Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Portugal, Galiza e os ollos alleos

09:28 17/06/2008

O pasado 10 de Xuño celebrouse o día de Camões, o día das Comunidades Portuguesas. En definitiva, os portugueses celebraron o seu día da patria, unha información pouco relevante a nivel mediático xa que non foi referenciada (nin o foi nunca) polos xornais (en papel e dixitais) de Madrid e por extensión os europeus. Esta falla de información do que acontece no país veciño é bastante sintomática. Lonxe do Menos mal que nos queda Portugal, do paniberismo rexurdinte en según qué mentes (algunhas interesadas, outras menos) e da simple competencia en torneos deportivos, os nosos irmáns portugueses son uns absolutos descoñecidos. E podemos citar exemplos moi claros.

Quen é realmente importante na política europea? Alemania, Francia e o Reino Unido. Quen ten uns gobernantes con maior influencia (aínda que sexa mediática) na política comunitaria? Alemania, Francia, Reino Unido, España e Italia (configurando ese equilibrio entre a Europa continental e a mediterránea). E Portugal? Lonxe quedan xa as boas relacións co Reino Unido que o levaron a acadala independencia, ou a proxección internacional que tivo até o século XIX (conservando un imperio máis forte que o español). Agora mesmo, nin Cavaco Silva nin José Sócrates (aínda que este último é un político ben visto dende según qué países) son líderes recoñecidos. Nin, tan siquera, coñecidos. Quen rompe a regla: o señor Durao Barroso, con tan grandes méritos como aparecer na foto das Azores e levar a cabo políticas a imitación das de Aznar en España no curto período de mandato que tivo como primeiro ministro de Portugal (2002-2004). E tamén hai quen fala que Durao Barroso quitoulle proxección á UE (tendo en conta que os anteriores presidentes da comisión nos últimos 20 anos foron homes coma Romano Prodi, Manuel Marín – interino- , Jacques Santer, Jacques Delors e Gaston Thorn).  Mais Portugal non merece ese trato informativo.

Portugal é un país que, informativamente, dá máis do que recibe. Lendo os xornais deportivos (A Bóla) vese claramente, pero tamén lendo o diario “Público”, ou o “Diario de Noticias” podemos atopar referencias á política de España (Zapatero – e no pasado foino Aznar -  é un asiduo de páxinas de política). A lóxica do medo é a que guía Portugal: o xigante español (tan puxante económicamente en tempos lonxanos) ameaza con afogar aos lusos. E, a verdade, non creo que dende o Estado Español pensasen ningunha vez iso, non por falta de ambición de según qué partidos españolistas, mais sí por ignorancia e descoñecemento da situación de Portugal.

O país luso é definido politoloxicamente como unha das poucas nacións puras, estados cunha soa nación (e cultura) real do ámbito mundial. É moi significativo que isto sexa así: tan só unha illa como Islandia é considerada como un exemplo parello ao portugués. Este feito pódese explicar por dúas vías: polo descoñecemento por parte dos sabios da diferenciación cultural (que non nacional) Norte-Sul ou pola unidade nacional construida durante a ditadura que se arrastrou até os nosos días. Esta unidade nacional do Estado Portugués, construida sobre o patrón do vello imperio portugués e artificiosa por definición, non resposta á realidade. É inevitábel acordame do Air Galicia (ese programa de humor da galega) de hai menos dunha semana, na que os galegos se separaban de España e pasaban a formar parte de Portugal (nunha unión esaxerada nos tópicos, pero útil pra identificala). Portugal é o Estado-nación perfecto, superando a Francia. E non nos esquezamos, a ignorancia dos ollos que a miran, aínda avivan máis os tópicos e homoxeneización social das xentes que alí viven. Cómo se explica, se non, que os portugueses do norte falen cada vez máis unha lingua máis semellante á que fala o lisboeta?

Galiza non pode pecar de centralismo, como deseñaron os franceses o como aplicaron tamén (con maior ou menor éxito) portugueses e españois. Galiza non se pode refuxiar na ignorancia dos ollos dos que a miran (que seguen á vela como un lugar estrano), ten que saber equilibrar o interior e a costa, o rural coas cidades, non ter unha capital forte en termos industriais (pero sí en culturais) etc. Galiza, debe fomentalo uso da lingua do noso país, pero ten que respetar a gheada sen ridiculizala e incluir tamén en textos formais (e oficiais) o uso do che tan característico dalgunhas zonas de Ourense. O modelo multicultural suizo (que, malia que tamén son obxecto de prexuízos e visións externas erróneas), que respecta a identidade de quen fala unha lingua ou outra e que, mediante o seu sistema federal, artella o poder dos cantóns e o da federación, sería un modelo a imitar, ou polo menos a ter en conta na conciencia de todos os galegos con capacidade de dilucidar o futuro da nosa nación (independentemente do signo político co que nos identifiquemos).

E, a ver se dunha vez por todas, nos damos conta de que o Estado-nación (a raça que pregona Cavaco Silva) é un modelo caduco. Tampouco imos dicir agora que nós non somos GALEGOS, porque, é evidente que o somos. Mais non podemos nin cerrarnos ao mundo nin ignorar o que nos rodea. Non nos esquezamos da opresión, non nos convirtamos en opresores, como aqueles vellos comunistas que, unha vez vendidos ao capitalismo, convertíronse en burgueses. Sexamos coherentes; vivamos polas ideas.

3,17/5 (30 votos)


Comentarios (15)

AGIL #1 17/Xuño/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Texto acogulado de tópicos. Apenas reparo nos contidos no parágrafo final:
1.- «... o Estado-nación (a raça que pregona Cavaco Silva) é un modelo caduco.»
COM.- Já o vejo neste reino bourbónico... Caduco? E que faz (e consegue!) o reino contra o que se exprime em línguas não castelhanas? Caduco um estado que conseguiu do nosso comentador que escreva num "idioma" híbrido?... «Y, a ver si de una vez por todas nos damos cuenta de que el Estado [em maiúsculo, como Deus] - nación...» Ah, não está escrito em "galego": «E, a ver se dunha vez por todas, nos damos conta...»
...
2.- «Tampouco imos dicir agora que nós non somos GALEGOS, porque, é evidente que o somos.»
COM.- Evidente? Onde a evidência? E em que? Também os Rajoys e os Feijoos e mesmo os Carlos-Luis-Rodríguezes dizem ser galegos e como tais se reivindicam. É essa a evidência que devamos reconhecer?
...
3.- «Mais non podemos nin cerrarnos ao mundo nin ignorar o que nos rodea.»
COM.- Sem dúvida. Rodear, rodear, Portugal não rodeia a Galiza, mas o certo é que organismos espaÑoles, institucionais e para-institucionais, fazem com que na Galiza os galegos "notables" andem encerrados no seu mundinho e este, no madrileno, enquanto ignoram o que se passa no mundo da Lusofonia. A pergunta do neto ao avô hoje vai tendo resposta nédia: «Sí, los del otro lado de la raya son mucho más extranjeros que el gobierno de Madrid...»
...
4.- «Non nos esquezamos da opresión, non nos convirtamos en opresores, como aqueles vellos comunistas que, unha vez vendidos ao capitalismo, convertíronse en burgueses. Sexamos coherentes; vivamos polas ideas.»
COM.- Mas antes cumpre ter alguma... E não simplesmente tópicos, servidos desde a "madrileñidad" bourbónica. Um dos tópicos... no olho alheio fica assim exprimido: «Cómo se explica, se non, que os portugueses do norte falen cada vez máis unha lingua máis semellante á que fala o lisboeta?» Não existe "tópico" equivalente nesta parte da raia: «Como se explica que os GALEGOS TODOS falem (e pensem!!!) cada vez mais com sotaque madrileno? E não apenas os Vázquezes públicos da TV...» Não nega este facto a afirmação primeira, que critico: "o Estado-nación [...] é un modelo caduco"? Se fosse tão caduco, o estado-nação não teria tanto poder uniformador nem lá nem cá... Deixo de lado outro tema tentador, o referente à opressão e aos opressores, a que o comentarista alude com bastante alegria...

merce_ditas #2 17/Xuño/2008 merce_ditas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"[...]pero ten que respetar a gheada sen ridiculizala e incluir tamén en textos formais (e oficiais) o uso do che tan característico dalgunhas zonas de Ourense." Coñeces o termo "normalización"? Parece que non. Entón, ti dis que hai que meter todos os termos dialectais dentro da norma para que ninguén saiba con certeza cómo escribir normativamente. Unha cousa é a fala (e cada un pode falar como queira) e outra a lingua escrita (na que, nos documentos oficiais teremos que seguir algunha norma, a que sexa, únicamente para nos entender). Na fala, que cadaquén se entenda. Na escrita, sobre todo a oficial necesitamos a norma, xa se sabe que o que se fala non é normativo e non ten porque sélo, sempre e cando non sexa (seña que dicimos aquí en Lugo) unha comunicación oficial. Por exemplo, en chinés, teñen tantos dialetos tan diferentes que se non fora pola escrita (cuxos símbolos son milenarios) ninguén se entendería... E ninguén intenta que o seu dialecto conste na escrita oficial: a norma é un ben común.

galeguzo #3 17/Xuño/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo com os dous comentários anteriores. Acho que o artigo começa de um jeito bastante decente, diria mais, bate o ponto em muitas cousas de interesse, como o desequilíbrio no relacionamento luso-espanhol (sempre em detrimento de Portugal).

Porém, o texto começa a perder o rumo no fim do antepenúltimo parágrafo para, afinal, desvariar por inteiro em questões filológicas e sócio-linguísticas não argumentadas e tingidas de tópicos (como bem assinalam os dous primeiros comentários). E porquê se passa isto? Por não fazer caso da sábia sentença latina: "Ne sutor supra crepidam".

Morcego #4 17/Xuño/2008 Morcego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Curioso que há um artigo de opinião a seguir ao da Concha Rousia, de alguém que conhece a realidade das lutas sociais em Portugal, que por sinal é um texto muito interessante, e ninguém parece minimamente interessado.

Aqui só se comenta as questões relacionadas com a língua?!

independencia #5 17/Xuño/2008 independencia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home,o que di Falcon eche ben doado de ver.
Portugal e conservador,ultracatolico,centralista,imperialista.Ten moito que roer para chegar a uns niveis minimos de xustiza e igualdade.....Igual que o Estado Espanol

independencia #6 17/Xuño/2008 independencia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cuspido ao E.E. en desigualdade e inxustiza,quero dicir.

teixugo #7 17/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglósia, há XENOFóBIA.

galeguzo #8 17/Xuño/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 E que lhe queres? O artigo é bastante frouxo. Eu próprio já disse que concordo com a primeira metade do artigo. Mas se temos de valorizar o artigo na íntegra, vai perdendo força, dissolve-se sobre si próprio e quando o acabas de ler ficas pensando "e agora quê?".

É um texto inconexo, com uma parte que não tem nada a ver com a outra, sendo que uma delas tem umas quantas verdades (soltas, tampouco as analisa muito) e a outra vai inçada de tópicos.

Se afinal será que a culpa é dos leitores e não de que o autor não tenha claras as ideias... ou se meta em camisas de onze varas :p

teixugo #9 17/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglósia, há XENOFóBIA.

Caotinha #10 17/Xuño/2008 Caotinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Portugal não existe para os meios de comunicação social da Galiza. É paradimático o caso de "La Voz de Galicia" que tem edições de todas as comarcas do país, mas nunca há nenhuma referência à actualidade portuguesa,quer política, quer cultural,etc. Portugal unicamente existe para darem uma imagem negativa dele, e nem para isso se prodigam muito. Dá nas vistas que "La Voz de Galicia" às sextas-feiras dê informação de todos os campeonatos locais de futebol que há na Galiza, de preferente até terceira regional, inclusivamente dos principais campeonatos de futebol europeu, da liga inglesa, alemã, etc, mas no entanto não faça a mínima referência ao campeonato de liga português, uma liga modesta mas de qualidade. Talvez quando Portugal, essa selecção que tem jogadores com nomes tão familiares para nós como Carvalho, Ferreira ou Moutinho, consiga o Euro 2008 as coisas mudem. Mas eu não acredito nisso. Portugal continuará sem "existir".

croiosdetector #11 17/Xuño/2008 croiosdetector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Portugal funciona como unha autonomia de España. Mais, non por iso seguimos a berrar, NON ESTABA MAL, NON ESTABA MAL, TER UNHA AUTONOMÍA COMO A DE PORTUGAL!!!

edreira #12 17/Xuño/2008 edreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha das consecuencias do ultranacionalismo é a endogamia política e cultural, a inercia política que o guía é centrípeta non centrifuga, papa todo o que se lle pon por diante tentando destruílo. Non temos que ir moi lonxe no tempo e na distancia para ver como funciona.
Parabéns polo artigo.

cangueiro #13 17/Xuño/2008 cangueiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo no que se di máis arriba: caes en tópicas. Ora bem, eu sou dos que penso que unha influencia maior da Galiza no norde de Portugal rompéria essa forza centrípeta do nacionalcatolicismo português.

Temos que esquezermo-nos já de tanta leria de auto-odio. Nom é inevitável cair nisso, assim que por favor... O curioso é que umha portuguésa dixo-me o outro día: "Galiza e Portugal seméllan-se en que nom se queren a si mesmas". Muito atinada.

Gaviotero #14 18/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaya, chaval, ¿y no te preocupa que los portugueses ignoren, por ponerte un ejemplo, el Día de la Hispanidad y su celebración en España?

No cuela. No queremos ser portugueses. No tenemos por qué ser portugueses. Dios nos libre. Somos gallegos y, por lo tanto, españoles.

AGIL #15 19/Xuño/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não precisas de declarar-te o que sentes (e não sei se sabes...), gaviotero. Mas isso de falar como papa ou como rei...: «NÓS, el gaviotero, no queremos ser...» Isso de que NÓS é "gallego" muito certo não é: Fica com que NÓS seja "español". Bastante tens com o ser, pobrinho!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Silvio Falcón

Naceu en 1989, en Esplugues de Llobregat (Barcelona). Estuda Ciencias Políticas e da Administración na Universitat de Barcelona. É Responsábel Local de Galiza Nova Barcelona e dirixe o programa de radio de ERGAC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya) "Barcelona Atlàntica", en Ràdio Trinitat Vella. Está vencellado a outros movementos do tecido asociativo galego en Catalunya como pode ser o Foro Civico Galego de Barcelona e Rede.cat. No ámbito literario foi finalista do X Premi de Redacció Breu Joan Santamaria. Tamén ten un blog.





Locais:
GZ-Sete