Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Dereitos e papeis

12:00 03/05/2008

Resulta infame deter – a retención é un xeito de non dicir que non teñen liberdade – a unha persoa por unha cuestión administrativa. Dabondo valiosa é a liberdade como para malbaratala deste modo.

Anuncia o goberno do Estado que vai cambiar a lei de estranxeiría. Unha estaría tentada a pensar que será para facer avanzar os dereitos – poucos – que posúen as e os traballadores estranxeiros que viven no noso país, que pagan impostos, que non poden votar, e que acostuman desenvolver traballos con salarios máis baixos e en peores condicións que nós. Pero non vai ser así. O goberno quere cambiar a lei ( lei que produce irregulares administrativamente, lei policial e de control, lei que convirte en sospeitosos as persoas polo feito de nacer fóra ... e de ser traballadores ) para endurecer unha normativa de seu indefendible democráticamente.

Arestora a lei e o regulamento contemplan un prazo de até 40 días para manter internado aos inmigrantes en situación administrativa irregular. Ben, pois propoñen ampliar o devandito prazo. Dous meses, ou seis, ou 18... Tamén se permite internar a menores non acompañados e as detencións sen orden xudicial previa. Unha lexislación de excepción feita contra unha parte dos nosos veciños, unha lexislación contraria a calquer mínimo democrático. As persoas somos- polo feito de sermos humanos- posuidores de dereitos fundamentais, cómpre non esquecelo.

3,36/5 (22 votos)


Comentarios (16)

ecoe #1 3/Xuño/2008 ecoe

U€ razista i expoliadora!

ranciadas #2 3/Xuño/2008 ranciadas

Iolanda non te molestes, a única alegría que tería sería que desaparecese xa do mapa ese enxendro de Izquierda Afundida, esa que nin respeta o topónimo histórico da Ría de Ribadeo o que apoia El Musel contra Ferrol en Madrid e en Ferrol. Iso si é estranxería.

Tarelo #3 3/Xuño/2008 Tarelo

Que razón tes Yolanda, de verdade!. En EU-IU, houbo compañeiros/as que non esqueceron nunca ser posuidores de dereitos fundamentais, por eso agora non están en EU-IU.

Longchamp #4 4/Xuño/2008 Longchamp

Por que temos que aturar os lectores de Vieiros a esta señora que fai artigos como de manual de dereito para adolescentes (ideolóxicos)?

lostrego #5 4/Xuño/2008 lostrego

Non me sorprende os resultados electorais dista xente co discurso dos dereitos fundamentais cando para eles os dereitos fundamentais dos cubanos carecen de importancia, por pór un exemplo.
Seguide có discurso de "papeis para todos!" que ides moi ben, cara a vosa desintegrazón. A ver , Iolanda, os paises teñen leis de estranxeria porque entrar ilegalmente nun pais é ilicito, e máis demencial é o limbo que estan a viver moitos inmigrantes: é politicamente correcto deixalos entrar peron non darlles papeis, polo que viven na marxinalidade polo feito de non se poder desenvolver, e isa marxinalidade pode rematar -loxicamente- en delincuencia se non tes que levar á boca. Non é cuestión de que o inmigrante é mao per se, se non que poderia acabar sendo delincuente se non lle das a posibilidade de traballar e de ser "legal", e iso non se pode facer con toda a xente do mundo que pretende acadar unha mellor situación porque non hai sistema económico e Estado de Benestar que o permita.

dumiense #6 4/Xuño/2008 dumiense

Nunca me cansarei de repetilo. A solución ao problema da emigración está claro. A UE e USA teñen que crear un fondo para que a xente que ten que marchar dos seus paises poda atopar un modo de vida digno. Mollémonos, temos que pagar o que lles usurpamos!!!

ulo #7 4/Xuño/2008 ulo

Temos que aturala porque, como dicia o outro, se non existira IU, o PSOE e Prisa a constituirian. Necesitan unha organizacion que poña pedras no camiño dunha verdadeira esquerda. Por qué, que fai criticando ao goberno do PSOE e logo pactando co PSOE no Ferrol (ou o PSOE de Ferrol é distinto do estatal?), ou que fai dando, dende a súa concelleria, subsidios as procesions/manifestacions na semana "santa"?.
E por certo, a mellor lei de estranxería é a que non existe, e chamase: PAPÉIS PARA TODOS, que declaren Ferrol zona libre de xenofobia e racistas.

