Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


210 euros

13:25 23/09/2007

210 euros debe ser a cifra máis escoitada nos últimos días. Dende logo o Presidente de Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e Carme Chacón, Ministra de Vivenda, conseguiron que non haxa nin un mozo en toda España que non saiba que pode solicitar unha axuda de 210 € para gastos de aluguer.

É en momentos coma este cando, como moza, me sinto máis orgullosa de militar no Partido Socialista.

O plan de apoio á emancipación e impulso ó aluguer é noticia estrela nos medios de comunicación, ben sexa polas medidas que contempla o propio plan, ben polas críticas que lle fan os partidos da oposición. E aí é onde eu quedo perplexa.

Imos ver. Mentras gobernou o Partido Popular os prezos da vivenda eleváronse cinco veces por riba do crecemento dos soldos, o prezo aumentou un 150% entre o ano 1998 e o 2005, e ademáis eliminaron todas as desgravacións fiscais por aluguer.

O Partido Socialista, no seu programa electoral, comprometeuse coa mocidade á atallar ó problema da vivenda, e iso estamos facendo dende o comezo da legxislatura. O incremento do prezo da vivenda reduciuse nun 60%, pasando de medrar ó 18% a medrar ó 7%. Estanse construindo máis vivendas protexidas que nunca, no 2006 iniciáronse 95.200 vivendas protexidas, a maior cifra dende o ano 1987.

E ademáis estase apostando polo aluguer, unha alternativa á compra de vivenda, moi apreciada neutros países da UE pero allea á cultura española e que, dende o meu punto de vista, habería que potenciar.

A partir do 1 de Xaneiro do 2008, todo aquel mozo de entre 22 e 30 anos que cobre por debaixo dos 22.000 € anuais terá dereito a acceder á unha axuda de 210 € mensuais. A esto hai que engadirlle as novas desgravacións fiscais do aluguer, medida que xa existía con anteriores gobernos socialistas e que o PP se encargou de eliminar, amén de medidas que dan garantías e seguridade ós arrendadores das vivendas.

Así que, ó PP, máis lle valería estar calado e mirar un pouquiño para os datos de vivenda de cando eles gobernaban, que non sei como non lles cae a cara de vergoña cando falan de determinadas cousas.

Outra vaca no millo
E logo está o do BNG, que xa me parece de chiste, como se soe decir: Outra vaca no millo! Nestos días saíu a Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, manifestando as súas reticencias sobre o plan e dicindo que temía un aumento dos prezos dos alugueres.

Sobre esto gustaríame dicir que, da pillería non escapa ningunha medida das Administracións Públicas, pero que tachar de irresponsables os donos das vivendas en aluguer, que é, en definitiva, o que se deduce das súas palabras, paréceme bastante fóra de lugar nun representante público.

Tamén penso que seguramente a conselleira debería preocuparse máis por facilitar o acceso á vivenda ós mozos e mozas galegas e deixar traballar ó resto das Administracións.

Básicamente porque así como todo o mundo coñece o plan estatal do que estamos a falar casi ninguén coñece as medidas postas en marcha pola Consellería de Vivenda. Anuncios no periódico tipo “Plan de vivenda 2005-2008” sin máis especificacións moitos, pero actuacións poucas.

E outra cousa máis lle diría á conselleira, que en lugar de dedicarse a criticar ó Ministerio de Vivenda, aínda podería aprender deles algunha cousiña. Por exemplo a facer un plan consensuado. Carme Chacón reuniuse con entidades de tódolos sectores interesados para consensuar o Plan: sindicatos, organizacións de consumidores, Consejo de la Juventud de España, promotores, cooperativas de vivendas, administradores de fincas, etc, etc… A ver si algún día a Conselleira toma nota e se reúne tamén para consultar as medidas a tomar para atallar o problema da vivenda en Galicia.

En fin, xa se sabe, o falar non ten cancelas!

1,59/5 (29 votos)


Comentarios (25)

sanquera #1 23/Setembro/2007 sanquera

Quisiera saber si tu eres propietaria o estas alquilada

jujolor #2 23/Setembro/2007 jujolor

a min coma socialista e nacionalista pareceme unha medida inxusta, xa que porque no se axuda doutra maneira e non dando unha limosna
porque eso e namais que unha limnosna mentras eles fan un gran despilfarro dos impostos de todos os traballadores, de todos non somanete daqueles que teñan de 22 a 30 e o resto dos traballadores mirando pra cuenca, señores sexamos serios



SEMPRE EN GALIZA

ecoe #3 23/Setembro/2007 ecoe

Tamén se coñecen da ministra os apartpensión de 40 m2. (Ou eran menos?)

IgnacioMargall #4 23/Setembro/2007 IgnacioMargall

1) Es Carme Chacon o Carmen Chacon? No se que tal le va a aprecer a tu companyera de partido que no escribas bien su nombre.

2) Pues, yas ves, a mi el tema de los 210 euros me parece una clara medida electoralista y un despilfarro absoluto. Y por supuesto que va a subir el precio de los alquileres por culpa de medidas de este tipo. Ya esta otra vez el Estado transfiriendo dinero publico (dinero de todos y no del Gobierno) para favorecer los intereses privados (como ya lleva haciendo durante tantos anyos con la industria automobilistica, entre otras). Efectivamente, los 210 euros son un arma de doble filo y podria ser pan para hoy y hambre para manyana. Si realmente el Gobierno espanyol esta preocupado por el precio de la vivienda, que lo regule por ley. Asi ahorramos todos. Pero no caera esa breva.

3) Bien, otro articulo puramente demagogico, sigue asi y llegaras muy alto en tu partido (pero no demasiado, porque ya se sabe que los puestos mas altos son siempre para los hombres).

Maeloc-do-Rouco #5 24/Setembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Isto e o que pasa coa partitocracia...umha militante pesoista comportandose (com perdom) como umha acritica mili-tonta (com perdom)...A pobreza dos debates e tal que nem sequera e quem de estudar a proposta primigenia (nom oportunista, pobre e eleitoralista da ministra pesoista Chacon)...Se um analiza a proposta da conselheira Taboas um decatase de quem som os verdaeiros socialdemocratas (galegos isso sim) e quem som uns "chapuzas" que so olham ao curto prazo sem valorazons de alcance a longo e meio prazo...A reserva do 40 por cento de chao publico pra vivenda protegida supera o 30 por cento estabelecido fora das presas eleitorais (oportunistas repito) polo governo pesoista espanhol. E fai-no atendendo as caracteristicas povoacionais de Galiza ja que atende esta necesidade naqueles concelhos que superem os 20.000 habitantes. Laiavel e triste espectaculo estades a dar os pesoistas (de socialistas N-A-DA / R-E-M) repartindo cheques de 210 euros pra cazar votos entre os menores de 30 anos. Que pouco sentidinho!...Venha subvenzom!! Lembrades-vos do modelo PP das subvenzons directas?? O modelo Taboas nom e eleitoralista, mais e asisado, estudado e sera eficaz porque e serio, nom umha pallasada que, jaora, os coleguinhas do partido pesoista nom vam criticar..Faltaria mais! Democracia??

felipin #6 24/Setembro/2007 felipin

Estimada Loli. Eiquí onda o noso viciño do sur, os estudantes teñen dereito a recibir axudas de ata o 50% do valor do aluger do piso que decidan alugar. A consecuencia foi que os arrendadores perguntaban se eran estudantes e se o eran pois lles subían o aluger e así os alugueres medraron en Portugal para todos. Non é nada novo e é o que vai pasar eiquí. So hai que informarse (cousa fundamental para gobernar).

carlosroca #7 24/Setembro/2007 carlosroca

Pois mire vostede, Sra Presidenta do Consello da Xuventude. Foi o problema da bolsa de alugueiro da Xunta de Galiza do PP. Ao non haber control provoucou que as axudas se fosen en incrementos do prezo do aluguer.
Eis a consellaria da Sr.Taboas a que está dando axudas con control do prezo. Se a ministra Sr. Chacón faino igual e en coordenación coa administración autonómica, quen ten as competencias, será benvida a axuda. Senon é así as axudas ficarán no peto dos propietarios das vivendas á alugar.
Xa llo sinto pero a realidade é como é.

Sara_Mago #8 24/Setembro/2007 Sara_Mago

Em Viena, por exemplo, o Concelho compra apartamentos que logo aluga a baixo custe as pessoas que o necessitam, particularmente a gente nova. Velai umha medida inteligente ja que que o que o Concelho inviste na compra das vivendas, vai-no recuperar com os alugueres, ainda que tenham que passar muitos anos.

Os concelhos galegos, ou a Junta ou o Estado, poderiam fazer algo parecido com os pisos de proteccom oficial (comprar umha parte e aluga-los). Isso e um investimento.

O dos 210 Euros e um gasto inutil que vai fazer que aumente, nom apenas os importes dos alugueres como se tem tido, se nom a inflacom em geral. Esta claro que as pessoas entre 22 e 30 anos vam-se beneficiar a curto prazo (tambem os proprietarios das vivendas, obviamente) mas para todos os demais vai ser muito negativo. Tambem e mais que provavel que os que se beneficiem hoje va-no lamentar amanha, quando ja nom tenham direito a subvencom e tenham que voltar ao mundo real do mercado inmobiliario com uns precos desorbitados (en grande parte por culpa desta medida eleitoralista e irresponsavel).

Do discurso desta senhorita, nada que dizer, fala por si proprio.

Sara_Mago #9 24/Setembro/2007 Sara_Mago

Assim como o PP compra o voto dos velhos, o PSOE quer comprar o dos jovens (e o Estado Espanhol e um dos mais endividados).

ranciadas #10 24/Setembro/2007 ranciadas

Pero esta señorita en que galaxia sociolista vive? Dáme noxo que Vieiros acolla a esta xente. Demagoxia pura e dura, os 210 euros non é máis que unha medida electoralista de Zapatero para recuperar o voto xove, que o único que fará é aumentar o prezos dos alugueres. E de recibo, esta "tía" métese con Táboas do BNG. Ai, rapaciña, non lle chegas nin ás zovas a Táboas, que o que dixo non é de chiste, senón a realidade.
O chiste, é moi malo, é a túa demagoxia barata e ridícula, exemplificada nesa frase de "eu como moza". Pufff!!!

Sacho #11 24/Setembro/2007 Sacho

Prezada, num esforço de consideraçom connosco considere a oportunidade de pouparnos exercicios de campanha politica como estes últimos ártigos que leva publicados aqui. Realmente um só pensa que está aqui enviada em "missão" polo seu partido para roubar votos nacionalistas. De qualquer maneira os leitores não merecemos este trato.

cocomgz #12 24/Setembro/2007 cocomgz

A verdade é que non hai moito máis que comentar ao respecto...

fuco-lois #13 24/Setembro/2007 fuco-lois

Menudo nivelaso de artigo, que profundidade de análise. Eiqui escreve calquera, esta muller que se instrua un pouquiño e logo se queda con algo, que nos ilumine. Ou este foro é lugar para facer "méritos" para a ver se...?

Wagneriano #14 24/Setembro/2007 Wagneriano

Achava que as únicas "Nuevas Degeneraciones" que havia em Galiza eram as do PP mas é evidente que estava equivocado.
Conseguir votos com o dinheiro de todos através de medidas demagógicas e populistas como esta nom tem preço nem responsabilidade, é claro. Também gostaria, se pode ser, de subsídios para consertar a minha dentadura, para comprar livros e DVDS (isso é cultura, onde ficou a promessa de reduzir o IVA destes produtos), para comprar um carro que necessito para deslocar-me ao trabalho, para uma operaçom de miopia no olho, etc...
Incrível o nível argumentativo desta senhorita...e o mais triste é que de aqui a nom poucos anos é possível que a vejamos no Hórreo. Prémio à mediocridade, ao servilismo e a todo aquilo que jamais deveria aparecer numa pessoa que tem que representar e velar polo bem comum. Claro que aqui é muito doado dispor do dinheiro dos demais...no pior do pior, só hai que demitir e nom ter medo a qualquer responsabilidade para viver o resto dos dias com um "modesto plus" por ter servido ao povo durante X anos.

carlosroca #15 24/Setembro/2007 carlosroca

Precisamente o camiño da Consellaría de Vivenda está sendo a criación de parque de vivendas públicas en aluguer.
Porque o estado non adica os seus recursos para que Galiza poida acelerar estas medidas, nas que ten competencia exclusiva, e se deixa de facer políticas demagogas e inflacionistas?

Tarelo #16 24/Setembro/2007 Tarelo

Ola!

Escribo para unirme ós comentarios críticos, co artigo "210 euros" de Loli Rodríguez. Teño 34 anos e ainda que me deran o soldo sen ir a traballar, non votaría por ZP, ou Rajoy ou Quintana, etc. Parecenme máis interesantes calquera dos foreiros que eiquí escriben. A xente nova temos que despertar e darnos conta que hai cousas máis importantes que a Playstation, o Real Madriz, Fernando Alonso, Rosi ou ZP.

Acabo de cambiar de vivenda, e foi imposible atopar unha vivenda no meu concello, tiven que buscar nun concello veciño. Dende logo sacan algunha axuda, pero non sei como é, que nunca cumpro todos requisitos. Neste caso, cobro menos de 22.000 euros ó ano, pero teño 34. Nonsei o que di ou fai Táboas, pero comparto que anunciar a bombo e platillo os 210 de axudar non só é boa nova para a xente nova, senón tamén para os/as arrendadores/as, e porque non, para as inmobiliarias e para os que adiantan os cartos nas hipotecas, os bancos. A medida é electoralista, e polo que acabo de decir non só vai dirixido ós menores de 30, tamén vai dirixido a captar o voto dos especuladores que fan negocio a conta da precariedade e do diñeiro facil do governo. Aplaudo iniciativas de que as admisnistracións construan vivendas e as aluguen tendo en conta as particularidades dos cidadáns máis necesitados.

Se alguén coñece a opinión, na materia, doutras forzas políticas non aludidas no artigo "210 euros", gustariame escoitalas. Grazas

dumiense #17 25/Setembro/2007 dumiense

Non sei como se pode ser tan hipócrita e tentar espallar unha opinión cando nin sequera un mesmo cre nela. É imposible que unha persoa cun cerebro ben posto poida pensar que esta medida vai ser positiva. Temos liberdade de mercado e con isto non podemos facer nada. Hai unha axuda de 210 Euros? pois os alugueres subirán 210 Euros, moi doado, o capital non entende de persoas.

É triste ver como quen se sinte orgullosa de ser socialista e de ser militante, se sinta máis por medidas como esta, que só colaboran co capitalismo. Cara onde vai o Partido Socialista, un paso máis cara a dereita... se Pablo Iglesias levantase a testa matábavos a todos.

afonsoriscos #18 25/Setembro/2007 afonsoriscos

Plan de vivenda do PP: aumento de prezo da vivenda de alugueiro +20%.

Plan de vivenda do BNG: aumento de prezo da vivenda de alugueiro +2%.

Plan de vivenda do PSOE: aumento (previsíbel) de prezo da vivenda de alugueiro +210€.

ademais, paréceme de coña que un goberno que se dí "socialista", aplique subvencións lineais, sen que importe o prezo da vivenda, se cobras 22.000€ ou 14.000... habería que saber o que cobra a nosa amiga polo cargo de Presidenta do Consello da Xuventude, ademáis de saber para que carallo serve o citado Consello.

lavesedo #19 25/Setembro/2007 lavesedo

Lamentábel. Non hai outra. Eu persoalmente non estou a ollar avances na política de vivenda da Táboas, tampouco a miro no meu concello, e non dou entendido eses tempos lentos da política. Pero o do psoe en xeral, mais o galego en particular, o desta ghicha que ten a vergonza de asinar este artigo, -seica foi a universidade, a que????-, non ten nome. Realmente non hai ninguén mellor nese partido?? Polo que eu teño coñecido, non, lamentabelmente non.

Gaviotero #20 25/Setembro/2007 Gaviotero

Hay Loli, tan sociatilla tú...nunca estuvo tan difícil el acceso a la vivienda como hoy en día, con tipos de interés que duplican la tasa de hace cuatro años y que impiden a los jóvenes financiar la compra de una vivienda.

Precisamente por eso, Loli, los jóvenes de tu generación, los que no tienen la suerte de la Chacón, de cobrar más de 100.000 euros anuales como exVicepresidenta del Congreso y Ministra, esos, no pueden hoy en día acceder al mercado de la vivienda que, ante la falta de oferta, ve como dejan de crecer los precios en la magnitud que lo hacían.

Los precios no dejan de crecer, Lolita, por ninguna acción de los socialistas. Lo hacen porque unos tipos de interés cercanos al 5% impiden la compra.

Con lumbreras económicas como tú, no me extraña que vuestro Presidente necesite, por lo menos, "dos tardes" de economía.

¿Por qué en tu columna de publicidad electoral pura y dura no hablas por ejemplo de las ayudas al alquiler y a la compra que daba Fraga y de la Bolsa de Alquiler o la Hipoteca Joven que nada más llegar el bigobierno se encargaron de eliminar?

Serías tú la que deberías callar para que no se te cayera a ti la cara de vergüenza tras contarnos estas milongas para progres pijos entre los que probablemente te encuentres.

Viviendo del sueldo público, eso sí. Que bien te lo ganas con columnitas como esta.

Gaviotero #21 25/Setembro/2007 Gaviotero

Se me olvidaba, Loli...no te pases con los del BNG, que son los que te mantienen en el cargo a ti y a todos los sociatillas galaicos.

rexgt #22 25/Setembro/2007 rexgt

En lugar de dar esmolas aos xoves o que debera facer o señor "Zapateiro" sería controlar a precariedade no emprego para que cada un reciba o correspondente ao seu traballo e non estar facendo horas e horas extra de balde, ter que ir a traballar incluso estando de baixa ou traballar en condicións infrahumanas sen proteccions de seguridade como sucede en moitas empresas do estado espanhol, iso si que sería unha prioridade e non a esmola dos 210€.

Gaviotero #23 26/Setembro/2007 Gaviotero

Efectivamente...hace cuatro años el PSOE no hablaba más que de precariedad. Parecía el gran problema económico español Hoy en día, con tasas todavía superiores de precariedad, estamos en la "Championlí" de la economía mundial...

Maeloc-do-Rouco #24 26/Setembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Muito recomendabel (especialmente pra pesoista -socialista?? vaia chiste- autora deste texto de propaganda acritica do partido ao que ela pertence)

http://www.xornal.com/article...

BrunoTrentin #25 26/Setembro/2007 BrunoTrentin

Négome a entrar a valorar polo miúdo semellante panfleto pero apetéceme comentar varias cuestións sobre o a institución pública da que é presidenta a autora do mesmo.

1º Para Gaviotero. No goberno da Xunta o PSOE e o BNG si que manteñen un pacto de goberno pero no Consello da Xuventude de Galicia o pacto é PSOE-PP (por certo,partido este último polo que, deducindo do teu nick, debes de ter simpatías)

2º Este Consello da Xuventude de Galicia (CXG)é unha institución pública que xa deu a luz varias "xoias" do actual panorama político galego e tamén estatal; J.M Lage Tuñas e o "grandirsmo" Pepe Blanco entre outros(ámbolos dous Presidentes do CXG e xefazos das Xuventudes Socialistas no seu momento).

3ºActualmente o CXG é un organismo "fantasma" cuxa utilidade para a sociedade que o "soporta" económicamente é nula.

Para o voso coñecemento.

Bruno Trentin.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Loli Rodríguez

Loli Rodríguez

Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog.