Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil

Xerusalén Oriental

09:35 07/08/2008

En 1947, Xerusalén pasaba a ter o recoñecemento de cidade cun réxime especial, internacional, administrada pola ONU. Con todo, a guerra do 48 deixou un 85% da urbe en mans israelís, mentres os xordanos capturaban un 11% e o 4% restante era declarado terra de ninguén. Esas porcentaxes foron variando cos anos, logrando que o estado xudeu se apropiase da cidade, malia non contar co recoñecemento internacional.

En 1949, Israel outorgaba a capitalidade do país a Xerusalén Oeste, ocupando a vertente oriental trala guerra do 67, e anexionándoa en 1980. Dende aquela, o goberno tratou de deseñar unha serie de medidas para así conseguir incrementar a masa de poboación xudía, decretos que inclúen a destrución de casas, declaradas ilegais.

Máis dun terzo das construcións de Xerusalén Oriental (unhas 20.000) non teñen permisos legais, segundo a lei israelí, e iso serve de pretexto para a súa demolición, que entre os anos 1994 e 2006 levou á destrución de máis de 700. Para a ONU, a parte Oeste de Xerusalén está en Territorios Ocupados, pero os seus residentes seguen sen contar coas licitacións oficiais para viviren alí. Deste xeito, a demolición destas casas continúa día a día, deixando sen fogar a moitos palestinos.

Beit Hanina, na beira norte da cidade, é un deses enclaves onde se suceden as continuas demolicións. Hai uns días, a municipalidade ordenou a destrución dun dos edificios da veciñanza, alegando a falta de permisos que, tardan tanto en concederse que, normalmente, os veciños optan por construír en vertical. Nesta ocasión, os buldózeres non puideron entrar polas estreitas rúas do lugar e usáronse explosivos do exército, que chegou ás tres da mañá para sacar aos veciños do seu fogar. Noutros casos, os veciños esperan decisións xudiciais que tardan, e viven pendentes da súa recolocación en casas de familiares ou amigos. Algúns deles quéixanse da dor que provoca en todos, como nos nenos, que moitas veces saen cara ao colexio cedo, e cando volven non teñen onde deixar os seus cadernos.

Poden ver aquí o vídeo.

5/5 (13 votos)

Comentarios (10)

DanielErreCe #1 7/Agosto/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moito aprenderon do Holocausto, só que agora quen foi vítima é verdugo.

Bar_Kochba #2 7/Agosto/2008 Bar_Kochba
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sejamos sérios. Os únicos aqui com vocação de verdugos sois os do BNG.Como se pode banalizar o Holocausto e mentir com tanta desvergonha?

charino #3 7/Agosto/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estimado Bar-Kochba se debe distinguir entre o que foi o holocausto e a industria do holocausto que tan ben souberon artellar as élites xudeas de norteamerica (recoméndoche o respecto o libro de Filkenstein, autor que perdeu a familia nos campos de concentración). E tamén entre holocausto, xudaísmo, e sionismo. A banalización deriva precisamente desa confusión que fan os que remexen todos os termos para defender ese erro histórico que é o Estado de Israel.

maraghota #4 7/Agosto/2008 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Israeli Committee Against House Demolition
http://www.icahd.org/eng/

DanielErreCe #5 7/Agosto/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Primeiro, non pertenzo a ningún partido político nin o defendo. Aclarado este punto:

Cantas longametraxes viches (Bar_Kochba) sobre o holocausto nazi sobre os xuedos nas que, salvadas honrosas excepcións, normalmente se obvian as matanzas de presos políticos de esquerdas, xitanos, comunistas, polacos non xudeus...? Ducias, moreas delas, en formato ficción, documental, ficción histórica, drama... Cantas viches sobre os padecementos da sociedade palestina?

Pola miña idade, nacín vendo esas películas que clamaban contra o crime que sufriron os xudeus a mans dos nazis... E tamén pola miña idade, puiden comprobar no que foi evoluíndo Israel, o Estado Xudeu. Con todo o escpecto que me merece calquera opinión, acusarme de banalización é un pobre eufemismo para agochar a censura que o Estado de Israel está a impor (sempre baixo o atento e condescendente pater norteamericano) en nome da liberdade e da democracia. Ademais, por banalizados, máis o están actualmente a morte e o sufrimento palestino nos territorios ocupados.

A estas alturas, quen pode crer na lexítima autodefensa de Israel, que subxuga aos paletinos ao máis puro aparheid, á segregación... Israel é un Estado racista, xenófobo, hipócrita, inxusto e infame... ademais de confesional que ten por deus a un tipo omnipotente, onmisciente, cruel e sádico... Non, non vou defender aos fanáticos árabes, aprendices de relixión semítica, descendente directa da dos xudeus vía Abraham, Cristo e Mohamed... o que si defendo é unha única vara de medir, e as medidas dos palestinos son ínfimas ao lado do Estado máis armado do planeta, que inclúe no seu arsenal a bomba nuclear. Non teñen vergonza de someter a xente indefensa a sufrimentos gratuítos e carentes de toda decencia polas súas desproporcionadas dimensións e alcance: prohíben, castigan, asesinan, encadean, derrúen, invaden... todo en "lexítima defensa", porque o mundo non os entende, porque o mundo os quere destruír, porque o mundo é antisemita... Non sei se a realidade de Israel/Palestina se resume nun desahucio dun fogar palestino, ou no tiro que sega a vida dun neno diante do seu pai, ou na bomba que un suicida utiliza para asasinar civis xudeus, ou nos patéticos foguetes lanzados desde Gaza... O que si sei é que un pobo que deu ao mundo seres humanos tan brillantes, que sufriu en carne propia iso chamado Holocausto, pode xustificar a podredume da súa loita implacábel contra os palestinos. Comigo desde logo que non conten, claro que tampouco me necesitan cando teñen ao tío Sam como aliado incondicional.

Eu tamén recomendo a lectura dun libro escrito por un científico israelita xa falecido que me revelou a natureza da relixión xudea e a desgraciada influencia confesional na evolución do Estado de Israel. O libro é Historia judía, religión judía, de Israel Sharak, nado en Varsovia en 1933 e deportado cos seus pais aos campos de exterminio nazis. Eu teño a edición publicada por Círculo de Lectores en 2004 (descoñezo se hai outras edicións). Contén perlas como esta:

"Talvez o exemplo máis escandaloso sexa o pracer con que algúns líderes sionistas de Alemaña saudaron o ascenso de Hitler ao poder, porque compartían a súa crenza na supremacía da 'raza' e a súa hostilidade á asimilación dos xudeus cos 'arios'. Felicitaron a Hitler polo seu triunfo fronte ao inimigo común: as forzas do liberalismo. O doutor Joachim Prinz, un rabino sionista que posteriormente habería de emigrar a EEUU, onde chegou a ser vicepresidente do Congreso Xudeu Mundial e unha luminaria na Organización Sionista Mundial (así como gran amigo de Golda Meir), publicou en 1934 un libro especial, Wir Juden (Nós, Xudeos), para celebrar a revolución alemana de Hitler e a derrota do liberalismo:

[Transcribe a Prinz] 'O significado da revolución alemá para a nación alemá terminará estando claro para aqueles que a levaron a cabo e que modelaron a súa imaxe. O significado que ten para nós ten que expoñerse aquí: ao liberalismo acabóuselle a sorte. A única forma de vida política que contribuíu á asimilación xudía afundeu.'

A vitoria do nazismo desbota a asimilación e os matrimonios mixtos como opción para os xudeus. 'Isto non nos causa ningún pesar', dixo o doutor Prinz. O feito de que os xudeus se vexan forzados a identificarse como tales ve 'o cumprimento dos nosos desexos. É máis:

[Transcribe de novo a Prinz] 'Queremos que a asimilación sexa substituída por unha nova lei: a declaración de pertenza á nación xudía e á raza xudía. Un Estado erixido sobre o principio de da pureza da nación e raza só poderá ser honrado e respectado por un xudeu que declare que pertence ao seu propio grupo. Por declaralo el mesmo, a súa lealdade cara a un Estado xamais poderá ser defectuosa. O Estado non pode querer a outros xudeus máis que a aqueles que se declaren pertencentes á nación xudea. Non quererá aduladores e pelotas xudeus. Debe exixirnos que sexamos leais e fieis ao noso propio interese. Pois só aquel que honra á súa propia especie e ao seu propio sangue poderá ter unha actitude de honor cara á vontade nacional doutras nacións.'

O libro enteiro está cheo de afagos burdos á ideoloxía nazi, de ledicia pola derrota do liberalismo e especialmente das ideas da Revolución francesa, e de grandes esperanzas de que, na atmosfera propicia do mito da raza aria, o sionismo e o mito da raza xudía tamén haberán de prosperar."

Despois de ler este libro, as películas sobre o holocausto perderon aquela capacidade de facerme sentir culpábel se caía na tentación de ser eu tamén antisemita, pobre de min! Agora relembro aquelas imaxes pensando no sufrimento daqueles millóns de persoas torturadas e asasinadas polo fascismo, sen a máis mínima conmiseración por se foron xudeus, xitanos ou comunistas, senón por seren persoas, nais, pais, avós, netos que estaban no lugar equivocado no momento equivocado para que os tentáculos do poder fulminanse as súas vidas... igual que en Palestina.

asterix #6 8/Agosto/2008 asterix
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!!! entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org

Sheamais #7 9/Agosto/2008 Sheamais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei se estarei no certo mais o comentario de Bar_Kochba pareceume retranqueiro.

Julicheiro #8 9/Agosto/2008 Julicheiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para DanielErreCe, tres cousas:

1) Se empeza os comentarios comparando Palestina coa Xoá, é normal que algúen lle lembre que está a facer unha trolleada do tamaño de Brasil. É vostede quén mistura, ergo, non debería laiarse.

2) O sionismo é o nacionalismo xudeu. Houbo e hai sionismo laicos e relixiosos, de dereitas e de esquerdas, mesmo revisionistas. Que apoie as súas críticas ao Estado nun fulano marxinal na Historia de Israel é tan absurdo coma cando dende a dereita española tratan de deslexitimar o nacionalismo vasco baseándose nas proclamas racistas de Sabino Arana. Coa diferena, iso sí, de que este último si tivo un papel fundamental no desenrolo teórico e orgánico dese nacionalismo.

3) Se quere votar o seu speech antisem... perdón, antisionista, está no seu dereito, pero a próxima vez aconséllolle que omita o último parágrafo, porque non asemella moi intelixente rematar o discurso admitindo que o que motiva as súa simpatías cara Palestina é que o liberan de sentirse culpable se cae no antisemitismo.

DanielErreCe #9 11/Agosto/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Julicheiro:

1. Semella que a vostede o relativismo o surprendeu no medio da súa lectura da Torá, cousa que se podía aplicar cando os nazis actuais especulan sobre a veraciade do Holocausto, cousa que a min me parece de moi mal gusto.

2. Recoméndolle que lea o libro dese fulano marxinal da historia de Israel, unha historia tan longa que, seica, deu outros moitos fulanos non tan marxinais desde 1948 e que pasarán á historia universal da infamia (p.e. Ariel Sharon). Seguindo con ese ataque de relativismo, vostede di que Israel Sharak é un tipo marxinal, quizás porque evita utilizar o termo "traidor", que é o que realmente se lle pasa polo miolo cando un xudeo é quen de facer unha autocrítica laica da súa relixión. Chámelle vostede polo seu nome, a estas alturas os eufemismos sobran.

Crerase vostede moi hábil desviando o tema cara o confito vasco, cando a min me parece que son realidades moi distintas. Coido que, neste punto, é vostede o que debería xustificar as comparanzas, porque que eu saiba, Euskadi non é unha nación que viva sobre territorios ocupados a outra nación pola forza militar e incumprindo sistemáticamente a legalidade internacional adversa aos seus intereses. O cal a nivel teórico e práctico é absolutamente incomparábel.

3. Con respeito ao meu sentimento antisemita, direille que se vostede quere entender, entenda... se non sempre poderá acusarme de non xustificar o aparheid máis radical contra unha parte da poboación practicamente indefensa, si quizas iso poida ser chamado antisemitismo. Se vostede é capaz de extraer das miñas palabra só un chisco de antisemetismo é porque seguramente vostede é cómplice dese vitimismo que converte a toda unha nación en verdugo doutra. Claro que unha delas é o pobo elixido por deus, e ante iso, calquera argumento laico é, cando menos, sospeitoso de antisemitismo.

Eu non me sinto liberado de nada, señor meu, máis ben me sinto obrigado como persoa a reflexionar sobre o que acontece en Israel desde hai moitos anos e vostede podería preguntarse se realmente os masacres nazis conta os xudeus serviron para aprender algunha lección da historia que non se recolle nos filmes de Hollywood. Quizás desde entón, a nación xudea é, se cabe, máis racista e sectaria? Dadas as circunstancias, non é unha pregunta fóra de lugar.

DanielErreCe #10 11/Agosto/2008 DanielErreCe

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:

Moncho Iglesias

Moncho Iglesias

Moncho Iglesias Míguez (Vigo, 1974). É mestre de castelán como lingua estranxeira en Belén, Palestina. Licenciado en Filoloxía Hispánica e doutorando en Filoloxía Galega. Coas súas crónicas, Moncho cóntanos de primeira man o conflito árabe-israelí.

Locais:
GZ-Sete