ulo #8 4/Xuño/2008 ulo

Por certo, o BNG ten, tamen, unha esquizofrenia semellante. Para IU semella que o PSOE ferrolan é mellor que o galego ou o estatal. E para o BNG, Touriño é mellor que Zapatero.
Desta maneira, Zapatero, Touriño e Irisarri non teñen oposicion de esquerdas, só de dereitas. Menos mal que o PP, hoxe, ten un follon do copon e non se fai oposicion nada máis que a si mesmo.
IU e o BNG son frenos ao desenvolvemento da esquerda na Galiza.
Xa esta ben de esquizofrenias, ou cos gobernos do PSOE ou coa poboacion que sufre a crise. Non ha outra.

ulo #9 4/Xuño/2008 ulo

E por último, Sr. Quintana onde esta a "chamada" de Zapatero para chegar a acordos despois das eleccions. Pois a campaña do BNG foi esperando a "chamadiña de tf", e a unica que houbo, despois do que pasou na investidura, foi o chamamento ao PP a pactar.
Sr. Quitana ainda non explicou porqué o "cejitas" non lle chamou, mais segue a darlles folgos dende o seu postos de vice na Xunta.

mau #10 4/Xuño/2008 mau

Não percebo os comentários... O que têm a ver com o artigo? Eu gostava dalgo um bocadinho mais extenso e demorado, mas não acredito que as pessoas que verteram a sua opinião diverjam do que se diz. Porque atacar a organização à que pertence se não é o tema em questão. Porque tanta demagogia? Não tenho especial simpatia pela Esquerda Unida, como para defendê-la mas se quereis, convido-vos a que visiteis esta página. Tendes um catálogo de recursos dialécticos entre os que se encontram os que vos usais para atacar a I. Díaz.

Um saudo.

mau #11 4/Xuño/2008 mau

http://pt.wikipedia.org/wiki/F...

o link é este, o sistema parece não admitir html.
Desculpas.

tiEsMoito #12 4/Xuño/2008 tiEsMoito

O artigo é cativo, non di máis ca calquera letra punk dos oitenta, e desde logo moito menos que os comunistas dos oitena, síntoma do aggiornamento.
Pero os comentarios críticos son tan cutres (a EU e ao Bloque) e tan cagapoucos, que ben vale este retallo electrónico para un premio á mediocridade.
Por certo, estou a meter un dedo no nariz.

ranciadas #13 4/Xuño/2008 ranciadas

Sinxelamente, mau, porque nun medio máis ben nacionalista (Vieiros), non sei por que circunstancia temos que aturar pseudopolíticas cun artigo que parece feito nun momento do café no concello de Ferrol. Polo tanto non vou comentar nada do artigo, porque nin me interesa a persoa nin menos aínda o grupúsculo no que está, que me dá noxo. Nada máis.

mau #14 4/Xuño/2008 mau

#13 então?

edreira #15 5/Xuño/2008 edreira

A verdade é que vexo que cando certas persoas escreben algo, non se comenta a súa opinión, senón que atacase a súa ideoloxía política.
¿De verdade pensades que este é un medio mais ben nacionalista e que vos sodes nacionalistas?.
A primeira regra de un demócrata e respectar os demais.
A segunda, se de verdade este é un medio mais ben nacionalista, é ser un nacionalista galego e non converterse nun nazi-onalista galego, ninguén ten porque compartir opinións de outra xente ideoloxicamente diferente, mais de ai o insulto persoal hai moito camiño.
E xa comentando do artigo, non estou de acordo contigo Iolanda, as entradas no Estado teñen que ser de xeito regular, todo o que sexa ter bolsas de inmigración ilegal é favorecer e economía somerxida, o carto negro, a explotación dos traballadores estranxeiros.
Calquera persoa nada mais nacer ten uns dereitos civís, políticos e humanos, pero a emigración de unha persoa fora do seu pais para gañar o sustento da súa familia e a maior evidencia da falta deses dereitos no seu pais e de unha explotación do terceiro mundo de un xeito globalizado por nos, o primeiro mundo. A emigración é un xeito de "nova escravitude" dentro da legalidade imposta polo primeiro mundo.
Ten que ser legal, controlada e que teñan os mesmos dereitos que nos, e o xeito de rematar coa marxinalidade e a explotación da inmigración ilegal.

espartano #16 5/Xuño/2008 espartano

Onte foi un dia moi interesante na ria do Ferrol.

Sairon ao final os apoios DE VERDADE que ten o "Comite cidadan antireganosa" (franquiza local de “Galiza non se vende” na ria) e que son:

1.- Os comunistas españois de IU do Ferrol (Iolanda) que estan contra a planta de gas galega mixta publica-privada e A FAVOR da planta de gas PRIVADA CATALANA de Xixon de Enagas (que ten moitisimos mais riscos que a de Mugardos e esta mais perto de moitisima mais xente que a de Mugardos) e que esta a competir coa galega no mercado español do gás natural.

2.-¡¡¡ O "INDEPENDENTE" JUAN FERNANDEZ!!!!, SI!!!!, que estaba ahi calado e saiu para apoiar ao "comite cidadan antireganosa", co que aclarounos moitas cousas e deu a razon a moitos que pensaban que el era a peza que faltaba no VERDADEIRO LIDERAZGO na sombra do "comite antireganosa".
Para os compañeiros que non son da ria do Ferrol e que van vir nos autobuses o domingo a manifa de "Galiza non se vende" e interesante que sepan a quen van apoiar côa sua presenza aqui na ria:

Juan Fernandez e um militar acostumado ao ordeno e mando e que exerze e presume de tal. O seu altruísmo levouno a intentaren unha macrourbanizazon e um hotel NUNHA FRAGA DE ALTISIMO INTERESSE AMBIENTAL (MENANCARO) na que el ou os seus amigos ou parentes tiñan a propiedade das terras. Tamen foi moi altruísta o seu servizo publico cando intentou dende o concello o macro polígono industrial do Cha de Brion (nunha zoa de altisimo valor ambiental e paisaxistico e arqueoloxico) no que tamen tiña intereses econômicos, el ou os seus amigos ou parentes.
Políticamente parece deixar as veces a Jimenz Losantos na esquerda radical pólo que a sua “coalizon” com IU e o “comitê antireganosa” dos parentes dos catalanes de Enagas fai unha coalizon de INTERESSE PUBLICO E PROTEZON DO MEIO AMBIENTE TOTAL.
Xá so falta a presenza de algun terratenente latifundista coma Villar Hernandez apoiando ao comitê para dotarlles da massima coherencia ideolóxica e de defensa do interesse publico e xeral.


Por certo, ¿quen paga istes buses Vigo-Ferrol de "Galiza non se vende"?? (e supoño que, xa postos, daran também bocata e cervexa).

Em resumo: “Galiza non se vende” vai apoiar em ferrolterra a unha xuntanza dos comunistas galaico-asturianos-españois co altruista “independente” JUAN FERNANDEZ (o que Fraga tivo que botar fora do seu governo pólos seus problemas graves côa facenda pública aparentemente).

Tamen e interesante que a xente saiva que ONTE deuse AUTORIZAZON para continuaren as obras de dragado e RECHEO DE 33 HECTAREAS (¡¡¡!!!) no porto “esterior” de DENTRO DA RIA e contra o que o comitê antireganosa e “Galiza non se vende” no estan A DECIR NADA DE NADA.
O QUE PARECE E QUE TODAS AS MOVIDAS DO COMITE CIDADAN E “GALIZA NON SE VENDE” NA RIA DO FERROL SON MANIOBRAS DE DESPISTE PARA OCULTAREN AS AGRESIONS AMBIENTAIS VERDADEIRAS E BRUTAIS QUE SE ESTAN A FACER HOXE DENTRO DA RIA NA ZOA DA BOCA DA RIA, EM LIC NATURA 2000, E CONTRA AS QUE PROTESTOU DRAMATICAMENTE GREENPEACE E TODOS OS ECOLOXISTAS DA RIA DO FERROL.

Compañeiros de fora da ria, que os compañeiros do Ferrol de IU e de “Galiza non se vende “ vos enseñen as bestiadas do porto esterior da Ria do Ferrol na zona Natura 2000. Esta moi perto de onde e a manifa que apoia IU. E que vos espliquen porque O RECHEO DE 33 HECTAREAS ALI NA NATURA 2000 esta bem (segundo IU, ou polo menos calan) e o dragado ridículo no canal de entrada CONTRA O QUE SI IDES PROTESTAR e o único que esta mal (e contra Reganoa que non ten impato ambiental nengun).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Iolanda Díaz

Iolanda Díaz

Naceu en Ferrol en 1971. Exerce como avogada na súa cidade natal. Milita no PCG e é coordenadora nacional de Esquerda Unida. Forma parte, como tenente de alcalde, do goberno local ferrolán .