Causa número 30426. Só isto xustifica a Lei de memoria histórica. É o número de causa que tiña o proceso seguido contra 57 persoas acusadas de pertencer ás Juventudes Socialistas Unificadas (JSU) ou ó Partido Comunista de España.
A Lei da memoria histórica, que ben podería chamarse da xustiza histórica. A lei que lles pon nome ós esquecidos, ós perdedores, ós condenados, ó esquecemento durante décadas.
A lei que lles pon nome a trece mulleres que loitaron pola liberdade; a lei que recorda o nome das Trece rosas.
A Lei de memoria histórica que lles pon voz a Pilar Bueno Ibáñez, condenada por formar parte do Comité Provincial das JSU e por organizar a sección feminina destas; a Virtudes González, por colaborar na tarefa; e a Joaquina López Laffite polo seu cargo de secretaria feminina e de secretaria xeral.
Que lles pon voz a Carmen Barrero Aguado, por confeccionar un plan de traballo para a sección feminina; a Dionisia Manzanero por ser enlace entre diferentes membros das JSU; ou a Anita López Gallego por formar parte das JSU e participar nas súas actividades; o mesmo que Antonia Torres Llera, Victoria Muñoz García ou Elena Gil Olaya.
Que lle pon voz a Luisa Rodríguez de la Fuente, a quen lla roubaron por ser xefa duns dos grupos das JSU.
Que lles devolve a dignidade que un día lle roubaron a Blanca Brisac Vázquez e Adelina García Casillas, condenadas por intervir en traballos de organización e actividades das JSU.
Unha Lei de memoria histórica que recoñece a dignidade de Julia Conesa, condenada por vender billetes do tranvía naquel Madrid que se resistía á ocupación das tropas franquistas.
Dende aquel 5 de agosto do 1939 Julia, Blanca, Carmen, Virtudes... permaneceron non só no esquecemento dos cemiterios senón no esquecemento da memoria dos vencedores. Quixeron borrar non só da historia senón tamén da memoria a aqueles que morreron defendendo as súas ideas.
Herdeiros dos vencedores
E os herdeiros dos “vencedores”, algúns ós que se lles enche a boca falando de dignidade, de xustiza ou de liberdade cando se refiren ás vítimas de ETA, ás que tamén lles quitaron a voz por pensar diferentes, eses, os mesmos, argumentan que non se poden desenterrar os mortos nin reabrir vellas feridas.
Reabrir? Pero quen pechou esas feridas? Si, durante moitos anos o réxime botoulle terra enriba, pero canta terra se necesita para non sentir os latidos do corazón daquelas que esperaban non escoitar o seu nome nas noites de “saca” na prisión das Ventas? Canta para non imaxinar a dor de Elena, de Victoria ou de Anita cando lles aplicaban correntes eléctricas en peitos, pulsos e dedos de pés e mans? Canta para non escoitar os berros das trece rosas inmediatamente antes de ser fusiladas? Canta para non sentir como esvaecían os corpos de trece mulleres tras os disparos da inxustiza?
Reabrir? Non se pode reabrir o que nunca se pechou, o que viviu no corazón dos seus familiares, na memoria dos seus compañeiros e camaradas.
Reabrir? Non. Esta lei non gaña unha guerra que perderon os que defendían un goberno lexítimo, esta lei non gaña a guerra que perderon os que non a empezaron.
Pero a aqueles que a empezaron, ós que baixo a súa bota someteron todo un pobo non lles gusta, non vaia ser que perdan a guerra que un día gañaron inxustamente, non vaia ser que a memoria os poña no lugar que merecen.
Non. Esta lei dá voz e xustiza, esta lei pon a cada quen no lugar no que debeu estar.
É o mínimo. Porque ningunha lei nos devolverá os asasinados, ningunha lei enxugará as bagoas que verteron as nais das fusiladas, ningunha lei lles devolverá os anos perdidos que estiveron no cárcere ou no exilio… Ningunha lei lles devolverá a vida nin a palabra, pero cando menos recoñeceralles a loita pola democracia, recoñeceralles a valentía, recoñeceralles a dignidade que moitos intentaron que esquecésemos.
Unha lei que cumpre, tarde, pero con xustiza, aquilo que Julia Conesa lle pedía á súa familia naquela última carta escrita poucas horas antes da súa execución: “Que mi nombre no se borre de la historia”.
Un pequeno homenaxe a Julia, Virtudes, Anita, Joaquina, Blanca… ás trece… e ós miles de treces que deixaron a vida defendo a liberdade.
Ostia!!!! Eu que pensaba que os comentarios ían para os redactores de Vieiros e resulta que van para o Papa directamente. En fin Santidade, que eu o que quería comentarlle a Loli é que o PSOE governou o réxime ese do que fala desde 1982 até 1996, e desde 2004 até agora. Así que excepto polo periodo 1975-1982 e 1996-2004 a terra que se botou enriba proviña do partido socialista.
E nada, coide ben dos tesouros artísticos do Vaticano que aínda non fun a Roma pero gustaríame que estén ben conservados para cando vaia.
Unha aperta
Loli, siento que los socialistas no seais capaces de salir de un 36 y un antifranquismo en el que jamás estuvisteis (igual es por eso...), pero los españoles seguiremos encarando el futuro y buscando la concordia y no el enfrentamiento sectario.
La Ley de Memoria Histórica tiene los días contados. El 9 de marzo, con la victoria del Partido Popular, iniciará su proceso de derogación.
Y nos pondremos a gobernar y no a ajustar cuentas pendientes fruto del complejo de no haber sido antifranquista cuando algunos sí estaban jugándose el pellejo. Pregunta en el PSOE a ver si encuentras alguno, Loli...
A Lei da Memoria da que fala é inxustamente insuficente e ademáis inoperante socialmente, mentres non haxa unha condena social e política do Franquismo, que tardará, pois a hipoteca pesoísta é moi grande, e para máis inri leva moi malas compañías posfranquistas, o que lle fai imposible ningunha reconversión nin cambio en libertade.
Nada vai cambiar para as familias represariadas, mentres non se aborde socialmente e por tódolos medios a crítica e a condena do golpismo nazifascista do Franquismo.
Rogelio, dices: "matar a alguien que no se puede defender por no haber nacido". Aclárate, difícilmente se puede matar a alguien que no haya nacido. Sólo los nacidos puedes ser matados.
Otra cosa sería si dijeses que desde tu ideología política o religiosa entiendes que el nasciturus, desde que concebido, ya es individuo humano. Pero esa es opinión tuya. Lo mejor sería que os atuviéseis a la legalidad; la española es sumamente prudente.
Por otro lado, no entiendo que os preocupéis tanto por los nascituros y dejéis a los nacidos a la buena de Dios. Ya sé que Dios es bueno y providente, pero suele actuar por medio de los otros humanos (según vosotros opináis, si más o menos hacéis caso de lo que dice el Evangelio).
En fin.
Gaviotero:
Seguides empeñados en que neste periodo de tempo, absolutamente tódolas propostas de carácter lexislativo , auspiciadas polo goberno do Estado,e a maior parte das veces ademáis, secundadas por unha maioría considerable nas Cortes Xerais se fixeron con ánimo de revancha, ou en contra de alguén. Estás profundamente equivocado. Esta lexislatura caracterizada pola ampliación de dereitos cidadáns, pola dignidade das victimas (as de antes e as de agora),polo recoñecemento explícito a nivel estatutario do novo contexto de validación reclamado desde as distintas comunidades e nacionalidades do Estado e por imprimir un xeito de facer política, en correspondencia a cidadáns libres e iguales, evidentemente non tellen acollida seguramente na tua proposta ideolóxica. Prepárate porque aínda queda moito que facer. Emplázote ó mes de marzo. E a modo de suxerencia: esta vez aceptade o resultado... ou non... porque agora a diferencia de hai 70 anos estamos preparados.
#4 Este non é o autobús que vai a Compostela. Andas un pouco despistado non?
Gaviotero. Seguro que pensan que hai membros de ETA que teñen contas pendentes coa xustiza, non?
Pois da mesma forma, pensa que hai persoas do réxime franquista que tamén as teñen, porque asasinaron a inocentes e non foron aínda xulgados por iso. Dá igual que estean vivos ou que xa morreran. A xustiza non prescribe porque o asasino esté morto.
Pero segundo ti o PP vai facer borrón e conta nova e prefire esquecelas. As de ETA entendo que non.
Non é un axuste de contas. É xustiza.
Quizais a lei se quede curta, pro a súa necesidade xustificaa, quen vexa revancha en lembrar os vencidos so pode ser por algún complexo de culpa.
Todos temos culpa de que non se fixese antes pro o mais importante e que se fixo en contra dos de sempre, dos do non cando non o fan eles.
Me parece increíble que existan seres humanos sobre la tierra que no acepten leyes de este tipo. Me indigna que después de 40 años de dictadura existan españoles que les fastidie que se dignifique a quienes fueron injustamente encarcelados, desposeídos de sus puestos, asesinados, humillados...
Esto es el PP, esto es casi la mitad de España, que asco de pais, que nausias me produce esta gente. En el resto del mundo se juzga a los dictadores y a sus compañeros... en España no sólo no se hace esto (sra. Loli Roguez eso también debería ser parte de la Ley y no lo es) sino que se critica que se dignifique a los perdedores...
A veces pienso si realmente esta gente tiene algo dentro de la cabeza...
Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog.