Este ano celébrase o 125 aniversario da chegada da locomotora a Galiza, feito que Curros Enríquez deixou inmortalizado nos seus famosos versos:
Velaí ven velaí vén avantando..
A ministra Magdalena Álvarez di que non se esquece de Lugo, en entrevista concedida a Ana Rosa Quintana(6/9/2007), mas a realidade semella outra ben diferente. Se comprobamos os trazados para as liñas de velocidade alta (non de alta velocidade, sic), Lugo non aparece en ningures.
Cómaros e corgos...
Mas non se trata de reinvidicar unha liña que pode ser de moi discutida efectividade para o desenvolvemento da Galiza e de grande impacto ambiental. O que marca as diferencias entre Lugo e as outras cidades de Galiza é o abandono (consciente ou non...) da sua comunicación por tren tradicional. É escandaloso que Lugo non teña liña férrea con Santiago. Esta tería que ser eficaz e rápida. De dupla vía electrificada para reducir o impacto ambiental por emisións de CO2. Desta maneira estariamos comunicados con Vigo e A Coruña. Hoxe hai apenas 2 trens diarios e lentos Lugo-A Coruña, mentres A Coruña-Vigo ten 29.
Unha segunda vía de comunicación coa costa da Mariña, faría de Lugo a porta de Asturias e Cantabria para accederen a Vigo e Portugal.
Parecia unha nosa Señora, unha Nosa Señora de ferro.
Mentres, reclámase outra autoestrada: Lugo- Compostela, seguindo o Camiño de Santiago e pondo en perigo a súa consideración de Patrimonio da Humanidade. A alternativa máis barata sería facer un enlace en Teixeiro ata Lavacolla coa autovía Lugo-A Coruña (47Kms fronte100 Kmts). Os cartos que se aforraran poderían ir para mellorar a estrada vella, con carrís de aceleración e mantemento axeitado, así como para a vía férrea Lugo-Santiago, con paraxens en todas as vilas do camiño.
Detrás dela non veñen nen abades nen cregos/que ven a cultura , a civilización e o porgreso.
O reequilibrio territorial implica comunicación. Rápida, eficaz e barata. Entre nós e cos outros pobos. Lugo debería de tirar vantaxe da súa posición xeográfica: Comunicándonos coa costa, integramos a provincia, e abrimos a porta ao norte e a Franza. Comunicándonos con Monforte, por dupla vía electrificada, achegámonos a Ourense e á Meseta. Santiago poríanos en contacto con Vigo e Portugal. Mas isto require orzamentos (non tanto coma o AVE que, de momento, voa lonxe) e vontade política. Desa que fai país, non da que comercia cos votos cada 4 anos. Ese condicionante é o máis dificil de acadar. Falamos de Desenvolvemento Sustentable e incrementamos a nosa dependencia enerxética do petróleo xunto cas nosas emisions de CO2 a atmósfera, mentras enviamos a nosa electricidade fóra con grandes disipacións polo transporte. Falamos de Plan Estratéxico e esquecemos integrar o noso territorio. Hai que deixar de tirar diñeiro público e a nosa pólvora en salvas.
E ti río dos grandes destinos, que cantas os trunfos ibéricos. O Miño, que percorre Galiza, cantará algún día a recuperación do lugar que lle corresponde a Lugo nos mapas?
Antes chegara a alta velocidade que a doble vía, antes os intereses extranxeiros a Galiza que os das persoas qsue aquí moramos!
Adela, alegra-me saber que já se podem comentar os teus artigos. Espero que sejas consciente da importância que tem permitir o acesso às críticas, que nalguns casos podem ser simples provocações, mas noutros casos seguro que construtivas e necessárias.
1º De dupla vía electrificada:
R:Que datos manexa vostede que confirmen a necesidade de dobre vía con electrificación?
2ºDesta maneira estariamos comunicados con Vigo e A Coruña.
R: Xa estan comunicados con Vigo e A Coruña por vía férrea, outra cousa é o estado da infraestrutura e do número de servizos que haxa. No caso de Vigo, enlaces directos, non hai ningún.
3ºHoxe hai apenas 2 trens diarios e lentos Lugo-A Coruña, mentres A Coruña-Vigo ten 29.
R: Esta afirmación é falsa, que eu saiba, hai tres trens directos diarios, a saber , dous trens de Media Distancia e un de Larga Distancia, o Estrella Galicia A Coruña-Barcelona, máis o Talgo Finisterre A Coruña-Barcelona cada dous días. E sobre os 29 enlaces A Coruña-Vigo... mellor calar por non dicir unha barbaridade.
Non nego que a comunicación sexa:
Lenta, mais non lle bote a culpa ao tren, senón á decimonónica infraestrutura.
Cara (no caso dos trens de Larga Distancia, por ter que pagar unha kilometraxe mínima)
Escasa, mais non faga demagoxia pretendendo comparar as áreas que unen os R-598 entre Vigo e a Coruña (A Coruña, Bergantiños, Compostela, Barbanza, Arousa, Pontevedra, Vigo, etc.) con Lugo, os números non minten.
En fin, non estaría mal que para defender as súas teses contrastase un pouco máis a súa información, gustaríame de verdade, xaque os intereses que defende son tamén os meus, mire, é tan doado coma ir a http://www.renfe.es
Aconséllolle tamén o portal http://www.tranvia.org para que se documente a conciencia e non teñamos que ler lindezas coma o dos "vellos e lentos trenes Talgo diesel" que se poden ler en xornais como La Voz de (Caixa)Galicia.
Saudiños esperando no andén.
#3 brigantium, acho que na Barbança e em Bergantinhos não há comboio nem o haverá
Pero a xente de barbanza si que utiliza a liña atlántica, dende as estacións de Padrón, Catoira e Vilagarcía. Non sei os de bergantiños.
Totalmente de acordo. Queremos unha Galiza enche de trens. Que se pode un mover dentro e fóra de cada cidade a través de trens, tranvías e metros. Como ocorre nos países de Europa Central: Alemaña, Austria, Francia...
E nada de vías estreitas. Vías anchas, dobres vías, o que faga falta. Hai que envorcarse en avanzar neste sentido, e arranxaranse moitos problemas de comunicacións, entre eles os problemas de tráfico. Berlín e Viena son dúas cidades que non teñen problemas de tráfico, nin en horas puntas, nin cando chove.
Así que ¡¡papá ven en tren!!, pero cando o haxa.
Bergantiños, Corcubión, Fisterra, Muros, Noia...están esquecidos das vías de Deus.
#4 Efectivamente, A Barbanza non ten estación, mais si terá coa construción da nova variante para a LAV do Eixo Atlántico en Dodro. Pero digo eu que algo terá que ver con que a de Vilagarcía sexa a cuarta estación de Galiza en número de pasaxeiros, por detrás de Santiago (1ª), Vigo (2ª) e A Coruña (3ª).
Sobre o comentario irónico de que collen o avión na Lavacolla convirás comigo en que tamén haberá xente que colla o tren en A Coruña e que sexa de A Mariña, por exemplo, pero a súa incidencia non é a mesma que a que podan ter os habitantes de Bergantiños ¿non si? Os de Soneira, por exemplo, se van a Vigo, adoitan coller o tren en Santiago, é cuestión de números (de poboación e de distancias).
Saudiños ;)
ós políticos encántanlle estas cousas. e as multinacionais que fabrican esos trebellos tamén. pero entre o que vai custala cousa e o que van a roubar, alguén botou a conta do que significará en desenvolvemento real do territorio? actualmente o servicio de tren entre as cidades galegas parece ser ben deficitario e as comunicacións unipersonais coa capital do estado non están tan descarriadas cas liñas de autobuses express e os avións do arco occidental. será ésta unha fonte de avance real para todo o territorio ou será matar moscas a cañonazos ( cañonazos de todos, claro ) coma o monte gaias ou os parques industriais? témome realmente que a cousa sexa máis ben esto último e que o debate que nos ocupa encha páxinas e páxinas tapando outras moitas miserias. pero si eu tivese unha constructora ou fose político ó cargo, indudablemente poría a un grupo nutrido de técnicos a loar con cifras canta infraestructura se faga.
Adela Figueroa naceu en Lugo. É catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti. Participou na fundación de organizacións como ADEGA ou a AS-PG e é tamén portavoz de Nunca Máis en Lugo. Ten xa unha numerosa obra científica e literaria. Na actualidade é presidenta de ADEGA.