A campaña contra da nova materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, vixente xa en sete comunidades autónomas e que en Galicia empezará a impartirse o vindeiro curso académico, acrecéntase. A dereita política e relixiosa síntese reforzada pola sorprendente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía que vén de respaldar a obxección de varios alumnos en aberta contradición con outras sentenzas dos tribunais superiores de Asturias, Cataluña ou Aragón. Parece razoable e urxente que o Tribunal Supremo se pronuncie canto antes para unificar doutrina e para non prolongar, por máis tempo, a inseguridade xurídica e a incerteza.
Comparto a visión de que estamos, esencialmente, diante dunha confrontación política, non tanto educativa, pois se analizamos os contidos da nova materia, os establecidos nos deseños curriculares e nas principais publicacións coñecidas e utilizadas ata o de agora, sen prexuízos, creo que estariamos todos de acordo na necesidade de aprender (e ensinar) a convivir, de coñecer e practicar os valores cívicos e democráticos, dentro e fóra das aulas, as chamadas virtudes cívicas, para ter unha cidadanía máis competente, máis libre, máis tolerante, máis responsable e máis solidaria. Mesmo nos centros educativos os problemas de conflitividade e convivencia acentúan esa necesidade.
Os contidos curriculares de Cidadanía e Dereitos Humanos, na súa práctica totalidade, formaban parte (e seguen a formar parte) dos chamados Eixes Transversais, particularmente do de Educación para a Paz, e se nos detemos -con rigor- nos libros de texto máis coñecidos, os de José Antonio Marina, Carmen Pellicer, Fernando Savater ou no de Moisés Lozano, coordinador do libro de texto do Seminario Galego de Educación para a Paz para o Consorcio Editorial Galego, observaremos que inciden, sobre todo, na educación afectivo emocional, nas relacións interpersoais, na igualdade entre homes e mulleres e na prevención da violencia de xénero, na resolución pacífica dos conflitos, na tolerancia e nos valores constitucionais, na interculturalidade, en definitiva, todo aquilo que resumimos no concepto de Cultura de Paz tal e como foi aprobado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en 1999 e no seu Programa de Acción, así como nas insistentes Recomendacións e Resolucións dos organismos internacionais, especialmente, desde o ano 2002, da propia ONU, da UNESCO, do Consello de Europa, sobre todo logo do Ano Internacional da Cidadanía a traveso da educación en 2005.
Xa con anterioridade, Jacques Delors, presidente da Comisión Europea, autor do famoso Informe de Abril de 1989 "A educación acocha un tesouro" incidía na urxente necesidade de “aprender a ser, aprender a convivir, e aprender a vivir xuntos”.
Con posterioridade en España, de acordo con esas directrices, apróbase a Lei de Fomento da Educación e a Cultura da Paz no ano 2005 e a propia Lei Orgánica de Educación (LOE), publicada no BOE o 4 de Maio de 2006, que abondaron naquela mesma dirección. Os Plans Integrais de Mellora da Convivencia Escolar e a creación dos Observatorios da Convivencia nestes últimos anos nas distintas CC.AA e no MEC concretan –aínda máis- aquelas políticas.
Unha ética universal
A xerarquía católica primeiro, as organizacións máis confesionais despois e o Partido Popular, con tódolos seus medios, veñen liderando e amparando social e politicamente a desobediencia civil e a obxección a unha lei lexítima, mesmo Mariano Rajoy anunciou que suprimiría a materia se gañaba as Eleccións Xerais. Pero perdeu e lonxe de moderar o seu discurso, neste aspecto, segue a colocarse ó pé das sotanas de monseñor Rouco Varela, acusando de adoutrinamento e de catequese aos que defendemos a necesidade e a urxencia de educar para a cidadanía e os dereitos humanos, !qué paradoxo¡ confundindo interesadamente, a moral pública coa moral privada, ignorando que o máximo logro da intelixencia humana, como diría Marina, non é o avance tecnolóxico, como podiamos pensar, senón a construción dunha ética universal.
Porque estamos a falar de principios universais, que pertencen a todas e a todos, que son patrimonio da humanidade, non exclusivos de ninguén. Porque os distintos grupos humanos teñen códigos de conduta concretos para os seus seguidores, por iso falamos de moral cristián, xudía, budista ou islámica, e son lexítimas. O que non resulta lexítimo é querer impoñer unha moral privada ó conxunto da sociedade ou constituírse en xuíz e intérprete da moralidade pública dun país.
A Constitución, os Estatutos de Autonomía, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, na que se sustentan, establecen os principios básicos do funcionamento democrático, consagran os valores cívicos comúns a toda a cidadanía e ningunha lexislación pode poñelos en xuízo sobre a base da súa propia moral privada.
O Tribunal Supremo non debería permanecer máis tempo calado. E o novo goberno tería que clarificar dunha vez por todas o que entende por avanzar na laicidade do Estado xa que a situación actual, para a comunidade educativa, profesorado e familias, parece insostible.
Esta asignatura tiene por único objetivo el adoctrinamiento de los escolares en los valores progresistas: el calentamiento global, la corrupción, etc.
Pero bueno, de la misma forma que los nacionalistas incumplen los programas comunes de asignaturas como Historia y otras, las comunidades gobernadas por el PP son perfectamente capaces de incumplir con esta "maría".
Esta ben a reflexión ó redor dunha Etica Universalizable pero o tema ten demasiadas aristas como para despachalo botándolle a culpa ó chachachá... non hai cousa máis facil que botar balóns fóra!
En Galicia temos un problema co Decreto do Bacharelato e tódolos sindicatos do sector (agás a CIG) miran para outro lado (supoño que miran para o mesmo lado onde se atopa a Conselleira PSOE e o inútil Consello Escolar de Galicia que deu luz verde sen emendar nada!)
É curioso como se pode falar de éticas universais e darlle prioridade á Relixión Católica sobre a Filosofía ou a Historia...!
A política errática do PSOE neste sentido está favorecendo que xurdan cada día máis reinos de taifas na política educativa!
E nisto TODOS teñen a súa responsabilidade que non é pouca !!!
Máis sobre o mesmo:
http://vigo.cidadans.net/Erasm...
Des o ponto de vista nacionalista espanhol tu falas de Reino de Taifas..Eu nom (a nom ser que cando nos refiramos a pluralidade de manifesatazons culturais humanas na superficie da Terra tamem lhe chamemos a isso "Reino de Taifas", ainda que eu vexo-o como um agassalho a atesourar e nom como algo a desprezar) ...Galiza pode decidir a sua politica educativa do mesmo jeito que o fam Letonia, Moldavia ou Dinamarca...E logo por que nom?? Ca semelha que ajeitamos o conceito "liberdade" do jeito que mais nos acaia...eu moro em Londres e a mim ninguem me priva falar a minha lingua galega, como ha outro meio milheiro que seica se falam nesta cidade...E FALO-O COM TOTAL LIBERDADE...Orabem estou em Inglaterra e sei que por logica a lingua veicular deve ser o ingles como e o checo em Chequia ou o danes em Dinamarca (ou senom onde haviam ser veiculares???) Easy peasy
Para min que a cita, como libro importante no ámbito da Educación, de un libro do oportunista e antifilósofo Marina (un vendelibros), case que lle tira todo o valor ó dito.
Galicia no puede decidir su propia política educativa, de la misma forma que Vigo o mi colegio no decide la suya propia. La decide España en su conjunto.
Pero a Conselleria de Educación tamen esta a traballar contra esta materia pois negaserevisar a reducion a dúas horas da materia de Filosofia e Cidadanía e a darlle peso e recoñecemento a materia de relixión e ao persoal, nomeado pola cupula clerical, que a ministra nos centros educativos.
#5 Pero se anda por aquí o gaivotas!!! cantas horas sen saber de ti.
E pensar que andabas dando o coñazo na páxina de frijolito...
Debeuse aburrir. Alí a xente que comenta sonche da mesma corda de esquizofrénicos, e claro o neno non ten conquén xogar.
Á mínima danche unhas hostias chamandoche fascistas e reclamando a liberdade bla bla bla...
Xa se sabe que se insultan entre si, non falan e claro...
O que máis me extrana deste caste de persoas é esa teima en meterse o dedo do cú e despois lambelo. Que aficións máis curiosas esas de recrearse coa propia merda.
Non lle vexo cura á cousa, problematico non é, pero socialmente a cousa tira moito pa tras. Así despois carece un de amizades e ten que pasarse o día na internes...
Non quero pensar a onde lle leva a cabeciña vendo cartaces de Lara Croft na soidade que produce a asociabilidade...
De todas formas, non te preocupes neno "te queremos"; en todas as familias hai unha mascota, e nos xa atopamos a nosa. Saichesnos un pouquiño rebelde pero ao tempo eres divertidiña.
Claro que non tanto como as túas compañías "ideolóxicas" pero, tampouco queremos esaxerar.
#5 Essa e a opiniom nacionalista espanhola que professa vostede...e que se contrapom a opinions nacionalistas doutro signo (tam legitimas coma a sua no entanto o debate seja civilizado entre tudos os proponhentes)...A cada coussa polo seu nome (e sem insultos por favor)
Manuel Dios (Santiago, 1953) está licenciado en Maxisterio e Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago.