O líder da oposición galega, Alberte Núñez Feijoo, acaba de propoñer que o ensino en Galicia se realice en tres linguas vehiculares: galego, castelán e inglés. Deixando á marxe a incoherencia e o oportunismo político, deixando tamén á marxe que esa aposta polo inglés é escasa e inxenua, é evidente que resulta unha medida máis interesante, máis provocadora e máis clara cá que nos propuxo hai uns días o goberno socionacionalista co seu Decreto Piñón.
Eu, dende logo, preferiría que o Partido Popular tivese tamén na negociación do decreto as ideas e o modelo tan claros como di telos agora. A manobra é impecábel. Primeiro relean na idea (tímida) do goberno, que acaba por aceptar, en aras dun consenso, un decreto mediocre que non satisfai a ninguén. Pero a seguir Núñez Feijoo propón outro novo modelo, que descualifica o seu movemento anterior, pero que sobre todo deixa nas verzas o insulso e inútil decreto Piñón adiantándoo pola dereita.
O peor de todo era que o decreto Piñón, e temo que tampouco as forzas políticas que están no goberno, teñen un modelo claro ao respecto de qué facer coas linguas no ensino. E sobre todo, cal é o obxectivo. Uns e outros falan de galeguización, de ampliar as porcentaxes, de que se a lectoescritura quizais si ou quizais non, pero non nos explican onde nos queren levar, que queren conseguir. ¿Queren que os galegos que gobernen este país en 2030 sexan capaces de exportar a nosa cultura ao mundo e de dirixir unha comunidade con identidade de seu e integrada nos fluxos económicos do planeta? Con eses elementos, a única conta que me sae é a dun ensino bilingüe en inglés e galego. E as porcentaxes e as materias que as distribúan os expertos, non os políticos.
É unha discusión que ten que medirse en termos de investimento económico e avaliación, non en patriotismo. A maior parte do galeguismo lingüístico gastou e segue gastando toneladas fólguicas en reivindicar o galego como a nosa lingua, argumento válido en 1960, pero non en 2010. O galego é unha das nosas linguas, pola que quizais sintamos un maior aprezo e, particularmente, a que nos outorga un maior capital simbólico e non simbólico. Pero xa non é a nosa única lingua. Reivindicala e corrixir as porcentaxes do ensino apoiándose niso só leva á incomprensión da cidadanía, á falta de ilusión nos sectores implicados e a un medo a que a prensa perversa publique titulares: e do medo derívase a inmobilidade.
E hai que pasar ao ataque e dicir con claridade que a posibilidade de futuro máis brillante competitivamente é un modelo bilingüe (un modelo bilingüe, e non ese fuleira proposta a tres de Núñez Feijoo cunha soa asignatura vehiculizada en inglés en secundaria). No canto diso elaboramos un decreto por consenso que o único que fai é "activar" un Plan de Normalización aprobado polo mesmo consenso (pero promovido por outro goberno) hai catro anos. Un decreto que como único cariño recibe aquilo de "algo máis có de agora parece que é". Retrocedemos catro anos.
Levamos demasiado tempo amando a nosa lingua. Levamos demasiado tempo usando consignas reaccionarias de "unha lingua, unha nación" sen decatarnos de que polo ollo desa agulla entran todo o máis o 15% dos galegos e das galegas. Levamos tempo sen gañarlle un peso a isto, e hai que empezar a gañar pesos e falantes. E o inglés pode ser un bo sistema de adiantar pola dereita, elegantemente.
boa reflexión,realista e ante todo non autocompracente.
O unico problema é que nin sequera o q a propñon cre q esa proposta sexa posible, simplemente e falar por falar...
Primeiro haveria que fazer-lhes entender a esses pseudo-cosmopolitas monolingues (em castrapu) do nosso pais que o galego e a porta pra falarmos galego-portugues polo mundo adiante (mais falantes ca o frances). O bilinguismo so e REIAL cando se traduz na pratica falada. Aco em Londres cheguei a presenciar o esperpento dum galego diglossico falando um ingles horrivel cum brasileiro. A dignidade luxada polo pailanismo extremo, tam cotiam nesses miolos acomplexados que dominam a criazom de opiniom em Galiza. O galego CONSCIENTE DA RIQUEZA do seu bilinguismo aproveita-o para bem, mais a circunstancia da degradazom historica e do asobalhamento social da nossa lingua tem essas connotazons que moitos perfirem ignorar ou olhar pra o outro lado. O bilinguismo leva (ou pode levar) ao trilinguismo. De facto as estatisticas demonstram que som os catalans os que mais e milhor dominam ingles no Estado Espanhol. A competencia em ingles dos portuguesses (a meirande dos quais tamem fala espanhol) e infindamente maior ca da teimudamente monolingue Espanha castelhana (engadindo aos galleguinhos diglossicos) que se resiste a falar portugues, galego, catalam, ingles, etc...Nom hai mais ca abrir os olhos pra de verdade sabermos e comprobarmos quem esta aberto ao mundo e quem tem a boca de escuma e cerolinguismo, nom si sr Nunez Habichuelo??
Compañeiro Xabier vexo que gostas moito da análise económica en cada un dos teus textos, análise feita dende a óptica neoliberal de entender a economía só dende os números cando o certo que ten mais de política que de matemáticas. Non entendo como pode medirse esto en termos de investimento ecónomico, tampouco sei porque "unha língua, unha nación" é reaccionario. Creo que acertas de pleno nunha cousa: O desmedido interese en buscar o consenso como se esto fose sempre algo positivo.
Noraboa polo teu artigo, pareceme moi acertado.
Senhor Cid: não sei de que se queixa, cada quem tem o que merece.
Non concordo. Dicir que o galego non é a nosa lingua, mais si que o era no 1960, é simplemente abraiante ou definitivamente estúpido. Por moito que (aparentemente) lle amole ao señor Cid a maioría dos galegos e galegas seguen a falar, mellor ou peor, GALEGO, é a súa (nosa)lingua. E estou dacordo co Maeloc, o problema é que a maioría non é consciente da súa riqueza. Mentres no ensino do galego non se inclúa a idea da pertenza á lusofonía así nos vai ir.
(Ourense, 1975) é xornalista. Na actualidade é lector de galego na Universidade de Stirling, en Escocia. Máis información na súa web.