Cada día teño máis claro que os grupos políticos non acertaron á hora de propoñer e votar o Valedor do Pobo.
Non empezou ben a súa andaina facendo unhas declaracións sobre a nosa lingua que poderían merecer moitos cualificativos salvo o de afortunadas.
Non é a idea que eu teño do que debe ser o Valedor do Pobo, non é propio desta institución que o seu titular faga declaracións como as que fixo sobre a lingua galega, sobre todo porque creo que estas non coinciden co que pensan maioritariamente os galegos.
O señor López debe ser un destes personaxes que cando chega a un cargo público gusta de saír en todos os sitios, de xerar polémicas coa única intención de ver a súa foto nos xornais, porque se non, non o entendo.
Logo desas primeiras e desafortunadas declaracións, viñeron outras non menos graves. O Valedor pensa que non é necesario que a Xunta de Galicia xestione as competencias de tráfico, tema mediático por excelencia nas últimas semanas.
Para unha vez que os grupos políticos están de acordo en algo, ten que saír o Valedor a opinar o contrario. E digo eu, case parafraseando o Presidente da Xunta de Galicia, pero de xeito máis informal, a este home quen lle deu vela nese enterro?
Queixas de oficio
E como non hai dous sen tres, esta semana atopo que o Valedor tramita dúas queixas de oficio ante o Concello da Coruña e unha no Concello de Santiago polo tan traído e levado tema do botellón.
Empezo a pensar que é un problema de ego, pois neste tema concreto existe unha preocupación da Administración local, e mesmo da Xunta de Galicia, polo conflito que o botellón xera nalgunhas cidades.
Supoño que a interpretación que se lle debe dar a esta actuación é que intenta defender o dereito dos veciños a descansar. O que me pregunto é, quen defende o dereito ó ocio da mocidade? Quen defende as mozas e mozos galegos da criminalización que están sufrindo por parte dalgúns medios de comunicación? Por que non se dedica a poñer sentido común a todo este tema en lugar de botar máis leña ó lume?
E é que neste tema concreto un dos sectores implicados, como é o da mocidade, é o que está máis desvalido. Ou alguén contou con nós en todo este tema? Alguén nos fixo partícipes da busca da solución? Alguén nos preguntou por que facemos botellón? Alguén se cuestionou por que os adultos teñen dereito a usar os espazos públicos e ós máis novos se lles restrinxe este uso? Ou é que neste país só bebemos os mozos e mozas, só nós facemos ruído ou só nós temos carencia de educación ambiental?
O neno no bautizo
Non quero frivolizar con este tema, porque entendo que hai que conciliar o dereito dos veciños a descansar co dereito da mocidade a divertirse. O único que digo é que ninguén está contando con nós, coa mocidade, á hora de buscar posibles alternativas.
E tampouco conta con nós o Valedor do Pobo. A impresión que dá é que quere ser o neno no bautizo, o noivo na voda e o morto no enterro. E non creo, sinceramente, que ese sexa o seu papel.
En fin, por se tiñamos carencia de superheroes en Galicia, nace o Supermán Galego, Benigno López, a salsa de todos os guisos.
Eu non sei como será por lugo,pero onte pasei polo alto de san cosme, entre o porriño e gondomar e daba noxo ver como os vellos deixaran o monte despois do día de feira anterior. bolsas, cartóns, latas de refresco, etc. Claro, estes vellos non teñen educación, pensan que poden estragalo todo, é q
Que no, Loli, que no...que porque un cargo sea elegido por tu grupo parlamentario no tiene que ser una mera alfombrilla de quien lo elige.
Que tener a una persona con criterios propios e independientes es bueno en la democracia.
Aunque claro...¿tú estás por la democracia o admiras regímenes como el cubano y el venezolano?
Gaviotero, Loli non fala de que o valedor do pobo teña ideas contrarias ao seu partido...o que está a ocorrer é que ten ideas e proxectos contrarios ao pobo, que por certo ti ves como bo para a democracia.
¿Contrarios al pueblo? Entonces el problema es más grave de lo que pensaba, porque confundís los intereses particulares de un partido con el pueblo.
Yo soy parte del pueblo y considero que es mejor que las transferencias de tráfico se gestionen a nivel estatal.
Y respecto al uso del gallego en la Justicia, lo que dijo el Valedor del Pueblo es de cajón. Cuando no se domina bien el gallego y este puede inducir a expresiones erróneas, es lógico que se utilice la lengua que todos conocen y que permite evitar situaciones que por tratarse de la Justicia podrían ser gravísimas.
Sólo un fanático nacionalista, o una tía que para mantenerse en el cargo debe dorarles la píldora, como Loli o los suyos, rebatiría tal cuestión.
Nada diso, en Galiza debe ir en galego, se non se domina ben o galego pois a estudiar e a traballar, e a por se o dia e a enriquecerse culturalmente, como se os castelans empregasen o castelan sen trabucarse ou sen variantes dialectais... o que quere entender entende.
Ha ha ghavoteiro, dás a risa. Translate: Ja ja haces gracia. Analiza a túa frase, anda:
"Yo soy parte del pueblo y considero que es mejor que las transferencias de tráfico se gestionen a nivel estatal".
Canta falta de inoransia!!!! ha ha ha ha ha ha.
E que pasa coa xente que non comprende ben o castelán, eses que se fodan, non é, meu home?? Eses pró cárcere todos, por falaren galego!!!
Ah!! Eló non sabías que para alén das torres de garcía barbón hai un mundo de xente que fala galego?? Si, ghavotinhas, si, eses das aldeas que somos tan raros e falamos así de mal, que non se nos entende, que falamos tan pechado, que alghúns semellamos mesmos portughueses ou así ao falarmos, NÓS TAMÉN TEMOS DEREITO DIANTE DA XUSTIZA, CACHO PAILÁN.
E logo cantos dedos ten na man carallo?
Claro, lavesedo..."falta de inoransia" es lo que yo tengo, sobre todo ante un ser superior y privilegiado como tú.
Yo no te llamaré pailán, porque a diferencia de lo que te sucede a ti, que te has quedado sin argumentos y necesitas insultar, te diré que si no sabes castellano, tendrías que leerte una ley que te obliga a conocerlo.
Y que la gente, mejor que peor, habla el castellano en cualquier punto de España, también te lo digo yo. Incluso en tu aldea. A lo mejor el que debería salir de la aldea eres tú...
Bos Días!
O que máis me sorprende é que non haxa autoridades que sexan capaces de solucionar un tema como o do chamado "botellón". Que pasa no resto da europa? Os suizos, alemáns, etc, teñen este problema. As nosas Autoridades,non son capaces de establecer unhas normas de convivencia de obrigado cumprimento por todos? Por favor! Que clase política temos!
P.S.: Ao Valedor que o cesen dunha vez. En tres meses cada vez que abre a boca, abochorna. Pero ollo, este home foi elexido UNANIMEMENTE por todas as forzas. Eiquí ninguén asume o fracaso da súa elección?. Pero alguén: PP, PSde G,BLOQUE, falou con el para intercambiar pontos de vistas sobre as grandes cuestións?.Que forma de denigrar as Institucións.PEro nada, outra cohorte de xente: Valedor, Vicevaledores, Secretarios e persoal, máis sede, coches ofiicias...para figurar.Que país!
o valedor do pobo debe estar pra defender o pobo de xente noxenta como algun, mais con ises non quere meterse.
SEMPRE EN GALIZA
Vamos ver:
-O "Valedor do Pobo" é cargo do "Reino de España".
-Portanto, é na "Comunidad Autónoma de Galicia" valedor do "Pobo español" domiciliado nesta parte do Reino.
-Qual é o que para esse cargo deve valer e vale? Depende.
-Segundo se exprimiu o atual titular e segundo agiram os anteriores, não é precisamente "la lengua propia de Galicia" uma das principais preocupações nem talvez secundária. Nem o cumprimento da legalidade hoje em vigor, nem a defesa dos utentes da "lingua autonómica".
-Então?
-Então esse cargo, como todos os cargos públicos, está para defender a "españolidad" dos galegos. Ou não?
Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog.