setembro/2007 IgnacioMargall

Moi je m'appelle Lolita
Lo ou bien Lola
Du pareil au même

Gaviotero #4 8/Setembro/2007 Gaviotero

Cuidado, Loli, aquí si no hay adhesión inquebrantable a los Principios del Movimiento...Nacionalista, claro, te van a poner de vuelta y media.

Es cierto que los políticos hoy en día, y en especial los que se autodenominan progresistas, son bastante oportunistas, aprovechando todo tipo de aniversarios, incidentes, etc. para dictar políticas y doctrinas varias de hondo calado. En esto, el memo que tenemos por Presidente del Gobierno y sus memos autonómicos, empezando por el memo gallego, son auténticos expertos.

teixugo #5 8/Setembro/2007 teixugo

Moi je m'appelle Lolita
Quand je rêve aux loups
C'est Lola qui saigne
Quand fourche ma langue
J'ai là un fou rire
Aussi fou qu'un phénomène


PARA OS QUE SIGUEM: Ninhada de RATOS!!!!

manelon #6 8/Setembro/2007 manelon

Por favor pense no que escribe:

Mire, por exemplo, A Lista de Schindler. Os xudeus eran degradados con termo "sucio rato (rata)".

Non rebaixe así a súa dignidade e a dos demais.

teixugo #7 8/Setembro/2007 teixugo

"Jaluf" lhe dim os palestinhos aos judeus hoje em dia, eh...?

teixugo #8 8/Setembro/2007 teixugo

Qual é aparte que não entende na posição que o galego tem hoje em dia com relação ao castelhano e o castrapio promovido pelos medios... afins a Castela?
Voçê que é tão dado a didática.

OBSERVADOR #9 9/Setembro/2007 OBSERVADOR

Acho que o "conflito" não se dá entre galegos.

Carbalho #10 10/Setembro/2007 Carbalho

Lamentable, o desta Loli. Quizais debería engadirse na súa biografía que é Presidenta do CONXUGA grazas a un lamentábel pacto co PP e organizacións da extrema dereita.

O artigo, penoso. Para aquí e para aló, nen si nen non, nen todo o contrario.

carlosroca #11 10/Setembro/2007 carlosroca

Curiosa posición demagoxica do PSOE... En cataluña non teñen eses problemas con Els Segadors na etapa infantil... En fin, xa sabemos que cos españois o conto é ben triste...

condedecotobade #12 10/Setembro/2007 condedecotobade

Evidentemente cando Quintana fala do hino galego estase a dirixir aos votantes nacionalistas por iso é normal que diga que lle gustaría que os rapaces coñecesen e cantasen o himno galego. Daí a considerar esas declaracións unha política pública do BNG hai un bo cacho. Ninguén pensa que nas galescolas se vai ensinar o himno porque son rapaces de menos de tres anos!!!!! Do que se trata é de que canten, xoguen e aprendan en galego para que creen vínculos positivos cara o idioma. Por suposto a algúns isto parécelle aleccionalos e botan as mans á cabeza (tipo gaviotero) pero é imposíbel que unha medida abertamente nacionalista sexa aplaudida pola oposición centralista do PP, así que que se lle vai facer...
Con respecto ao que di Loli do hino español paréceme pura demagoxia. Evidentemente ningún nacionalista galego sente especial simpatía polos símbolos do Reino de España, pero iso non quere dicir que os cargos do BNG non os teñan respectado nos seus compromisos institucionais. Ou acaso non ondea a bandeira monárquica española nos concellos gobernados polo BNG?
O PSOE xoga a colocarse como xusto medio para mostrar que eles son os únicos moderados da política galega, e Loli o único que fai é defender esa liña editorial socialista como fai Gaviotero co PP e os nacionalistas (eu incluído, e excluíndo a algún bárbaro estilo eugalego) co BNG.

galeguzo #13 10/Setembro/2007 galeguzo

Loli, em geral estou de acordo com o conteúdo do artigo, já que assinalas as diferentes contradições e hipocrisias que envolveram esta 'polémica' interessada.

Porém, vê-se-che demasiado para onde varres, o qual em si próprio não é mau, mas sim quando o camuflas numa falsa equidistância. Decerto Quintana esteve pouco ágil na polémica, mas qual foi a atitude do presidente da Junta? Qual a da conselheira de Educação? Foram mais ágeis? Contribuíram a apagar a polémica ou a estendê-la?

blasgarcia #14 10/Setembro/2007 blasgarcia

Loli, cada vez que leo certos comentarios vexo a falla de argumentos que posuen algunhas persoas. Uns falan do CONXUGA, outros do ESPAÑOLISMO do PSOE, ..., poucos ou ningún argumento para rebatir o que dis.

Eu coincido co que di "condedecotobade": Ninguén pensa que nas galescolas se vai ensinar o himno porque son rapaces de menos de tres anos!!!!! Do que se trata é de que canten, xoguen e aprendan en galego para que creen vínculos positivos cara o idioma.. Unha cousa é que os nenos e nenas pequenas se familiaricen e convivan co galego, o cal é importantísimo a lingua e a cultura galega

carlosroca #15 10/Setembro/2007 carlosroca

Iso si, vexolle moito futuro no PSOE.. Pepe Blanco tamén foi presidente do Consello da Xuventude de Galiza e mirá.
Pois nada, segue a facer méritos.

BonKarallan #16 10/Setembro/2007 BonKarallan

Gobernar xuntos PSOE e BNG é moi difícil e haberá moitas pedras no camiño. Sobre todo en materias que tocan o nacionalismo.

Moita xente ten dúbidas e non saberá a quen votar nas próximas eleccións.

Así que haberá que ter bastante paciencia porque o PP está axexando con máis pedras e non é momento de mandar ao carallo, o feito ata agora, aínda que sexa pouco.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Loli Rodríguez

Loli Rodríguez

Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog.