"Se os dirixentes ven con claridade e é o pobo o que se trabuca hai que mudar o pobo", Bertolt Brecht. Esta cita reflicte moi ben o debate que estes día se está a dar dentro dos órganos políticos da Unión Europea: Comisión, Consello e Estados membros, tras o resultado do referendo do Pobo Irlandés na votación do Tratado de Lisboa; debate moi semellante o que tivo lugar cando os pobos francés e holandés votaron no referendo do Tratado para unha Constitución Europea e tamén se posicionaron polo NON
Irlanda foi o único Estado membro que puido exercer o dereito democrático de votación neste novo tratado aprobado en Lisboa e que debería entrar en vigor no ano 2009; o resto da cidadanía dos Estados membros non poderán ratificalo pois vano facer os seus Parlamentos; cómpre pois facerse unha primeira pregunta ¿por que as decisión ao respecto dos tratados da Unión Europea escapan a libre decisión democrática da súa cidadanía? , ¿será talvez, segunda pregunta, porque as propostas que neste momento saen da Comisión Europea, para o seu debate e votación no Parlamento tales como a semana laboral de 60 a 65 horas, a "retención" durante 18 meses da poboación inmigrante que non dispón de permiso de residencia e de contrato de traballo, entre outras, son contrarias ao sentir dunha parte numerosa da poboación que vive no vello continente?
É evidente que alomenos unha parte da poboación europea aposta máis por un modelo da Europa do benestar, de economía social, de dereitos para homes e mulleres, de soberanía alimenticia e de respecto ao medio ambiente, unha Europa construída desde a paz entre pobos e persoas. Esta mesma cidadanía europea que tivo a oportunidade de votar NON en Irlanda está moi preocupada polas decisións que toma o Banco Central Europea ao respecto do Euríbor que ten consecuencias tan negativas no prezo do diñeiro e que se reflicte na suba das hipotecas, na suba dos prezos dos alimentos; como tamén lle preocupa as reformas fiscais que rebaixan os impostos por patrimonio e soben as cotización polo rendemento do traballo ou as medidas represivas para a poboación traballadora inmigrante con nidias manifestacións de racismo e xenofobia así como o retroceso en dereitos fundamentais para as mulleres na sexualidade e anticoncepción.
Dúas mulleres tiveron na campaña do referendo en Irlanda un protagonismo fundamental na defensa do non, unha ex-deputada do Grupo dos Verdes, Patricia McKenna, e a outra, a portavoz do Sinn Fein, único partido do arco parlamentario que pediu o non, Mary Lou McDonald; a súa forza e a súa mensaxe de esperanza foron capaces de transmitirlle a unha parte do pobo irlandés que outra Europa e posíbel se a xente quixer: a Europa dos pobos e da xente.
*Encarna Otero, historiadora
Na Irlanda poucos aturam Mary Lou McDonald e poucos conhecem Patricia McKenna. E na campanha irlandesa nem se mencionou a semana laboral de 60 horas...
a clase política está moi cómoda co status actual, todo cócese nos partidos, as listas chegan ao votante pechadas, facer unha campaña gañadora é moi caro, ao chegar ao poder decídese o propio soldo, o gran capital mímaos, a xustiza come con eles..
Democracia? estamos nunha oligarquía con todas as letras, e a tendencia parece a que eses poucos sexan cada vez menos..
Coido que darlle ao Sinn Fein e a dúas deputadas o protaganismo da vitoria do Non irlandés é, cando menos, arriscado. Seguramente pesou máis o chamado eufemisticamente "euroescepticismo" das illas que todo o traballo político que puideron facer as organizacións que menciona Encarna. Ese euroescepticismo ten máis que ver coa tradicional desconfianza anglosaxoa cara aos estados continentais e, tamén, coa falta de transparencia (e polo tanto escasamente democráticas) das políticas europeas.
Se como aquí, en Irlanda (quen grazas aos fondos comunitarioas e a unha xestión impecábel vive un despegue económico sen precedentes na súa historia) están notando os efectos da onda neoliberal impulsada sen recato desde a Comisión Europea, non é de estrañar esa contundente negativa cidadá ao Tratado de Lisboa. En cantos estados europeos gañaría hoxe por hoxe o "si"? Debe haber moitas dúbidas nos aparatos de cada estado cando non ousan consultar á cidadanía.
E que farán estas cidadanías ao respecto? Deixaranse conducir como un rabaño? O certo é que non se albisca un horizonte tranquilo e as respostas que cómpre agora é saber son dúas: o que é necesario para que a Comisión Europea renuncie ao neoliberalismo salvaxe ao que nos están empurrando? Séntense as cidadanías capaces para actuar en dirección oposta e exixir o mantemento do estado de benestar que garante dereitos laborais, económicos e humanos?
Coido que vai sendo hora que as organizacións políticas e os/as seus/súas dirixentes definan claramente até onde están dispostas a renunciar, que dereitos van defender e, sobre todo, as políticas concretas posíbeis e realistas que cumprirían para frear esta escalada neoliberal.
A UE é bastante máis transparente que calqueira Estado Membro. Tenta buscar o nome dun funcionario da Xunta encargado dun tema en concreto. É imposíbel. Se fas o mesmo con funcionarios da UE ou mesmo con europarlamentarios é moito máis doado. O que son pouco transparentes son os Estados Membros cando se reúnen no Consello de Ministros, deses si que non se consegue información. E despois aproveitan para culpar á UE de tomar medidas antisociais. Se España e outros países non queren aprobar directivas como a de inmigración a Comisión non as pode aprobar ela mesma, o que acontece é que é sinxelo dar o si ás agochadas a un texto que che soluciona problemas (que quede claro que eu son contrario a esas dúas directivas bárbaras)e despois dicir diante dos teus cidadáns que é culpa de Europa. Por certo o texto de Lisboa é moito máis beneficioso para unha política de inmigración con carácter social que o que hai até agora.
Falamos de transparencias distintas. Unha cousa é que o aparato institucional funcione con eficiencia e outra que as decisións sexan tomadas (Comisión) e consultadas (Parlamento) en organismos con evidentes défices democráticos. Todo iso ampliado, aquí si concordo, coas chafulladas políticas de cada estado membro.
O que é innegábel é que as directrices que se marcan desde o "goberno" europeo son dunha tendencia neoliberal que arrepía. Coa escusa da mundialización económica e a competitividade dos mercados planetarios estamos retrocedendo en dereitos e oportunidades a marchas forzadas. De cidadáns pasamos a ser consumidores e de consumidores pasamos a ser escravos do capital transnacional (e isto é xa, agora, unha triste realidade na vella Europa democrática e social).
Pode haber transparencia cando se evita que a población se pronuncie sobre unha "CONSTITUCIÓN"?. É obvio.
Estou dacordo coa idea de que a UE non é unha organización democrática pero hai que ter en conta que a UE é, en orixe, unha unión de estados. O de unión de cidadáns chegou despois cando se buscou unha xustificación a meterse en todos os asuntos. Para min ese é o gran problema da UE, que se sinte con competencia para lexislar sobre todo e iso non foi para o que se creou.
Con respecto á toma de decisións na UE, eu máis ben teño outra opinión: a Comisión europea (que é quen propón, non quen decide)está permanentemente cagada do que lle podan dicir os Estados Membros, por iso propón cousas moi pouco ambiciosas e cando se pasa un pouco da liña liberal chegan os Estados para reencamiñalo todo. E antes de que a Comisión faga unha proposta lexislativa antes publica un Libro Verde, un Libro Branco, fai unha consulta pública on-line, ten reunións cos colectivos interesados... Os documentos do Parlamento europeo son públicos, as reunións abertas (máis ou menos...) É bastante máis transparente na miña opinión que un Estado membro. Agora ben, eu traballo nesas cousas e vivo en Bruxelas co cal imaxino que me parecerá moito máis accesíbel agora que cando estaba en Galiza, iso é verdade.
esta élite indo de marxinal, aí.. esta nova burguesía galega...
Iso vai por min? Só estaba dando a miña opinión sobre comentarios cos que non estou dacordo por enteiro. Como facemos todos. Paréceche mal que viva en Bruxelas ou que traballe en temas relacionados coa UE?
# 9 a min paréceme ben, sen complexos
Reformas fiscais?
Mulleres,sexualidade e anticoncepcion?
Irlanda ten unha fiscalidade light,motivo polo que foron alo moitas empresas.
En Irlanda a igrexa catolica ten unha influencia moi grande. Os dereitos a libre sexualidade e reproduccion das mulleres son ciencia ficcion.
En Irlanda,xa que logo,hai medo a integracion europea por parte dun sector da poboacion que quere seguir con este status quo e non quere europeizarse.
Europa e moi grande.Eu pregarialle a Encarna Otero que, se lle gustan estes temas,se documentara mais.
a min dame igual o que fagas, xa ves tí. Se che picou será por algo.
e o referendo en Euskadi??? máis do mesmo, medo ao que diga o pobo!!!
Cotobade:
estamos bastante de acordo. Vivo en terras de Compostela, bastante lonxe de Bruxelas, pero hoxe case que non hai distancias. Entendo perfectamente o que dis. Estou certo que tamén compartes as miñas preocupacións. A folla de ruta da Unión europea está fondamente escorada á dereita e non representa os intereses das maiorías sociais, por iso se distancia cada vez máis da cidadanía para compracer ao capital transnacional... estaremos atentos a ver a onde nos queren levar e a onde nos deixamos conducir. Apertas.
Mugabe diz que a oposição jamais chegará ao poder - e marca novas eleições. Os jornais dizem-nos, todos os dias, que assim, «NÃO» - isto não é democracia! Os governantes da União Europeia dizem que o «NÃO» jamais vencerá - e pensam marcar novo referendo. Os jornais dizem-nos, todos os dias, que assim, «SIM» - isto, sim, é democracia! Estes jornais!... do blogue http://cravodeabril.blogspot.c...
Pronto: está encontrada a «solução»!
Por sinal, nos moldes ontem referidos pelo Cravo de Abril e, hoje, confirmados pelo Público: «a Irlanda vai ter de decidir rapidamente se quer sair da União Europeia (...) ou se prefere voltar a submeter o texto aos eleitores mediante certos ajustamentos».
Temos, assim, que o caminho inevitável é o da repetição do referendo depois de submeter o texto às tais (desavergonhadamente) confessadas «pequenas modificações cosméticas»...
Temos, assim, a confirmação de que os construtores da União Europeia fogem dos métodos democráticos como o diabo da cruz: referendos para o eleitorado escolher livremente, NUNCA!; referendo repetido até o eleitorado escolher o «sim», SIM! (mas não abusem, senão... não há «modificações cosméticas» para ninguém!)
«Respeito o resultado do referendo, mas...»: eis a frase-tipo utilizada por todos os governantes europeus logo após a contagem dos votos irlandeses.
E naquele MAS está a essência do pensamento europeísta e do conceito de democracia que preside à construção desta União Europeia do grande capital.
É que, com respeito ao respeito, não há respeito nenhum... do blogue http://cravodeabril.blogspot.c...
VIGARISTAS CONFESSAM-SE
Que a generalidade dos dirigentes europeus são vigaristas do pior quilate, já o sabíamos. Não espanta assim o conto do vigário que, a propósito da derrota monumental que sofreram na Irlanda, desfiam em uníssono.
A tentativa é fazer com que acreditemos que o referendo não teve valor vinculativo e que, a exemplo das vigarices que com outros povos fizeram, a seu tempo tudo será corrigido. Quer dizer, os abutres assumem que nem a democracia formal respeitam quando os seus interesses são colocados em causa. Por isso, mal possam, vão fazer com que o não agora expresso se transforme num conveniente sim.
Por mim, fico sempre feliz quando a União se alarga em número de países. Quantos mais povos enganados, maior será a probabilidade de a construção europeia neoliberal implodir. E a cada derrota dos europeístas - vulgo charlatães endinheirados -vibro de felicidade.
A União Europeia é, desde o seu início, um monumental embuste. Criada com o único objectivo de lutar contra o comunismo, desde cedo assentou os seus alicerces na mentira e na chantagem. País e povo que não aceitassem o capitalismo não poderiam ser beneficiados com os milhões que permitiram a reconstrução no pós-guerra.
Desde então, e através do que o charlatão-mor apelidou de "política dos pequenos passos", têm sido servidas gradual e sucessivamente, doses de veneno federalista, que transformando a União numa federação de estados, cumpra o designío dos grandes senhores.
Tudo feito sem que o povo se possa pronunciar. Tudo realizado sob coacção e chantagem. Ainda agora, sob a ressaca do não, os tais europeístas se apressaram a exigir a expulsão do prevaricador do clube europeu.
Cambada de miseráveis.
posted by Pedro Namora http://combate.blogspot.com/
Artigo publicado em Gara (panfleto antiespañol protetara que Garzón debería cargarse ya!):
Fede de los Ríos
Irlanda 1, Lisboa 0
La llamada Constitución Europea fue rechazada por los ciudadanos de Francia y Holanda en sendos referendos de 2005. Cambio de nombre, Tratado de Lisboa le dicen ahora, y no se lleva a consulta popular. Así son los que dicen representarnos en Bruselas. Pero... oh, putada, los irlandeses, siempre tan raros, pusieron en su Constitución que lo que afecte a su política exterior debe ser refrendado en las urnas a través del voto ciudadano.
Resultado: los pelirrojos bebedores de guinness han votado «no» frente al sí defendido por partidos y medios de comunicación, a excepción del Sinn Féin.
Los portavoces de los socialdemócratas europeos hablan de la influencia del catolicismo en el resultado, los voceros liberales lo atribuyen al nacionalismo.
Quizá sea tan simple como no querer poder trabajar 65 horas semanales que ofrecen los defensores de una Europa neoliberal al servicio de las clases burguesas, tan europeas y cosmopolitas ellas, que lo mismo les da que su beneficio sea fruto de la explotación de un obrero alemán, de un obrero rumano o incluso de un senegalés con o sin papeles.
O porque en el Tratado de Lisboa no aparece la soberanía nacional en ninguno de sus artículos. O bien que hayan leído la letra pequeña de los anexos a la Carta de los Derechos Fundamentales que propugna el Tratado de Lisboa, que los deja más tristes que un fado. Si el primer artículo habla del derecho a la vida y el segundo prohíbe la pena de muerte, en el anexo 12 podemos leer: «La muerte no es considerada como infligida en violación de este artículo en los casos en los que resultase recurso absolutamente necesario: (...) contra la violencia ilegal; para efectuar un arresto regular o para impedir la evasión de una persona regularmente detenida; para reprimir un disturbio o una insurrección».
«Toda persona tiene derecho a la libertad y a la seguridad», excepto «cuando haya motivos razonables para creer en la necesidad de impedirle cometer una infracción».
Muy profiláctico ¿no? Y «si se trata de la detención regular de una persona susceptible de propagar una enfermedad contagiosa, de un enajenado, un alcohólico, de un toxicómano o un vagabundo».
¿65 horas de curro, sin alcohol y sin posibilidad de insurrección? ¡Que le den a la Constitución de los Mercaderes!
Como no les ha gustado el resultado, quieren repetir el referéndum, como ya hicieron en 2001. No tienen vergüenza.
Sobre o Euríbor:
Os tipos de interese están BAIXOS. Máxime en Ejpaña, onde os tipos de interese reais son negativos ao estar por debaixo da inflación. Por certo, qué ten que ver o euribor coa alza dos prezos dos alimentos?. Precisamente subir os tipos de interese é fundamental para conter a espiral inflacionista na zona euro. Baixalos é cometer o mesmo erro que fixo Bernanke na FED (antepoñer o pseudo crecemento fronte á inflación). Se hai xente que non pode pagar a hipoteca é problema seu. Só alguén sumamente imbécil puido contrarar unha hipoteca pensando que os tipos baixos ian ser eternos. Hai xente que adquiriu hipotecas por riba da súa capacidade de endevedamento. Problema deles. Os demáis non temos porqué sufrir máis coa inflación, esa vella ladrona que castiga a aqueles que aforran e practican hábitos de consumo responsables.
Encarna Otero é na actualidade a Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.
Artigos anteriores en Vieiros:
Tempos de labor (15/07/2005)
Vento de esperanza (19/05/2005)
Inmensa tristeza (14/04/2005)
Crónica de Euskadi (11/04/2005)
As contas das mulleres (08/03/2005)
A Europa merecente dun si (30/12/2004)
O riso das mulleres (22/11/2004)